O CCE CON RAFAEL PILLADO
Desde este Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, compartimos, con tanta xente amiga, a dor e o sentimento pola grave enfermidade que afecta ao noso querido compañeiro Rafael Pillado Lista, cofundador deste CCE en defensa dá Ría, a Legalidade e a Vida, referente histórico da loita obreira, cofundador das CCOO, militante comunista desde 1960 e entregado sempre, desde os partidos e as organizacións de esquerdas e o movemento asociativo e cultural á loita polas conquistas sociais e democráticas e a favorecer sempre aos máis necesitados.
A Rafael acábanlle de diagnosticar un mesotelioma pulmonar, producido polo Amianto, que envelena a tantos traballadores do Naval, e doutras moitas industrias e a unha parte da cidadanía que inocentemente o sufriu cando os poderes públicos e as empresas eran conscientes e calaban o dano que producía.
Firme nas súas conviccións, de defensa do social antes que o persoal, quere dar a batalla para que os culpables paguen as consecuencias e estes feitos teñan máis difícil a súa repetición. Nesa batalla, desde este CCE estaremos ao seu lado con todas as nosas forzas. O escrito por el feito publico defíneo mellor que as nosas palabras.
"Estimadas amigas e amigos: estes días recibín a mala noticia de que padezo cancro. Cancro producido polo amianto. Un mesotelioma que limita o meu tempo de vida.
No transcurso de ese tempo, quero pedirvos que informedes a todo o mundo. Non quero que a miña enfermidade e a de tantos afectados, sexa clandestina. Pretendo ademais que a miña reclamación sexa ocasión para denunciar aos responsables dos nosos asasinatos silenciosos. Unha ditadura fascista que tras ser financiada pola Banca March, recibiu do ditador autorización, en exclusiva, para importar sin límites, o amianto, e que a través de Uralita contaminou as augas, as terras, os tellados i edificacións, e matou e segue matando a miles de persoas.
Pretendo tamén contribuír, mentres dure, á celebración do 50 Aniversario do 10 de marzo de 1972.
Aperta forte, sempre. Rafael Pillado"
Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org
@ComitCEmerxenc
Foto: Rafael Pillado Lista (de Miguel Garcia Garcia).
Enviado por:
Comité Cidadán de Emerxencia
-comitecidadan@gmail.com
2 de fevereiro de 2022 16:23
_______
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon