martes, marzo 29, 2022

Artigos de André Abeledo - A verdade é sempre a primeira vítima da guerra, e a información convértese en propaganda - Opinar como deporte de risco


A verdade é sempre a primeira vítima da guerra, e a información convértese en propaganda

Rusia vai ao seu ritmo na guerra da Ucraína, saben que non haberá resposta militar no territorio ruso, eso é imposible.

Rusia conta co apoio incondicional de China, un aliado que lles fará gañar tamén a guerra económica, a militar téñena gañada.

Namentres aquí a prensa cóntanos contos, dedica horas a apelar aos baixos instintos, a fomentar a rusofobia, a contarnos historias terribles sobre o que os rusos fan na guerra, historias que raramente van acompañadas de imaxes e case nunca de probas.

Rusia aínda non ten respondido as sancións económicas. Máis conta co apoio incondicional da maior potencia económica do mundo, China é un apoio sin fisuras por moito que dende Occidente taentese poñer este feito en cuestión.

Para corroboralo é suficiente con ler o Global Times, a versión exterior do Diario do Pobo, do Partido Comunista de China, un diario completamente posicionado con Rusia na guerra da Ucraína.

O bombardeo en Iugoslavia, algo que China «nunca esquecerá».

«Como remanente da Guerra Fría, a OTAN continúa expandindo o seu alcance xeográfico e rango de operacións. ¿Qué tipo de papel ten desempeñado na paz e a estabilidade mundiais?», ten dito un voceiro chino.

La estratexia rusa no ten como prioridade ocupar Kiev, ni tampouco destruílo, va paso a paso.

Rusia ten amosado ao non usar a súa abafadora superioridade aérea para bombardear a Ucraína, que non quere facer o mesmo que EEUU e os seus satélites, na guerra de Iugoslavia, de Irak, de Libia, ou máis recentemente en Siria.

Járkov e Mariupol son excepcións. Por unha banda están dentro do territorio do Donbás e deben pasar a control das repúblicas autodeterminadas; e tamén porque o exército ucraíno e os neonazis do Batallón Azov se teñen atrincheirado en ambas cidades, cos civís como escudo.

Por moito que en Occidente queira poñer a estas cidades como exemplo de unha resistencia "Numantina" contra o invasor, a realidade é que a resistencia ucraína non é tan forte como nos din, o amosan as centenares de poboacións teñen sido ocupadas polas tropas rusas sin problemas, nin resistencia.

Zelenski segue coa idea de que é preciso provocar unha terceira guerra mundial como saída a guerra, tolos no poder?, psicopatas?. "Si estos intentos de negociar fracasan, eso suporá a terceira guerra mundial", ten manifestado o presidente ucraíno.

O presidente da Ucraína, Zelenski, ten anunciado que suspende a actividade de varios partidos políticos, todos de esquerdas ou pro-autonomía. Na Ucraína xa estaban ilegalizados os partidos comunistas, agora tamén ilegalizan os socialistas. Algo dificilmente de defender dende un punto de vista "democrático".

Vladi Orlov xogador de baloncesto - nado en Jarkov -"... levamos 8 anos en guerra nos que se está bombardeando esa parte do país e iso non sae na televisión. O Exército ucraíno arrasaba con todo e non temos visto a esos mortos nos medios. Sinto moita rabia".

Occidente considérase o embigo do mundo, cando falan de comunidade internacional dende Occidente, refírense tan solo a un grupo de países que "representa", de aquela maneira, como moito a un 11% da poboación mundial.

O mundo esta cambiando e o imperio se resiste.


Opinar como deporte de risco

Os de ultradereita dinme comunista, roxo de merda, vaite para Cuba ou para Venezuela, agora tamén me din pro-ruso e vaita para Rusia, iso sí, ningún se ofrece a pagarme o billete de avión.

Tamén algúns da nova esquerda dinme fascista e acúsame de ser un infiltrado que busca romper a suposta unidade ao dicir o que penso sin autocensura.

E todos o fan polo mesmo motivo, por tentar dicir a verdade, aínda cando a verdade non esta de moda.

Vivimos tempos onde opinar é deporte de risco.

Unha das cousas que máis me fode ultimamente, é que digan que o Goberno español é social-comunista, porque que os que queremos un Goberno social-comunista estamos ben fodidos porque non o temos.

Persoalmente procuro non caer na trampa da autocensura por medo a nadar contra corrente, tento fuxir da hipocrisía.

Exemplo de hipocrisía: Rexeitar a ocupación rusa da Ucraína e aceptar a ocupación marroquí do Sáhara Occidental. Enviar armas aos ucraínos namentres traizoamos ao pobo saharauí, abrir as portas a refuxiadas ucraínas, mentres as pechamos nos fociños aos saharauís.

O "goberno máis progresista da historia", pasará aos libros de historia, por ser o que consumou a traizón definitiva ao pobo saharauí. E sinto non no poder calar ante semellante infamia indecente.

O Sáhara Occidental ten sido traizoado unha e outra vez por España. Agora se ten escrito un novo capítulo de vergoña "Made in Spain".

Non teño asimilado a nova linguaxe de "Barrio Sésamo" dos de abaixo contra os de enriba. Quédome co linguaxe de "barrio obreiro" de explotados contra explotadores.

"Non son nin de esquerdas, nin de dereitas" é o que dicía José Antonio Primo de Rivera, o fascista fundador de FALANGE, así que coidadiño cos discursos da inconsistencia progre e do fascismo que se esconde detrás do populismo da nova-vella ultradereita de VOX.

A falsa esquerda tarde ou cedo tense que posicionar, e cando se posiciona sae o "progre" que leva dentro, "non hai peor fascista que un burgués asustado".

A definitiva TRAIZÓN ao pobo saharaui, amosa a hipocrisía de Occidente. Ucraínos SÍ pero saharauis NON.

A nosa a posición ante os dramas humanos e as guerras marcada polo número de horas en televisión, a tendencia dos titulares, a raza e a relixión das vítimas, e por enriba de todo e ante todo polos intereses económicos das grandes multinacionais e das oligarquías.

Porque mira que temos tragado sapos co conto recorrente de que "ven a dereita", con as políticas do "mal menor", e claro que ven, ¿pero acaso estas estratexias a teñen freado?, ¿ou a teñen alimentado?.

A estratexia da nova esquerda de chamar a "unidade" dende o personalismo, a inconsistencia ideolóxica, e a renuncia as "liñas vermellas", para crecer electoralmente, ten axudado, ao meu xuízo, a que medre a ultradereita.

Algo que non solo ten pasado no Estado español, pero que segue acontecendo. Non sei cal é o motivo; ¿non o ven?, ¿non lles importa?, ¿son uns inconscientes?, ou simplemente pisar moqueta e ter unha posición cómoda e un salario envexable os ten feito conservadores.

[*] André Abeledo Fernández, nado en Neda o 14 de Xullo de 1974, militante comunista e sindicalista. Delegado de persoal da CIG no comité de empresa de Mercadona na Provincia d'A Coruña. | Facebook e Twitter.



Enviado por:
André Abeledo Fernández
-andre1474@gmail.com-
21 de março de 2022 13:42
28 de março de 2022 11:29

_______


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon