venres, marzo 18, 2022

As radios libres e comunitarias son fundamentais na construción dun mundo máis xusto e solidario, ... Por Celso Posada Fernández


Por Celso Posada Fernández [*]
18.03.2022


AS RADIOS LIBRES E COMUNITARIAS SON FUNDAMENTAIS NA CONSTRUCIÓN DUN MUNDO MÁIS XUSTO E SOLIDARIO

As radios libres e comunitarias como Radio Filispim a Radio Libre e Comunitaria da Terra de Trasancos na 93.9 FM, na que colaborei vai uns anos  cun programa radiofónico no que presentaba, coordinaba xunto a amigos, chamado "Directo de Esquerdas". Un programa de actualidade política cunha ollada dende a esquerda e a que acudo de cando en vez cando me convida a participar algún compañeiro  como Miguel Anxo, no seu interesante programa "Residuo Cero"  son fundamentais pra facer pedagoxía política dende a esquerda, pra crear comunidade,  pra contribuír a crear un contrapoder a hexemonía do dogma neoliberal, pra darlle voz os colectivos invisivilizados e os movementos sociais que loitan nas rúas na defensa dos dereitos, pra frear a ultradereita e o fascismo, e pra axudar a conformar unha cidadanía democrática, crítica, libre, formada cultural e politicamente.
 
Os medios de comunicación son lugares de socialización política nestas sociedades de consumo e actores políticos, serven a uns intereses privados dos donos de ditos medios e teñen unha liña editorial moi marcada, política e ideoloxicamente.
 
Ante o avance da ultradereita no Estado Español, na Europa e no mundo, é fundamental dende a esquerda facer moita pedagoxía política dende as radios libres e comunitarias, desmontando as súas mentiras e discursos racistas, machistas, homófobos, lgtbifóbicos, xenófobos; contribuír a fomentar valores democráticos, solidarios, ... baseados na solidariedade internacionalista, na xustiza social, na defensa da democracia, das liberdades, da igualdade, do Ensino Público, dos servizos públicos, da Sanidade Pública, dos dereitos humanos, ...
 
É fundamental disputarlle a hexemonía ao Neoliberalismo e o seu pensamento único. Onde se implanta unha salvaxe ditadura do capital e todo se mide dende o raseiro económico e todo se mercantiliza incluso as relacións humanas.

É moi importante, dende a esquerda, que nos formemos cultural, política e intelectualmente que leamos libros que fagamos moita pedagoxía nos medios de comunicación, nas radios libres e comunitarias, nos centros de traballo, nas universidades, nos centros de estudo, nas fábricas, nas escolas, etc.
 
As radios libres e comunitarias son fundamentais pra crear espazos comunitarios, de debate político, de socialización, de democracia real, de encontro entre as persoas e colectivos.
 
Defendamos as radios libres e comunitarias, fagamos programas nelas e por riba de todo apoiémolas, non hai democracia sen uns medios de comunicación libres e democráticos.

[*] Celso Posada Fernández, nado en Ferrol o 16 de Xullo de 1980. É un activista en diferentes movementos sociais de Ferrolterra. Militante do BNG, Diplomado en Maxisterio de Educación Primaria pola Universidade da Coruña e Monitor de Tempo Libre.| No Facebook.


Enviado por:
celso posada
-celsoposada2006@hotmail.com-
18 de março de 2022 14:33

_______


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon