luns, abril 11, 2022

Sobre as probas diagnósticas de laboratorio e radioloxía en Atención Primaria - Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública


A ASOCIACIÓN GALEGA PARA A DEFENSA DA SANIDADE PÚBLICA, SOBRE PROBAS DIAGNÓSTICAS EN ATENCIÓN PRIMARIA

Dende a Asociación  Galega para a Defensa da Sanidade Pública consideramos unha boa noticia a instrución do SERGAS ás xerencias de Área Sanitaria, para que os Centros de Saúde podan acceder a probas diagnósticas de laboratorio e radioloxía, reservadas ata o de agora aos servizos hospitalarios.

Consideramos, caso de que esta instrución sexa finalmente aplicada, un éxito da estratexia de presión e negociación das organizacións que integramos o Consello Técnico de AP de Galicia que levamos anos reivindicando a supresión das limitacións de acceso a probas diagnosticas desde a AP.

Esta medida, mellora a capacidade resolutiva dos Centros de Saúde que redundará nunha mellora na calidade da atención a cidadanía.

Dados os antecedentes sobre a aplicación real deste tipo de medidas,  consideramos urxente a elaboración e aplicación dos Protocolos que regulen as solicitudes polas xerencias de área, de maneira consensuada entre Atención Primaria e a Hospitalaria.

Reiteramos a esixencia de que tamén se retiren os filtros ás solicitudes de derivacións e  interconsultas  de pacientes entre Atención Primaria e Hospitalaria, que ademais de poñer en cuestión a capacidade diagnóstica do persoal médico de Atención Primaria, supón uns incrementos  inaceptables das listas de agarda.

6 de abril do 2022

AGDSP

Enviado por:
PLATAFORMA FERROLTERRA
-plataformasosanidadepublica@gmail.com-
10 de abril de 2022 22:39

_______


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon