Amosando publicacións coa etiqueta Actos Externos. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Actos Externos. Amosar todas as publicacións

martes, outubro 14, 2008

Exposición de Laura Lago Bellas "BAOBAB"

De: ATENEO FERROLAN -a_ferrol@teleline.es-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 14 de outubro de 2008 17:33
Asunto: [Ateneo Ferrolán] Exposición de Laura Lago Bellas "BAOBAB"


A exposición de Laura Lago Bellas "BAOBAB" pode visitarse de luns a venres de 11:00hs. a 13:30hs. e de 17:00hs. a 21:00hs. e os sábados de 10:30hs. a 13:30hs. na sala de exposicións da segunda planta do Ateneo Ferrolán.

A exposición estará no Ateneo do 17 ó 29 de Outubro.
_________
Ateneo Ferrolán
e-mail:
a_ferrol@teleline.es Telf.: +34 981 357 970 Fax: 981 354 098
Dirección Postal: Rúa Magdalena 202-204, 1º.CP.15402 - FERROL (A Coruña)
Apdo. Correos: 303

http://ateneo-ferrolan.blogspot.com/

______________

http://9000804453549207470-a-1802744773732722657-s-sites.googlegroups.com/site/ateneoferrolan/Home/banner_rehabilitacion.gif?attredirects=0

domingo, outubro 12, 2008

Martes, 14 de Outubro, Isabel Vilalba en Ferrol: Conferencia “Da crise á soberanía alimentaria”

De: Fuco Buxán Asoc. Cultural - Ferrol
-fucobuxan@gmail.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 12 de outubro de 2008 14:51
Asunto: Martes, 14: Conferencia “Da crise á soberanía alimentaria”




Martes, 14 de Outubro, a activista agraría e feminista Isabel Vilalba [*] en Ferrol: Conferencia “Da crise á soberanía alimentaria”


Martes, 14: Conferencia “Da crise á soberanía alimentaria”

Conferencia – Debate
"Da crise á soberanía alimentaria"

Martes, 14 de outubro, ás 20 h.
Galería Sargadelos – Ferrol

Intervirán:
Isabel Vilalba
Dirixente do Sindicato Labrego Galego
e da Rede Internacional "Vía Campesina"
Lupe Ces
Da comisión organizadora do VII Encontro Internacional
da Marcha Mundial das Mulleres

Presenta:
Manuel Cendán
Directivo de "Fuco Buxán"

Organiza : Asociación cultural "Fuco Buxán"
_________
fuco buxán, a.c.
Aptdo Correos 240 C.P. 15400 Ferrol
Telef. 981325492
www.fucobuxan.com
fucobuxan@yahoo.es

_______________

[*] Isabel Vilalba

Naceu hai 34 anos en Lourenzá. Fixo estudos de Filoloxía Hispánica, especialidade Galego-Portugués e o 2ª ciclo de Ciencias da Información. É labrega nunha explotación de leite e de fabas no concello de Lourenzá. Pertence ao Sindicato Labrego Galego dende hai 10 anos, e dende hai aproximadamente 6 é a responsable da Secretaría das Mulleres desta entidade, representando ao Sindicato Labrego Galego na Marcha Mundial das Mulleres. Participou representando a estas organizacións nos seguintes foros internacionais:


* Congreso Mundial de Mulleres da Vía Campesina (18-21 de outubro de 2006 en Compostela)
* Foro Internacional de Soberanía Alimentaria (Febreiro 2007, Mali)
* Foro Social Europeo ( Setembro 2008, Suecia)

E en poucos días partirá como delegada europea a Maputo (Mozambique), para participar na V Conferencia Internacional da Vía Campesina.

________________

13 e 14 de Outubro, actos sobre Soberania Alimentária em Ferrol, dentro do VII Encontro Internacional da Marcha Mundial das Mulheres

De: lupe ces -lupeces@gmail.com-
Para: artabra21@gmail.com

Data: 12 de outubro de 2008 22:31

Asunto: actos soberania alimentaria



Prezadas amigas e amigos envio-vos por se é do vosso interesse, e podedes participar, informaçom sobre dous actos ao redor da Soberania Alimentaria e o VII Encontro Internacional da Marcha Mundial das Mulheres. Lembrai que estades todas e todos convidados a participar nas actividades programadas para o sábado 18 e domingo 19 em Vigo (foro e feira soberania alimentaria, milhadoiro, manifestaçom...) Para mais informaçom podedes ir a feminismo.info

LUNS 13 DE OUTUBRO às 20hs.-
Nos locais Espazo Libertario, situado na Avenida de Esteiro, nº 10, baixo, acto informativo sobre o VII Encontro Internacional da Marcha Mundial das Mulheres.

MARTES 14 DE OUTUBRO às 20hs.-
Nos locais da Galería Sargadelos, organizado pola Asociación Fuco Buxan "Da Crise á Soberania Alimentaria" coa participaçom de Isabel Vilalva, do Sindicato Labrego Galego.


Lupe Ces Rioboo
981946412/652201003
http://lupeces.blogspot.com/

NÓS-Unidade Popular homenageou em Meirás às luitadoras galegas, no VIII Dia da Galiza Combatente

De: nacional@nosgaliza.org
Para: artabra21@gmail.com
Data: 12 de outubro de 2008 17:08
Assunto: NÓS-Unidade Popular homenageou em Meirás às luitadoras galegas, no VIII Dia da Galiza Combatente



NÓS-Unidade Popular homenageou em Meirás às luitadoras galegas, no VIII Dia da Galiza Combatente

Militantes e simpatizantes de NÓS-Unidade Popular concentrárom-se neste 11 de Outubro ao pé do Farol de Meirás, no concelho de Valdovinho, para comemorar o Dia da Galiza Combatente, dedicado nesta ocasiom às mulheres que, ao longo da história da Galiza, luitárom em defesa das classes populares, dos direitos nacionais e de género no nosso país.

NÓS-UP quijo reconhecer assim, nesta ocasiom, as mui diversas expressons de luita que, em diferentes etapas, assumírom posiçons libertadoras no campo popular: mulheres operárias, mulheres comunistas, mulheres guerrilheiras, mulheres feministas... mulheres independentistas. O lugar nom foi escolhido por acaso: a paróquia onde se encontram enterrados os restos de luitadora Lola Castro, a Meirás de Valdovinho, com o imenso Oceano Atlántico como pano de fundo.

Lara Souto, da Direcçom Nacional de NÓS-Unidade Popular, conduziu o acto político ao pé do farol, perto dos alcantilados de Meirás. A seguir, tomou a palavra Zéltia Fernandes, da Mesa Nacional de BRIGA e, finalmente, a companheira Gema Branco, também da Direcçom Nacional de NÓS-UP, pronunciou um discurso em que lembrou umha série de mulheres que, nos últimos séculos, tenhem protagonizado episódios de luita popular na Galiza. Desde Maria Pita até Lola Castro, passando por Amada Garcia e outras muitas, aplaudidas polas dúzias de pessoas presentes no acto político.

Posteriormente, fôrom entoados a Internacional e o Hino Nacional da Galiza, enquanto ardia umha bandeira monárquica espanhola e dotaçons da Guarda Civil espanhola espreitavam nas redondezas do lugar.

Na segunda parte dos actos do 11 de Outubro, as pessoas presentes deslocárom-se, atravessando Meirás, até o cemitério da paróquia, onde fôrom depositadas umhas flores no túmulo de Lola Castro, Mariana, e foi cantado novamente o Hino Nacional.

Finalmente, um restaurante localizado no vizinho concelho de Narom acolheu um jantar de confraternizaçom com participaçom de quase setenta das pessoas participantes na convocatória patriótica do Dia da Galiza Combatente, nas terras de Trasancos, no noroeste da Galiza.

www.nosgaliza.org

nacional@nosgaliza.org
____________

domingo, outubro 05, 2008

VIII Xornadas "Mostra de Curtametraxes" 2008 do Ateneo Ferrolán

De:ATENEO FERROLAN -a_ferrol@teleline.es-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 4 de outubro de 2008 14:13

Asunto: VIII Xornadas "Mostra de Curtametraxes" 2008



A celebrar os días 22 e 23 de decembro no Ateneo Ferrolán.

Os días 22 e 23 de decembro, levaranse a cabo no Ateneo Ferrolán ás OITAVAS XORNADAS DE MOSTRA DE CURTAMETRAXES, comezadas no ano 2001 con grande interese do público en xeral.

Nestes días amosaremos curtametraxes e creacións de cineastas, case que sempre noveis, e con especial atención aos cineastas galegos e galegas en especial.

Facemos un chamamento a todas as persoas que queiran participar nestas xornadas, nos acheguen os seus traballos en formato DVD ou se poñan en contacto con nos antes do día 15 de novembro para poder engadilos ao programa deste ano.

Admítense curtametraxes de ficción, de animación, documentais, anuncios, vídeo clips, ...

GRAZAS POR PARTICIPAR!

_____________

ATENEO FERROLÁN (Fundado en 1879)
www.ateneoferrolan.org

EXECUCIÓN Xá ! do PROXECTO APROBADO de AMPLIACIÓN e REHABILITACIÓN DA SEDE DESTA ENTIDADE CULTURAL CENTENARIA

_________________

xoves, setembro 25, 2008

Terractiva 2008 preséntase como a meirande feira ecolóxica de Galicia

De: Comunicación -comunicacion@coperactiva.org-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 25 de setembro de 2008 19:03
Asunto: Festival Terractiva 2008


Terractiva 2008 preséntase como a meirande feira ecolóxica de Galicia

O festival das artes pola biodiversidade, Terractiva, presenta unha nova edición para os próximos 18 e 19 de outubro cargada de actividades para todas as idades. A que “é a feira ecolóxica máis grande de Galicia”, segundo afirmou a coordinadora do festival, Txeli Vicente, contará con máis de 40 expositores, 5 cursos formativos, diversos obradoiros e o Galeuzca musical, feitos que o alcalde arzuano, Xaquín García valorou “moi positivamente” de cara a continuidade do evento.

Un grande mercado verde abrirá de novo as súas portas nesta edición 2008 amosando diversos xeitos de cociña ecolóxica, produtos ecolóxicos de horta e limpeza, terapias alternativas, relacionadas todas ca defensa do medio ambiente aínda que tamén hai unha parte reservada á artesanía. A proposta que, en palabras do alcalde Xaquín García está financiada “nun 80 por cento por parte da Deputación da Coruña e cun 20 por cento achegado polo Concello”, congrega a cada vez máis hai produtores da zona e “tamén se ve un aumento de visitantes”, en especial dos veciños de arzúa, continuou a dicir o rexedor arzuano.


O único festival medioambiental de Galicia

Neste sentido, e logo de presentarse no día de hoxe en conferencia de prensa, a edición 2008 celebrarase “o único festival medioambiental de Galicia”, como afirmou Txeli Vicente. Non só avalan a esta feira ecolóxica a súa magnitude ou a variedade e riqueza das súas propostas, senón que pasa tamén pola formación co programa de cursos e obradoiros gratuitos que presenta, o Formaterra. Desde o seu nacemento, este encontro coa ecoloxía a través das artes e pola diversidade converteuse no único espazo que reúne a colectivos, asociacións, expositoras e expositores, docentes, alumnado e xente interesada en vivir nun mundo máis ecolóxico.

Terractiva é un festival de alternativas, multidisciplinar e que promociona as artes e a diversidade. Neste sentido, ademais das videoproxeccións contínuas programadas, o festival Galeuzca musical leva de novo a Arzúa unha selección de grupos galegos, vascos e cataláns que este ano pasa por contar coa presenza do Sonoro Maxín desde Galicia, da Troba Kung-Fú desde Catalunya e por Sorkun que chega de Euskal Herria. Será o sábado 18 ás 22 horas no Campo da Feira e con acceso libre e de balde. De novo, Galiza, Euskal Herria e Catalunya unidas a través da música.


Unha feira ecolóxica que medra e cala na sociedade

No apartado “Altofalante”, logo de catro anos, o Foro Ecolóxico dá pé novamente a un encontro para todo o movemento ecolóxico do país. A esta afirmación feita durante a rolda de prensa pola coordinadora do festival, Txeli Vicente, desde a entidade xestora do mesmo, Coperactiva Cultural, apóiana seis edicións ás costas e unha traxectoria de centos de expositores e expositoras, colectivos que desenvolveron obradoiros e que foron entrando nesta roda que cada ano facemos xirar coa entrada do outono na vila coruñesa de Arzúa.

Neste sentido, e ao fío da importancia do festival como voceiro da ecoloxía, Xaquín García cre importante “concienciar cada vez máis a poboación para coidar o noso medio e a terra, que é o que nos da vida”. Ademais, os numerosos obradoiros e o consolidado espazo de ludoteca infantil completan esta proposta. Cómpre destacar que Ademais, os numerosos obradoiros e o consolidado espazo de ludoteca infantil completan esta proposta. Cómpre destacar que Ademais, os numerosos obradoiros e o consolidado espazo de ludoteca infantil completan esta proposta. Cómpre destacar que todo o acceso ao festival é libre e de balde. Só os cursos formativos precisan abonamento.

Baixo o lema “A terra e a cidadanía son o noso país” arrinca o Terractiva 2008 para denunciar as grandes eivas que sofre Galicia no que respecta ao desenvolvemento medioambiental. Ademais, o lema deste ano responde a unha vontade extendida na sociedade galega como é a de mirar cara o noso e vivirmos do xeito máis respectuoso posíbel coa contorna.
_______________________

http://www.terractiva.org

martes, setembro 23, 2008

Actividades no 10 Aniversário da Fundaçom Artábria

[Clicar acima do cartaz para amliar]

10 ANOS DE ARTÁBRIA, 3.650 DIAS EM GALEGO!

A Fundaçom Artábria é um projecto popular em defesa da língua e cultura nacional, os valores solidários e os direitos históricos da Galiza. Entidade de carácter sociocultural sem ánimo de lucro que está declarada de Interesse Galego e classificada de interesse cultural, com o nº 54 no registo de fundaçons da Xunta de Galicia.

Código de Identificaçom Fiscal (CIF): G15645518.
Morada: Travessa de Batalhons nº7 Esteiro
15403 Ferrol - GALIZA
Telefone do Centro Social: +34 981369099
Fax do Centro Social: +34 981369920
Telefone do café-bar: +34 981369921


Sítio webda Fundaçom Artábria
http://www.artabria.net

Sítio web do festival da Terra e da Língua
http://www.artabria.net/festival