Amosando publicacións coa etiqueta Ana Pontón. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Ana Pontón. Amosar todas as publicacións

venres, abril 15, 2016

O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol desenvolve este sábado, 16 de abril, às 12 horas na galería Sargadelos, un Encontro Aberto para presentar o “Proceso Adiante”, coa presenza da súa Portavoz nacional Ana Pontón - O BNG local renovou, en Asemblea, o seu Consello Local, da que saiu eleito como responsábel Carlos Outeiro Baamonde


Este sábado, 16 de abril, o BNG celebra un Encontro Aberto para presentar o “ Proceso Adiante”


O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol desenvolve este sábado, 16 de abril, às 12 horas na galería Sargadelos, un Encontro Aberto para presentar o “Proceso Adiante.

O Proceso Adiante nace do acordo na XV Asemblea Nacional do BNG de iniciar un proceso de refundación do Bloque Nacionalista Galego. Pretende sumar homes e mulleres que sen ser membros da organización comparten connosco a necesidade de dispormos dunha expresión política propia.

A Portavoz nacional do BNG Ana Pontón, canda ao Portavoz municipal Iván Rivas e o Responsábel Local Carlos Outeiro, presentarán este foro de análise e reflexión posto en marcha coa finalidade de actualizar, reforzar e relanzar o proxecto nacionalista galego mediante un proceso de debate aberto encamiñado a ofrecer á sociedade un proxecto político sólido, con maior capacidade de incidencia social e de transformar positivamente o noso país en proveito da súa xente.

Desde o BNG procuramos con este debate aberto realizar unha reflexión transversal sobre a necesidade de forzas políticas propias como alternativa política para este país. Faremos unha radiografía da Galiza de hoxe para actualizar as nosas principais análises e diagnoses sobre a situación económica, política, social, lingüística ou cultural.

Así mesmo, recolleremos propostas sobre melloras na estratexia política do nacionalismo galego; revisaremos cales deben ser as principais ideas que debemos comunicar e como debemos facelo. Mesmo estará en debate a estrutura do BNG na procura do modelo organizativo máis útil para defender os intereses galegos nas vindeiras décadas.

Máis información sobre este proceso na seguinte ligazón:
http://adiante.gal/

---

O BNG DE FERROL RENOVOU O SEU CONSELLO LOCAL

O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol procedeu a renovar a súa dirección local nunha asemblea celebrada o pasado 17 de Marzo de 2016, un proceso enmarcado na XV Asemblea Nacional da formación, e do que saíu electo como responsábel local Carlos Outeiro Baamonde [*].

Ademais de Carlos Outeiro o novo Consello Local do BNG estará formado por Roberto Montero (Vice-Responsábel), Eva Espiñeira, Iván Rivas, Dolores Prieto, Ramón Fernández, Xoán Xosé Lourenzo, Pedro Fernández, Luisa Sánchez, Ladislau Rodríguez, Elia Rico, Miguel Anjo González e Iolanda Gómis.

Desde o BNG sinala que co impulso da recente Asemblea Nacional, en breve abriremos à sociedade o proceso de refundación, de adaptación da organización ás necesidades actuais do obxectivo de sempre, sermos útiles a Galiza.

Nesta asemblea, tamén se analizaron as liñas de traballo que o BNG vai desenvolver a nivel local nos vindeiros meses e resaltouse a importancia política do traballo do BNG resaltando que os debates sobre os problemas estruturais da nosa localidade están presentes cando son formulados pola nosa organización.

bngferrol@gmail.com

O BNG de Ferrol no facebook  ou no twitter.

http://bng.gal/ferrol/

[*] Carlos Outeiro Baamonde, enxeñeiro, traballador de Navantia e técnico de medio ambiente. Ligado á defensa da lingua e ao ecoloxismo desde hai moitos anos. Tamén desenvolveu actividade sindical ligada á sección sindical da CIG no estaleiro. Activista da Mesa para a Normalización Lingüística, das plataformas cidadáns 'Queremos Galego' e 'Nunca Máis' e de ADEGA (Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza). Manten unha conta de facebook.

Información baseada na enviada por:
BNG
-bng@ferrol.es-
14 de abril de 2016 12:56
___________

luns, febreiro 22, 2016

Dúas candidatura concorren á renovación dos cargos de dirección do BNG na XV Asemblea Nacional


O prazo de presentación de candidaturas para a renovación dos órganos de dirección do BNG finalizou ás 19:00 horas do luns 21 de febreiro coa presentación de dúas listas que concorrerán á Asemblea Nacional do 28 de febreiro para someterse á consideración da militancia, que se celebra baixo o lema "Autoorganización, autogoberno, autodeterminación".

Por un lado, a candidatura proposta polo Consello Nacional do pasado sábado, que encabeza Ana Pontón e, por outro, a candidatura presentada por un grupo de vinte militantes, que encabeza Carlos Branco.

Ambas pasan agora á asemblea nacional con 2.805 militantes inscritos. Cabe a posibilidade de chegar a unha candidatura de consenso ou que ambas se sometan a votación, circunstancia na que, como marca o regulamento, a distribución das persoas que pasarían a integrar os órganos de dirección do Bloque sería de xeito proporcional aos votos obtidos.

Axuntamos candidaturas.

CANDIDATURA CONSELLO NACIONAL ENCABEZADA ANA PONTÓN

CANDIDATURA CONSELLO NACIONAL ENCABEZADA POR CARLOS BRANCO

Todo sobre a XV Asemblea Nacional do BNG:
http://bng.gal/xvanbng/

Web do BNG:
http://bng.gal/

Enviado por:
Inácio GZ
-inaciogz@gmail.com-
22 de fevereiro de 2016 20:45

_____________

domingo, febreiro 21, 2016

"Afrontar a refundación do BNG coa convicción de que Galiza necesita un nacionalismo enraizado e vivo", di Ana Pontón que vai encabezar a lista que promove o Consello Nacional do BNG, para a súa Asemblea Nacional do 28 deste mes de Febreiro


"Afrontar a refundación do BNG coa convicción de que Galiza necesita un nacionalismo enraizado e vivo", di Ana Pontón [*] que vai encabeza a lista que promove o Consello Nacional do BNG, para a súa Asemblea Nacional do 28 deste mes de Febreiro, n'A Coruña. Escribe a candidata nas redes sociais:
"Abrir tempos de esperanza. Tecer colectivamente o nacionalismo deste tempo. Afrontar a refundación do BNG coa convicción de que Galiza necesita un nacionalismo enraizado e vivo. Son retos que temos por diante. Hoxe o Consello Nacional do BNG fai unha proposta de nova equipa. Incorporamos novas caras e novas formas. Recollemos experiencia que axude a acertar. Asumo ser candidata a portavoz do Bng coa convicción clara de que o nacionalismo é futuro, igualdade, xustiza, solidariedade. Tamen con humildade, e sabendo que o importante é o NÓS. Tamén con entusiasmo. Sabendo que a diario temos que conxugar os verbos dialogar, escoitar, acordar. Agardando que máis mulleres e homes se sumen à proposta. Vèmonos o 28F! Adiante co BNG! A militancia é quen máis ordena!"
[*] Ana Belén Pontón Mondelo -Sarria en 1977, é a voceira do BNG no Parlamento de Galicia.Licenciada en Ciencias Políticas e da Administración pola Universidade de Santiago de Compostela. Participou en eventos como o Festival Mundial da Xuventude Democrática (Cuba, 1997), a Marcha Mundial das Mulleres (Bruxelas, 2000) ou o Fórum Social Mundial (Porto Alegre, 2002).| Blogue, Twitter e Facebook.

Todo sobre a XV Asemblea Nacional do BNG:
http://bng.gal/xvanbng/

Web do BNG:
http://bng.gal/

Enviado por:
Inácio GZ
-inaciogz@gmail.com-
20 de fevereiro de 2016 23:45
_____________