domingo, xaneiro 23, 2022

Minten os que din que España está obrigada a intervir na Ucraína, ... Por André Abeledo Fernández

André Abeledo Fernández [*]
23.01.2022


España pertence a OTAN, Ucraína non, polo tanto non está obrigada a defender a fronteira ucraniana pola súa pertenza a  OTAN, de poñer en perigo a vida de soldados o fará voluntariamente e de gratis.

A pertenza a a OTAN obriga a defender a un Estado membro que é agredido, pero non obriga a defender intereses económicos e xeoestratéxicos de EEUU e as grandes multinacionais na Ucraína ou en calquera outro país do mundo.

Non é unha cuestión de bos e malos, non se trata de defender a liberdade, porque despois da chegada ao poder na Ucraína dos NAZIS co apoio de EEUU e Europa, dificilmente Ucraína pode ser un exemplo de liberdade.

Crimea, Donbás, Odessa, teñen unha poboación de maioría rusa que non aceptou ese goberno fascista, nin a ola de opresión, de xenofobia anti-rusa, de racismo e de persecución a sindicalistas e persoas de esquerdas que o Goberno ucraíno desatou coa súa chegada ao poder.

Unha chegada ao poder da extrema dereita fascista que se xestou pola forza, con manifestacións do fascismo nas rúas, coas mentiras da prensa internacional que vendían unha nova "primavera árabe" na Ucraína, que contou coa intervención da CIA e o apoio do goberno de EEUU e da Unión Europea, unha operación que tiña o obxectivo de tombar a un goberno democrático e lexítimo ao que Occidente consideraba pro-ruso.

É importante o contexto, coñecer a historia e entender os intereses que alimentan o conflito para poder buscar unha solución.

Que farían os EEUU, ou calquera país da OTAN, si nas súas fronteiras potencias estranxeiras acumulasen tropas e armamento como medida de presión e ameaza?.

Acaso non é iso o que está a facer a OTAN?, ameazar as fronteiras rusas e tentar de desestabilizar a súa su economía con sancións e tamén aos  seus aliados, como no  caso de Bielorrusia.

Vemos como opinadores saen falando da "liberdade" da Ucraína e da OTAN para aliarse, para poñer mísiles na fronteira con Rusia, ou para armar ao exército Ucraíno.

Pero que pasaría si Rusia e Cuba decidisen poñer mísiles na illa?, supoño que outra crise dos mísiles e unha nova ameaza de terceira guerra mundial.

Os incendios non se apagan con gasolina, como tampouco serán as armas quen eviten unha guerra.

[*] André Abeledo Fernández, nado en Neda o 14 de Xullo de 1974, militante comunista e sindicalista. Delegado de persoal da CIG no comité de empresa de Mercadona na Provincia d'A Coruña. | Facebook e Twitter.

Enviado por:
André Abeledo Fernández
-andre1474@gmail.com-
22 de janeiro de 2022 16:35

_______


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon