A 
Escola das Economías Transformadoras pretende achegar o coñecemento académico e o proporcionado polas experiencias prácticas que son ferramentas de transformación social. 
Este ano temos a sorte de contar con recoñecidos científicos como 
Antonio Turiel, doutor en Física Teórica pola Universidade Autónoma de Madrid e investigador do Institut de Ciències del Mar del CSIC ou 
Alicia Valero, doutora Enxeñeira Química, profesora na Universidade de Zaragoza e directora do grupo de investigación de Ecoloxía Industrial no Instituto CIRCE. Especialistas no estudo das limitacións físicas, ambos científicos sinalan ás dificultades ás que se enfronta o noso modelo de sociedade. 
Pilar Alguacil é Catedrática de Dereito Financeiro e Tributario na Universidade de Valencia. Ademais é Directora da Cátedra de Cooperativas Agroalimentarias de España. Ten asesorado ás organizacións representativas da Economía Social estatais na presentación de propostas de reforma do réxime fiscal de cooperativas e sociedades laboral. Falaranos de como a fiscalizade pode ser unha política de fomento da Economía Social e Solidaria. 
Teremos a oportunidade de coñecer de primeira man en que consiste o 
Mercado Social Galego ou cales son as diferentes propostas de moedas sociais. 
O sábado falaremos de 
decrecemento con 
Véspera de Nada e visitaremos o 
Verxel de Coiro, unha horta agroecolóxica nesta parroquia do Concello de Cangas. Neste privilexiado espazo poderemos coñecer os resultados da tese de doutoramento de 
Kylyan Mac Bisquert i Pérez, titulada “
A dimensión socioeducativa do movemento agroecolóxico en Galicia: a reconstrución da dieta como eixo de sustentabilidade social e ambiental“. 
A participación na Escola será presencial, mais o aforo é limitado e daráselle prioridade ás persoas que podan asistir ás tres xornadas. Unha vez finalizada a actividade, prevese que os relatorios estean dispoñibles na rede. 
Inscribirse para asistir á Escola é gratuíto e pódese facer a través deste 
formulario. 
Nota.- En breves colgarase o programa completo.
A Mostra do Posible é un encontro de organizacións que traballan  en diversos ámbitos da vida cotiá construíndo un mundo máis xusto e solidario.
https://mostradoposible.gal/
Enviado por:
Mostra do Posible
-info@mostradoposible.gal
9 de setembro de 2021 09:38
_______