venres, novembro 18, 2022

Manifestación en Compostela na defensa dunha Vida Digna, dos Servizos Públicos e do Estado do Benestar, sábado 19 de novembro, ás 12 do mediodía na Alameda


A Plataforma de Ferrolterra na Defensa das Pensións Públicas, integrada en MODEPEN, vai participar na Manifestación que vai ter lugar en Santiago de Compostela, este sábado 19 de novembro, ás 12 do mediodía, convocada por diferentes organizacións, sindicatos e colectivos, unha mobilización simultánea en todas as capitais das comunidades autónomas e nacionalidades do Estado, na defensa “dunha vida digna, a recuperación e reforzo dos servizos públicos e a demanda de medidas políticas que garantan o Estado do Benestar”.

As entidades convocadoras son diversas organizacións sociais que abranguen desde movementos de pensionistas (Modepen, Plataforma pensionistas Compostela), Sindicatos (CGT, CUT), da defensa do mundo Rural (SLG) das dependencias (Vellez Digna, Trega, Plataforma SAF), ecoloxistas e de defensa do territorio (Verdeval), Sociais (Os Ninguéns, Colectivos pola Renda Básica), da defensa do ensino (Foanpas).

Autobús para desprazase ate Compostela


Desde Ferrolterra, partirán autobuses que sairán, ás 10 da mañá, desde a Praza do monumento do 10 de Marzo (barrio de Recimil), pasando por Caranza, Fene e Cabanas, por un prezo de 10 euros, ida e volta, o regreso será unha vez rematada a manifestación (aproximadamente ás 2 da tarde).

Artigo de Bieito Lorenzo, publicado no xornal praza.gal | Ir á web.

Polo dereito a envellecer con dignidade...

Todos os cidadáns teñen dereito a unha vida digna!

Plataforma de Ferrolterra na Defensa das Pensións Públicas, integrada en MODEPEN (Movemento Galego pola Defensa das Pensión Públicas).

Para contactar coa Plataforma:

Correo-e:
plataf.pensionspublicas.ferrol@gmail.com

Conta no facebook:
https://www.facebook.com/DefensaPensionsFerrolterra/

Web de MODEPEN:
https://www.modepen.org/
_______


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon