CHARLA DE ÁNGEL CARRACEDO EN FENE
VENRES 28 DE XANEIRO
ÁS 17:30 HORAS
NA CASA DE CULTURA
A asociación oncohematolóxica POR+VIDA informa da charla que vai ofrecer este venres 28 de xaneiro no salón de actos da Casa da Cultura de Fene ás 17.30 horas, seguindo cun dos fins desta asociación de impulsar as actividades formativas e/ou de divulgación vencelladas coa saúde.
A charla correrá a cargo de Ángel Carracedo Álvarez co título de “Medicina personalizada e de precisión: unha revolución en medicina” .
Ángel Carracedo Álvarez é catedrático de Medicina Legal da Univesidade de Santiago de Compostela (USC) e director da Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica (Sergas-Xunta de Galicia). O grupo que dirixe consta duns cen investigadores e varias plataformas tecnolóxicas.
(Dita charla estaba prevista para abril do 2020 e por mor da pandemia houbo que cancelala).
As súas principais achegas atópanse na Xenética forense e de poblacións, a poboacións xenómica, Farmacoxenómica e Medicina personalizada e tamén destacamos a súa labor de divulgación e preocupación pola educación dos máis novos, que complementa a súa labor docente.
Ten unha extensa traxectoria profesional que resumimos dun xeito moi sintético:
. Ten publicado 8 libros e máis de 800 artigos en revistas internacionais incluíndo numerosos artigos en Nature, Science, Cell, Nature Genetics, NEJM, ademáis das principais revistas de xenética médica, cancro e ademais forense.
. As súas principais liñas de investigación actuais inclúen a xenética do cancro e das enfermidades psiquiátricas en idade infantil, as enfermidades raras e a farmacoxenómica.
. Dirixe numerosos proxectos e consorcios nacionais e internacionais de investigación.
. Membro do board de sociedades científicas nacionais e internacionais de Xenética, farmacoxenómica, cancro e Medicina forense.
. Membro de organismos reguladores e axencias (Axencia Europea del Medicamento -EMA, Forensic DNA Regulator UK, CNUFADN, Comité da Cruz Vermella Internacional, Consorcio Internacional de Enfermidades raras –IRDiRC, Tribunal Penal Internacional de La Haya, etc).
. Membro do consello asesor de numerosos centros de investigación nacionais e internacionais e departamentos ministeriais. Presidente da International Academy of Legal Medicine.
. Co-director científico da Fundación Kaertor (para a busca precoz de fármacos), Presidente da Fundación INGADA (sobre atención e estudo del TDAH e trastornos asociados) e outras fundacións e asociacións sen ánimo de lucro.
. Recibíu numerosos premios entre os que destacan o Premio Rey Jaime I de investigación (é o de maior cuantía do país, outorgado por un xurado de máis de 20 Premios Nobel), Adelaide Medal (a distinción máis importante a nivel mundial en Medicina forense), Galien Medal (conocida como el Premio Nobel del Medicinamento), Medalla de Ouro e Prata de Galicia, Premio Nacional de Xenética, Medaia de Ouro e brillantes do Colexio Médico, Premio Galicia de Investigación, Medalla Castelao, Premio Novoa Santos, entre moitos outros...
. Doutor Honoris Causa por dez universidades de Europa e América.
(...)
Informamos tamén que a nosa asociación ven de facer neste comezo de ano unha doazón de 6.000 € para IDIS (Fundación Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela) destinada a actividades de investigación no ámbito do grupo de xenética, entre elas a xenética do cancro, levadas a cabo no Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela. Dita achega ven a sumarse a outras cantidades doadas en anos anteriores, no 2020, no 2018 e no 2017 ao grupo que dirixe Ángel Carracedo.
Por+Vida quere reivindicar unha maior dotación económica dos gobernos para a investigación médica, e neste caso, para a enfermidade do cancro.
Por+Vida é unha asociación sociosanitaria sen ánimo de lucro nada no ano 2011 no concello de Fene, e xurde co inicio da actividade de Educación Física Contra a Fatiga Oncolóxica que o concello inicia no ano 2008 e que se mantén na actualidade. Este colectivo está formado por enfermas e enfermos de cancro, familiares, compañeiras/os e amigas/os e outras persoas que se foron unindo neste proxecto.
Ata agora, nese tempo tivemos todo tipo de iniciativas como talleres de diferente temática (arte floral, manualidades, repostería,),... porque consideramos que socializar é fundamental, participacións en carreiras cun grupo numeroso como a Carreira da Muller, Carreira do cancro en Ferrol, en As Pontes,...
Charlas de divulgación médica e da saúde, participación en mesas redondas da universidade de Santiago de Compostela en colaboración con outras asociacións e profesionais, e balnearios de Guitiriz e Lugo ou o Talaso de Oia, excursión lúdicas e de saúde, ofrecemos clases de pilates, Participación nos congresos en Madrid organizados por GEPAC: Grupo Español de Pacientes de Cancro do que formamos parte, poñemos mesas informativas en feiras, e por último falar da nosa Andaina que á a actividade principal e histórica da nosa asociación que contamos poder volver a celebrar este ano despois de 2 anos de interrupción.
Foto: nunha visita a Santiago de Compostela con integrantes da asociación, o 19 de xaneiro de 2029.
por + vida
Asociación oncohematolóxica
Tlf. 650 812 030
pormaisvida2011@gmail.com
pormaisvida2011.blogspot.com
Enviado por:
Asociación Oncohematolóxica POR+VIDA
-pormaisvida2011@gmail.com-
26 de janeiro de 2022 13:56
_______
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon