domingo, febreiro 06, 2022

Artigos de André Abeledo - É para analizar detenidamente a posición española no conflicto da Ucraína - Eurovisión, non é odio, é indignación - Tamayazo, diarrea e reformita


É para analizar detidamente a posición española no conflito da Ucraína

Estados Unidos anunciou este mércores o despregue "nos próximos días" de 3.000 soldados en Romanía, Polonia e Alemaña para reforzar as defensas dos seus aliados ante un posible ataque ruso contra a Ucraína, que xa non considera "inminente". Por orden do presidente estadounidense, Joe Biden, uns 1.000 militares serán enviados a Romanía, e 2.000 a Polonia e Alemaña.

EEUU quere provocar o conflicto?. Realmente parece interesarlle, ¿será para vender armas, para vender gas, para de unha xogada desestabilizar a Rusia e a la UE?.

Porque en todo esto EEUU parece o único beneficiario nun conflicto bélico lonxe das súas fronteiras.

Somos un dos países de EUROPA menos dependentes de Rusia en canto enerxía se refire, dependemos do gas ruso so nun 10% mentres que países  como Alemaña ou Italia o fan ao 50% e outros como República Checa nun 100%. Se cadra iso fai que o Goberno español sexa máis receptivo as presións dos EEUU.

Tamén pode influír o conflito latente entre España e Marrocos, posto que a pesar de non estar na OTAN os EEUU teñen historicamente apostado sempre por Marrocos, os teñen armado, e recoñecido unilateralmente a soberanía de Marrocos sobre o Sáhara Occidental, facendo caso omiso as resolucións internacionais, e non o digamos xa a posición sobre o Sáhara do seu suposto aliado na OTAN, o Estado español.

Os medios de comunicación no Estado español tamén están participando a hora de poñer a opinión pública a favor de Ucraína e a OTAN e vender a Rusia como o agresor, nun exercicio de manipulación basto pero efectivo, repetindo mentiras para convertelas en verdade a forza de insistir e ofrecendo un espectáculo ao estilo Hollywood, onde os Ianquis son os bos e os rusos os malos.

En ocasións chegando a espectáculos denigrantes e que causan vergoña allea, como na encerrona que lle fixeron ao periodista e analista ruso Victor Ternovsky no programa presuntamente de información, "TODO ES MENTIRA", que é máis ben un programa de variedades que fai honor ao seu nome e onde a manipulación e a mala educación son sinais de identidade do seu presentador.

Dito programa e o seu xemelgo "TODO ES VERDAD", que é máis do mesmo teñen participado activamente no exercicio de manipulación, o teñen feito sen pudor, opinando e sobre todo manipulando e retorcendo a realidade.

A verdade como cidadán sinto profundamente esa vergoña allea.


Eurovisión, non é odio, é indignación.

Eurovisión, frustración e indignación. Cando a televisión pública non está a altura pasa o que pasa.

Non é odio, é frustración, moitos sentiámonos estafados, sentimos que se teñen rido na nosa cara, non é odio.

RTVE e os seus cómplices están agora branqueando unha letra machista, que non pasaría o filtro si a cantase un home, unha canción en Spanglis que a moitos nos avergoña que poida representar a un país e a unha cultura.

Agora para desviar a atención e pacificar  a cidadanía indignada RTVE  dedicase a vitimizar a cantante.

Eu mesmo, que non son ninguén, teño sido ameazado nas redes sociais por tarados covardes que se esconden no anonimato para cuspir o seu veleno, iso sempre é denunciable e hai que condenar eses comportamentos.

Pero denunciar o tongo no festival de Benidorm, non é odio, iso é o que queren facernos crer dende a televisión pública.

É que con Eurovisión RTVE no ten estafado. RTVE  quere "lavar a súa imaxe" porque unha vez máis "se lles ten visto el plumeiro" en relación a Eurovisión.

Sobre as supostas ameazas de morte e delitos de odio, quen estea asustado, ou lle afecte, que o denuncie, ninguén ten dereito a acosar ou ameazar a ninguén.

Persoalmente non volvo a gastar un SMS en Eurovisión, me sinto estafado

Televisión Española ten feito caixa co Benidorm Fest, fará caixa con Eurovisión e a fixo con nós a través do televoto.

Penso que tiñamos algo diferente, con Chanel, sen ofender nin a ela, nin ao seu traballo, seremos un máis. Eu non verei Eurovisión.

Co diñeiro de todos RTVE, vai a promocionar a canción dun selo discográfico e lanzar a carreira dunha cantante.

E a través do televoto RTVE se ten embolsado moito diñeiro para rematar facendo gañadora a unha canción con menos do 4% dos votos.

Televisión Española ten amosado unha vez máis a súa falta de transparencia e o alonxada que está da cidadanía.


Tamayazo, diarrea e reformita

A reforma laboral saíu adiante por descoido, pola mínima e baixo a sombra dun novo Tamayazo e outra traizón de mercenarios comprados polo PP.

Unha reforma tamén de mínimos e que non cumpre coa promesa de derrogar e desmontar por completo a reforma do PP.

O goberno decidiu apoiarse na dereita e unha vez máis se demostrou que esa muleta non é segura, e que o máis seguro é que si segue apoiándose nesa muleta se caia ao chan.

Sí algunha lección debe sacar o goberno de esta aprobación milagrosa,  é que os milagres non pasan dúas veces e que a única opción firme e segura está a súa esquerda.

Pero para poder contar coa esquerda vai a ter que aprender a negociar e tomar realmente partido polas traballadoras e os traballadores. Terá que deixar de xogar a ser árbitro e moderador para tomar partido.

Baixo a escusa do pacto social e do acordo cos axentes sociais, o goberno traizoou a súa palabra para facer unha reforma laboral de baixo impacto que puidese contentar a patronal, o polo menos non enfadala.

Coa axuda dos dous sindicatos "maioritarios", CCOO e UGT, sindicatos que cada vez contan con menos respaldo social porque teñen traizoado en demasiadas ocasións aos traballadores, e dos medios de comunicación que se dedican agora en corpo e alma a vendernos o pacto coa patronal como algo histórico, con todo iso a reforma ten saído adiante coxeando da súa perna esquerda.

Por un lado ten sido unha reforma edulcorada para ser ben vista polo poder.

E polo outro a súa aprobación ten sido un espectáculo vergoñento e que ten rozado o ridículo.

Os actores principais do esperpento, son os tránsfugas de UPN que venderon o seu voto e o teñen escondido ata o último segundo e un parlamentario do PP con diarrea que  errou ao votar dende casa.

Pero non podemos esquecer a Teodoro e os seus sus fontaneiros do PP rebentado a UPN ao conseguir que os seus parlamentarios traizoasen ao seu partido, e debemos tamén resaltar a inocencia ou inconsciencia dun Goberno que non soubo velo vir, cando non era demasiado difícil.

Saíu adiante, é un pasiño, corto de máis, pouco decidido, pero é un pasiño, non é o que dixeron que sería, é insuficiente, tamén decepcionante, as políticas do mal menor nos teñen levado a onde estamos.

As traballadoras e traballadores teremos que seguir empurrando a un goberno pouco valente.

[*] André Abeledo Fernández, nado en Neda o 14 de Xullo de 1974, militante comunista e sindicalista. Delegado de persoal da CIG no comité de empresa de Mercadona na Provincia d'A Coruña. | Facebook e Twitter.



Enviado por:
André Abeledo Fernández
-andre1474@gmail.com-
3 de fevereiro de 2022 14:42
6 de fevereiro de 2022 00:00
6 de fevereiro de 2022 12:23

_______


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon