Amosando publicacións coa etiqueta Andrés Bódalo. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Andrés Bódalo. Amosar todas as publicacións

xoves, abril 07, 2016

Piden a liberdade de Andrés Bodalo, sindicalista do Sindicato Andaluz de Traballadoras e Traballadores (SAT) e concelleiro de Agora Jaén


Miles de persoas piden en Jódar (Jaén) a liberdade de Andrés Bódalo


Máis de dúas mil persoas manifestaron-se o sábado, 2 de Abril, pola rúas da localidade xienense de Jódar para reclamar a liberdade do seu paisano, o sindicalista do SAT Andrés Bódalo, concelleiro de Agora Jaén na capital da provincia e cabeza de lista de Podemos nas pasadas eleccións xerais pola circunscrición. Bódalo ingresou na prisión Jaén II o pasado 30 de Marzo para cumprir unha condena de tres anos e medio por agredir ao tenente de alcalde do Concello de Jódar, o socialista Juan Ibarra, acusación que o condenado negou sempre con rotundidade.

A manifestación estaba encabezada por unha pancarta na que se lía "Amnistía - Loitar polos nosos dereitos non é delito", trala que marchaban a nai, a esposa, os fillos e outros familiares de Andrés.

Ao final da marcha interviñeron o alcalde Marinaleda, Juan Manuel Sánchez Gordillo, quen afirmou que "agora é o momento de facer unha revolución máis aló do PP e do PSOE", e o dirixente do SAT e da Candidatura Unitaria de Traballadores (CUT), Diego Cañamero, que reclamou a liberdade de Bódalo e asegurou que, si non a conseguen, marcharán a pé desde Jódar até Madrid para reclamala.

O SAT tamén organizou concentracións a favor da liberdade de Bódalo en numerosas localidades de Andalucía e do resto do polo de agora Reino de España.

Andrés Bódalo Liberdade!
Multitudinaria manifestación en Jódar o sábado, día 2 de Abril


https://youtu.be/6NjIH5E7b40


Vídeo: Santiago Donaire.
Fonte: CuartoPoder .

Enviado por:
André M. Ces

-andre.martinez.ces@gmail.com-
7 de abril de 2016 00:15
__________________