CIAG - CENTRO INFOGRÁFICO AVANZADO DE GALICIA
Proba de animación correspondente á fase 1 do proxecto "LANÓBRIGA: UNHA CIDADE GALAICA", xacemento situado no concello ourensán de San Cibrao de Lás e que representa o cume da evolución arquitectónica da cultura galaica na idade de ferro, antes da chegada dos invasores romanos.
Este traballo é froito da interacción interdisciplinar ao longo de 2 anos, unificando a parte técnica, coa artística, a documental, a arqueolóxica e a histórica, xunto cun ingrediente segredo: un amor incondicional polo patrimonio e a cultura galaica, e un sincero desexo de divulgar e dignificar o que é intrinsecamente noso.
Canle do Centro Infográfico Avanzado de Galicia. | Ir á Canle.
Restitución 3D: CIAG (Anxo Miján, Carlos Paz) - Dirección Técnico/Artística: (Paco Boluda) - Rexistrado @SafeCreative2021.
Música incluído no vídeo, libre de copyright.
Facebook. | ciagaliza@gmail.com
O C.I.A.G. (Centro Infográfico Avanzado de Galicia), é un proxecto 100% galego que une infografistas, debuxantes, arqueólogos, informáticos, arquitectos e historiadores, para levar a cabo a inxente tarefa da restitución e reconstrución dixital de todo o patrimonio arquitectónico histórico de Galiza desaparecido, dos que aínda persistan ruínas, vestixios e documentación, dende a prehistoria ata o século XX, aplicando as derradeiras técnicas infográficas e creando unha gran base de datos de recursos dixitais en 2D e 3D, a disposición de historiadores, estudantes, empresas, institucións, colexios, universidades e investigadores, co obxectivo último de preservar, divulgar e poñer en valor o noso patrimonio esquecido....!
Documentación:
✅ Castro de San Cibrao de Lás na Galipedia. | Ir á Web.
_______