"As vidas negras importa" Concentración en Ferrol contra as mortes nas fronteiras #MasacreMelilla
O pasado venres 1 e o sábado 2 de xullo tiveron lugar mobilizacións de repulsa, en cidades de todo o Estado, contra a brutal masacre acontecida na fronteira de Melilla o pasado 24 de xuño, baixo o lema "As vidas negras importa". As mobilizacións tamén o foron de solidariedade coas familias das persoas asasinadas e as centos de feridas na brutal masacre. Segundo datos das organizacións de socorro e solidariedade, coas persoas refuxiadas e emigrantes, foron 37 as persoas que morreron na fronteira, persoas procedentes principalmente do sur de Sudán e do Chad. Lembraron-se ás miles de persoas que deixaron a súa vida intentando entrar na Unión Europea e demandou-se unha outra política migratoria que respecte os dereitos humanos e o dereito ao asilo e o de toda persoa a desprazar-se libremente.
En Ferrol realizouse unha concentración este sábado 2 de xullo, na Praza de Armas, diante do Concello, coa participación da significativa comunidade senegalesa asentada na Comarca e outros colectivos de diferentes nacionalidades. Organizacións de todo tipo participaron no acto, entre as que estaban a Rede Galega de Apoio ás Persoas Refuxiadas e Mobilidade Humana.
#Tod@sSomosInmigrantes
#MasacreMelilla
Galería de fotos
_______