Amosando publicacións coa etiqueta Defensa dos Animais. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Defensa dos Animais. Amosar todas as publicacións

xoves, xuño 10, 2010

A Asociación Cometa convidanos a visitar un novo portal en defensa dos animais

Ola a todos:

Chegou á asociación un correo dun novo portar para buscar mascota en toda España, por provincias, tanto para os que queiran adoptar como para os que perdan algunha.

Déixovos o enlace:

http://buscandomascota.com

Os nosos queridos TAQUI, THOR e SIRO xa están rexistrados esperando un novo fogar.

¡Anímovos a visitalo!

Saúdos.

Carmen LLantada.

Asociación para un COMportamento ÉTico cos Animais COMETA

Tlfno. 617 040 992
correo@asociacioncometa.com
www.asociacioncometa.org

Enviado por:
Asociación Cometa
-correo@asociacioncometa.com-
10 de junho de 2010 11:00
________________________

venres, abril 10, 2009

SOS da Asociación Cometa: 11 cans nunha nave

Asociación Cometa
-correo@asociacioncometa.com-
10 de abril de 2009 12:54


Estimadas compañeiras e compañeiros, acabamos de ter noticia de que un concello pretendía matar a tiros a 11 cans que viven e comen nun vertedoiro. Unha vez que a persoa que nolo dixo contactou co concello, dixéronlle que en principio os ían a meter nunha nave, ían intentar colocalos e algún (non se se o concello pagaría) iría para o Servigal. Poderiades en caso desesperado facervos cargo dalgún chegado o caso?...Contestádeme, por favor. Son Doce Sisto [-correo@asociacioncometa.com-].

Grazas polo voso tempo.


Asociación para un COMportamento ÉTico cos Animais COMETA

Tlfno. 617 040 992
correo@asociacioncometa.com
www.asociacioncometa.org
___________________

venres, novembro 21, 2008

A Asociación Cometa vai protestar este Sábado 22 de Novembro, no Paseio Marítimo de Caranza, recollendo firmas contra o proxecto de Canceira Municipal

De: Asociación Cometa -correo@asociacioncometa.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 20 de novembro de 2008 21:37
Asunto: Recollida de firmas




Recollida de firmas


Continuando coa loita por un refuxio en Ferrolterra e o fín da matanza de animais abandonados, este sábado a Asociación Cometa recollerá firmas no paseo de Caranza. Se non chove estaremos alí a partir das 4 e media da tarde e, ademais da recollida de firmas, aproveitaremos a ocasión para facer oir a nosa protesta contra a rehabilitación da Canceira de Mougá, unha mostra máis da falta de sensibilidade cara aos animais que padecen os nosos gobernantes.

Os animais necesitan o teu apoio, agora máis que nunca. Achegate o sábado e axúdanos a demostrar que non están sos.

Un saúdo

Asociación para un COMportamento ÉTico cos Animais COMETA

Tlfno. 617 040 992

correo@asociacioncometa.com

www.asociacioncometa.org
_______________

mércores, novembro 12, 2008

Reunión Aberta a toda persoa interesada na defensa dos animais, sábado 15 de Novembro, no Ateneo Ferrolán, convocada por Cometa

De: Asociación Cometa -correo@asociacioncometa.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 11 de novembro de 2008 21:17
Asunto: Reunión sábado 15 no Ateneo Ferrolán




Reunión sábado 15 no Ateneo Ferrolán


Boas tardes, informámosvos que este Sábado día 15, ás 12,00 do mediodía, celebraremos no Ateneo Ferrolán unha reunión aberta, á que pode asistir calquera persoa interesada, na que se tratará principalmente a situación da canceira municipal de Ferrol, e as accións a tomar para evitar que se contrua algo que nos venden como un grande avance (calquera cousa éo cando non hai nada), e en realidade é unha volta atrás de polo menos 10 anos, sendo xenerosos. Como dixo un socio, píntannos de rosa unha cousa que é negra.

Un saúdo, esperámosvos.
__________

Asociación para un COMportamento ÉTico cos Animais COMETA

Tlfno. 617 040 992

correo@asociacioncometa.com

www.asociacioncometa.org
_______________

mércores, novembro 05, 2008

Urxente !! Necesitanse casas de acollida para seis cahorros

De: Asociación Cometa
-correo@asociacioncometa.com-
Para: artabra212gmail.com
Data: 5 de novembro de 2008 00:43
Asunto: Urxente !!



Hai seis cachorros de moi poucos días que foron atopados nun colector e necesitan casas de acollida ata que poidan comer sos. Por favor, se alguén pode facerse cargo dalgún ata o destete, é moi urxente.

Podeis contactar a través deste correo ou chamando ao teléfono 617 040 992

Grazas
___________

Asociación para un COMportamento ÉTico cos Animais COMETA

Tlfno. 617 040 992

correo@asociacioncometa.com

www.asociacioncometa.org
________________

luns, novembro 03, 2008

Resposta de Cometa a intervención, no pleno Municipal de Ferrol, de María Lópe, Concelleira de Servizos de Ferrol

De: Asociación Cometa
-correo@asociacioncometa.com-
Para: artabra212gmail.com
Data: 2 de novembro de 2008 22:47
Asunto: Resposta de Cometa a intervención da Concelleira de Servizos de Ferrol



Resposta de Cometa a intervención da Concelleira de Servizos de Ferrol

A CONCELLEIRA DE SERVIZOS MINTE

A Asociación para un COMportamento ÉTico cos Animais COMETA quere aclarar algunhas falsedades escoitadas no pleno do pasado día 30 de boca da Concelleira de Medio Ambiente e Servizos do Concello de Ferrol, a Sra. María López:

María López afirmou no pleno que o proxecto de rehabilitación da canceira de Mougá conta con “sás” para animais en corentena, o cal é falso. Calquera pode comprobar que o proxecto técnico non contempla a instalación de hospital, quirófano, sás de corentena ou zonas para outros animais. Ademais os canís son insuficientes e non garantizan o benestar dos animais.

Asegura a concelleira que ofreceu á asociación COMETA a xestión da futura canceira. Pero a realidade é que ao longo do ano que levamos loitando porque Ferrol construa un refuxio tal ofrecemento non existeu. Si que fumos nos quen, desde o principio, quixemos deixar ben claro que COMETA nunca se encargaría dun centro que non garantizase o benestar dos animais ou obrigase a matalos, como ocorrería co proxecto que o concello defendía, e que finalmente insiste en levar a cabo. Pensamos que unha asociación que defende os dereitos dos animais e se preocupa polo seu benestar non pode de ningunha maneira involucrarse na morte innecesaria dun animal, moito menos levar a cabo sacrificios continuos. E parecenos unha falta de respecto pedir a calquera persoa preocupada polos animais que mate a aqueles que está a defender.

Sorprendeunos tamén escoitar que desexa contar co noso asesoramento, cando o certo é que o concello nunca tivo en conta toda información que durante mais dun ano esforzamonos por ofrecer á Sra. López, quen en todo momento actuou a espaldas de COMETA e sen recoller ningunha das nosas peticións.

Pero o peor que tivemos que escoitar o pasado xoves foi a desprezable mentira sobre a historia de Panchito. Panchito era un can abandonado que efectivamente foi recollido e sacrificado nun concello da comarca de Ferrolterra que non é Ferrol. Hai meses decidimos que sería o merecido protagonista dunha campaña para loitar por un refuxio comarcal para animais abandonados e pola fin dos sacrificios na comarca. Pero en ningún momento se dixo, como afirma a concelleira, que Ferrol tivese que ver coa súa recollida ou sacrificio. Pensamos que o que impulsa a María López a facer falsas acusacións contra COMETA, e ademais nun foro no que sabe que non temos posibilidade de defendernos, non é mais que un intento de despretixiar á asociación, tentando ocultar con mentiras a súa falta de argumentos. Non sabemos a traves de que escura maniobra obtivo a concelleira a información sobre a historia real de Panchito, que só coñecían os socios de COMETA, entre os que, por suposto, non se conta María López.

Preguntase a concelleira, nunha nova demostración de hipocresía, porque “molestamos” a Ferrol cando outros municipios están na mesma situación. Se actualmente levamos a cabo as nosas protestas neste concello é porque vai a emprender unha obra que determinará o futuro dos seus animais abandonados. E agora cando temos a oportunidade de ter un refuxio que garantice o seu benestar e o seu dereito á vida. Pola contra os nosos gobernantes, no lugar de avanzar cara a un Ferrol moderno e sensible cos animais, dos que todos somos responsables, deciden voltar ao pasado, construindo unha canceira na que poder seguir matando.

Todo isto non significa que non continuemos coa loita en toda a comarca, loita que a propia concelleira ferrolá dinamitou hai algo mais dun ano, desconvocando de xeito unilateral unha xuntanza entre COMETA e responsables de practicamente todolos concellos de Ferrolterra para falar da posibilidade de ter un refuxio comarcal. A asociación COMETA loita polo dereito á vida de todos os animais da comarca, sexan do concello que sexan, e parecenos lexítimo facelo así. Son eles os que insisten en localismos que non interesan nin aos animais nin a os nosos asociados.

Se tan seguro está o goberno municipal de Ferrol de estar facendo o mellor no que se refire a canceira, que respondan á sinxela pregunta que lles foi formulada no pleno. Na rehabilitación da canceira de Mougá, ¿estase a ter en conta o benestar dos animais? Nos sabemos que non, e é a nosa obriga decilo, e ademais temos razóns que o demostran.

DEIXEMOS DE MATALOS!!!

Para máis información:

Asociación para un COMportamento ÉTico cos Animais COMETA

Tlfno. 617 040 992

correo@asociacioncometa.com

www.asociacioncometa.org
_________________

mércores, outubro 22, 2008

A Asociación Cometa inicia accións para rexeitar o proxecto de canceira municipal de Ferrol

O meu nome é Juán Fernández Sixto e, como cidadá/n de Ferrol (opción para non ferroláns que queiran apoiar a campaña: como amante dos animais) gustaríame manifestar o meu rexeitamento ao proxecto actual de rehabilitación da vella canceira de Mougá e o intento por parte do Concello de dar unha imaxe falsa de este tema.

Non se pode dicir que a canceira vai ser un refuxio cando as instalacións carecen de hospital, sala de curas ou quirófano. Que ten pensado o Concello facer cos animais que ingresen enfermos ou feridos? Un animal enfermo ou ferido non pode estar aloxado nunha canceira, no exterior, e sen posibilidade de recibir, por exemplo, tratamento por vía intravenosa ou osixeno.

Non se pode chamar zona de corentena a tres canceiras sen illamento e situados no exterior. Qué pasará cando ingrese o cuarto animal se o primeiro inda non rematou o período de corentena?

Co gran problema que están a ser os gatos nas rúas da cidade, problema ao que o Concello leva anos dando as costas, por non falar dos gatos abandonados, como se pode construír no ano 2008 un centro para a recollida de animais abandonados sen un espacio especialmente habilitado para estes animais? (unha canceira non é adecuado para eles)

Que vai pasar cos cabalos, ovellas e outros animais que vemos a diario invadindo zonas públicas, as veces estradas, a miúdo mantidos en condicións penosas?

Se o Concello de Santiago no ano 2005 cunha inversión de 394.000 € levou a cabo a CONSTRUCCIÓN e EQUIPAMENTO dun refuxio de 15.000 m² con quirófano, hospital, zonas de illamento e corentena, espacio para gatos e outros animais, zonas de esparcemento para os animais e aula medioambiental, como pode o Concello de Ferrol gastar 300.000 € dos nosos impostos na REHABILITACIÓN dunha canceira de 1.000 m² construida hai dez anos, sen ter en conta os avances producidos nunca década e a experiencia acumulada noutras cidades? Por qué os nosos representantes municipais non visitan outros centros para coñecer o seu funcionamento e ver cales son as necesidades e os problemas de este tipo de instalacións? Por que non contan coas protectoras de animais locais que ademais de representar os intereses de moitos cidadáns de Ferrol preocupados polo benestar animal, poderían aportar ideas e experiencia?

Asociacións de defensa dos animais de todo o mundo levan anos loitando contra a adquisición compulsiva e irresponsable da animais, unha das principias causas de abandono. Entón ¿non resulta inda máis irresponsable que unha institución pública manifeste publicamente que os nenos que acudan en visita escolar á canceira poderán “escoller” alí mesmo o seu can? Por certo, os animais que habitualmente enchen estes centros son animais maltratados, con traumas e asustadizos, que o que menos necesitan é converterse en parte dun espectáculo para excursións, iso non é educar no respecto aos animais, máis ben o contrario.

Por todas estas razóns quero pedir a este goberno que recapacite e asuma unha iniciativa moderna e eficaz que resolva por fin un problema que preocupa cada vez mais aos cidadáns, a matanza continuada de animais abandonados, un problema, por certo, común a toda a comarca de Ferrolterra, e que debería ter unha solución conxunta.
____________
Asociación para un Comportamento Ético cos Animais COMETA
C/ Manoel Antonio 4, 1º
15570 Narón. A Coruña
Tlf: 617 040 992
Correo electrónico: correo@asociacioncometa.com
Páxina web: www.asociacioncometa.com
CIF: G-15963234

__________

mércores, setembro 17, 2008

Concentración Antitaurina en Negreira, Domingo 21 de Setembro

De: Asociación Cometa -correo@asociacioncometa.com-
Libera! Galicia -galicia@liberaong.org-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 18 de setembro de 2008 09:27
Asunto: Concentración antitaurina Negreira 21 Septiembre



Concentración antitaurina Negreira 21 Septiembre

CONCENTRACIÓN ANTITAURINA, 21 DE SETEMBRO, 16:30 horas Ó CARÓN DO CAMPO DE FÚTBOL JESUS GARCÍA CALVO DE NEGREIRA

Convoca:
Plataforma Galicia, mellor sen touradas.

Saídas dende:
A Coruña
Santiago de Compostela
Ourense
O Carballiño
Pontevedra

Remítese ás organizacións galegas adheridas á Plataforma "Galicia, mellor sen touradas".

--
Asociación Animalista LIBERA!
www.liberaONG.org

Rubén Pérez Sueiras
Tel. 606 53 05 70
@. galicia@liberaong.org


NEGREIRA E AS INVASIÓNS BÁRBARAS
:

NON Á TAUROMAQUIA EN NEGREIRA!

CONCENTRACIÓN 21 SEPTIEMBRE – 16,30HS

ADEGA e as organizacións da campaña GALICIA MELLOR SEN TOURADAS convocan unha concentración para expresar o rexeitamento do pobo galego ó festexo taurino con novillos que serán sometidos a todo tipo de vexacións, festexo autorizado polo Concello de Negreira, cidade que ata o día de hoxe NON CONTABA CON FESTEXOS TAURINOS. ¿VAS PERMITILO?

VEN E DI NON Á TAUROMAQUIA EN NEGREIRA!

DOMINGO 21 SETEMBRO – 16:30hs

XUNTO O CAMPO DE FÚTBOL JESÚS GARCÍA CALVO, NEGREIRA

Transporte dende:

* Santiago de Compostela: 15:30hs Estación de autobuses

Contacto: ADEGA 981 570 099

* A Coruña: 14:45hs Praza de Ourense

Contacto: Libera! 606 530 570

* Ourense: 13:30hs Esplanada das Lagoas (ó carón da Comisaría de Policía)

Contacto: Amigos da Terra 988 374 318

(Faltan O Carballiño y Pontevedra).

Adhiren:

GALICIA: ADEGA · Amigos da Terra · Asociación Cometa · Asociación Gatocan · Asociación Aldea Felina · Colectivo cívico Matar por Matar Non · Plataforma Pontevedra Antitaurina · Organización Activista de Redondela · Verdegaia · Asociación Abeiro.

ESPAÑA: Fundación para la Adopción, Apadrinamiento y Defensa de los Animales, FAADA · Colectivo Andaluz Contra el Maltrato Animal, CACMA · Fundación Altarriba · Animalistes de Manlleu · Asociación de Veterinarios Abolicionistas de la Tauromaquia, AVAT · Partido Antitaurino Contra el Maltrato Animal, PACMA · Proyecto Gran Simio

INTERNACIONAL: Accâo Animal (Portugal) · ANIMAL (Portugal) · League Against Cruel Sports (Reino Unido) · The Humane Society of the United States · The Humane Society International · Dyrevern Alliansen (Noruega)
_________

Asociación para un Comportamento Ético cos Animais COMETA
C/ Manoel Antonio 4, 1º
15570 Narón. A Coruña
Tlf: 617 040 992
Correo electrónico: correo@asociacioncometa.com
Páxina web: www.asociacioncometa.com
CIF: G-15963234
__________

A asociación Cometa organiza: unha "Exposición benéfica de pintura"

De: Asociación Cometa
-correo@asociacioncometa.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 17 de setembro de 2008 01:53
Asunto: Exposición benéfica de pintura




Exposición benéfica de pintura

Ola a todos, queremos invitarvos a visitar a exposición de pintura e escultura que a Asociación COMETA organiza, coa colaboración do Padroado de Cultura do Concello de Narón e dá pintora Rosa Fernandez Salanova. A inauguración terá lugar ou vindeiro venres 19 as 20,30 horas na Sala de Exposicións dá Biblioteca Municipal de Narón. A mostra permanecerá aberta ata ou 5 de outubro e nela poderánse admirar obras doadas por artistas de toda Galicia, que poderán ser adquiridas a prezos moi reducidos. Vos beneficios servirán para financiar as actividades dá Asociación, fundamentalmente para ou proxecto de albergue para animais abandonados que desde hai tempo tentamos por en marcha. Agardamosvos.

Saudos !

___________

Asociación para un Comportamento Ético cos Animais COMETA
C/ Manoel Antonio 4, 1º
15570 Narón. A Coruña
Tlf: 617 040 992
Correo electrónico: correo@asociacioncometa.com
Páxina web: www.asociacioncometa.com
CIF: G-15963234
_______________
__________

venres, setembro 05, 2008

Posición da Asociación Cometa co motivo da publicación na prensa da posta en marcha da canceira de Mouga por parte do Concello de Ferrol

De: jefernandez@navantia.es
Para: artabra21@gmail.com
Data: 5 de setembro de 2008 12:05
Asunto: Co motivo do anuncio da posta en marcha da canceira de Mouga.



Co motivo da publicación na prensa da posta en marcha da canceira de Mouga por parte do Concello de Ferrol, queremos comunicarvos o noso total desacordo e a realidade dos feitos.

COMETA intentou durante moito tempo reunirse con alcaldes e concelleiros de toda a comarca para, entre todos, darlle solución a un problema que moitos non queren ver e estudiar a posibilidade de construír un albergue para todo Ferrolterra. Conseguimos convocar para setembro de 2007 unha reunión comarcal. Dous días antes da cita, María López, concelleira de Medio Ambiente do Concello de Ferrol, cancelou pola súa conta o encontro.

Desde entonces e durante meses tentamos convencela de que é posible a construcción dun refuxio onde non se maten animais, aportándolle datos e explicándolle con detalle por que a canceira de Mougá, tal como está construída, só pode converterse nun centro de exterminio. A pesar dos nosos esforzos fai poucos días o Concello de Ferrol aprobou a rehabilitación.

Mougá dispón dun espacio de 2 ferrados para unhas 30 canceiras moi pequenas (podería albergar entre 50 e 70 cans), 2 espacios para gatos, 3 para corentena (sen ningún tipo de illamento) e 2 máis para animais feridos (no exterior)!!!, ningún espacio verde para exercitalos (a pesares de estar en Mougá), e tampouco disporá de quirófano nin hospital.

A canceira consistirá nun espacio reducido, do cal a xestión supoñemos se lle outorgará a unha empresa privada xa que irá a concurso, para que ós 20 días máis ou menos os cans sexan sacrificados. Tamén é certo que nas instalacións non hai espacio para máis.

O presuposto para esta remodelación, xa que as instalacións foron construídas no 2002, é de case 300.000€, cantidade tremendamente desorbitada (como exemplo a construcción e equipamento do Refuxio de Santiago de Compostela, de 7.000 m2 e cunha capacidade para 200-250 cans, custou hai só 3 anos menos de 400.000€)

Está demostrado que un albergue para animais sen sacrificios é totalmente viable. De feito, mantemos contactos con protectoras que xa o fixeron, como precisamente o albergue de Santiago, que da servicio a 6 concellos, e do que ofrecemos non hai moito ó Concello de Ferrol datos económicos e planos das instalacións, así como o seu apoio e experiencia, pero, por algún motivo, todos os concellos pechan as portas á única protectora sen ánimo de lucro que funciona na comarca, e que sobrevive polas achegas monetarias dos socios e alleos, ademais do traballo voluntario dos colaboradores.

Polo de agora o proxecto de Mougá segue adiante, pero nós seguiremos no noso empeño de conseguir un albergue digno para os animais de Ferrolterra.

Fai unhas semanas iniciamos, con moi boa aceptación, unha campaña de recollida de firmas coa fin de obrigar ós concellos a escoitar o que a cidadanía reclama. Enviámosvos a folla de firmas para que podades colaborar e entre todos facernos oír. Podedes entregar as follas á dirección de correo a seguir ou chamar ó 617 040 992 e pasariamos recollelas.

Grazas a todos polo apoio, xa que sen vos teríamos que desistir na nosa loita polo respecto a todos os que habitamos neste planeta.

Narón, 21 de Agosto de 2008
Asociación para un Comportamento Ético cos Animais COMETA
C/ Manoel Antonio 4, 1º
15570 Narón. A Coruña
Tlf: 617 040 992
Correo electrónico: correo@asociacioncometa.com
Páxina web: www.asociacioncometa.com
CIF: G-15963234
_______________

xoves, agosto 21, 2008

Moi urxente 7 gatiñ@s para adoptar xa!

De: Asociación Cometa -correo@asociacioncometa.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 21 de agosto de 2008 11:54
Asunto: Gatos urgente




Ola a tod@s:

Bos días, temos un caso moi urxente de 7 gatiños de entre mes e medio e dous meses que ou se dan pronto ou vanse sacrificar. Se sabedes de alguén que queira un gatiño por favor que se poña en contacto con nosotros chamando ao 617 040 992 ou escribindo ao correo@asociacioncometa.com
Un saúdo e grazas.
__________

Para mais información:

Asociación para un Comportamento Ético cos Animais COMETA

r/Manoel Antonio, 4-1º Narón

Tlfno. 617 040 992

correo@asociacioncometa.com

www.asociacioncometa.com
____________

martes, abril 22, 2008

Asociación para un Comportamento Ético cos Animais COMETA: Inspección SEPRONA

De: Asociación Cometa -correo@asociacioncometa.com-
Para: artabra21@gmail.com

Data: 21 de abril de 2008 17:07

Asunto: Inspección SEPRONA



Inspección SEPRONA

O pasado día 12 de marzo a patrulla do SEPRONA de Pontedeume realizou unha inspección no domicilio particular dun membro da Xunta Directiva da Asociación para un Comportamento Ético cos Animais COMETA, de Narón, inspección motivada pola denuncia recibida na Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia contra dita asociación. Esta denuncia foi presentada por D. José Luis Vérez Fraguela, propietario do Hospital Clínico Veterinario Ultramar e pretende basearse na información e fotografías aparecidas no periódico La Voz de Galicia do día 20 de decembro de 2007. O que esta persoa denuncia e, fundamentalmente, que COMETA está a recoller animais sen autorización, en instalacións ilegais e en condicións inadecuadas.

O recinto inspeccionado pola Garda Civil é unha propiedade privada que pertence a un voluntario da asociación e que non se trata en ningún caso de instalacións nin propias de COMETA, nin cedidas a esta, nin están a ser empregadas para a recollida de animais abandonados por parte da asociación. Que ese recinto aparecese fotografiado na prensa, vinculado á asociación COMETA, débese precisamente a que a asociación carece polo momento de instalacións, nin propias nin cedidas, para a recollida de animais abandonados. Por outra banda, os cans que alí aparecían foron recollidos no seu momento pola asociación, pero polas pésimas condicións psicolóxicas nas que chegaron non tiveron posibilidade de ser adoptados, e posto que disfrutan neste momento dunha vida feliz e adecuada ás suas necesidades, pareceunos que podían representar moi ben os fíns que persegue e o traballo que realiza a nosa asociación.

Posto que a asociación COMETA carece polo momento de instalacións, os poucos animais que podemos recoller aloxanse con voluntarios nas súas propias vivendas, en casas de acollida que a cada paso escasean mais. Polo tanto, por desgracia, non existen esas supostas "instalacións ilegais". A todolos animais que chegan abreselles unha ficha onde se inscriben todolos seus datos e todolas revisións e tratamentos que reciben. Son dados en adopción desparasitados, vacinados, esterilizados ( agas os cachorros) e co seu microchip identificativo. O adoptante asina un contrato de adopción e posteriormente realízase un seguimento da adaptación do animal e para comprobar que o trato que recibe é o adecuado.

É certo que non temos licencia para a recollida, precisamente porque non temos un centro de recollida. Pero tamén é certo que os animais que pola asociación pasaron deronselles todalas atencións necesarias, veterinarias, hixiénicas, alimentarias e psicolóxicas, a pesar de ser unha entidade sen ánimo de lucro con poucos medios económicos e contando só co traballo de persoas que adican o seu tempo e o seu diñeiro a intentar mellorar a vida dos animais.

O que resulta triste é que a denuncia formulada contra a asociación COMETA non obedece seguramente a unha repentina preocupación polo benestar dos animais. Mais ben parece que o que impulsa esta mostra de civismo é a vinganza e o afan de manter un estado de cousas que está a reportar un enorme beneficio económico á empresa propiedade do denunciante.

O Hospital Clínico Veterinario Ultramar ocupouse durante anos da recollida de animais abandonados de prácticamente a totalidade dos concellos da comarca de Ferrolterra. Tamén durante moito tempo estivemos recibindo na asociación queixas e denuncias sobre o que alí acontecía cos animais, o que no ano 2006 nos levou a poñer eses feitos en coñecemento da Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia. A raiz de esta denuncia abreuse un expediente sancionador ó agora denunciante, que deu lugar a unha resolución que o sanciona cunha multa de 3000 € por feitos que o Director Xeral de Conservación da Natureza, organismo dependente da Consellería de Medio Ambiente, considera "feitos probados constitutivos de infracción administrativa grave" referindose á recollida de animais abandonados por parte desta clínica.

Pero non podemos esquecer a culpa que en todo esto teñen os concellos, que irresponsablemente financian, co diñeiro de todos, a empresas que non cumplen coa lei e que levan anos cometendo auténticas barbaridades cos indefensos animais, non só abandonados, senon tamén extraviados. Os mesmos concellos que non amosan o menor interese en por en marcha un proxecto co que cumpran dunha vez por todas coas suas obrigas: a construcción dun refuxio onde se poidan recoller todolos animais da comarca.

Dende a Asociación COMETA seguiremos loitando para que dunha vez por todas se cumpra coa lei e Ferrolterra deixe de ser un inferno para os animais.

Para mais información:

Asociación para un Comportamento Ético cos Animais COMETA

r/Manoel Antonio, 4-1º Narón

Tlfno. 617 040 992

correo@asociacioncometa.com

www.asociacioncometa.com

_______________________

CONVOCATORIA:

A Asociación para un comportamento ético cos animais COMETA, convoca a tódolos seus socios á asamblea xeral extraordinaria o vindeiro 27 de Abril as 18:00h e á asamblea xeral ordinaria ás 19:00h no Clube de Tenis de Mesa de Narón.
Rúa/Reis Católicos 5-7 baixo,
Santa Cecilia, Narón.
___________________