Amosando publicacións coa etiqueta 25N. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta 25N. Amosar todas as publicacións

mércores, outubro 26, 2022

Camiñando cara o 25N - Conversas Feministas da Marcha Mundial das Mulleres - Acto no Centro Cívico de Canido - Xoves 27 de outubro, ás 7 da tarde


Camiñando cara o 25N - Conversas Feministas da Marcha Mundial das MUlleres - Acto no Centro Cívico de Canido. Xoves 27 de outubro, ás 7 da tarde

Coordenadora Local de Ferrol e comarca

"As mulleres decidimos"

Coordenadora Local de Ferrolterra da Marcha Mundial das Mulleres
mmmferrolterra@gmail.com
www.feminismo.info
https://www.facebook.com/marchamundialmulleres.galiza
twitter.com/MMMGaliza

Enviado por:
Marcha Mundial Ferrolterra
-mmmferrolterra@gmail.com-
24 de outubro de 2022 21:46

_______

xoves, novembro 25, 2021

Este 25N a CIG convoca en Ferrol hoxe ás 12 do mediodía na Praza Amada Garcia, diante do Edificio da Xunta e ás 5 da tarde apoia a convocatoria da Marcha Mundial das Mulleres na Praza do Concello de Fene - A CIG lanza unha campaña para identificar e combater a violencia contra as mulleres no traballo - Centra o 25-N nesta violencia silenciada, da que apenas hai datos e ignoran as institucións



A CIG desenvolverá este ano, arredor do 25 de novembro, Día Internacional Contra a Violencia contra as Mulleres, unha campaña centrada na violencia exercida no traballo contra as mulleres baixo o lema “É acoso, é violencia machista no traballo”.

Concentración en Ferrol, hoxe xoves 25 de novembro, ás 12 do mediodía na Praza Amada Garcia, diante do Edificio da Xunta. E ás 5 da tarde apoia a convocatoria da Marcha Mundial das Mulleres na Praza do Concello de Fene.

Convocatorias 25-N

Esa mesma data a Secretaría das Mulleres -que tamén fai un chamamento a participar nas convocatorias da Marcha Mundial-  ten previstas asembleas de delegadas e delegados para abordar esta cuestión e convocará mobilizacións en cidades e vilas, todas ás 12:00 horas. O obxectivo é visibilizar “unha violencia silenciada, da que non se recollen datos nas estatísticas, nin se fan campañas institucionais para a toma de conciencia social”.

Así o explicou, en rolda de prensa, a secretaria das Mulleres, Nicolasa Castro Monteiro, quen sinalou que no Macroinquérito elaborado en 2019 pola Delegación do Goberno contra a Violencia de Xénero “non se aborda de forma específica a violencia no traballo” e só se indica que de entre as 9.568 mulleres maiores de 16 anos, o 6,6 % sufriron violencia sexual no traballo e que o 17,3% identifican o agresor como persoa do entorno laboral.

O acoso é un delito

Para valorar estes datos, Castro Monteiro incidiu na necesidade de ter en conta que “moitas mulleres non identifican co acoso condutas sexistas que poderíamos considerar leves -comentarios, piropos, chistes…- pois nestes casos as afectadas sobrepasarían o 50%”. Por iso considerou que o principal problema é precisamente o recoñecemento das situacións de acoso, e a asunción de que “o acoso é un delito”.

A estes datos engadiu os extraídos pola Axencia de Dereitos Fundamentais da Unión Europea, que realizou un inquérito a 42.000 mulleres de 28 Estados, das que o 55% foron vítimas de acoso sexual ao menos 1 vez desde os 15 anos. Un estudo do que se tira que o 32% destes acosos sucederon no contorno laboral e que o 90% das persoas acosadas no traballo son mulleres.

Indefensión

A secretaria das Mulleres da CIG advertiu que as denuncias por acoso son mínimas, xa que o 72% das afectadas non pon en coñecemento da empresa a situación que está padecendo. “A inmensa maioría das traballadoras optan por calar, por medo a non ser cridas, a represalias e mesmo ao despido”.

A este respecto recolleu os datos tirados do informe de 2015 da Fundación Europea para a Mellora das Condicións de Vida e Traballo, que revela que no Estado español só se denuncia un 8% dos casos de acoso mentres que na UE a media é de 14,9%. “As empresas incumpren coa obriga de teren un protocolo para a prevención e tratamento do acoso” asegurou, incumprindo así a Lei de Igualdade, en vigor desde 2007.

Asembleas de delegadas/os

Por iso, dada a gravidade da situación, Castro Monteiro adiantou que nas asembleas de delegadas e delegados que se convocarán o propio 25 de novembro, previas ás concentracións, “imos insistir na necesidade de pór en marcha as medidas necesarias para esixirmos a elaboración destes protocolos, a súa difusión e os mecanismos tanto preventivos como de resolución de denuncias”. Isto xunto coa información de que se pode denunciar fóra da empresa, na IT ou nos xulgados.

Denunciou que “o acoso atenta contra a dignidade e integridade das persoas, afecta gravemente á saúde de quen o padece e impide a promoción e o desenvolvemento profesional, obrigando en moitos casos ao abandono do traballo”.

Reiterou, ademais, que o 90% das persoas que sofren acoso son mulleres e incidiu en que “o acoso por razón de sexo reflíctese en que 8 de cada 10 mulleres din sentirse discriminadas no traballo: tarefas por debaixo da categoría, trato ofensivo, relegadas na promoción, relegadas na formación ou con problemas para acceder ao traballo”.

A pesar dos efectos na saúde, a secretaria das Mulleres da CIG apuntou que 9 de cada 10 mulleres sometidas a acoso non solicitou ningún tipo de baixa. Por iso insistiu en que “as baixas producidas como consecuencia directa de acoso terían que estar así tipificadas, de forma que se recoñezan como enfermidade laboral e o acoso tería que estar recoñecido entre os riscos laborais para a saúde”.

Referencia ao acoso nos Plans de Igualdade

Castro Monteiro chamou a atención sobre o feito de que no 31% dos Plans de Igualdade rexistrados no BOE entre os anos 18 e 19 non se faga referencia ás accións contra o acoso. “Os protocolos só constan no 22% dos plans e só o 14% fan referencia ao acoso sexual ou por razón de sexo. Medidas preventivas só se recollen no 6%”, aseverou.

Por iso urxiu a abordar “este problema de violencia de xénero contra as mulleres no traballo con feitos, que se dea conta a través das estatísticas da situación real e que se difunda esta realidade para así promover a conciencia real necesaria para erradicar esta forma de discriminación das mullerestraballadoras”.

Fonte: Avantar. | 18 de novembro de 2021

Enviado por:
Inácio GZ
-inaciogz@gmail.com-
25 de novembro de 2021 07:08

_______

martes, novembro 23, 2021

As mulleres da Marcha Mundial centran as denuncias deste 25N no papel da xustiza que reproduce cada día no noso país violencias contra as mulleres - En Ferrolterra o xoves 25 de novembro, na Praza do Concello de Fene, ás 17:30hs


As mulleres da Marcha Mundial decidimos centrar as denuncias deste 25N no papel da xustiza que reproduce cada día no noso país violencias contra as mulleres.

O sistema patriarcal irradia todos os ámbitos da nosa vida, tamén no institucional, as leis de igualdade e contra a violencia machista definen un marco legal de protección ás mulleres que non é efectivo.

Campañas con promesas de protección, atención e axuda do aparello institucional fican baleiras de contido. Cada día as mulleres que denuncian violencia machista ven violentados os seus dereitos: o dereito á defensa, á protección das crianzas e á protección fronte aos seus agresores. Neste proceso falla o asesoramento, hai eivas de redacción no atestado policial que afectará a posteriori, medidas cautelares insuficientes, informes que revitimizan ás mulleres, unha xudicatura machista, falta de formación, de empatía e implicación dos axentes que interveñen nos procesos xudiciais, falta de xulgados específicos, etc.

Por isto este 25 de Novembro baixo o lema

"COMBATER A XUSTIZA PATRIARCAL PARA ACABAR COA VIOLENCIA MACHISTA"

convocamos mobilizacións en 27 localidades galegas.

En concreto na nosa comarca, convocamos en Fene, diante da Praza do Concello ás 17.30, un acto para lembrar as vítimas dos feminicidios dos anos 2020 e 2021 e para denunciar o funcionamento da xustiza, que dá as costas ao clamor social por unha verdadeira xustiza para as vítimas de violencia machista.

Ferrol, 22 de novembro de 2021.

"As mulleres decidimos"

Coordenadora Local de Ferrolterra da Marcha Mundial das Mulleres
mmmferrolterra@gmail.com
www.feminismo.info
https://www.facebook.com/marchamundialmulleres.galiza
twitter.com/MMMGaliza

Info baseada na enviada por:
Marcha Mundial Ferrolterra
-mmmferrolterra@gmail.com-
22 de novembro de 2021 23:11

_______

luns, novembro 22, 2021

En Ferrolterra e no Eume como noutros lugares da Galiza, este 25N o feminismo galego mobiliza-se contra as violencias machistas - En Fene ás 5 da tarde na Praza do Concello e n'As Pontes ás 20:30hs na Praza do Hospital - Este Día internacional contra a violencia machista 2021: Combater a Xustiza Patriarcal


25N COMBATER A XUSTIZA PATRIARCAL PARA ACABAR COA VIOLENCIA MACHISTA

📣 Mobilizámonos contra as violencias machistas!!!
📣 Convocatorias do feminismo galego 👇👇💜

DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA MACHISTA

➡️ A Coruña, 20h Manifestación! dende o Obelisco
➡️ A Estrada, 20:30h Diante do Concello
➡️ As Pontes, 20.30h na Praza do Hospital.
➡️ Betanzos, 20:30 h detrás do Palco da Música
➡️ Carballo, 20:00h na Praza do Concello
➡️ Chantada, 20h na Praza do Cantón
➡️ Compostela, 20:00h Praza 8 de Marzo
➡️ Fene, 17h na Praza do Concello.
➡️ Lugo, 19.30h diante do Xulgado.
➡️ Muros, 20h diante do Concello
➡️ O Porriño, 20:00h. na Praza do Concello
➡️ Ourense, 12h diante dos xulgados novos 20h Manifestación dende Subdelegación do Goberno
➡️ Val Miñor, 20h no Cruce da Ramallosa.
➡️ Vilaboa, 19.30h diante do Concello
➡️ Vila de Cruces, 20:30h Praza do Concello
➡️ Vigo, 20h Manifestación! dende Vía Norte

#ViolenciaMachista #XustizaPatriarcal #SeEMachistaNonEXustiza #RespostaFeminista #FeminismoParaVivir #MachismoMata #BastaDeMachismo

"As mulleres decidimos"


Coordenadora Local de Ferrolterra da Marcha Mundial das Mulleres
mmmferrolterra@gmail.com
www.feminismo.info
https://www.facebook.com/marchamundialmulleres.galiza
twitter.com/MMMGaliza

Info baseada na enviada por:
Marcha Mundial Ferrolterra
-mmmferrolterra@gmail.com-
22 de novembro de 2021 11:27

_______