Amosando publicacións coa etiqueta André Cerdido Pastor. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta André Cerdido Pastor. Amosar todas as publicacións

xoves, xuño 27, 2019

A montaxe poético-visual, 'En Inedito Silencio', de André Cerdido Pastor e Ana Fernández, este venres 28 de xuño en 'El Guarisnais', ás 8 da tarde



A montaxe poético-visual,
EN INÉDITO SILENCIO,
este venres 28 de xuño en El Guarisnais.


Este venres 28 de xuño ás 8 da tarde no Guarisnais (r/ Taxonera, 1. Esteiro-Ferrol).

Unha orixinal presentación audiovisual do poemario EN INÉDITO SILENCIO e da editorial autónoma Edicións Imaxinarias.

Coa participación creativa de
:

🔸Ana Fernández: deseño e arte.
🔸Esther Raíndo: ilustracións.
🔸André Cerdido Pastor - Pequeno Monstro-: textos, recitado e selección musical.
🔸Ana Santiago Lucecú: recitado.
🔸Miguel Castro: guión, presentación e control de son.

Evento en facebook:
https://www.facebook.com/events/636882643473045/ 

Contacto directo: 680730241 (André C. Pastor) / 678942949 (Ana Fernández)

Edicións Imaxinarias©
Instagram  |  Facebook

Enviado por:
Edicións Imaxinarias
-edicionsimaxinarias@gmail.com-
26 de junho de 2019 10:5
3

___________________

xoves, maio 23, 2019

Trala boa acollida da primeira presentación de 'En Inédito Silencio', o poemario preséntase de novo este venres 24 de maio, ás 8 da tarde, no Centro Cívico de Canido - Na obra mestúrase a poesía, as ilustracións e a creación sonora




EN INÉDITO SILENCIO

Trala boa acollida da primeira presentación de En Inédito Silencio, o poemario preséntase de novo este venres 24 de maio, ás 20:00 hrs, no Centro Cívico de Canido.

En Inédito Silencio é unha suite versada dividida en tres partes (Amencida, Latexo e Partida) escrita por André Cerdido Pastor, ilustrada por Esther G. Raíndo e impulsada por Ana Fernández. Na obra mestúrase a poesía, as ilustracións e a creación sonora.

No transcorrer do acto falarase da iniciativa autónoma Edicións Imaxinarias, proxectaranse debuxos da ilustradora e o autor dos versos recitará algúns dos poemas, coa colaboración de Ana Santiago "Lucecú". O acto estará conducido pola locutora de Rádio Filispim Esperanza Vázquez Dopico e será retransmitido ao vivo ao través do 93.9 da FM.

Trala presentación, poderase adquirir o libro, e a súa versión audio-CD, cuxa distribución é fóra dos circuítos comercias. Ademais, a organización ofrecerá uns petiscos e uns viños.

+ info:
Book art-trailer (nº3): https://youtu.be/ewq2v8CGKys
Contacto: edicionsimaxinarias@gmail.com



https://youtu.be/ewq2v8CGKys

-
Edicións Imaxinarias©
https://www.instagram.com/edicions_imaxinarias/
https://www.facebook.com/edicionsimaxinarias/

Enviado por:
Edicións Imaxinarias
-edicionsimaxinarias@gmail.com-
23 de maio de 2019 09:24
___________

luns, maio 06, 2019

Presentación do poemario 'En Inédito Silencio' e da editora alternativa ferrolá 'Edicións Imaxinarias', este venres 10 de maio, ás 19:30 hs no Ateneo Ferrolán - Vídeo - Enlaces: evento, instagrán, facebook

Presentación poemario
EN INÉDITO SILENCIO
e editora alternativa
EDICIÓNS IMAXINARIAS

Data e lugar: venres 10 de maio, 19:30 h. Ateneo Ferrolán

A poesía, as ilustracións e a creación sonora, conflúen EN INÉDITO SILENCIO, poemas lanzados ao vento. Unha produción da que nace Edicións Imaxinarias, como fórmula de autoxestión fronte a edición tradicional e a coedición.

O radiofonista local independente André Cerdido Pastor -Pequeno Monstro, a deseñadora gráfica Ana Fernández, e a ilustradora de Canido Esther G. Raíndo,  xuntan alentos nesta suite poética onde a natureza se converte en escenario principal, nun teatro onde discorren os tres actos da obra -Amencida, Latexo, Partida- somerxendo ao lector nunha dimensión onde realidade e soño se confunden.

O resultado é un inusual libro de poemas en galego e castelán, tecido artesanalmente e ilustrado con evocadores debuxos. Completa a obra un CD de creación sonora, nunha cativadora adaptación dos versos, na voz autor.

O acto de presentación, e breve recitado, será o venres 10 de maio ás 19:30 h. no salón de actos do Ateneo Ferrolán, e estará conducido pola radiofonista local Ana Santiago “Lucecú”.

Edicións Imaxinarias.

Ferrol, 3 de maio de 2019


Book art-trailer: https://youtu.be/2BefF2xIrDM 

Contacto:


E-mail: edicionsimaxinarias@gmail.com


+ info:

Facebook:  https://www.facebook.com/edicionsimaxinarias

Evento: https://www.facebook.com/events/359547001434774/

Instagram: https://www.instagram.com/edicions_imaxinarias/ 


https://youtu.be/2BefF2xIrDM

Enviado por:
Edicións Imaxinarias
-edicionsimaxinarias@gmail.com-
6 de maio de 2019 12:11
____________