A plataforma SOS Sanidade Pública presentou no rexistro xeral do Parlamento de Galicia a ILP con medidas para recuperar, mellorar e fortalecer a Atención Primaria.
O portavoz nacional da Plataforma, o médico Manuel Martín, acompañado de mulleres e homes, membros da Plataforma que compoñen a comisión promotora da Iniciativa Lexislativa Popular, denunciou o desmantelamento da Atención Primaria e do servizo galego de saúde, por parte da Xunta de Galiza.
SOS Sanidade Pública presenta no rexistro xeral do Parlamento de Galicia a ILP para a mellora da Atención Primaria:
PROPOSICIÓN DE LEI, POR INICIATIVA LEXISLATIVA POPULAR, SOBRE MEDIDAS URXENTES PARA RECUPERAR E FORTALECER A ATENCIÓN PRIMARIA
Texto da ILP presentada | Acceder/Baixar.
Parlamento de Galicia, Santiago de Compostela, 22 de Xuño de 2022
https://youtu.be/IjLi99_NVog
A nova nos medios:
✅ Nós Diario | SOS Sanidade Pública rexistra no Parlamento unha ILP para "revitalizar a Atención Primaria" | A plataforma denuncia o "desmantelamento" continuado da Atención Primaria e a sanidade pública galega. | A Plataforma SOS Sanidade Pública presentou na mañá desta cuarta feira no rexistro do Parlamento da Galiza, unha proposición de lei de iniciativa popular que inclúe unha serie de "medidas para recuperar e fortalecer a Atención Primaria", cada vez "máis deteriorada" na Galiza. | 22.06.2022| Ir á Web.
✅ Galicia Confidencial | SOS Sanidade Pública leva a Atención Primaria ao Parlamento: "O obxectivo é salvala" | Rexistra unha ILP no Parlamento para "abrir un debate" para "mellorar a Atención Primaria" con "medidas urxentes". "Temos que garantir que unha máquina non substitúa aos profesionais", indicou. | 22.06.2022 | Ir á Web.
✅ Praza Pública | SOS Sanidade rexistra unha ILP para aplicar «medidas urxentes» aos SOS Sanidade rexistra unha ILP para aplicar «medidas urxentes» aos problemas na Atención Primaria, dos que o PP culpa ao Estado e ao bipartito. | A plataforma SOS Sanidade Pública, partidos como o BNG e sindicatos como a CIG e CCOO rexistraron este mércores unha Iniciativa Lexislativa Popular (ILP) en defensa da Atención Primaria coa que pretenden "abrir un debate fundamental" para mellorala con "medidas urxentes e extraordinarias". | 22.06.2022 | Ir á Web.
✅ Avantar | SOS Sanidade Pública promove unha ILP con medidas urxentes para "salvar" a atención primaria. | Chaman a “queimar” nas fogueiras de San Xoán os recortes da Xunta na sanidade pública galega | 22 xun 2022 | Ir á Web.
✅ La Voz de Galicia | SOS Sanidade Pública busca que una ley obligue a Sanidade a reforzar la atención primaria | La iniciativa se registró en el Parlamento de Galicia y prevén empezar a recoger firmas después del verano. | En colaboración con sindicatos, partidos políticos y varias asociaciones registra una petición de Iniciativa Legislativa Popular en el Parlamento, para la que esperan reunir decenas de miles de firmas. | 22 jun 2022 | Ir á Web.
Contacto coa Plataforma SOS Sanidade Pública de Ferrolterra:
plataformasosanidadepublica@gmail.com
Web nacional da Plataforma:
https://sossanidadepublica.wordpress.com/
_______
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon