Amosando publicacións coa etiqueta #AbolicionProstitucion. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta #AbolicionProstitucion. Amosar todas as publicacións

domingo, maio 29, 2022

Foi a concentración en Ferrol a favor da Lei para a Abolición da Prostitución - Mercar mulleres para uso sexual é Violencia Patriarcal - Comunicado - Vídeo


Comunicado leido na concentración celebrada hoxe (28.05.2022) pola mañá en Ferrol, ás 12:30hs na Praza de Armas, coincidindo coa celebración, este sábado 28 de maio, coa grande manifestación feminista que reivindicou a Lei para a Abolición da Prostitución polas rúas de Madrid.

Compañeiras, estamos aquí porque por razóns moi diversas non podemos estar en Madrid, xunto a miles de mulleres que hoxe están reivindicando a abolición do sistema prostitucional. Un sistema que consideramos fundacional do sistema patriarcal, un sistema que se basea na explotación sexual de mulleres e nenas en todo o mundo, onde os proxenetas e puteros prostituintes, exercen todo tipo de violencia contra as nenas e mulleres prostituídas.

Anunciaron estes meses os medios de comunicación, que as mulleres e nenas ucraínas que fuxen da guerra polas distintas fronteiras, teñen aos proxenetas agardando por elas para captalas para o seu negocio criminal. Isto lémbranos unha vez mais, que todas as mulleres, todas as nenas somos susceptíbeis de ser prostituídas, só temos que estar na situazón de vulnerabilidade onde esta industria criminal poida atraparnos.

O abolicionismo, que nace no século XIX como parte constituínte do movemento feminista considera a prostitución como unha forma estrema de desigualdade e violencia contra as mulleres, que se materializa na explotación sexual das mesmas mediante pago. Considera aos proxenetas como os que obteñen beneficio da prostitución allea, directa ou indirectamente, e aos prostituidores ou puteros, como os homes que exercen violencia contra as mulleres, demandando, aceptando ou obtendo actos de natureza sexual mediante pago.

Proxenetas e puteros son homes que asumen a deshumanización das mulleres, naturalizan a violencia e asumen o que é, abuso, violencia e dominio, como un dereito de consumidor. O dereito a que, sin desexo, só con consentimento non probado, mais pagado cun billete,  penetra-las pola vaxina, polo ano, pola boca; o dereito a que lles chupen o pene, o ano; o dereito a acceder ao corpo dunha muller en grupo, en manada (o chamado “bautismo”); o dereito a mexar, defecar, cuspir sobre o corpo das mulleres;  o dereito a asfixialas, apalizalas, cortalas… Eles teñen dereito como consumidores a elixir, elas a ser elixidas para sobrevivir.

Proxenetas e puteros prostituintes, constitúen o sistema prostitucional, un sistema que no século XXI toma a forma dunha potente industria do sexo, que coloca ao estado español no terceiro posto do mundo despois de Tailandia e Puerto Rico. O estado español é o burdel de Europa, movendo máis de 30.000 millóns de euros anuais, explotanto e violentando entre 300.000 e 500.000 mulleres e nenas.

A nosa comarca non queda atrás. Segundo informaban nun medio de comunicación mais de 40 pisos, mais dum centenar de mulleres e nenas na nosa idade explotadas e violentadas sexualmente. De cada 100 homes 40 foron ou son demandantes de prostitución. Desde o movemento feminista non dubidamos que a prostitución xunto á pornografía son reprodutoras de violencia machista: a pornografía é a escola, a prostitución é a práctica. Unha practica que se está a reproducir noutros ámbitos da nosa sociedade, co incremento das agresións sexuais, mesmo as violacións en grupo.

Por todo isto cumpre que se aprobe a Lei para a Abolición do Sistema Prostitucional.

* Unha lei que desmantele a industria da explotación sexual e as actividades dos proxenetas que, con medios coercitivos, ou só por ánimo de lucro, interveñen ou median na prostitución allea en beneficio ou proveito propio, de forma directa ou indirecta.

* Unha lei que desactive a demanda de prostitución, por constituír a mesma un elemento esencial e clave para a pervivencia desta forma de violencia e explotación das mulleres.

* Unha lei que garanta ás mulleres e nenas en situación de prostitución todos os dereitos e os recursos necesarios para a súa recuperación integral dos danos infrinxidos polo sistema prostitucional, e a sua integración social.

O abolicionismo ábrese paso en todo o mundo como a única alternativa á explotación sexual e á violencia exercida contra mulleres e nenas. O abolicionismo ábrese paso en todo o mundo como o único xeito de combate contra a industria criminal do sexo, obstáculo de enormes dimensións no camiño da igualdade entre mulleres e homes. O abolicionismo é a alternativa que está probada como a única que debilita ao sistema prostitucional e asegura dereitos ás mulleres prostituídas.

Precisamos logo un forte posicionamento social a favor do abolicionismo, ollando para Suecia, Francia, Islandia, Irlanda do Norte ou Noruega, onde leis abolicionistas están freando ás mafias e destruíndo o sistema prostitucional. As compañeiras sobreviventes da prostitución nos ensinan cada dia a verdade do inferno no que viviron. Delas collemos forza e exemplo para acabar coa nova escravitude das mulleres e as nenas, a escravitude do século XXI.

Abaixo o sistema prostitucional!
Abaixo o patriarcado!
Viva a loita feminista!

Ferol, 28 de maio, de 2022


Plataforma Abolicionista Ferrolterra

💚💚💚💜💜💜

Contacto:
abolicionistasferrolterra@gmail.com

ENLACE DE INTERESE:

https://leyabolicionista.es/

#LoitaFeminista
#MulleresGalegasAbolicionistas
#AbolicionProstitucion
#leiabolicionista

Enviado por:
Abolicionistas Ferrolterra
-abolicionistasferrolterra@gmail.com-
28 de maio de 2022 23:44

_______

sábado, maio 28, 2022

Concentración en Ferrol, ás 12:30hs na Praza de Armas, coincidindo coa celebración, este sábado 28 de maio, coa grande manifestación feminista que reivindicará a Lei para a Abolición da Prostitución polas rúas de Madrid - Mercar mulleres para uso sexual: Violencia Patriarcal


CONCENTRACIÓN EN FERROL

Este sábado, 28 de maio, unha grande manifestación feminista reivindicará a Lei para a Abolición da Prostitución polas rúas de Madrid


Esta manifestación convocada pola "Plataforma Estatal de Organizacións de Mulleres pola Abolición da Prostitución" quere mostrar a necesidade de acabar nos nosos territorios coa impunidade do Sistema Prostitucional, que exerce violencia e explotación sexual nas mulleres e nenas prostituidas, e dotalas dos dereitos e recursos necesarios para unha recuperación integral e asegurar a súa integración social e laboral.

A Plataforma Abolicionista de Ferrolterra vai realizar unha concentración de apoio a esta reivindicación, na Praza do concello ás 12:30hs, a mesma hora que arranca a manifestación na capital do estado, recollendo a vontade de todas as abolicionistas da nosa comarca que non poden acudir a Madrid, pero non queren deixar de mostrar a urxencia de rematar cunha das manifestacións mais cruentas da violencia machista contra as mulleres e as nenas.

A Xanela das Fucas convidou-nos ao seu programa en Rádio FilispiM, no 93.9 da FM, por internet e en diferido que presentamos a continuación.

Descripción de A Xanela das Fucas, programa nº 73 (26-5-22). | "A Xanela das Fucas querese acercr a dous feitos que van a suceder nos próximos días: Concentración Abolicion da prostitución , o sábado 28 as 12.30 e o dia 31 as 20 h concentración para pedir o indulto Pintos xa e derogación da Ley Mordaza . Convidamos a Lupes Ces , quen puxo de manifesto a importancia de unha ley para abolir a Prostitución e Pintos para relatar como está o seu tema xudicial". | Convidados: Lupe Ces; Xesús A. López Pintos. | Fucas presentes: Chelo Carballal Balsa, Laura Couto Vilches, Ana B. López Verez; Eva Tizon Bouza. | A música que escoitamos: A sintonía do programa: La Vita E Bella, (Nicola Piova); Que non mo neguen (Tanxugueiras) ; Cedeira ( Gaudi Galego- Ivan Ferreiro); O Baile de Noró (Xavier Díaz e Aduferias de Salitre).


Plataforma Abolicionista Ferrolterra

abolicionistasferrolterra@gmail.com

ENLACE DE INTERESE:

https://leyabolicionista.es/

#LoitaFeminista
#MulleresGalegasAbolicionistas
#AbolicionProstitucion
#leiabolicionista

Enviado por:
Abolicionistas Ferrolterra
-abolicionistasferrolterra@gmail.com-
27 de maio de 2022 11:01

_______