Amosando publicacións coa etiqueta 1º de maio. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta 1º de maio. Amosar todas as publicacións

martes, abril 28, 2015

As Marchas da Dignidade de Ferrolterra e o Sindicato de Oficios Varios da CNT, convocan en conxunto unha Manifestación en Ferrol, o vindeiro venres 1 de Maio, ás 6 da tarde, con saída do Cantón


No Día do Internacionalismo Proletario, as Marchas da Dignidade de Ferrolterra, convocan en conxunto co Sindicato de Oficios Varios da CNT unha Manifestación en Ferrol, o vindeiro venres 1 de Maio, ás 6 da tarde, con saída do Cantón e remate na Praza do 10 de Marzo (Entre As Pías e as Casa Baratas).

Participa no envento no facebook e difunde:
https://www.facebook.com/events/1390097747982799/

MANIFESTO UNITARIO DOS SINDICATOS QUE PARTICIPAN NA COLUMNA GALEGA DAS MARCHAS DA DIGNIDADE


PRIMEIRO DE MAIO, POLA DIGNIDADE

Neste Primeiro de Maio a Clase Traballadora continúa a loita contra o aumento da represión e da precariedade laboral e social, contra a corrupción xeneralizada, a privatización dos servizos públicos, a miseria enerxética e a falta de vivendas. Sobran motivos para a mobilización.

As reformas laborais serviron para que os empresarios conseguiran os seus obxectivos: ter traballadores e traballadoras sen dereitos. Banqueiros e capitalistas seguen aumentando os seus beneficios á costa do sufrimento e da miseria da meirande parte da poboación. Sen escrúpulos e coa complicidade de políticos lacaios que comparten os seus privilexios sosteñen tramas de corrupción que repugnan calquera persoa decente, condenando amplos sectores populares á pobreza máis severa.

Cando nun país seres humanos son desaloxados violentamente das súas vivendas, cando se corta a luz, a auga ou o gas a quen xa non os pode pagar máis, cando encher a cesta da compra é un acto épico, cando non existe ningunha estabilidade laboral e o empresario pode despedir ao seu bel-prazer, cando as pensións son miserables, cando a xuventude ten que emigrar, cando as listas de espera nos hospitais son interminables e a axuda á dependencia é unha burla mentres os gastos militares e policiais se disparan... a conclusión é que vivimos nun estado de excepción e de exclusión e que xa chegou o momento de dicir que xa abonda desta ditadura disfrazada de democracia.

A represión endureceuse para quen loita contra este sistema corrupto e inxusto desde os seus cimentos. A lexislación modificouse a tal efecto e os xuíces a executan sen pestanexar. A aplicación sistemática da prisión preventiva e o aumento do número de procesados, condenados e encarcerados por mobilizacións sindicais e sociais retrotráenos a épocas no que o aparato xudicial era un executor máis do estado totalitario.

Neste 1º de Maio dicimos "ou eles, ou nós". Imponse a necesidade da acumulación de forzas e a unidade da clase obreira e os sectores populares. Se, a unidade de clase é imprescindible nesta fase histórica do capitalismo, para desde aí poder afrontar con garantías o derrubamento do sistema e o empoderamento popular. De non ser así, non poderemos asinar o certificado de defunción deste capitalismo feroz.

Pero aquí dicimos que nós non lles temos medo. Soamente coa loita e a resposta contundente na rúa e nos centros de traballo poderemos combater os atropelos e a barbarie que Goberno e Capitalismo nos impoñen. Vainos nelas a liberdade e a posibilidade de vivir con dignidade e igualdade unha vida que mereza tal nome e na que os dereitos sociais sexan a garantía do desenvolvemento das persoas. Por iso nós continuaremos loitando contra o TTIP, nas Marchas da Dignidade, nos movementos antidesafiuzamento, e naqueles ámbitos nos que se denuncie a inxustiza como o que é: violencia institucionalizada.

Por todo isto, este Primeiro de Maio berramos:

BASTA XA DE REPRESIÓN!
PAN, TRABALLO, TEITO E DIGNIDADE!
VIVA A CLASE OBREIRA! VIVA O PRIMEIRO DE MAIO!

1 de maio de 2015





MARCHAS DA DIGNIDADE DE FERROLTERRATELÉFONO DE CONTACTO:
603 213 863

ENDEREZO DE CORREO-E:
marchasdadignidadeferrolterra[arroba]gmail.com


Enlaces de interese
.-

Ferrolterra:
http://marchas-da-dignidade-ferrolterra.blogspot.com.es/
Redes da Columna de Ferrolterra:
https://www.facebook.com/marchasdadignidade.ferrolterra

Galiza:
http://marchasdadignidade.blogspot.com/
Redes da Columna Galega:
https://twitter.com/galizaMarcha22M
https://www.facebook.com/MarchasDignidade
https://www.facebook.com/groups/265451853621237/
https://www.youtube.com/channel/UCaOvAhPYKR43taxbOKCCreg


Estado:
http://marchasdeladignidad.org/


PAN, TRABALLO E TEITO !!
Á RÚA QUE XA É HORA !!



Información baseada na enviada por:
Marchas Dignidade
-marchasdadignidadeferrolterra@gmail.com-
28 de abril de 2015 01:30
___

sábado, abril 27, 2013

Na véspera de 1º de Maio, 300 traballadores de Blanglades morren no derrumbe dunha fábrica.

Mais de 300 mort@s, miles de ferid@s e máis de 1000 aínda baixo os cascallos, é o balanzo do derrubamento "anunciado" dunha fábrica textil de Banglades de oito andares.

A reacción de ira popular, con centos de miles de traballadoras e traballadores que está mostrándose nas rúas, está sendo esmagada por intervencións da  policía con balas de goma e gases lacrimóxenos.

As organizacións dos traballadores e traballadoras desta fábrica, tiñan denunciado as gretas que presentaba o edificio, desde o pasado martes dezaseis de abril. As súas denuncias non foron escoitadas.

A traxedia mostra a cara oculta das multinacionais textis que son producto de explotación e inseguridade laboral. A marca MANGO, é unha das vinculadas a esta fábrica.


actualidad.rt.com




___________________