Amosando publicacións coa etiqueta Óscar Martínez Azumendi. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Óscar Martínez Azumendi. Amosar todas as publicacións

domingo, xaneiro 16, 2022

Sobre publicacións de persoas con enfermidade mental en contornas psiquiátricos - Transición e reforma psiquiátrica en España desde a perspectiva das publicacións periódicas producidas por e para os pacientes (1966-1989), de Óscar Martínez Azumendi

Sobre publicacións de persoas con enfermidade mental en contornas psiquiátricas

As publicacións periódicas producidas por persoas con enfermidade mental en institucións psiquiátricas (xornais, revistas, boletíns...) teñen case dous séculos de historia. Con todo, malia o seu innegábel interese como fonte historiográfica e testemuño narrativo en primeira persoa, xeralmente foron desatendidas como obxecto de interese e estudo, descoidándose igualmente a súa conservación. O obxectivo do traballo, trala procura, dixitalización e revisión do maior número de exemplares en España entre os anos 1966 e 1989, será presentar o reflexo da transición e reforma asistencial psiquiátrica española nas publicacións localizadas. A gran dificultade para atopar un importante número delas, previsibelmente algunhas xa irremediablemente perdidas, motivou o desenvolvemento en paralelo dun proxecto de catalogación e conservación dos fondos coñecidos, que queda agora aberto á colaboración pública e accesible en www.psiquifanzines.com.

O Artigo, recentemente publicado, é unha achega de revistas e xornais producidos por pacientes en hospitais psiquiátricos. Un traballo que non sería posíbel sen o apoio doutras moitas persoas.

O artigo só recolle aquelas iniciadas antes de 1990. Para o resto, vai resumindo os seus principais características e localización das dispoñíbeis en www.psiquifanzines.com (agora o autor acabou de referenciar as iniciadas durante o S. XX), onde intenta catalogalas co mellor desexo de que non se esquezan e perdan. Son moitas as ilusións e entusiasmo (e historia) recolleitas entre as súas páxinas.

✔ Transición e reforma psiquiátrica en España desde a perspectiva das publicacións periódicas producidas por e para os pacientes (1966-1989). | De Óscar Martínez Azumendi (Psiquiatra) | Rev. Asoc. Esp. Neuropsiq. 2021; 41(140): 325-355 - 31 páxinas. | Acceder/Baixar.

www.psiquifanzines.com

Enviado por:
Óscar Martínez Azumendi
oscarmartinez@telefonica.net
12 de janeiro de 2022 10:18

_______