Amosando publicacións coa etiqueta Critica Urbana. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Critica Urbana. Amosar todas as publicacións

martes, novembro 23, 2021

O espellismo do crecemento, ... Por Maricarmen Tapia - ... vivimos a etapa de maior desigualdade entre ricos e pobres de toda a historia da humanidade - ... o modelo de crecemento infinito nun planeta finito móstranos os seus efectos na crise ecolóxica e enerxética

O espellismo do crecemento

Crecemos, estudado e entendido a nosa realidade desde o dogma do crecemento. No entanto, este fin é cuestionábel si se analiza baixo as preguntas: o crecemento, para que e para quen.

Por unha banda, vivimos a etapa de maior desigualdade entre ricos e pobres de toda a historia da humanidade. Por outra banda, o modelo de crecemento infinito nun planeta finito móstranos os seus efectos na crise ecolóxica e enerxética.

A idea do crecemento se nos inoculou e estendeuse como unha forma única de entender as nosas relacións sociais e a nosa relación co planeta, illadas das súas consecuencias reais sociais, económicas e ambientais. Todo parece apuntar a un crecemento do que se beneficia só unha ínfima parte da poboación e que, en contraste, a maior parte dela debe asumir as súas costos socioeconómicos e ecolóxicos; e non só a poboación actual, senón que compromete a vida de futuras xeracións.

Desde as nosas disciplinas urbanas e territoriais, podemos atopar diversos e crecentes conflitos. Estes conflitos relaciónanse coa acumulación por desposesión: o abandono do rural, a acumulación da propiedade e o uso do chan e do patrimonio natural. Todo iso cos efectos propios dun modelo de urbanización que respondeu a este mesmo "crecemento" cunha urbanización desequilibrada: o consumo e a artificialización do chan, a contaminación e os seus efectos na saúde e a esperanza de vida e a intervención nos ecosistemas naturais, causando moitas veces danos profundos asociados a desastres de causa antrópica e á perda de biodiversidade.

Este panorama parece non frear o crecemento das cidades. As grandes metrópoles seguirán crecendo mentres baleiran o resto do territorio de poboación, dereitos e riqueza natural. Ate se pode extrapolar o problema territorial dos estados ás novas gravitacións supranacionais que a globalización permitiu, a través da deslocalización das actividades e de dotalas dunha gran mobilidade en busca de menores regulacións ambientais e sociais, que permitan maiores ganancias.

Poñer límites ao crecemento, como foi entendido ate agora, é necesario e urxente. Iso implica cuestionar profundamente a idea do crecemento, que é a base do capitalismo, atendendo ás súas consecuencias. Implica tamén repensar o noso xeito de entendernos no territorio e comezar a pensar novas formas de organizar os nosos hábitats, en como estes permiten reducir o consumo de enerxía e as emisións contaminantes, en como efectivamente avanzamos no exercicio dos dereitos humanos. Non é tarefa fácil porque o noso xeito de entender estivo dominada por esta idea equívoca e porque, aínda liberándonos desta idea, as dificultades prácticas e ideolóxicas para construír un novo modelo pasan por romper as prioridades e privilexios dalgúns poucos. Un primeiro paso é cuestionar a idea de crecemento como solución; o segundo é non reproducir o actual modelo e o terceiro é abrir múltiples espazos internos e colectivos para buscar solucións.

[*] Maricarmen Tapia, arquitecta, doutora en Urbanismo pola Universitat Politècnica de Catalunya. Desenvolveu o seu traballo nas áreas de patrimonio e en planificación urbanística, tanto no mundo académico como en institucións públicas. Participa activamente na defensa dos dereitos das persoas na cidade e o territorio, a través de organizacións, publicacións e investigacións. É directora de Critica Urbana.

Publicado en Critica Urbana número 21 | Maricarmen Tapia. O espellismo do crecemento (El espejismo del crecimiento). Crítica Urbana. Revista de Estudos Urbanos e Territoriais Vol.4 núm. 21. | Os límites do crecemento. A Coruña,

Foto: Kelly Sikkema. Davenport. EEUU. Inundación do río Misisipi. Xaneiro 2017. En Unsplash

Enviado por:
Crítica Urbana
-suscripcion@criticaurbana.com-
23 de novembro de 2021 10:47

_______