sábado, febreiro 26, 2022

Foi unha moi interesante mesa redonda sobre o Dez de Marzo do 72 en Narón - Álbum fotográfico


Mesa Redonda: DEZ DE MARZO: PRESENTE E FUTURO.

O pasado sábado 25 de febreiro, no Auditorio Municipal, organizado polo Padroado da Cultura e o Concello de Narón tivo lugar unha mesa redonda: “10 DE MARZO: PRESENTE E FUTURO”. Acto celebrado coa colaboración das A.C. Fuco Buxán e Memoria Histórica Democrática, no extenso programa a desenrolar, durante o 2022, nas comarcas de Ferrolterra-Eume-Ortegal, co lema “Dez de Marzo, 50º Aniversario, Memoria e Dignidade”.

Abriuse coa audición dun fragmento da peza sinfónica "Ferrol 1972" do profesor Juan Durán, estreada o pasado día 12, que foi moi ovacionada.

Na mesa, presentada pola profesora Ánxela Loureiro, participaron o historiador e profesor José Gómez Alén, expresidente da Fundación 10 de Marzo e vicepresidente da Fundación Xaime Quesada Blanco; o profesor, escritor e expresidente da R.A.G. Xesús Alonso Montero; Sari Alabau Albors, mestra e exconcelleira de Narón e Ferrol e Rafael Pillado Lista, cofundador do PCG e as CCOO, protagonistas directos os dous últimos dos sucesos do 72.

Foron moi interesantes as intervencións e o coloquio, axudando a facer que o Dez de Marzo, Día da Clase Obreira Galega, non sexa só un referente daqueles feitos históricos de loita polos dereitos das traballadoras e traballadores e polos dereitos democráticos para toda a cidadanía, senón un referente de presente e de futuro, resaltando os valores de solidariedade de clase e a imprescindible necesidade da organización e unidade de acción no mundo do traballo e na sociedade  en xeral.

Faláronse moitas cousas interesantes, o protagonismo das mulleres, a axuda solidaria dalgúns cregos e de moitos traballadores, a labor fundamental dos avogados laboristas, o papel da cultura comprometida, a solidariedade internacional…

Recolléronse firmas apoiando o traslado do Monumento do 10 de Marzo á praza contigua que deberá levar ese nome, sacándoo da localización marxinal no que se atopa e situándoo no propio lugar dos feitos.

Foi unha xornada memorable no marco destas conmemoracións.

✔ Fotos da Mesa Redonda "10 de Marzo, Presente e Futuro" | Álbum Fotográfico.

10 de Marzo de 1972
50 Aniversario
Memoria e Dignidade


Achegamos: Manifesto. Relación de Adhesións. Logotipo.

Contacto:
10m72.50aniversario@gmail.com

Facebook:
Dez de Marzo Cincuenta Aniversario.

Documentos:

✔ Selo Logotipo 50 aniversario do 10 de Marzo. | Acceder/Baixar.

✔ Manifesto do 50 aniversario do 10 de Marzo. | Acceder/Baixar.

✔ Apoios ao Manifesto do 50 aniversario do 10 de Marzo. | Acceder/Baixar.

[*] Contactos:

✔ Fuco Buxán Asoc. Cultural - Ferrol
-fucobuxan@gmail.com-

✔ Asociación Cultural Memoria Histórica Democrática -memoriahistoricademocratica@gmail.com-

Relacionado:


Memorábel concerto conmemorativo do 50 aniversario do 10 de Marzo de 1972 - Interpretado polo quinteto de vento metal 'Hércules Brass' - Estrea da peza sinfónica 'Ferrol 1972' - Intevencións Juán Durán, Rafael Pillado e Angel Mato - Dez de Marzo Sempre !! - Memoria e Dignidade - Vídeo e fotos. | Ir a Ártabra 21.

Enviado por:
10M72 50Aniversario
-10m72.50aniversario@gmail.com-
26 de fevereiro de 2022 16:59

_______


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon