sábado, xuño 25, 2022

Conmemoración do 'Día do Orgullo' - Actos en Ferrol - Sábado 25 de xuño de 2022 - Manifestación, Piquenique, Presentación do libro 'A defunción dos sexos', Coloquio e Festa - Colectivo Avante LGBT+ Ferrolterra - Apoio da Marcha Mundial das Mulleres


COMUNICADO DE APOIO AOS ACTOS ORGANIZADOS POR AVANTE LGBT NA CONMEMORACIÓN DO “DÍA DO ORGULLO”

A Coordenadora da Marcha Mundial das Mulleres da comarca de Ferrol, quere mostrar o seu apoio aos actos que o colectivo Avante LGBT ten previsto desenvolver o próximo sábado 25 para comemorar o "Día do Orgullo", comezando pola manifestación que sairá ás 12:30 h da Praza Amada García (diante do edificio administrativo da Xunta). Posteriormente haberá un pícnic no parque Raíña Sofía (AVISO: Por mor da chuvia o picnic será no Centro Cívico de Canido) e xa pola tarde, ás 17 h, no Centro Cultural de Canido, decorrerá a presentación do libro "A defunción dos sexos" a cargo da autora, a historiadora e activista no transfenminismo, Daniela Ferrández. A xornada reivindicativa rematará coa celebración dunha festa no mesmo local.

Nos últimos tempos asistimos a un aumento de actos de violencia homófoba e tránsfoba que supoñen unha intolerábel ameaza para a integridade física das persoas destes colectivos. Estes actos pretenden coartar a liberdade de expresar con normalidade a diversidade de xénero e afectivosexual, provocando medo en quen rompa os moldes do heteronormativismo.

As reivindicacions dos colectivos trans e homosexuais sempre formaron parte da axenda feminista e neste momento en que se poñen en cuestión, cando aínda distan de verse realizados, a Marcha Mundial das Mulleres queremos mostrar na conmemoración do día do Orgullo que imos seguir camiñando xuntas, ORGULLOSAS E COMBATIVAS -como reza o lema de Avante LGBT-, por unha sociedade incluínte, en que se poida libremente e sen medo ser e expresar a diversidade na identidade de xénero e na orientación afectivosexual.

Ferrrol, 23 de xuño de 2022

Coordenadora Local de Ferrol e comarca

Toda a info: Colectivo Avante LGBT+ "Día do Orgullo 2022".

"As mulleres decidimos"

Coordenadora Local de Ferrolterra da Marcha Mundial das Mulleres
mmmferrolterra@gmail.com
www.feminismo.info
https://www.facebook.com/marchamundialmulleres.galiza
twitter.com/MMMGaliza

Enviado por:
Marcha Mundial Ferrolterra
-mmmferrolterra@gmail.com-
22 de junho de 2022 12:44

_______


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon