luns, xaneiro 03, 2022

Publicada a Revista Atenea nº 49 - ... trátase de abrir un espazo que combine información e debate, que nos achegue a entender os porqués desta etapa histórica, onde as políticas sobre o cambio climático, a descarbonización, a transición xusta, as consecuencias para a nosa comarca, para o noso concello, ...


Cando definimos os temas que íamos a preparar para esta última Atenea do año 2021, sabíamos que o contido ía ser complexo, tanto pola linguaxe como polos obxectivos que nos fixamos, trátase de abrir un espazo que combine información e debate, que nos achegue a entender os porqués desta etapa histórica, onde as políticas sobre o cambio climático, a descarbonización, a transición xusta, as consecuencias para a nosa comarca, para o noso concello, etc.

A grandes rasgos pretendemos situar que a transición xusta ou as políticas climáticas deben ser inclusivas, que promovan os dereitos humanos, civís, laborais, etc. Proporcionar recursos económicos suficientes para os procesos de eliminación do CO2 e a creación de empresas alternativas que nos leve cara unha economía de cero emisións, para o cal é preciso unha regulación dos baleiros legais, sobre privacidade, sobre a robótica, sobre a intelixencia artificial, sobre a fiscalidade sobre as novas formas de traballo, de enxeño. Na nosa comarca é preciso un programa de desenvolvemento rural / urbano con xestión compartida que coordine as administracións (todas) definindo unha escala de intervención que evite duplicidades e distraia competencias, que evite ocorrencias, que defina o liderazgo, a cooperación o asociacionismo, que promova a creación de “illas de desenvolvemento” de conectividade, de desenvolvemento industrial e alimentario, etc., hai espazo para elo, rematamos este inicio indicando algúns dos obxectivos que o Plan Integrado de Enerxía e Cambio Climático de España para o 2030 pretende acabar:

✔ Reducir as emisións de efecto invernadoiro nun 21%

✔ Lograr un uso das renovables do 42%

✔ Mellorar a eficiencia enerxética do 40%

✔ A xeración eléctrica en renovables do 74%

Si contemplamos os obxectivos para o 2050 seria acadar a neutralidade climática e unha redución do entorno o 90% en emisións de gases de efecto invernadoiro, desde esta ventá que desde Atenea pretendemos abrir prestaremos especial atención as políticas de desenvolvemento urbano, o trasporte colectivo, etc. tendo sempre presente que todas as previsións que se están a facer necesitan mobilizar recursos a fiscalidade, as peaxes, as renovables, os incentivos, a creación de ecosistemas de desenvolvemento que potencien as cadeas de valor, as redes intelixentes, a eficiencia enerxética en edificios e no trasporte público etc etc. . . .

Noutro orde de cousas non se pode pechar este limiar sen facer unha mención especial o remate da “operación rescate” do patrimonio histórico do Ateneo Ferrolán, estamos agora nun proceso de clasificación do mesmo, temos acordado a realización dun acto de recepción con carácter institucional no que participará o Alcalde e o conxunto da Corporación, no que contamos con todos e todas as persoas socias que sen o seu compromiso non houbera sido posible, será previsiblemente na 2a quincena de marzo coincidindo co aniversario da constitución do Ateneo.

Xavier M. Dongil
Presidente do Ateneo Ferrolán

Contido de Atenea Nº49 (IV Trimestre 2021)

LIMIAR - páxina 5
Xabier M.Dongil

UN PARQUE FORESTAL NO MONTE FONTELO - páxina 9
Xoán Porto

RADIO FENE - páxina 15
Henrique Sanfiz

RADIO FILISPIM - páxina 19
Pepe Cunha

TRANSICIÓN ENERXÉTICA - páxina 23
Iago Pérez González

ATENEA

Coordinación
Sonia Mauriz Pereira

Deseño e maquetación
Fernando Rivera Garcia

Edita
Ateneo Ferrolán

Redacción e administración
Rúa Magdalena, 202-204
Ferrol
981 35 79 70
www.ateneoferrolan.org

Revista Atenea nº 49 - Decembro 20211 Acceder/Baixar.

#Ateneo #SomosCultura #Libros #ClubDeLectura #Ferrol #Galiza

Ateneo Ferrolán
Un lugar de encontro para a cultura dende 1879 na cidade.

e-mail: secretaria@ateneoferrolan.org | Telf.: +34 981 357 970 - 644.720.055 | Dirección Postal: Rúa Magdalena 202-204. CP.15402 | Ferrol (Galiza)
@ateneoferrolan | Blogger | Facebook | Faite soci@ on line! | Colabora con nos!

Enviado por:
Ateneo Ferrolán Fundado en 1879
-secretaria@ateneoferrolan.org-
3 de janeiro de 2022 12:28

_______


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon