Amosando publicacións coa etiqueta Paco Boluda. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Paco Boluda. Amosar todas as publicacións

venres, xullo 09, 2021

Lanóbriga: Unha cidade galaica - Vídeo animación do xacemento situado no concello ourensán de San Cibrao de Lás e que representa o cume da evolución arquitectónica da cultura galaica na idade de ferro, antes da chegada dos invasores romanos - Vídeo


CIAG - CENTRO INFOGRÁFICO AVANZADO DE GALICIA

Proba de animación correspondente á fase 1 do proxecto "LANÓBRIGA: UNHA CIDADE GALAICA", xacemento situado no concello ourensán de San Cibrao de Lás e que representa o cume da evolución arquitectónica da cultura galaica na idade de ferro, antes da chegada dos invasores romanos.

Este traballo é froito da interacción interdisciplinar ao longo de 2 anos, unificando a parte técnica, coa artística, a documental, a arqueolóxica e a histórica, xunto cun ingrediente segredo: un amor incondicional polo patrimonio e a cultura galaica, e un sincero desexo de divulgar e dignificar o que é intrinsecamente noso.


Canle do Centro Infográfico Avanzado de Galicia. | Ir á Canle.

Restitución 3D: CIAG (Anxo Miján, Carlos Paz) - Dirección Técnico/Artística: (Paco Boluda) - Rexistrado @SafeCreative2021.

Música incluído no vídeo, libre de copyright.

Facebook. | ciagaliza@gmail.com

O C.I.A.G. (Centro Infográfico Avanzado de Galicia), é un proxecto 100% galego que une infografistas, debuxantes, arqueólogos, informáticos, arquitectos e historiadores, para levar a cabo a inxente tarefa da restitución e reconstrución dixital de todo o patrimonio arquitectónico histórico de Galiza desaparecido, dos que aínda persistan ruínas, vestixios e documentación, dende a prehistoria ata o século XX, aplicando as derradeiras técnicas infográficas e creando unha gran base de datos de recursos dixitais en 2D e 3D, a disposición de historiadores, estudantes, empresas, institucións, colexios, universidades e investigadores, co obxectivo último de preservar, divulgar e poñer en valor o noso patrimonio esquecido....!

Documentación:

✅ Castro de San Cibrao de Lás na Galipedia. | Ir á Web.
_______