luns, febreiro 07, 2022

Manifestación en Ribadeo na defensa do sistema público de pensións - Sábado 12 de febreiro ás 12 do mediodía - Centos de colectivos e plataformas convocan, en todo o territorio do Estado, mobilizacións para exixir a aplicación do IPC (5,6%) real e pensións mínimas dignas, e rexeitar a súa privatización - Desde Ferrolterra sairá un autobús ás 10 da mañá


O vindeiro sábado 12 de febreiro, centos de colectivos e plataformas de todo o Estado convocan mobilizacións na defensa do sistema público de pensións, na Galiza as mobilizacións van ter lugar nas vilas de Cangas e Ribadeo. Desde Ferrolterra partirá un autobús que sairá ás 10 da mañá.

A Plataforma de Ferrolterra na Defensa das Pensións Públicas vai participar na  manifestación de Ribadeo que partirá ás 12 do mediodía desde a Estación de Autobuses da vila da mariña lucense. Para achegar-se a Ribadeo, a Plataforma levará un autobús que saíra ás 10 da mañá desde a Praza 10 de Marzo (entre as Casas Baratas e a estrada d'As Pías). O regreso está previsto ao finalizar a manifestación (aprox. sobre as 13:30hs). O prezo do billete ida/volta: 10 euros. A
data límite para apuntarse é o mércores 9 de febreiro, nos teléfonos de contacto: 616868602 e 629850305.

Exiximos:

* Recuperación do poder adquisitivo, aplicación do IPC real acumulado (aplicación do 5,6%).
* Restablecer a xubilación ordinaria aos 65 anos.
* Eliminación das desgravacións fiscais aos plans privados de pensións.
* Derrogación das reformas dos anos 2011 e 2013.
* Creación dunha banca pública galega.

Manifesto da Xornada de Mobilización Estatal de Pensionistas do 12 de febreiro 2022

As organizacións de pensionistas de diferentes Pobos e Comunidades do Estado Español asinaron un manifesto convocando unha nova mobilización conxunta e descentralizada en defensa do sistema público de pensións e contra a nova reforma que pretende recortalo e deterioralo unha vez máis para o vindeiro 12 de febreiro.

No manifesto chámase aos pensionistas e a toda a cidadanía, a defender unhas pensións dignas, o seu carácter público e unas condicións de traballo dignas, para EXIXIR:

Garantir que en 2022 e anos sucesivos o poder adquisitivo das pensións se revalorice en función do incremento do “IPC real” (o “IPC Acumulado Anual) tal como se viña facendo antes da reforma de 2011, así como a compensar a perda do 3% do poder adquisitivo das pensións do ano 2021.

Garantir que non haxa pensións por debaixo do limiar da pobreza, eliminando a fenda de xénero en salarios e pensións e incrementando a pensión mínima até equipararse ao salario mínimo (SMI), e que este se sitúe no 60% do salario medio, como recomenda a Carta Social Europea.

Garantir pensións públicas dignas xustas e suficientes e o carácter público do Sistema de Pensións, derrogando os recortes das reformas de 2011, 2013 y 2021, e rexeitando a privatización total ou parcial do mesmo, baixo calquera fórmula.

Texto completo do Manifesto da Xornada de Mobilización Estatal de Pensionistas do 12 de febreiro 2022. | Acceder/baixar.

EXIXIMOS O IPC REAL E PENSIÓNS MÍNIMAS DIGNAS.

REXEITAMOS A PRIVATIZACIÓN
.

https://www.modepen.org/

Polo dereito a envellecer con dignidade...

Todos os cidadáns teñen dereito a unha vida digna!

Plataforma Ferrolterra na Defensa das Pensións Públicas, integrada en MODEPEN (Movemento Galego pola Defensa das Pensión Públicas).

Para contactar coa Plataforma:

Correo-e:
plataf.pensionspublicas.ferrol@gmail.com

Conta no facebook:
https://www.facebook.com/DefensaPensionsFerrolterra/
_______


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon