Onte 14 de xaneiro de 2022, deixounos Marichy Cuadrado Caruncho, unha activista e militante de esquerdas moi querida no movemneto social e cultural de Ferrol. A continuación transcribimos algunhas notas de condolencia e agradecemento por unha vida chea de solidariedade e compromiso. Desde Ártabra 21 queremos somarnos a este recoñecemento.
Ante o falecemento de Marichy Cuadrado caruncho
Quen poderá dicir que xa non camiña entra nós esta gran muller, esta gran compañeira, esta gran nai, esta gran loitadora antifascista? A Asociación FUCO BUXÁN, en cuxa fundación participou, leva no seu espírito a semente xerminada dun traballo de anos desta figura destinada a facernos mellores, máis xustos, máis felices, coa súa incansábel dedicación e co seu esforzo.
Comprometida con todas as causas nobres deste mundo, só pediunos a cambio a nosa esperanza, o noso optimismo militante, a nosa fe na vitoria final dos Pobos da Terra sobre o escurantismo e os explotadores neoliberais disfrazados de cordeiros.
Para os que tanto a amamos e admiramos, Marichy Cuadrado era xa un anaco Historia e vai seguilo sendo. Non é hora das bágoas senón dun firme compromiso para que a súa pegada, a súa emocionante achega para o Progreso Humano, non sexan en balde.
Querida Marichy, grazas e ate sempre.
Ferrol, a 14 de xaneiro, de 2022
Asociación Cultural Fuco Buxán
Falecemento de Marichy Cuadrado
Este Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, lamenta comunicar o falecemento, no día de onte, da nosa querida amiga e compañeira Marichy.
Desde o inicio, hai máis de 20 anos, deste Comité, Marichy participou de todas as actividades e acompañounos sempre neste longo camino da nosa loita pola defensa da Ría, da Legalidade e da Vida.
O seu compromiso de toda a vida coas reivindicacións xustas, coas ideas de progreso e a súa entrañable personalidade lembrarémola sempre.
Aos seus fillos e familia, as amigas, amigos compañeiros e compañeiras o noso sentimento de solidariedade.
María de los Ángeles Cuadrado Caruncho (Ferrol, 1945) foi sempre unha persoa de compromiso e militancia sindical, política e social. Participou das CCOO, do PCG, do PTG, da Asociación de mulleres Progresistas, da A.C. Fuco Buxán e deste CCE, entre outras entidades, deixando en todas imborrable lembranza .
Álbum Fotográfico. | Acceder/Baixar.
Ferrol, a 14 de Xaneiro de 2022
Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
No falecemento de Marichy Cuadrado
A Agrupación Socialista de Ferrol lamenta profundamente o falecemento de Marichy Cuadrado, persoa sempre comprometida coas causas xustas.
Desde a Agrupación Socialista de #Ferrol trasladámoslle o noso máis sentido pésame á familia e amig@s.
Ferrol, a 14 de xaneiro, de 2022
Agrupación PSdeG-PSOE de Ferrol
No pasamento de Marichy Cuadrado
Na miña lembranza sempre á querida amiga e compañeira en tantas loitas, por máis de 30 anos. A súa entrañable amizade, as súas ideas claras, o seu compromiso militante no político, no social, no cultural, o seu bó humor e simpatía, tereino para sempre presente.
Descanse en paz.
Álbum Fotográfico. | Acceder/Baixar.
Ferrol, a 14 de xaneiro, de 2022
Fernando Ocampo
_______
Xurdimos a favor dunha política xusta, democrática, participativa e sustentábel, responsábel cara o futuro da humanidade e do resto das especies, respectuosa e defensora do medio natural, na convicción de que un outro mundo non só é posíbel senón que é necesario.
Home
Fuco Buxan A. C.
Marichy Cuadrado Caruncho
No pasamento de Marichy Cuadrado Caruncho - Quen poderá dicir que xa non camiña entra nós esta gran muller, esta gran compañeira, esta gran nai, esta gran loitadora antifascista? - Albuns fotográficos
sábado, xaneiro 15, 2022
No pasamento de Marichy Cuadrado Caruncho - Quen poderá dicir que xa non camiña entra nós esta gran muller, esta gran compañeira, esta gran nai, esta gran loitadora antifascista? - Albuns fotográficos
✔
Saúde e Liberdade !
Diterbitkan sábado, xaneiro 15, 2022
Artigos relacionados
- Conferencia de Xosé Manuel Beiras en Ferrol: "Un Rexime en crise terminal" Xose Manue
- PRESENTACIÓN REVISTA RAZÓN SOCIALISTA Nº39 O xoves día 10 de decembro ás 19,30 horas,
- O dereito á vivenda: primeiro ás persoas O dereito á vivenda digna e adecuada, segue s
- Este sábado 25 de febreiro, ás 11 da mañá, na rampla do Castelo de San Felipe, a asociaci
- Dez De Marzo Cincuenta AniversarioO CONCERTO DO 12 DE FEBREIRO Iniciando as activid
- O pasado sábado 20 de Febreiro, organizado pola asociación Fuco Buxán, tivo lugar un a
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon