SOBRE A DOAZÓN DO 2022 E A CHARLA DE ÁNGEL CARRACEDO
A asociación oncohematolóxica POR+VIDA de Fene ven de facer nestes comezo de ano unha doazón de 6.000 € para IDIS (Fundación Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela) destinada a actividades de investigación no ámbito do grupo de xenética, entre elas a xenética do cancro, levadas a cabo no Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela. Dita achega ven a sumarse a outras cantidades doadas en anos anteriores, no 2020, no 2018 e no 2017 ao grupo que dirixe Ángel Carracedo.
Por+Vida quere reivindicar unha maior dotación económica dos gobernos para a investigación médica, e neste caso, para a enfermidade do cancro.
E seguindo cun dos fins desta asociación de impulsar actividades formativas, ofrecerá unha charla prevista para finais deste mes de xaneiro, o venres 28 no salón de actos da Casa da Cultura de Fene de Ángel Carracedo Álvarez, catedrático de Mediciña Legal da Univesidade de Santiago de Compostela (USC) e director da Fundación Pública Galega de Mediciña Xenómica (Sergas-Xunta de Galicia). O grupo que dirixe consta duns cen investigadores e varias plataformas tecnolóxicas. Dita charla estaba prevista para abril do 2020 e por mor da pandemia tívose que cancelar.
Por+Vida é unha asociación sociosanitaria sen ánimo de lucro nada no ano 2011 no concello de Fene, e xurde co inicio da actividade de Educación Física Contra a Fatiga Oncolóxica que o concello inicia no ano 2008 e que se mantén na actualidade.
✔ Foto visita de parte da nosa directiva ás instalacións que teñen no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago da man do propio Ángel Carracedo en relación á investigación (2019).
--
por + vida
Asociación oncohematolóxica
Tlf. 650 812 030
pormaisvida2011@gmail.com
pormaisvida2011.blogspot.com
Enviado por:
Asociación Oncohematolóxica POR+VIDA
-pormaisvida2011@gmail.com-
13 de janeiro de 2022 23:24
_______
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon