xoves, marzo 03, 2022

Artigos de André Abeledo - O drama da Ucraína e a incoherencia da suposta esquerda - Ucraína, Rusia, Donetsk e o Estado español - A primeira víctima da guerra é a información - Os medios sobre a Ucraína, espectáculo e parcialidade


O drama da Ucraína e a incoherencia da suposta esquerda

Cando un momento histórico como o actual nos pon contra a espada e a parede, dándonos a escoller entre manter a coherencia e a dignidade ou deixarnos levar pola poderosa maquinaria de propaganda, para alguén realmente de esquerdas a única decisión posíbel é a verdade.

No Iemen seguen en guerra, o digo porque ten xente que non di nada, tamén en Siria, as mulleres en Afganistán e a poboación en xeral volven a estar baixo o xugo Talibán, o digo porque ten xente que xa non di nada, e na Libia destruída hai mercados de escravos, o digo porque ten xente que non di nada.

Hipocrisía: armas para que a Ucraína se defenda, as armas que non lles dimos ao Sáhara Occidental, Palestina, o pobo Kurdo, Iemen, e a tantos outros pobos que están sendo esmagados por potencias militares que ocupan o seu territorio e masacran a homes, mulleres e nenos, sin piedade.

Por estar na OTAN o Estado español ten bases dos EEUU no seu territorio e tamén miles de soldados norteamericanos, nesas bases mandan os Ianquis, iso tamén lle ocorre a Alemaña e a outros moitos países, pero ningún país da OTAN ten unha base nos EEUU.

A verdade non importa e a mentira é un arma política, ao estilo Goebbels, Ministro de Propaganda da Alemaña NAZI, unha mentira repetida mil veces convértese en verdade. Putin non é comunista, e o Partido Comunista ruso está na oposición, o saben, que non estorbe a verdade.

A ONU condena a invasión de Rusia con 141 votos a favor. Rusia, Bielorrusia, Siria, Corea do Norte e Eritrea votaron en contra. Os 35 países restantes, entre os que destacan China, India, Bolivia, Cuba, O Salvador, Nicaragua, Irán, Irak, Kazajistán ou Vietnam, abstivéronse.

A OTAN era, segue sendo e será unha organización belicista e terrorista que historicamente ten servido para arrasar Estados, de pacifista "0". Unha vez máis os que dicían OTAN "non", logo din de entrada OTAN "non", para logo dicir OTAN "si" en canto pisan moqueta e lles dan sillón.

Fose quen fose o presidente de Rusia, Putin ou calquera outro, de calquera partido, en relación a Ucraína e ao Ucraína actuarían dun xeito moi parecido. Rusia non podía permitirse non actuar, calquera potencia o tería feito, Rusia, EEUU, China,Reino Unido, Franza...

Falan de malos e bos, e segundo din eles a OTAN son os bos, millóns de mortos remexen-se nas súas tumbas.

Todos sabemos que Ucraína non pode gañar a guerra, é imposible, tamén é sabido que Rusia so ten usado unha moi pequena parte do seu  poderío militar, pero obxectivo armas aos ucraínos co obxectivo de que a guerra sexa o máis longa e cruenta posíbel.

Ucraína importa?

Ver a televisión, ler a prensa, ou escoitar a radio en Occidente é como ler os partes de guerra do ministerio de defensa da Ucraína, ou un comunicado da OTAN.

Miguel Sebastián (ex ministro e economista): “Estamos en Guerra, e temos que asumir os custes da Guerra. España ten que asumir os seus custes: o seu empobrecemento”

Non ten dúbida sobre quen van a pagar o prezo das medidas da UE, dende sancións a Rusia ata las armas para a Ucraína.

Yolanda Díaz Republicana pero co Rei, atea pero co Papa, de esquerdas pero coa OTAN, comunista pero co capitalismo, clase obreira pero con glamour. Vaianse ao carallo.

A Yolanda Díaz iríalle mellor fichando xa polo PSOE, porque o de montar outro proxecto socialdemócrata non me parece unha boa idea, a xente soe quedarse co orixinal, o orixinal é PSOE e Yolanda Díaz é o suficientemente pragmática para encaixar perfectamente no PSOE.

A suposta ala esquerda do suposto goberno de progreso ten amosado non ter plumas para voar, a operación "asaltar os ceos" queda abortada definitivamente. Cando toca elixir entre sillón e moqueta ou coherencia e dignidade, a ela e a el so lles interesan as súas lentellas.

A esquerda que ía a asaltar os ceos se baixa a os infernos para comprar o argumentario da OTAN. Envía armas ofensivas a Ucraína como axuda humanitaria ou axuda para a paz. Ou nos vende que a OTAN traballa para a paz no mundo. A esquerda domesticada pisou moqueta.

O envío de armas ofensivas a Ucraína como axuda humanitaria ou axuda para a paz é unha prostitución da linguaxe nivel Deus, como dicir que a OTAN traballa para a paz no mundo. A esquerda desnortada e traizoada.

Xa que España vai a enviar armas a Ucraína coa escusa de que é un país agredido e invadido, supoño que coa débeda histórica que temos e cos mesmos argumentos o seguinte é armar ao Frente Polisario para que poida loitar con Marrocos que ocupa ao Sáhara Occidental.

Josep Borrell co seu discurso en Spanglis falando da resposta ao agresor máis forte para defender ao débil, que memoria selectiva e que visión parcial, Iugoslavia, Irak, Libia, Siria, Palestina, Iemen, Sáhara Occidental, ¿donde estaba Europa?, ¿que ten que dicir Borrell?.

"É máis sinxelo enganar a xente, que convencelos que teñen sido enganados" (Mark Twain)


Ucraína, Rusia, Donetsk e o Estado español

A República de Donetsk se autoproclamou independientemente mediante un referéndum onde case o 90% da poboación votou pola independencia, a dita votación invitaron a  comunidade internacional para que puidesen comprobar a limpeza das votacións, tras a autodeterminación de Donetsk, Ucraína lles declarou a guerra para reintegrar a Donetsk pola forza das armas.

A guerra empezou en 2014, o que ten feito Rusia agora é recoñecer a República Popular de Donetsk como Estado independente.

O que me parece incrible é que xente que apoia o dereito a autodeterminación do Sáhara Occidental ou Palestina, ou o dereito do pobo Kurdo a ter unha nación propia, rasguense as vestiduras porque o pobo de Donetsk a conseguise e a defenda coas armas.

O que os mesmos que participaron na destrución de Iugoslavia como país,  e que armaron aos secesionistas de Croacia (auténticos fascistas), ou de Bosnia, a OTAN e Europa que bombardearon Belgrado durante 60 días e 60 noites, agora veñan defendendo a unidade de Ucraína por enriba de tódalas cousas, incluíndo por enriba dun referendo de autodeterminación do pobo de Donetsk.

Hipocrisía nivel Deus.

A OTAN  Europa impórtanlles a Ucraína porque está loitando contra Rusia o seu inimigo xeoestratéxico.

A cidadanía europea está moi sensibilizada pola cobertura mediática, case 24 horas, e tamén porque os ucraínos afgáns europeos, brancos, cristiáns e moitos deles loiros e de ollos azuis. Non son sirios, afgáns, africanos ou latinoamericanos. Esa é a triste realidade.

O PP di agora que hai que ter "altura de miras" para condenar a agresión "comunista" de Rusia..."que a verdade é que os comunistas están  invadindo un pobo soberano e libre como é a Ucraína".

Putin comunista? despois da brutal burrada todo o que digan queda inutilizado definitivamente.

A propaganda política e mediática chega ao ridículo máis vergoñento e tamén a hipocrisía máis noxenta.

Segundo Sara Fernandez, Especialista en Enerxía, Axencia Servizos de Luz:

Cales son as consecuencias do conflito entre Rusia e a Ucraína no mercado enerxético Español?

O 21 de febreiro Putin asinou o recoñecendo da independencia das rexións prorrusas ucraínas de Donetsk e Lugansk, enviando tropas a  zona. Tres días máis tarde, ordenou atacar con efectivos militares a rexión do Donbás. Desde entón o exército ruso ten atacado diversas rexións do país, incluída a capital de Kiev, poñendo en perigo a integridade mundial.

Como afecta a guerra ao Estado español

As principais consecuencias para o Estado español son e serán de tipo económico. Os expertos de compañías de luz afirman que o prezo de algúns produto de primeira necesidade verase afectado. Se prevé que o prezo do trigo aumente un 30% e o do millo un 20%, coas claras consecuencias sobre os prezos dos produtos finais feitos con estas materias.  

E non é o único produto que se ve afectado. A luz e o gas levan tempo con prezos desorbitados e se prevé que sigan a alza a causa do conflito.

Subida do gas

Un dos mercados que se ve máis afectado a causa do conflito entre Rusia e a Ucraína é o do gas. O país de Vladimir Putin proporciona aproximadamente o 40% do gas a Europa.  España é o país de la UE que menos dependencia ten respecto do gas ruso, cun 5%, porque gran parte do seu abastecemento procede dos países do norte de África.

Este enfrontamento ten encarecido os prezos do gas, que se teñen disparado un 29% e ten superado os 100 euros/MWh, e ten provocado unha inflación disparada que afecta directamente ao bolso dos consumidores. Por este motivo, é importante utilizar un comparador de gas natural para comparar as distintas tarifas e aforrar na túa factura.

Subida da luz

Non so vese afectado o mercado do gas, senón que tamén vai a afectar a nosa factura enerxética. A luz ten subido ata un 17% ata alcanzar os 240,13 euros/MWh, sendo así o segundo prezo máis alto do ano e cinco veces máis alto que fai un ano. Por eso, é recomendable usar un comparador de luz para aforrar na electricidade.

A franxa horaria máis cara é a que está comprendida entre as 19:00 horas e as 20:00 horas, chegando aos 300 euros/MWh.

En cambio, o tramo máis barato é o que está comprendido entre as 4:00 horas e as 5:00 horas e se pagarán uns 153,32 euros/MWh.


A primeira vítima da guerra é a información

A economía de Rusia baséase na venda de petróleo, gas, cereais, fertilizantes, etc, produtos básicos e indispensables que van a ter saída sobre todo no comercio Rusia-China. Os Europeos sufriremos unha subida brutal da enerxía, de alimentación, dos combustibles.

Cada vez que un tertuliano na TV tenta poñer sobre a mesa as responsabilidades da OTAN e a Unión Europea no conflito na Ucraína, o presentador ou a conflito de quenda cambia de tema, os corta, os rebate. Nada pode empanar o relato oficial é a consigna.

O bloqueo da Unión Europea as axencias e os medios de comunicación rusos, como RT, Rusia Today ou Sputnik non é algo moi "democrático", pretender que exista solo un relato "oficial" e unhas determinadas fontes de información e coartar a liberdade de informarse onde o crea conveniente a cidadanía.

A UE é quen vai a saír peor parada do conflito con Rusia na Ucraína, son os pobos de Europa quen van a pagar a conta. Rusia venderá o gas, o petróleo e os  cereais a China, a súa económica baséase nisto. Pero serán os EEUU os que fagan o gran negocio con Europa.

A UE está rearmando ao exército da Ucraína buscando que a guerra dure e sexa cruenta. Para algúns as guerras son un gran negocio. E censurando medios de comunicación, como RT, Sputnik, etc.

Mentres tanto, EEUU está vendendo o gas a Europa un 40% máis caro que o facía Rusia...

Ao pechar o espazo aéreo a avións rusos a UE dáse outro tiro no pé. Tiveron a resposta recíproca, ¿por onde van a pasar os avións europeos que van a oriente?. Air France anunciou que suspende os seus voos a China e Xapón namentres atopa rutas alternativas. Bravo xenios!!!

O goberno alemán dará o pistoletazo de saída a unha escalada armamentista, triplicando o presuposto de guerra. O negocio sempre aparece nas crisis para os mesmos...armas , armas e máis armas...pero as balas non se comen e os pobos precisan servizos básicos.

O goberno Ucraíno pide aos civís que fagan cócteles molotov nas súas casas e se enfronten ao exército ruso, prohibe aos homes menores de 60 anos saír do país e os obriga a presentarse "voluntarios" para loitar contra os rusos. ¿A quen lle interesa que morran civís?.

Vendo como se compara a Putin con Hitler quedo abraiado, coas barbaridades que se poden chegar a dicir nos medios de comunicación. Pódese adversar a Putin sin chegar a dicir estupideces. O conflito armado non se parece, nin ten as motivacións da Segunda Guerra Mundial.

Vexo a unha esquerda institucional que non quere dicir nada que se saía do relato oficial por medo a perder o sillón, pisar moqueta cambia a xente en tempo récord. É máis fácil deixar que te leve a corrente como aos peixes mortos ou seguir ao pastor como as ovellas.


Os medios sobre a Ucraína, espectáculo e parcialidade

A televisión e os medios son tan superficiais e tan parciais, que a verdade é o que menos lles importa, informar nunca, desinformar sempre, unha guerra convertida en espectáculo, horas de TV lanzando mantras as masas.

Nestes días repitense os argumentos dos opinadores televisivos, que tanto te opinan de unha guerra, como dunha pandemia, como dun volcán ou de Eurovisión.

Te chaman ignorante e proruso porque están ben informados e coñecen a historia da Ucraína grazas a TV, aos opinadores que o mesmo fan unha tortilla que unha estratexia militar, a prensa independente; OK Diario, El Mundo, La Razón, El Español. Vamos todo o máis mellor.

Pero todo conflito bélico ten unha raíz que hai que tratar de desentrañar de entre a propaganda de uns e outros.

As guerras sempre son catástrofes, dramas humanos, pequenas historias que rompen o corazón, perdidas irreparables. "A primeira vítima da guerra é a verdade", por saberemos solo saberemos o que queren, e nos contarán o conto como lles interesa. A verdade non importa, solo a propaganda.

Biden ordena ao Departamento de Estado liberar ata US$ 350 millóns en asistencia de seguridade para Ucraína, vamos armas, Reino Unido e Europa tamén envían armas, armas e sancións económicas, apostan por unha guerra longa e cruenta. Iso si que se maten eles, de tropas nada.

Absurdas medidas de castigo a Rusia traxicómicas:

"Rusia, expulsada do Festival de Eurovisión tras a invasión de Putin a Ucraína" (ABC). Seguramente se estean plantexando a retirada tras o duro golpe que supón non acudir ao festival. Me ven a mente cando  Eurovisión RTVE  alardeou da boa aceptación de Chanel en Rusia.

Eurovisión expulsa a Rusia do festival pola invasión de dobre. Pero nunca ten expulsado a Israel pola matanza case diaria de palestinos. O dobre raseiro segue plenamente vixente.

A guerra na Ucraína ten a súa orixe no golpe de Estado de 2013 e comezou na República Popular de Donetsk, un conflito armado que comezou en abril de 2014 entre milicias prorrusas e o Exército ucraíno.
Segundo a ONU, ten causado máis de 14.000 mortos e milleiros de desprazados que teñen contado coa indiferenza de Occidente...ata agora.

A Ucraína non a ían a deixar entrar na UE, seguramente tampouco na OTAN. Ucraína ten sido unha ferramenta para desestabilizar a zona, un peón no taboleiro da xeoestratexia. EEUU non cedeu nin un ápice nas negociacións con Rusia a sabendas do que podía acontecer.

O empeño de EEUU en continuar a progresiva expansión da OTAN cara as fronteiras da Federación de Rusia, nos teñen conducido a un escenario, con implicacións de alcance impredicible, que se pode evitar.

Ningún líder da UE está pola desescalada, moito menos a OTAN, e non digamos xa os EEUU, ninguén chama a unha reunión para definir un espazo de seguridade con garantías para Rusia. Todo pasa por subir a aposta. Neste xogo de xeoestratexia pouco o nada importa el pobo.

Si Rusia fai o mesmo en Cuba, México ou Venezuela, que houbese pasado?

Deberíamos facernos preguntas como: ¿Quén vai a xerar beneficios indecentes grazas ao prezo desorbitado do gas?, ¿quenes van a pagar a crise perdendo poder adquisitivo e vendo como o seu nivel de vida cae en picado?.
A resposta está ao outro lado do Océano.

A primeira guerra en Europa dende o século XX din os opinadores da TV, como si Iugoslavia ou Donetsk estivesen en África, Asia, ou América. Tertulianos que valen para todo, moi apañados, saben de pandemias, volcáns, xeopolítica,historia, estratexia militar, de todo un pouco.

Non é fácil, non é cómodo dicir verdades que estorban ou cómodo o relato oficial, a xente, ata aquela que se considera menos manipulable prefire as películas de bos e malos, non quere complicacións, é mellor que o malo sexa moi malo ao estilo Hollywood, pensar cansa.

Estou pola paz e contra tódalas guerras, non trago propaganda de ningún bando, tampouco   a dos nosos medios de desinformación, a de EEUU, da OTAN, da UE o do goberno da Ucraína.

A guerra na Ucraína comezou fai 8 anos.

A OTAN se ten dedicado a botarlle gasolina ao  lume.

Estou pola PAZ no Mundo, "non" a  OTAN, "non" a rusofobia.

[*] André Abeledo Fernández, nado en Neda o 14 de Xullo de 1974, militante comunista e sindicalista. Delegado de persoal da CIG no comité de empresa de Mercadona na Provincia d'A Coruña. | Facebook e Twitter.



Enviado por:
André Abeledo Fernández
-andre1474@gmail.com
27 de fevereiro de 2022 19:28
28 de fevereiro de 2022 19:47
1 de março de 2022 18:25
3 de março de 2022 14:49

_______


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon