Amosando publicacións coa etiqueta Asociación Sociocultural Muiño do Vento. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Asociación Sociocultural Muiño do Vento. Amosar todas as publicacións

xoves, novembro 10, 2022

Muíño do Vento, Fundaçom Artábria e a Asociación Veciñal de Canido organizam magusto popular - O evento, aberto ao público, será esta sábado 12 de novembro a partir das 18:30hs no Centro Cívico de Canido


Muíño do Vento, Fundaçom Artábria e a Asociación Veciñal de Canido organizam magusto popular

O evento, aberto ao público, será esta sábado  12 de novembro a partir das  18:30 no Centro Cívico de Canido

A Asociación Sociocultural Muíño do Vento, Fundaçom Artábria e a Asociación Veciñal de Canido convidam a participar no magusto popular que decorrerá o próximo sábado 12 de novembro a partir das 18.30h no Centro Cívico de Canido.

Lembram desde as entidades convocantes que esta festa tradicional galega é umha merenda-ceia própria do mês de novembro e que tradicionalmente se festeja nos dias próximos ao Dia de Defuntos e do Sam Martinho. Dentro das festas cíclicas representa o fim dumha etapa, a morte simbólica da natureza.

A protagonista indiscutível desta data é a castanha que serám repartidas gratuitamente com cada consumiçom. Além das castanhas assadas haverá liscos e chouriços a preços populares.

E como em toda boa festa nom faltará a música tradicional. Desde as entidades convocantes animam a somar-se à foliada e trazer quem quiger os seus instrumentos.

A música e o baile estará acompanhado dumha queimada.

Umha  jornada lúdica para que a vizinhanza do bairro participe e da que todas sejamos partícipes para que as nossas festas tradicionais nom se convirtam num espetáculo folclorizado alheio à participaçom popular.

Ferrol, 9 de novembro de 2022
--
Travessa de Batalhons nº7   Esteiro
15403 Ferrol - GALIZA
Telefone:  +34 981 35 29 86
www.artabria.net
 
Segue-nos em twitter @fartabria e em facebook!
 
A Fundaçom Artábria é um projecto popular em defesa da língua e cultura nacional, os valores solidários e os direitos históricos da Galiza. Entidade de carácter sociocultural sem ánimo de lucro que está declarada de Interesse Galego e classificada de interesse cultural, com o nº 54 no registo de fundaçons da Xunta de Galicia.


Enviado por:
Fundaçom Artábria
-correiodeartabria@gmail.com-
10 de novembro de 2022 01:00

_______

martes, maio 17, 2022

Presentación do libro de Alberto Lema: 'Pazo de Inverno', acompañando ao autor estarán: Francisco Sampedro e Celia Fernández Alvariño - Este xoves 19 de maio, ás 8 da tarde no centro Cívico de Canido (Ferrol)


Presentación do libro de Alberto Lema: "Pazo de Inverno", acompañando ao autor, estarán: o doutor en filosofía, Francisco Sampedro e a socióloga, Celia Fernández Alvariño.

O acto terá lugar, en Ferrol, este xoves 19 de maio, ás 8 da tarde, no centro Cívico de Canido.

Organizado pol asociación sociocultural Muiño do Vento, coa colaboración da asociación veciñal de Canido, a editorial Galaxia e o Concello de Ferrol.

Pazo de inverno
Alberto Lema

PREMIO GARCÍA BARROS 2021

Que sucedería se un grupo político novo chegase ao goberno coa intención de cambiar a orde das cousas? Que relación establecerían con eles os poderes fácticos locais? Como se conciliarían os proxectos e a realidade? Serían quen de dominar a complexa maquinaria burocrática do concello dunha cidade do norte de Galicia?

Nesa cidade, chamada Faro, as cousas non son tan sinxelas como parece. A Helena, a nova alcaldesa, a quen lle abonda un aceno para transmitir a vontade toda da transformación social, non lle chega con obter a maioría nunhas eleccións. Cómpre introducirse nas engrenaxes da administración; tratar con xornalistas coma Miranda, tan escéptico como para ser cínico, e manter a raia empresarios que levan toda a vida mandando, como Cosme Durán. Tampouco é suficiente inverter o protocolo patriarcal nin manter os compañeiros afastados da doenza infantil do esquerdismo. Cómpre gorentar o fracaso para ter a certeza de que a grandeza das ilusións nunca se perde.

Mapa dunha paisaxe social, das arelas, conflitos e intereses dunha cidade, a novela de Alberto Lema consegue personificar vicios e virtudes, dúbidas e certezas, crenzas e valores cun xeito de contar que sorprende e fascina ao tempo que desvela e ilumina a realidade.

https://muinhodovento.gal/

Enviado por:
Inacio GZ
inaciogz@gmail.com-
17 de maio de 2022 14:10

_______

luns, maio 16, 2022

Presentación do libro: 'Vivo penso e declaro', de autoría colectiva, con Rafa Aguirrebengoa e Cesar Pita, este venres 20 de maio, ás 8 da tarde, no Centro Cívico de Canido (Ferrol)



Presentación do libro: "Vivo penso e declaro", de autoría colectiva, con Rafa Aguirrebengoa e Cesar Pita, este venres 20 de maio, ás 8 da tarde, no Centro Cívico de Canido (Ferrol),organizado pola asociación sociocultural Muiño do Vento e coa colaboración da asociación veciñal de Canido e o Concello de Ferrol.

https://muinhodovento.gal/

Enviado por:
Inácio GZ
-inaciogz@gmail.com-
13 de maio de 2022 11:47

_______

martes, abril 26, 2022

Presentación do libro 'Alejandro Viana, un galego á fronte do rescate dos refuxiados republicanos' (Ed. Belagua) por Roberto Mera Covas, acompañado de Henrique Dacosta e Víctor García Novás - O venres 29 de abril, ás 8 da tarde, no Centro Cívico de Canido


Presentación do libro "ALEJANDRO VIANA, un galego á fronte do rescate dos refuxiados republicanos" (Ed. Belagua) por Roberto Mera Covas, acompañado de Henrique Dacosta e Víctor García Novás.

📅 Venres 29/Abril/2022
20hs
📍 Centro Cívico de Canido

Con esta obra, o autor achéganos á historia dun “ponteaerán de película”, o Schindler galego, do que quere subliñar a súa faceta humanitaria. Na Europa ocupada polos nazis miles de exiliados republicanos devecían por chegar a América para salvar as súas vidas.

Alejandro Viana, á fronte de varias organizacións humanitarias, organizou a saída de miles de refuxiados nunha trintena de expedicións marítimas. Acosado pola Falanxe e a GESTAPO, emprendeu unha fuxida e logo de once meses de anguriante viaxe por África, logrou chegar a México, xunto coa súa dona e coa certeza de que xamais podería retornar á súa terra.

Enviado por:
Inácio GZ
-inaciogz@gmail.com-
25 de abril de 2022 22:00

_______

mércores, xullo 04, 2012

O futuro urbanístico de Canido (Plan Urban) a debate - Mesa Redonda coa participación dos grupos municipais dos partidos políticos con representación no Concello de Ferrol


A Asociación Sociocultural 'Muiño do Vento', no comezo da súa andaina, que agardamos sexa longa e semente un presente e un futuro de transformación para unha sociedade do "Ben Vivir" e de democracia participativa, organiza unha mesa redonda no local social da S.R.D. Canido Canido, ás 20:30 horas, deste Xoves, 5 de Xullo de 2012. O acto leva por titulo "O futuro urbanístico de Canido: Plan Urban", onde están convocados a participar representantes dos grupos municipais dos partidos políticos con representación institucional no Concello de Ferrol.

Para contactar: SEGANHO@terra.es

Web do Programa Urban: |Ir web |
__________________________