Amosando publicacións coa etiqueta Convocatorias. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Convocatorias. Amosar todas as publicacións

martes, agosto 26, 2008

Convocatoria urxente da Rede Galicia Non Se Vende: Xoves 28 de Agosto, en Compostela contra o Plano Acuícola da Xunta de Galicia

Convocatoria Urxente: Xoves 28 de Agosto, ás 11 da mañá en San Caetano, Santiago de Compostela

Parece ser que o goberno galego ten intención de aprobar este xoves 28 de agosto, no seu Consello, o “Plan Sectorial dos Parques de Tecnoloxía Alimentaria na Costa Galega, Revisado”, máis coñecido como Plano Acuícola.

Este proxecto, amplamente rexeitado, expropia terreos nalgúns dos máis privilexiados e virxes recantos da costa galega, para poñelos en mans das multinacionais do peixe de granxa. Unha actividade económica antiecolóxica (fan falla tres quilos de peixe bravo para producir un quilo de peixe de granxa), de forte impacto ambiental e pasaxístico e que compite coa actividade pesqueira artesanal.

A rede de colectivos GALIZA NON SE VENDE convoca con urxencia para este xoves, día 28 de agosto, unha concentración en Compostela. Ás 11:00 da mañá en San Caetano. Acude e mostra o teu rexeitamento ás políticas que favorecen aos grandes grupos empresariais perxudicando ao interese xeral.

XOVES 28, ÁS 11 DA MAÑÁ EN SAN CAETANO

AS MELLORES PISCIFACTORÍAS SON AS NOSAS RÍAS

GOBERNE QUEN GOBERNE GALIZA NON SE VENDE


__________

Enlaces Relacionados:

Pola unidade de acción contra o Plano ... [19.08.2008]
A organización ecoloxista ADEGA, tamén ven manifestando publicamente a súa oposición ao Plano Acuícola e agora chama á mobilización. ...


Goberne quen goberne Galiza non se vende ... [08.08.2008]
8 ago 2008 ... O Manifesto que acompañaba a esta grande e histórica mobilización popular dicía: "A esas desfeitas temos que unir un Plano Acuícola ...


Outros enlaces relacionados nos Arquivos Ártabros sobre o Plano Acuícola [“Plan Sectorial dos Parques de Tecnoloxía Alimentaria na Costa Galega, Revisado”].

________________

martes, xuño 03, 2008

Concentración veciñal diante da Autoridade Portuaria, este mércores, 4 de Xuño, ás 18:30 hrs contra as agresións medioambientais no Porto de Ferrol

De: Alberto Saavedra Fernández
Para: artabra21@gmail.com

Data: 3 de junho de 2008 06:48

Asunto: NOTA INFORMATIVA, REIVINDICATIVA E CON XURISPRUDENCIA



NOTA INFORMATIVA, REIVINDICATIVA E CON XURISPRUDENCIA

A Asociación de veciñal de “FERROL VELLO” Quérevos convocar a unha concentración veciñal diante da Autoridade Portuaria, este mércores ás 18:30, co obxecto de facer pública a nosa indignación e repulsa polas continuas agresións medioambientales que de forma reiterada poñen en perigo a nosa propia saúde.

Cremos que o máis inmediato responsable é a propia administración pública, neste caso a Autoridade Portuaria, que coa súa actitude benevolente consente e permite que se infrinxan dereitos e deberes de carácter medioambiental, poñendo en serio perigo algo tan preciado como é a saúde.

Esta asociación vecinal quere reclamar con este acto, a atención tanto dos organismos oficiais directamente responsables de que nos atopemos nesta situación (Concello, Xunta e ou propio goberno Español) como a de solicitar a participación de “TOD@S” os veciñ@s e de “TODAS AQUELAS FAMILIAS” que ben directa ou indirectamente sofren a diario un alto grado de contaminación tanto en forma de partículas no aire como á hora de entrar en contacto co mar.

Por todo iso esta asociación responsabiliza á carga, descarga e almacenamiento de produtos perxudiciais para a nosa saúde sen que se tomen as medidas medioambientales oportunas, dando un mal exemplo de irresponsabilidad, temeridad e falta de respecto a unha Ría, a un pobo e o que é peor a futuras xeracións que algún día pedirán explicacións sen obter resposta.

EVITÉMO-LO

Por este motivo solicitamos a “TODOS” os veciños e veciñas que realmente estean sensibilizados con este grave problema tanto a título individual como aos distintos membros de agrupacións, colectivos e asociacións que sentan como seu un problema que é de “TODOS”, a participar na concentración que se celebrará o vindeiro mércores día 4 ás 18:30 da tarde fronte á Autoridade Portuaria no peirao de Ferrol, facendo coincidir o acto con a descárga de miles de toneladas de “CLÍNKER” sen que ninguén faga cumprir as obrigadas medidas medioambientales, poñendo en perigo inútilmente e unha vez máis a saúde de familias enteiras ao “NON FACER CUMPRIR AS NORMATIVAS VIXENTES”

ACÚDE

O vindeiro mércores Ás 18:30 DIANTE DA AUTORIDADE PORTUARIA

NON CAMBIES A SAÚDE POR RIQUEZA, NIN A LIBERDADE POR PODER, AS DECISIÓNS VALENTES PERMANECEN NO TEMPO

________________________

A. VV. FERROL VELLO
Xunta Directiva
C/ Curro, 1. 15401 - FERROL
Tlf./fax: 981.356842
avvferrolvello@yahoo.es

_______________

Enlace relacionado nos Arquivos Ártabros:

O BNG apoia a mobilización da A.V.V. De Ferrol Vello polas descargas no porto de Ferrol
___________

luns, xuño 02, 2008

Mércores 4 de Xuño, concentración en Ferrol Vello, contra a pasividade da administración para rematar coa contaminación producida no Porto de Ferrol

De: Asociación Veciñal de Ferrol Vello
Para: artabra21@gmail.com
Data: 1 de junho de 2008 20:07
Asunto: convocatoria de mobilización




__________
A. VV. FERROL VELLO
Xunta Directiva
C/ Curro, 1. 15401 - FERROL
Tlf./fax: 981.356842
avvferrolvello@yahoo.es
____________________

sábado, febreiro 16, 2008

Todo preparado para a Manifestación do domingo 17 de febreiro

Este domingo 17 de febreiro, ás 12 do mediodía, na Alameda de Santiago de Compostela, a Rede "Galiza Non Se Vende", convoca a toda a cidadanía a participar nunha Manifestación Nacional para demandar un inmediato cambio de rumbo na política medioambiental, industrial e de ordenación do territorio da actual Xunta de Galicia que en moitos dos seus aspectos mostrase continuista coa fragista. Somos cada vez máis as organizacións e persoas que demandamos este cambio e traballamos por el desde diferentes ámbitos. Na nosa Comarca as organizacións que participamos na Rede, asumimos como principal a oposición ao desprósito gasístico de REGANOSA dentro da Ría, este domingo berraremos con forza PLANTA DE GAS FORA DA RÍA !!
  • Porque a Ría non se vende.
  • Porque o mundo non está á venda e Galiza tampouco.
  • Porque as persoas e o ambiente deben estar por riba do lucro.
  • Porque é imprescindíbel deseñar e implementar xa un ordenamento territorial baseado na sustentabilidade ecolóxica e a xustiza social.
  • Porque para isto é necesaria unha cidadanía forte e autoorganizada que sensibilice, presione e achegue alternativas.
Terra viva e vida digna para tod@s!
Todas e Todos a Compostela este Domingo 17 de Febreiro !!
__________________

Enlaces relacionados:

luns, febreiro 11, 2008

17 de febreiro, Manifestación Nacional en Compostela na defensa da Terra, do noso litoral, dos nosos ríos, dos nosos montes, dos nosos bairros, ...

O vindeiro domingo 17 de febreirode 2008, vai ter lugar unha Manifestación Nacional en Compostela, con saída as 12 do mediodía desde a Alameda.

As organizacións que forman parte da Rede "Galiza Non se Vende" nesta Comarca, mantivemos unha reunión hai unhas semanas no Ateneo Ferrolán, onde decidimos centrar a reivindicación na oposición á Planta de Gas que REGANOSA localizou, coa complicidade institucional e política, dentro da Ría de Ferrol.

Desde a Comarca, as organizacións e colectivos [ADEGA, Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, Colectivo Fusquenlla de Pontedeume, Plataforma Ártabra 21, Sociedade Galega de Historia Natural -SGHN- e VERDEGAIA] que formamos parte da Rede decidimos contratar un ou dous Auto-Buses dependendo dademanda que haxa. Os precios obscilarán entre 5 e 6 €, tamén dependendo do número de persoas. Para apuntarse podes enviar unha mensaxe ao correio-e da PA21 [artabra21@gmail.com] ou chamar aos telefones 690612737 [Alexandre] ou ao 649024612 [Mel]. Os autobuses teñen previsto a súa saída ás 09:30 hrs desde a Praza de Galiza frente ao edificio de Correios de Ferrol e o seu regreso ao terminar os actos en Compostela.


Cuña dos companñeiros e compañeiras de
Rádio FilispiM - 93.9FM



Descarga a entrevista en MP3


MANIFESTO DA CONVOCATORIA

A nosa vida non se entende sen o territorio: sobre el temos a nosa vivenda, por el nos desprazamos, del tiramos alimento e enerxía, nel deitamos os nosos residuos, traballamos, pasamos o noso tempo de lecer… e facémolo desde hai séculos, nel está a nosa historia.

O territorio que habitamos conta con paisaxes fermosas ou singulares e alberga, ademais, moitas outras formas de vida, acubilla biodiversidade.

O territorio condiciona as nosas vidas, mais tamén temos unha cada vez maior capacidade de modificalo. Combinando desleixo e unha estrema ambición depredadora, levamos décadas destruíndoo e xustificámonos argumentando que é para xerar emprego, para nos desenvolver, para vivir mellor…

Este uso insustentábel do territorio está destruír a paisaxe e o noso patrimonio cultural, está a empobrecer a biodiversidade, está a empeorar a nosa calidade de vida e a hipotecar a das xeracións futuras, para, como moito, enriquecer a unha minoría. Galiza perde poboación ao tempo que estende o seu solo artificializado. Urbanismo caótico, infraestruturas de transporte irracionais, piscifactorías, campos de golf, portos deportivos, encoros, parques eólicos indiscriminados, paseos marítimos e fluviais ríxidos, recheos, monocultivos de especies exóticas e invasoras, nulo respecto polas figuras de protección ambiental e os espazos naturais protexidos… teñen unha cousa en común: a inexistencia dun ordenamento territorial ecoloxicamente sustentábel e socialmente xusto. Estamos a atinxir un elevado nível de destrución do territorio, mais aínda temos capacidade para reaxir. Aínda é posíbel deseñar e desenvolver unha política de ordenamento territorial guiada pola sustentabilidade ecolóxica e a xustiza social: que respeite a paisaxe e o patrimonio, que nos permita convivir cunha rica biodiversidade, que mellore a nosa cualidade de vida sen hipotecar a das xeracións futuras. Sabemos que a xeración de emprego de cualidade, o aceso a unha vivenda digna e o gozo do noso tempo de lecer non é incompatíbel coa sustentabilidade, senón todo o contrario, e por iso demandamos un inmediato cambio de rumbo. Somos cada vez máis as organizacións e persoas que demandamos este cambio e traballamos por el desde diferentes ámbitos. Porque o mundo non está á venda e Galiza tampouco. Porque as persoas e o ambiente deben estar por riba do lucro. Porque é imprescindíbel deseñar e implementar xa un ordenamento territorial baseado na sustentabilidade ecolóxica e a xustiza social. Porque para isto é necesaria unha cidadanía forte e autoorganizada que sensibilice, presione e achegue alternativas.

Terra viva e vida digna para tod@s!
_________________

Enlace co Manifesto, se queres podes assiná-lo:

MANIFESTO NA DEFENSA DA TERRA


Enlace coa web da Rede "Galiza Non Se Vende"

http://galizanonsevende.org/
______________

mércores, xaneiro 30, 2008

Este venres, 1 de febreiro, o Comité Cidadán de Emerxencia, convoca unha concentración ante a chegada dun novo buque gaseiro con GNL para REGANOSA

O Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, nunha reunión celebrada hoxe, ante o anuncio dunha proxima chegada dun novo buque gaseiro, cargado con GNL, para a ilegal e perigosa REGANOSA, convoca unha nova concentarción, no Porto de Ferrol, o vindeiro venres, 1 de febreiro, ás 11 da mañá.

Como outras veces, a concentración vai ser sonora, polo que se prega que levemos as cacerolas e outros elementos de percusión.

Despois da Concentración no Porto desprazaremo-nos até o Edificio Administrativo da Xunta de Galicia, diante da Praza da Porta Nova [Praza de España].

Características do buque: LNG SOKOTO, Bandeira de Bermudas, Eslora: 288,75 m. Manga: 48 m.


[Clicar acima da imaxe para ampliar]

A planta de Reganosa dende a súa entrada en funcionamento en probas o pasado mes de maio, converteuse pola entrada de gaseiros cargados na Ría, nunha ameaza real para a vida de miles persoas; para a riqueza marisqueira e o emprego; o patrimonio e o potencial turístico da Ría de Ferrol.

O pasado 7 de Novembro a Area de Industria e Enerxía de A Coruña, dependente do Ministerio de Industria, aprobou a Acta de Posta en Servicio da Planta, que o Comité Cidadán ten recorrido por canto Reganosa non ten acreditada a solución os condicionados da súa licencia de construcción, entre eles, o da distancia suficiente ata as poboacións según require o artigo 12 da Directiva 96/82/CE (Seveso II), incumplindo tamén os 2000 m que require o RAMINP. Outro requisito tamén imposible de resolver é a saida dos gaseiros nunha situación de emerxencia durante unha descarga ou no seu tránsito polo interior da Ría, según a norma EN-1532.

O Goberno Central ten a competencia e a oportunidade de paralizar a actividade de Reganosa sin ter que pagar indemnización algunha,en base os condicionados que non ten cumplimentados e que ademais son imposibles de resolver dentro da Ría. É por iso que reclamamos do Ministerio de Industria que revoque a Acta da Posta en Servicio de Reganosa.

O Tribunal Superior de Xusticia de Galicia pronunciouse a través de dúas sentencias que anulan a tramitación medioambiental de Reganosa, recorridas ante o Tribunal Supremo por Reganosa e a Xunta de Galicia, estando pendentes de que sexan ratificadas. Están admitidos a trámite por diferentes Tribunais, 12 contenciosos. Asemade foron presentadas sendas denuncias no mes de Novembro diante da Comision da Competencia, Medioambiente e Comision de Peticións do Parlamento Europeo.

O CCE, seguirá promovendo iniciativas tanto de orde xurídica, administrativa, de sensibilización, e de mobilización social ata acadar paralizar a ameaza de Reganosa, antes de que ocorra unha catástrofe que poida provocar miles de vítimas.

_______________


Desde a Plataforma Ártabra 21, secundamos a convocatoria do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol e chamamos a participar o vindeiro venres, 1 de febreiro, na concentración convocada, ás 11 da mañá no Porto de Ferrol e despois ante o Edificio Administrativo da Xunta de Galicia.


________________

Xoves 31 de Xaneiro terá lugar en Ferrol a segunda Masa Critica, partindo do Cantón de Molíns o carón do palco da musica: Usa a bicicleta a diario

De: MasaCritica Ferrol -masacriticaferrol@gmail.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 30 de janeiro de 2008 18:26
Asunto: II MASA CRITICA FERROLÁN



II MASA CRITICA FERROLÁN

Usa a bicicleta a diario, celébrao unha vez o mes.

Maña xoves 31 de Xaneiro terá lugar en Ferrol a segunda Masa Critica, partindo do Cantón de Molíns o carón do palco da musica, ás 20:00.

A Masa Crítica é unha "coincidencia organizada" de ciclousuari@s que realizan un paseo colectivo pola cidade. Este evento celébrase mensualmente en máis de 350 mes"

Comezou en San Francisco (EE.UU) no ano 1992 a partires dunha xuntanza da SF Bike Coalition, Chris Carlsson propuxo que posto que había moita xente pedaleando polo centro e que as condicións para facelo eran realmente malas, por qué non quedar unha vez ao mes, facernos visíbeis entre nos mesmos e ao resto da cidade e voltar a casa todos/as xuntos/as. A idea aceptouse rapidamente e na primeira "quedada" xuntáronse 60 a tras un ano eran máis de 600.

O nome de "Masa Crítica" vendo documental "Return of the scorcher" de Ted White, onde se describían as normas de cruce nas interseccións nas grandes cidades chinesas definíanse como unha cuestión de masa crítica: O tráfico para cruzar ten que agardar ate que acada unha masa crítica que lle permite meterse e frear o fluxo principal de tráfico que vese na obriga de parar ate alcanzar a súa vez a masa crítica suficiente para poder circular de novo.

Con este comunicado animamos a toda a poboación a participar nesta bicicletada, para facernos visíbeis como un medio de transporte mais que circula polas nosas rúas. E formar un grupo estable para repetir esta actividade mensualmente, como xa esta esta establecido noutras cidades de Galiza.

[Para ampliar clicar acima da imaxe]

Mais info en : www.bicis.info
masacriticaferrol@gmail.com
__________________