luns, xaneiro 10, 2022

Artigos de André Abeledo - A verdade sempre é revolucionaria - Negacionismo e barbarie



A verdade sempre é revolucionaria


Criticar a non derogación da reforma laboral, sinalar as eivas da modificación da reforma do Partido Popular, insistir na necesidade de cumprir coa promesa de derogar a reforma laboral e a lei mordaza por completo, non me vai a converter nun fascista, nin nun aliado da ultradereita.

Non estar disposto a practicar a autocensura por medo ao fascismo, non me vai converter nun aliado da dereita.

Por moito que repitan esa mentira dicir a verdade seguirá a ser un acto revolucionario.

Non son crente, non me move a fe, o fai a razón, non vexo motivo para ter fe en persoas cando non a teño nun Deus, os mesías aburren-me e os parvos aínda máis.

Galiza precisa dun suxeito propio, de organizacións de clase propias, de movementos propios que entendan da nosa idiosincrasia, que respecten a nosa identidade, o noso idioma, a nosa cultura, que recoñezan a nosa historia e non poñan en dúbida que Galiza é unha nación que debe ter voz propia para decidir.

O capitalismo sempre usa o fascismo como ferramenta represora sementando odio e medo en momentos de conflito social inminente. Algo que tamén Bertolt Brecht tiña claro;“Estar contra o fascismo sin estar contra o capitalismo, rebelarse contra a barbarie que nace da barbarie, equivale a reclamar unha parte do xato e opoñerse a sacrificalo

Teño claro que si no campo da esquerda non recuperamos o discurso de clase, si non somos capaces de tomar as rúas, si non somos exemplo consecuente para a clase obreira, si non somos capaces de ocupar o espazo que nos corresponde como única ferramenta útil da clase obreira para defender os seus dereitos e a súa dignidade, entón o fascismo fará o seu traballo, utilizará un discurso do odio e do medo disfrazándoo de discurso obreiro, de nacionalismo radical, de defensa de la soberanía nacional, para dirixir as traballadoras e traballadores no camiño que desexa a oligarquía, cara o matadoiro.

Estou convencido de que ao fascismo ten que combaterse dende a esquerda máis consecuente, pois son dous ideoloxías antagonistas e irreconciliables que representan claramente a virulencia da loita de clases.

Sin dubida será necesario un gran Fronte Popular da Izquierda para enfrontarse aos poderes económicos e ao seu can de guerra, o fascismo, pero sin renunciar a nada, nin moito menos ao noso discurso, porque si o facemos inconscientemente estaremos entregando o campo de acción da clase obreira ao fascismo.

"A forza do fascismo reside máis que en nada, camaradas, no feito lamentable da división das forzas capaces de opoñerse ao seu avance" (José Díaz Ramos).

Non debemos moderar o discurso para ser politicamente correctos, debemos dicir verdades como puños e ser vangarda da clase obreira, para elo é necesario participar organizadamente en tódolos movementos sociais e defender o noso modelo de sociedade, un modelo baseado na xustiza social con maiúsculas, o socialismo verdadeiro é a única alternativa a barbarie capitalista, e a besta fascista.

En tempos de fortalecemento e avance do fascismo necesitamos organizacións de esquerdas que defendan os intereses da clase obreira dun modo claro e "radical".

Un radical é unha persoa que vai a la raíz do problema, e o fascismo é un cancro que non pode ser curado con medicina non invasiva, ten que ser extirpado antes de que se propague dende a raíz.

"A moderación e as medias tintas son a antesala da traizón" (Che Guevara).

O capitalismo sempre usa o fascismo como ferramenta represora sementando odio e medo en momentos de conflito social inminente. O fai VOX no Estado español e en moitas ocasións tamén o PP e CIUDADANOS.

Debemos recuperar a esencia, sabemos que a loita de clases continua plenamente vixente, que explotadores e explotados non temos os mesmos intereses, que o noso modelo de sociedade non pode construír sin destruír o modelo capitalista, que o perigo do fascismo é tan real hoxe como desgraciadamente o foi onte.

---

Negacionismo e barbarie

O negacionismo non supón ningunha novidade, xa o dixo Albert Einstein: "existen dúas cousas infinitas, o universo e a estupidez humana, e da primeira non estou seguro".

O ser humano tende a buscarlle tres pés ao gato e se deixa levar por discursos e teorías simplonas, dende terraplanistas, ata as teorías sobre o 5G, etc.

Chegamos agora a a teoría de que tódolos países do mundo se teñen posto de acordo por primeira vez na historia para enganarnos e facernos crer que existe unha pandemia.

Ou ben que o COVID-19 é un invento das elites que dominan o mundo para dominarnos, e digo eu, si xa dominan o mundo e o controlan todo, para que a pandemia?.

O caso é que agora todo o mundo é experto en epidemias, pandemias e viroloxía.

O caso é que sempre ten habido de todo, pero antes non existían nin Internet, nin la redes sociais e a estupidez non era tan contaxiosa.

Uns son negacionistas por iluminación espontánea e outros simplemente son egoístas sin empatía, nin respecto pola vida propia ou allea.

Algúns confunden a liberdade persoal, con as liberdades individuais, ou confunden o concepto liberdade co vulgar libertinaxe.

O respecto as normas  coas que a sociedade se dota para protexer a vida dos más febles fainos máis ou menos humanos.

Unha sociedade sin empatía termina rexéndose pola lei da selva.

Que queremos ser como sociedade?

[*] André Abeledo Fernández, nado en Neda o 14 de Xullo de 1974, militante comunista e sindicalista. Delegado de persoal da CIG no comité de empresa de Mercadona na Provincia d'A Coruña. | Facebook e Twitter.


Enviado por:
André Abeledo Fernández
-andre1474@gmail.com-
4 de janeiro de 2022 13:10
4 de janeiro de 2022 19:59

_______


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon