O vindeiro 10 de Marzo cúmprense 50 anos do asasinato salvaxe pola policía franquista española en Ferrol de Daniel Niebla e Amador Rey, dous operarios de Bazán mentres se manifestaban na defensa dos dereitos da clase traballadora e por un convenio laboral digno.
Amador Rey, Daniel Niebla, o camarada Moncho Reboiras e milleiros de homes e mulleres asasesinad@s, represaliad@s, torturad@s, enterrad@s infamemente nas cunetas e encarcelad@s pola ditadura fascista, represora e asasina do ditador fascista Francisco Franco durante 40 anos, son persoas as que temos a obriga moral como demócratas de honrar, homenaxear, agradecer a súa enorme dignidade, coherencia, valentía e a súa heroica loita na defensa das liberdades, da democracia, fronte o fascismo e a loita polos dereitos da clase traballadora.
A mellor homenaxe que lles podemos facer é seguir o seu exemplo e continuar na loita fronte o fascismo, pola democracia, polas liberdades e na defensa dos dereitos da nosa clase social a clase traballadora.
Viva o 10 de Marzo Día da Clase Obreira Galega.
Amador, Daniel A loita Continúa.
Viva a loita da clase traballadora.
Verdade, Memoria, Xustiza e Reparación para as vítimas do franquismo.
Fascismo Nunca Máis.
[*] Celso Posada Fernández, nado en Ferrol o 16 de Xullo de 1980. É un activista en diferentes movementos sociais de Ferrolterra. Militante do BNG, Diplomado en Maxisterio de Educación Primaria pola Universidade da Coruña e Monitor de Tempo Libre.| No Facebook.
Enviado por:
celso posada
-celsoposada2006@hotmail.com-
23 de fevereiro de 2022 17:13
_______
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon