Amosando publicacións coa etiqueta Armando Fernández Steinko. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Armando Fernández Steinko. Amosar todas as publicacións

martes, abril 19, 2022

Conferencia de Armando Fernández Steinko en Ferrol: ‘Ucraína. Orixes e consecuencias dun conflito’ - Este Xoves 21 de abril, ás 7 da tarde no Centro Cívico de Canido


A A.C. FUCO BUXÁN convídate á conferencia, e posterior coloquio, que leva por título "Ucraína. Orixes e consecuencias dun conflito" na que intervirá o catedrático de Socioloxía da Universidad Complutense de Madrid Armando Fernández Steinko (www.ucraniasincensura.com).

Nun momento de relato polarizado, de insidiosas tácticas de desinformación, de baleiros informativos, dende a A.C. Fuco Buxán, queremos, con esta actividade e cunha voz rigurosamente analítica, deternos nas claves dun conflito que nos afecta tan directamente coas súas repercusións presentes e futuras e co ánimo de acadar respostas solventes fomentando o pensamento crítico e reflexivo.

Armando Fernández Steinko, que estudou socioloxía, historia e literatura en distintas universidades de Europa (Friburgo, Hamburgo) e Canadá (Brock), como ensaísta ten publicadas numerosas monografías e decenas de artigos relacionados cos movementos sociais, socioloxía i economía do delito. Algúns dos seus últimos libros levan por título ‘Tres ciclos para domesticar un siglo’ (2001), ‘Clase, trabajo y ciudadanía’ (2004), ‘Las pistas falsas del crimen organizado’ (2008), ‘Delincuencia, finanzas y globalización’ (2013) e ‘La economía ilícita en España’ (2021).

Xoves 21 de abril ás 19 h. no Centro Cívico de Canido - Ferrol

Enviado por:
Inácio GZ
-inaciogz@gmail.com-
18 de abril de 2022 22:06

_______