Amosando publicacións coa etiqueta Caso Lafayette. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Caso Lafayette. Amosar todas as publicacións

xoves, decembro 15, 2011

A Asociación Galega contra o Maltrato ao Menor insta aos Xulgados de Ferrol e As Palmas a que tomen medidas urxentes no caso do buque Lafayette arribado no porto das Palmas desde o 2 de decembro

AGAMME INSTA Á XUSTIZA A QUE RESOLVA O CASO DO BUQUE LAFAYETTE

A Asociación Galega contra o Maltrato ao Menor insta aos Xulgados de Ferrol e As Palmas a que tomen medidas urxentes no caso do buque Lafayette arribado no porto das Palmas desde o 2 de decembro, xa que a día de hoxe non se recibíu ningún tipo de notificación dos pasos levados a cabo polos respectivos xulgados ás partes denunciantes.

As denuncias interpostas céntranse en tres puntos moi importantes para resolver o caso: o requisamento e visualización das gravacións das cámaras de seguridade de Navantia Fene donde estivo máis de un mes, a contrastación da tripulación (rol do barco) que saíu da ria de Ferrol coa que arribou ás Palmas, e por último que se realice un exaustivo rexistro do buque para recabar probas.

Ferrol, 13 decembro 2011

Blogue de interese:
O Caso do Buque "Lafayette" - Un suposto delito de explotación infantil
- Novembro/Decembro de 2011-
http://caso-buque-lafayette.blogspot.com/

Enviado por:
Lupe Ces
-lupeces@gmail.com-
13 de dezembro de 2011 23:56
http://lupeces.blogspot.com/
_______________

mércores, decembro 07, 2011

Que é o que pretende EsCULcA solicitando as testemuñas das dilixencias preprocesuais realizadas pola Fiscalía no Caso do Buque Lafayette?



PRETENDE EsCULcA NO CASO LAFAYETTE

"Exercer control externo sobre a actuación da Fiscalia"

EsCULcA contestou hoxe ao decreto de 1 de Decembro da Fiscalía da Área de Ferrol en que se requería ao Observatório que manifestase o uso que pretende dar ás copias solicitadas das dilixencias preprocesuais que se seguiron no caso do barco Lafayette.

Na sua resposta, Fernando Blanco Arce, en nome de EsCULcA, afirma que demanda a documentación coa fin de exercer control externo sobre a actuación da Fiscalía na dilixente defensa dos dereitos das presuntas vítimas do delito (menores de idade), propor dilixencias de reapertura das dilixencias ou, no caso de comprobarse unha actuación insuficiente na devandita defensa dos dereitos dos menores polo Ministerio Público, instar a adopción das medidas disciplinarias ou doutro teor que orgánicamente procedan.

Escrito de resposta presentado ante a Fiscalía da Área de Ferrol en formato pdf .

Web oficial de EsCULcA:
http://www.esculca.net/index.php
______________________

luns, decembro 05, 2011

Ártabra 21 abre un sitio na rede para informar sobre o caso do buque "Lafayette"


Para facilitar o seguimento e toda a relación de acontecementos e a recompilación do maior número de información, Ártabra 21 abre un sitio na rede sobre o caso do buque factoría-pesqueira "Lafayette".

http://caso-buque-lafayette.blogspot.com/
_________________

domingo, decembro 04, 2011

"Escravitude infantil, solución final neoliberal" - Denuncia de Esquerda Unida no caso do buque Lafayette

  • ESQUERDA UNIDA DENUNCIA O ABANDONO DA FISCALÍA PARA PERSEGUIR UN PRESUNTO CASO DE ESCRAVITUDE INFANTIL: "NON CABE CONTEMPLACIÓNS COA SOLUCIÓN FINAL NEOLIBERAL, A ESCRAVITUDE INFANTIL", SINALA YOLANDA DÍAZ
  • ESQUERDA UNIDA ESIXE Á FISCALÍA DO ESTADO UNHA ACTITUDE RIGOROSA E QUE EXTREME O CELO NA INVESTIGACIÓN DO PRESUNTO CASO DE ESCRAVITUDE INFANTIL DO BUQUE LAFAYETTE. O ESTUDO DAS CINTAS E UN REXISTRO METICULOSO DO NAVÍO SON AS PRIMEIRAS MEDIDAS A DESENVOLVER PARA ESCLARECER A DENUNCIA PRESENTADA

Esquerda Unida a través da súa Secretaría de Dereitos Civís e Liberdades Democráticas demanda da Fiscalía Xeral do Estado que se practiquen co máximo rigor as investigacións oportunas sobre o navío Lafayette, fondeado en augas canarias, que presuntamente emprega man de obra infantil. É o momento de que a fiscalía corrixe a intervención menor e neglixente que aconteceu en Ferrol, onde a embarcación estivo sendo reparada.

A gravidade dos feitos esixe da fiscalía o extremo do celo e a meticulosidad das investigacións en orde a depurar calquera responsabilidade. Yolanda Díaz, responsable federal da Secretaría, esixe unha actuación pública rigorosa que ten que pasar polo menos polo estudo concienzudo das cintas gravadas en Ferrol e dun rexistro exhaustivo da embarcación.

EU quere resaltar e agradecer o traballo e seguimento que desta causa realizaron particulares e diversas entidades sociais, que se encargaron de dotar de visibilidade a unha denuncia que as autoridades públicas descoidaron. Non cabe deixar pasar impune un posible delito por deixamento ou descoido, hai que ser rigorosos en particular co carácter destas denuncias.

Non se poden asinar tratados e convencións internacionais para a protección dos menores, para logo resten papel mollado cando se denuncian posibles casos de escravitude infantil. É nestes casos é cando todos os esforzos e cautelas están xustificados e non cabe optar polo menor ou o puro deixamento. Estas convértense en complicidade con prácticas e engrenaxes económicas inaceptables, que atentan contra calquera lectura non criminal da convivencia social.

EU reclama pois o desenvolvemento exhaustivo da investigación e o reforzamento da persecución de oficio polas fiscalías de todas e cada unha das denuncias que se presenten. A escravitude infantil -vulneración clamorosa de dereitos humanos- esixe dos poderes públicos do Estado unha beligerancia activa no seu combate. Non pode haber tolerancia algunha coas prácticas máis atroces e degradadas do capitalismo, o facer negocio coa infancia. Esas práctica prodúcense e é imperativo combatelas e castigalas.

Web de Esquerda Unida:
http://www.esquerdaunida.org/


de EsquerdaUnida Ferrol, o Sábado, 3 de decembro de 2011, 19:09

Enviado por:
suso
-susopazos@yahoo.es-
4 de dezembro de 2011 00:49
_________________

sábado, decembro 03, 2011

O 'Lafayette' logo de pasar dous días sen rumbo fixo, a 45 millas de "Las Palmas de Gran Canaria", atraca no Dique Reina Sofía supostamente custodiado pola policia - EsCULcA informa máis sobre a denúncia de explotación de traballo infantil


O Lafayette atraca no Dique Reina Sofía, supostamente para continuar coa reparación que iniciara na Ría de Ferrol no astaleiro de Navantia-Fene o 10 de Outubro pasado, até que o 24 de Novembro elevou anclas logo de que a Fiscalia da Área de Ferrol arquivara a denuncia.

A consignataria do buque segue negando a denuncia por explotación infantil, mais a policía accedeu ao barco e despois quedou custodiándoo.

O Lafayette volveu ao Porto da Luz e das Palmas logo de dous días sen rumbo fixo decenas de millas ao norte de Gran Canaria.

A Autoridade Portuaria informou este venres que o buque de bandeira rusa denunciado en Ferrol por explotación infantil tiña previsto quedar fondeado fronte ao dique Reina Sofía este mesmo venres, á espera de concretar un punto fixo de atracada.

A atracada produciuse finalmente á tardiña xusto na punta do dique Reina Sofía, desde onde o alargado buque é visible en todo o litoral da capital. A Policía accedeu ao barco e pouco despois testemuñas presenciais transmitiron que varios axentes custodiaban o barco e que os seus vehículos estaban na zona.

Versión da consignataria

A información que manexa Portos das Palmas, a través da consignataria do buque-factoría, desmente a presenza de menores no barco e xustifícaa como unha "vendetta" do traballador denunciante no Ferrol.

A Autoridade remitiu á inspección rutineira que realiza a policía de fronteiras desde que se produciu a atracada do buque de bandeira rusa, que ten previsto someterse a reparacións durante os dous próximos meses.

Save The Children, Amnistia Internacional, Esquerda Unida, EQUO, BNG, ... e diversos colectivos están pendentes do que se está facendo co buque esixindo-lle celo ás autoridades e presentando denuncias e solicitudes e explicacións a diferentes organismos, xulgados e institucións. Desde Galiza AGAMME e EsCULcA levan un seguimento e diferentes actuacións de observación  e denuncia.



CASO LAFAYETTE
Mais sobre a denúncia de explotaçom de trabalho infantil
2 de Decembro de 2011

Tamém ao Parlamento Galego chegou a preocupaçom polos graves feitos denunciados por um cidadao de Ferrol que afirma ter visto menores trabalhando a bordo do buque-factoria Lafayette.

Bieito Lobeira Domínguez e Fernando Blanco Parga apresentarom  o pasado 30 de Novembro no Parlamento Galego umha pergunta, para a sua resposta escrita, em que se reclama ao Governo que explique se conhecia os feitos descritos na denúncia, que medidas se adoptarom e se está prevista algumha actuaçom do executivo a esse respeito.

Pola sua parte, a Asociación Galega contra o Maltrato a Menores (AGAMME) dirigiu-se à Defensoría del Pueblo para reclamar que se ponham os meios necessários para inspeccionar o buque e resgatar os menores que presumivelmente sofrem maltrato. A Defensoría contestou o 2 de Decembro comunicando que a queixa fora aceitada a trámite.


DILIXENCIAS NO CASO LAFAYETTE
Resposta da Fiscalía da Área de Ferrol a solicitude de EsCULcA
2 de Decembro de 2011

Con data 1º de Decembro, o Fiscal da Área de Ferrol , Román Ruiz Alarcón, contestou o escrito presentado por EsCULcA o pasado 30 de Novembro en que o noso observatorio requeria  testemuño íntegro das dilixencias preprocesuais 25/201 incoadas a raiz da denuncia dun cidadán que afirma ter visto varios menores traballando a bordo do buque Lafayette en condicións de extrema precariedade.

Ruiz Alarcón lembra que a LOPJ contempla, efectivamente, a posibilidade de que calquera persoa que acredite un interese lexítimo terá dereito a obter copia de escritos e documentos que consten nos autos sempre que estes non teñan sido declarados reservados ou secretos. No entanto, o Fiscal pede a EsCULcA que esclareza que emprego pensa dar ás copias solicitadas a fin de acreditar se en verdade é titular dun interese lexítimo que xustifique "excepcionar o principio xeral de segredo"

Web oficial de EsCULcA:
http://www.esculca.net/



Documentación:


A noticia en EsCULcA:

UNHA TESTEMUÑA DENUNCIA ABUSOS E MALOS TRATOS
A Fiscalía deixa partir buque sospeitoso de explotación de menores
27 de Novembro de 2011
O buque-factoría Lafayette pudo abandonar a División de Reparacións dos Estaleiros de Navantia Fene, onde permanecía desde principio de outubro, a pesar dos numerosos indicios que apuntan para unha situación grave de explotación de menores
[Entrar]

-----

O papel de Pedro Sanz, Fernádez de Mesa, Antón Martín - Shipping, "Galicia Ártabra Digital" e "Ártabra FM":

A publicación que dirixe Pedro Sanz "Galicia Ártabra Digital", que aclamara as reclamacións -coincidentes- de Fernández de Mesa e os axentes do armador, elimina as páxinas en que o deputado falaba de "caso de xulgado de guarda" no suposto de non se autorizar o Lafayette a entrar en Ferrol.

Os arquivos eliminados por esta interesada publicación que por certo na súa versión en radio "Ártabra FM" ligada a cadea de RTV Intereconomia da dereita española máis rancia, está avalada çomo "democratica e independiente" por políticos e sindicalistas de esquerda que participan nos seus programas como tertulianos ou comentaristas. Como diciamos estes arquivos eliminados poden-se ver aquí:

[Continua el “caso Lafayette”. Siguen sin dar autorización de entrada del buque para reparar en Navantia-Fene]

[El “Lafayette” es esperado mañana en Ferrol. Un lío tremendo que alguien debería explicar]


Fontes: propias, de AGAMME, de EsCULcA e de canariasahora.com.
___________________

venres, decembro 02, 2011

O buque continúa deambulando a unhas 50 millas da costa grancanaria "sen goberno" - "É evidente que hai nenos nese barco", afirma a asociación denunciante, a galega AGAMME - EsCULcA solicita dilixencias á Fiscalía de Ferrol


O Lafayette, case parado a unhas 46 millas da Luz e "sen goberno".
NOVAS DENUNCIAS POR PRESUNTA EXPLOTACIÓN INFANTIL

A Asociación Galega contra os Malos tratos ao Menor (AGAMME) presentou unha denuncia ante o Xulgado de garda en Las Palmas de Gran Canaria polo presunto caso de explotación infantil a bordo do maior buque pesqueiro-factoría do mundo, o Lafayette, que continúa deambulando a unhas 50 millas da costa grancanaria "sen goberno" despois de que abortase o mércores pola noite o fondeo no Porto da Luz, onde tiña previsto arribar o martes procedente da Coruña.

AGAMME tamén presentou escritos ao Defensor do Pobo, a asesora da área de Migracións e Igualdade de Trato do Goberno central, a Fiscalía Xeral do Estado, o Defensor de Menores e o Deputado do Común.

A asociación trata así de reactivar unha investigación que foi arquivada pola Fiscalía de Ferrol o pasado xoves, logo dunha inspección de pasaportes na que non se apreciaron indicios da presenza de menores traballando no buque, como aseguraba o traballador dos estaleiros que denunciou o caso. O operativo policial despregado non puido, con todo, revisar a fondo o Lafayette ao carecer dos permisos de estranxeiría e da embaixada rusa.

"É evidente que hai nenos nese barco, falamos con moita xente que foi testemuña", afirma Eva Seoane, portavoz de AGAMME, quen lamenta que non exista material gráfico que atestigüe a situación da decena de menores de entre 8 e 14 anos que se acharían no interior do barco. "A Fiscalía de Ferrol non solicitou as cintas das cámaras de seguridade do porto e esas imaxes ao mes destrúense", recorda Seoane.

A asociación reclama á Xustiza que actúe "coa máxima prema e contundencia" para "liberar aos menores da escravitude". O seu portavoz reclama que as autoridades competentes, facendo uso da legalidade vixente a nivel internacional, aborden o buque ou o leven a porto para realizar unha exhaustiva inspección. "Eses menores teñen que volver coas súas familias ou ir a un centro de acollida", asevera Seoane.

AGAMME considera que o capitán do barco con bandeira rusa "non sabe que facer nin onde ir" debido ao cariz que están adoptando os acontecementos, con varias organizacións internacionais á espreita. O buque apenas se moveu nas últimas horas e navega a unha velocidade moi reducida, por baixo dun nó por hora. "Se non se moven, por algo será", advirte a portavoz, quen recalca que o barco debía permanecer outros dous meses no porto de Ferrol para reparar unha avaría técnica, polo que augura que debe estar sufrindo "unhas perdas tremendas".

LAS PALMAS DE GRAN CANARIA. - IVÁN SUÁREZ

Fonte: http://www.canariasahora.com/noticia/208682/

Web oficial de AGAMME:
http://agamme.org/



DENUNCIA DE EXPLOTACIÓN DE MENORES
EsCULcA solicita dilixencias á Fiscalía de Ferrol

1 de Decembro de 2011

O pasado 30 de Novembro, Fernando Blanco Arce, en nome de EsCULcA, solicitou á Fiscalia da Área de Ferrol testemuño íntegro das dilixencias preprocesuais 25/201 incoadas a raiz da denuncia dun cidadán que afirma ter visto varios menores traballando a bordo do buque Lafayette en condicións de extrema precariedade.

Román Ruiz Alarcón, Fiscal Xefe de Ferrol, declarou hoxe que estudará se EsCULcA "pode ter aceso a unhas dilixencias como as practicadas" (sic)

Web oficial de EsCULcA:
http://www.esculca.net/
__________________

O buque Lafayette evade o porto das Palmas, pese a ter prevista a entrada - Un buque con denuncias por explotación infantil sortea Las Palmas de Gran Canaria

O Lafayette en Navantia-Fene antes de saír precipitadamente da Ría de Ferrol o pasado 24 de Novembro, unha vez que a Fiscalia da Área de Ferrol arquivou a denuncia

O Lafayette partiu o pasado xoves de Ferrol dous meses antes do previsto logo de ser investigado pola presunta presenza de menores traballando a bordo.

Apenas dúas millas separaron este mércores pola noite ao maior buque pesqueiro-factoría do mundo do Porto da Luz e das Palmas. O Lafayette, de bandeira rusa -Pertence a un armador Chinés, tiña previsto atracar no peirao da capital grancanaria o martes -29 de Novembro- ás 09.00 horas tras partir o pasado xoves de Ferrol (A Coruña) no medio dunha turbia polémica polo arquivo da investigación sobre un presunto caso de explotación infantil a bordo do barco.

Con todo, sobre as 21.00 horas deste mércores, cando se aproximaba á bahía da capital e a pesar de que solicitara atracada á Autoridade Portuaria, o buque modificou bruscamente o seu rumbo e afastouse da Illa en dirección nordés. Á primeira hora deste xoves, o Lafayette xa se atopaba a máis de 44 millas da Luz, aínda que nas últimas horas retardou a velocidade de navegación (dos 11 nós por hora a 1).

O barco chegou o pasado 13 de outubro ao porto de Ferrol procedente de Illas Feroe para unha reparación de tres meses. Foi un traballador dos estaleiros quen, tras consultalo con asociacións como Save The Children e Amnistía Internacional, presentou senllos escritos ante a Fiscalía Xeral do Estado e a sección de menores da Fiscalía Provincial da Coruña para denunciar que vira polo menos a unha decena de nenos de entre 8 e 14 anos traballando no interior do buque.

"Ao principio imaxineime que eran familiares dos mariñeiros, pero cheguei a ver a algúns deles cargando sacos de arroz de 25 quilos. Só saían pola noite, polo día estaban escondidos" , relata o traballador en declaracións a CANARIAS AGORA. A denuncia foi presentada o 22 de novembro, data na que, segundo a Fiscalía de Ferrol, establécese o dispositivo policial e arrinca unha investigación que arquiva dous días despois ao non apreciar "indicios de presenza de menores a bordo" . Horas logo desta decisión, o buque partiu cara a Las Palmas de Gran Canaria, a pesar de que a súa intención era permanecer polo menos dous meses máis no porto galego.

A Fiscalía recoñece que non se puido rexistrar todo o buque ao non contar cos permisos de estranxeiría e da embaixada de Rusia. O ministerio público precisa que os pasaportes dos aproximadamente 200 membros da tripulación estaban en regra e que no Lafayette había traballadores de 18 anos e nacionalidade vietnamita "que puideron ser confundidos con menores" .

"Podo confundirme en se tiñan 12, 13 ou 14 anos, pero algúns me chegaban pola cintura. Outros non terían máis de 10 anos" , asegura o denunciante, quen insta ás autoridades a revisar as cintas das cámaras de seguridade do recinto portuario, que "abarcan todo o estaleiro, teñen visión nocturna e gárdanse máis dun mes".

O traballador afirma que algúns dos seus compañeiros chegaron a acceder ao interior do buque despois de que se despregase o dispositivo policial e que viron aos menores "confinados na cociña". "Debían estar avisados, porque non baixaron do barco máis", sinala.

No escrito presentado ante a Fiscalía, o denunciante apunta que os nenos "traballaban máis de 10 horas ao día, apenas tiñan roupa, estaban en sandalias e durmían sobre cartóns" . Ademais, incide en que outros traballadores estarían dispostos a declarar como testemuñas, pero non a denunciar por "medo a represalias laborais".

AGAMME (Asociación Galega contra ou Matrato ao Menor) fixo un chamamento a outras asociacións similares para que "defendan os dereitos dos menores e actúen alá onde vaia o buque, en espera de que ningunha Fiscalía actúe do xeito que o fixo a da Coruña".

http://www.canariasahora.com/noticia/208532/

Mái información no Blogue de Susete'70

Enviado por:
suso
-susopazos@yahoo.es-
1 de dezembro de 2011 17:45
_______________

xoves, decembro 01, 2011

AGAMME esixe a liberación dos menores explotados no barco Lafayette

A Asociación Galega contra o Maltrato a Menores (AGAMME) quere informar do acontecido nas últimas horas co barco Lafayette, o maior buque factoría do mundo, logo da súa marcha precipitada de Navantia Fene. A fuxida do buque do estaleiro produciuse logo de que a Fiscalía de Ferrol arquivase o caso de denuncia interposta por un traballador dunha compañía de Navantia Fene, que testemuñou a presenza a bordo do Lafayette, de 10 ou 12 menores asiáticos de entre 10 e 12 anos de idade, a traballar no buque carretando sacas pola noite, sendo agochados polo día, durmindo sobre cartóns e malvestidos. O Fiscal de Ferrol non solicitou os permisos a Estranxeiría e a Embaixada Rusa limitouse a revisar se os pasaportes da tripulación estaban en regra e inspeccionar o barco polo exterior ante a carencia de permisos.

A partir do 26 de novembro, representantes de AGAMME puxéronse en contacto con asociacións estatais, internacionais e canarias, ao constatar que, logo de seguir por rádar a traxectoria do barco, este se achegaba ás inmediacións de Las Palmas de Gran Canaria, o dia 29, á 1 da madrugada, permanecendo a 3 quilómetros do peirao durante o día 30 de novembro. Porén, ás 22.00 horas da xornada de onte, o Lafayette mudou completamente de rumbo, avanzando cara ao Nordestede, a augas internacionais, ficando arestora a poucas millas da costa.

Dende AGAMME enviáronse denuncias ao Defensor do Pobo estatal, á Asesora da Área de Migracións e Igualdade de Trato, á Fiscalía Xeral, ao Defensor de Menores, ao Xulgado de Las Palmas e ao Deputado do Común do Goberno Canario (Valedor do Pobo).

AGAMME agarda que se aplique a lexislación vixente coa máxima premura e contundencia, xa que así o require o caso, e se libere aos menores da escravitude e malos tratos aos que están a ser sometidos.

Ferrol, a 1 de decembro do 2011

Web oficial de AGAMME:
http://agamme.org/


Para máis información falar con Eva Seoane no 659436230 ou agammeferrol@gmail.com

Enviado por:
Lupe Ces
-lupeces@gmail.com-
1 de dezembro de 2011 23:45
_________________

xoves, novembro 24, 2011

Un traballador de Navantia Fene denuncia que no buque factoría-pesqueira "Lafayette" que na actualidade se atopa reparando no estaleiro de Perlio, hai "NENOS" menores de idade traballando en condicións lamentables - nota de prensa - denuncias presentadas - vídeos

NOTA DE PRENSA

A todos os medios de comunicación

Póñome en contacto con vostedes para informarlles duns feitos, que pola súa importancia e pola súa gravidade non dubidei nin un instante en "DENUNCIAR ANTE a Fiscal de Protección e Reforma de Menores, da Fiscalía Xeral do Estado, e ante a Sección de Menores, da Fiscalía Provincial da CORUÑA". Posto que os feitos que seguidamente me dispoño a narrar están relacionados con nenos de nacionalidade Chinesa e de moi curta idade.

Desde o pasado día 13 de Outubro atópase reparando nas instalacións do Estaleiro Público "Navantia Fene"?. O maior buque pesqueiro-factoría do mundo, o "Lafayette". Este barco navegou desde as illas Feroe ata o dique número cinco do estaleiro Fenés, non sen antes obter "serios problemas cos permisos", posto que A Subdirección Xeral de Pesca Marítima prohibiulle nun principio a entrada en Ferrol, como así o manifestou o deputado Arsenio Fernández de Mesa, en declaracións a un medio de comunicación local [*]. Aínda que o buque si que contaba cos permisos de entrada, tanto da Autoridade Portuaria como da Capitanía Marítima de Ferrol.

O "Lafayette" pertence á compañía Pacific Andes, con base en Hong Kong, e habitualmente opera cunha flota de arrastreiros que lle transfiren as súas capturas. A súa tripulación, que permanecerá a bordo durante a reparación, está formada por máis de 200 persoas e entre eles "NENOS" Menores de idade traballando en condicións lamentables, sen apenas roupa e en sandalias (A normativa impide estas condicións dentro dun estaleiro e menos aínda a existencia de nenos a bordo) Eses nenos están indefensos, traballan máis de 10 horas ao día, dormen sobre cartóns e conviven nunhas condicións de salubridade que fan temer o peor.

Eu vinos e do mesmo xeito que eu, moita máis xente que traballa dentro do estaleiro, sen que ninguén poña remedio a esta situación de abusos, con toda probabilidade por medo a futuras represalias laborais.

Poño estes feitos ao alcance de todos os medios de comunicación e rógolles encarecidamente que fagan todo aquilo que está nas súas mans para difundir esta denuncia que presentei, coa única finalidade de protexer a eses nenos, indefensos, sos e Explotados.

O barco, segundo parece, ten a intención de abandonar de forma precipitada o estaleiro este xoves día 24 de novembro, polo que é de vital importancia a maior difusión posible.

Un saúdo.


[*] Declaracións de Cuco Fernández de Mesa a "Galicia Ártabra - Ártabra FM" que foron eliminadas polo propio medio despois da denuncia, a saber por que?:
1.- [Continua el “caso Lafayette”. Siguen sin dar autorización de entrada del buque para reparar en Navantia-Fene]

2.- [El “Lafayette” es esperado mañana en Ferrol. Un lío tremendo que alguien debería explicar]

Denuncias presentadas:
Ilma. Sra. Dña. Consuelo Madrigal Martínez-Pereda
Fiscal de Protección y Reforma de Menores
Fiscalía General del Estado

Sr. D. Carlos Mariscal De Gante
Sección de Menores
Fiscalía Provincial de la Coruña

NOTA
A todos los medios de comunicación
[Nota de prensa orixinal]

Vídeo de interese:

Remolcadores virando o buque "Lafayette" logo de saír do dique 5 de Astano -Navantia Fene.

http://youtu.be/_iIVt3pM-2w



Información baseada na enviada por:
xesus manuel diaz suarez
-xesusmanuel@gmail.com-
-24 de novembro de 2011 18:37-
From: avesteiro
Date: 2011/11/24

----mensaxe orixinal----
freelance.ferrol@gmail.com
24/11/2011 0:31

DENUNCIA DO CASO LAFAYETTE
Saúdos,Xesus

______________________