mércores, novembro 30, 2022

Mobilización en toda Galiza na defensa da Atención Primaria, este mércores 30 de Novembro - En Ferrol, ás 7 da tarde diante do centro de saúde Fontenla Maristany


HOXE MÉRCORES, 30 DE NOVEMBRO, ÁS 7 DA TARDE, CONCENTRACIÓN EN FERROL NA DEFENSA DA ATENCIÓN PRIMARIA, DIANTE DO CENTRO DE SAÚDE FONTENLA MARISTANY, NA PRAZA DE ESPAÑA.

Haberá mobilizacións simultáneas en todas as cidades e numerosas vilas da Galiza

Desde a Plataforma SOS Sanidade Pública de Galicia convocamos a toda a cidadanía a mobilizarse para salvar e fortalecer a Atención Primaria e a todo o Sistema Sanitario Público Gallego, seriamente ameazado polas política de recortes e desmantelamento da Xunta de Galicia e a Conselleira de Sanidade.

A Poboación sofre importantes trabas e limitacións para:

✅ Acceder e ser atendida de maneira presencial nos Centros de Saúde, PAC e Servizos de Pediatría de Atención Primaria.

✅ Soporta listas de espera de días ou semanas e consultas masificadas
✅ Estan a desaparecendo as consultas de pediatría.

✅ Moitos PAC están pechados al igual que moitos de saúde no rural.

✅ Boa parte dos Centros de Saúde perderon as actividades de promoción,
prevención, promoción, rehabilitación, atención ás enfermidades crónica e os programas da muller.

✅ O SERGAS acabou coa participación comunitaria.

✅ O persoal dos centros esta sometido a condicións de inestabilidade e precariedade laboral inaceptables e a unha enorme presión asistencial polo recorte de persoais e falta de recursos.

Desde a Xunta de Galicia e a Consellaría de Sanidade non hai ningunha vontade de facer fronte ao problema dado que para o 2023 orzamento sanitario apenas crece respecto a este ano, especialmente o de Atención Primaria que paso do 13,4% ao 13,7% do gasto sanitario total, tres miserables décimas para facer fronte á maior crise do sistema sanitario desde que se creo. Con este incremento es imposible recuperar a normalidade nas consultas de medicina familiar e os servizos de pediatría e os PAC pechados por falta de persoal medico e dos outros profesionais necesarios para unha atención de calidade.

Por todo iso desde SOS Sanidade Pública convocamos esta mobilización xeral de rexeitamento ao desmantelamento da Atención Primaria Pública e en apoio da Iniciativa Lexislativa Popular na que propoñemos que o Parlamento de Galicia debata e aprobe unha serie de medidas necesarias para solucionar a situación.

E necesario acordou redobrar os esforzos para recoller firmas para a ILP, informar á poboación do desastre da Atención Primaria e continuar convocando concentracións e manifestacións en todas as localidades de Galicia.

Reivindicamos un Novo Modelo de Atención Primaria que responda as necesidades da poboación, dotado dos recursos necesarios para atender os problemas e demandas de saúde da poboación, baseado na promoción, prevención, participación social e traballo comunitario.

As mobilizacións non van parar ata conseguir o obxectivo de salvar e fortalecer a nosa Atención Primaria.

SOS Sanidade Pública convocara unha nova manifestación en Santiago a primeiros do mes de xaneiro.

Soamente a alianza da poboación co persoal sanitario pode frear a deterioración do nivel primario de asistencia e a precariedade do persoal.

Seguiremos convocando novas actuacións unitarias.

Para contactar coa Plataforma SOS Sanidade Pública de Ferrolterra:

plataformasosanidadepublica@gmail.com

_______


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon