Armas para a Ucraína
Armas para que a guerra sexa o máis longa e cruenta posíbel, para que a guerra desgaste a Rusia e para conseguir que morran en combate, nesta guerra, cantos máis soldados rusos mellor. Ese obxectivo so pode conseguirse a base de ucraínos mortos, moitos máis que soldados rusos.
Armas para que resistan, pero non para que gañen a guerra, porque todos sabemos que a Ucraína non poida gañar a guerra.
Armas para que se maten eles, porque é seguro que nin Europa, nin a OTAN van a enviar tropas a unha guerra que non se pode gañar.
Armas para facer o conflito o máis longo e custoso posíbel para Rusia e non digamos xa para a Ucraína que pagará un prezo moito máis alto e morte e destrución das súas infraestruturas.
Armas para a Ucraína por ser un pobo invadido, que o é, pero esas armas non se lle dan ao pobo palestino, un pobo que non ten nin sequera un exército e que é agredido e bombardeado a diario por Israel, nin ao pobo saharauí, que ten o seu territorio ocupado por Marrocos, nin ao pobo iemení, porque no Iemen as armas se lle venden ao agresor e xenocida, Arabia Saudí.
A rusofobia é froito da irresponsabilidade dos medios de comunicación.
A rusofobia está sendo creada polos medios de comunicación e alimentada polos medios de comunicación. Un erro histórico e un xeito de botar leña ao lume do conflito en Europa. Sementar odio é o mellor camiño para colleitar un futuro de violencia.
A irresponsabilidade dos medios de comunicación e do relato oficial dos políticos alimenta a rusofobia. Os primeiros actos de odio, de violencia e de acoso a comunidade rusa son responsabilidade directa duns medios de comunicación irresponsables que fan espectáculo coa guerra.
Rusofobia e chamamentos absurdos ao boicot a produtos rusos: vodka, ensalada rusa,.., a ensalada rusa?, en serio?, ata hai un restaurante que lle ten cambiado o nome a ensalada rusa, pero imos ver almas de cántaro, a ensalada rusa, non é rusa, nin a tortilla francesa é francesa.
O xornalista español Pablo González, encarcerado en Polonia, un socio da OTAN e da UE, onde o teñen acusado de espionaxe.
O seu avogado ten confirmado que ten estado tres días illado e sometido a interrogatorios. Occidente non quere que se informe sobre o conflito en Ucraína. Solo se acepta a propaganda oficial.
Dá medo a facilidade con que a maquinaria dos medios de comunicación se poñen en marcha para dicirnos cando temos que chorar e cando non.
Sin dúbida temos a obriga ética e moral de axudar e acoller aos refuxiados que fuxen da guerra na Ucraína, en Siria, en Libia, de Afganistán, do Sáhara Occidental, de Palestina, do Iemen, do Kurdistan...e de calquera país do mundo, sen importar a súa raza ou relixión.
Cando un momento histórico como o actual nos pon contra a espada e a parede, dándonos a escoller entre manter a coherencia e a dignidade ou deixarnos levar pola poderosa maquinaria de propaganda, para alguén realmente de esquerdas a única decisión posible é a da verdade.
[*] André Abeledo Fernández, nado en Neda o 14 de Xullo de 1974, militante comunista e sindicalista. Delegado de persoal da CIG no comité de empresa de Mercadona na Provincia d'A Coruña. | Facebook e Twitter.
Enviado por:
André Abeledo Fernández
-andre1474@gmail.com-
4 de março de 2022 12:26
4 de março de 2022 19:06
_______
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon