Amosando publicacións coa etiqueta Dereito ao Aborto. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Dereito ao Aborto. Amosar todas as publicacións

xoves, decembro 19, 2013

A Plataforma Galega polo Dereito ao Aborto fai un chamado a participar en todas as accións que se convocaren, o mesmo día en que se faga pública a aprobación da contrarreforma da lei por parte do Consello de Ministros


CHAMAMENTO DA PLATAFORMA GALEGA POLO DEREITO AO ABORTO

A Plataforma Galega polo Dereito ao Aborto fai un chamado a participar en todas as accións que se convocaren, o mesmo día en que se faga pública a aprobación da contrarreforma da lei por parte do Consello de Ministros.

Algo que, podería suceder este mesmo venres día 20 de decembro.

O día que anuncien a reforma da lei do aborto o Feminismo Galego sairá ás rúas: concentracións ás 19h.

Ferrol: Casa do Concello.
Vigo: Marco.
Coruña: Obelisco.
Ourense: Casa do Concello.
Compostela: Sede do PP (Alfredo Brañas),
Lugo: Subdelegación do Goberno,
Pontevedra: Praza da Peregrina,
A Mariña: Casa do concello de Ribadeo.

ABORTO LIBRE E GRATUÍTO: As mulleres decidimos!

Para máis info, sobre esta proposta de Lei e a Loita contra a mesma na:

Web oficial da Plataforma:
http://feminismo.eu/PlataformaAborto/

--
Coordenadora Local da Marcha Mundial das Mulleres
www.feminismo.info
nacional@feminismo.info
https://www.facebook.com/marchamundialmulleres.galiza
twitter.com/MMMGaliza

Enviado por:
Marcha Mundial Ferrolterra
-mmmferrolterra@gmail.com-
18 de dezembro de 2013 18:53

_______________

domingo, novembro 03, 2013

Lola Ferreiro e Dolores Castro falarán o que significa a contrarreforma da Lei do aborto, en canto a dereitos reprodutivos e o que perdemos con esta reforma - Charla na Gánda (Narón), este Xoves 7 de Novembro


CHARLA INFORMÁTIVA DA PLATAFORMA POLO DEREITO ABORTO DE FERROLTERRA


O Cambio lexislativo anunciado polo Ministro de Xustiza Alberto Ruíz Gallardón en materia de Interrupción Voluntaria da Gravidez devolveranos máis atrás de 1985 coa volta a un sistema de supostos.

Polo que nesta charla  explicaremos que significa a contrarreforma da Lei do aborto, en canto a dereitos reprodutivos e o que perdemos con esta reforma.

Para elo contaremos coa presencia de:
  • Lola Ferreiro  (Doutora en mediciña e ciruxía. Experta en educación para saúde desde a perpectiva do xénero)
  • Dolores Castro (xurista).
O xoves 7 de novembro ás 19.30h na AAVV da Gándara
(Local Social d'A Gandara - Rúa Catro Camiños).

Aborto libre e gratuíto, na sanidade pública; é a decisión da muller!

Nós parimos, nós decidimos!

POR UN ABORTO LIBRE E GRATUITO!!!! NOS PARIMOS, NOS DECIDIMOS!!!


Para máis info, sobre esta proposta de Lei e a Loita contra a mesma na:

Web oficial da Plataforma:
http://feminismo.eu/PlataformaAborto/

Difunde:

Coordenadora Local da Marcha Mundial das Mulleres
mmmferrolterra@gmail.com
www.feminismo.info
nacional@feminismo.info
https://www.facebook.com/marchamundialmulleres.galiza
twitter.com/MMMGaliza

"PARA CAMBIAR O MUNDO, ACABAR COA POBREZA E A VIOLENCIA MACHISTA"

Que é a Marcha ?

A Marcha Mundial das Mulleres é un movimento mundial de accións feministas que reúne grupos de mulleres e organizacións que actúan para eliminar as causas que orixinan a pobreza e a violencia contra as mulleres. Loitamos contra todas as formas de desigualdade e de discriminación sufridas polas mulleres. Os nosos valores e as nosas accións orientanse cara un cambio político, económico e social. Os mesmos que se articulan aoredor da mundialización das solidaridades, a igualdade entre mulleres, entre mulleres e homes, e entre os pobos, o respecto e a valoración do liderazgo das mulleres e o fortalecimento das alianzas entre mulleres e cos outros movimentos sociais progresistas.

Enlaces de interese:

Información baseada na enviada pola:
Marcha Mundial Ferrolterra
-mmmferrolterra@gmail.com-
30 de outubro de 2013 14:49

______________

mércores, outubro 30, 2013

Concentración da Plataforma polo Dereito ao Aborto de ferrolterra: Xoves 31 de Outubro ás 7 da Tarde, na Praza do Concello de Ferrol

Dende a Marcha Mundial das Mulleres facemos un chamamento a participar na concentración que ten convocada a Plataforma polo Dereito ao Aborto de Ferrolterra, mañá xoves día 31 ás 19h. na Praza do Concello de Ferrol. Para mostrar o rexeitamento ao cambio lexislativo anunciado polo Ministro de Xustiza Alberto Ruiz Gallardón en materia de interrupción voluntaria do embarazo, que quere levarnos máis atrás de 1985, volvendo a un sistema de supostos. Acudide para defender e evitar o ataque aos dereitos das mulleres.

POR UN ABORTO LIBRE E GRATUITO!!!! NOS PARIMOS, NOS DECIDIMOS!!!


Para máis info, sobre esta proposta de Lei e a Loita contra a mesma na:

Web oficial da Plataforma:
http://feminismo.eu/PlataformaAborto/


Coordenadora Local da Marcha Mundial das Mulleres
mmmferrolterra@gmail.com
www.feminismo.info
nacional@feminismo.info
https://www.facebook.com/marchamundialmulleres.galiza
twitter.com/MMMGaliza

"PARA CAMBIAR O MUNDO, ACABAR COA POBREZA E A VIOLENCIA MACHISTA"

Que é a Marcha ?

A Marcha Mundial das Mulleres é un movimento mundial de accións feministas que reúne grupos de mulleres e organizacións que actúan para eliminar as causas que orixinan a pobreza e a violencia contra as mulleres. Loitamos contra todas as formas de desigualdade e de discriminación sufridas polas mulleres. Os nosos valores e as nosas accións orientanse cara un cambio político, económico e social. Os mesmos que se articulan aoredor da mundialización das solidaridades, a igualdade entre mulleres, entre mulleres e homes, e entre os pobos, o respecto e a valoración do liderazgo das mulleres e o fortalecimento das alianzas entre mulleres e cos outros movimentos sociais progresistas.

Enlaces de interese:

Enviado por:
Marcha Mundial Ferrolterra
-mmmferrolterra@gmail.com-
30 de outubro de 2013 14:49

______________

sábado, setembro 28, 2013

Por unha vida digna, libre e desexada. Non á contrareforma da lei de aborto! - O Sábado, 28 de setembro desde a Estación de tren Compostela, Manifestación Nacional


O Sábado, 28 de setembro 17:30h desde a Estación de tren Compostela, Manifestación Nacional.

Manifesto 28 de Setembro
Por unha vida digna, libre e desexada. Non á contrareforma da lei de aborto!

Na Plataforma Galega polo Dereito ao Aborto xuntámonos máis de 65 organizacións e aínda cando cada organización ten o seu propio punto de vista respecto da regulación da Interrupción Voluntaria do Embarazo, todas defendemos que o acceso á IVE tense que realizar en condicións de seguranza e legalidade, adoptando as medidas necesarias para que a decisión da muller poida facerse efectiva.
Con motivo do 28 de Setembro, Día Internacional pola despenalización do aborto, sumámonos á loita coas nosas irmás feministas do resto de territorios do Estado e do mundo e facemos un chamado á mobilización cidadá para esixir respecto aos dereitos sexuais e reprodutivos das mulleres así como para afirmar que non permitiremos que a lei actual de saúde sexual e reprodutiva e da interrupción voluntaria do embarazo se reforme de modo restritivo e a nosa defensa do aborto libre e do dereito a decidir.

Reclamamos o acceso ao aborto legal, seguro e gratuíto como unha demanda de dereitos humanos, de xustiza social e de saúde pública. As mulleres somos suxeitas de dereitos con plena capacidade para tomar decisións de acordo ás nosas realidades e proxectos de vida, incluíndo a decisión de abortar ou de ser nais, de ter fillos/fillas ou non.

As mulleres somos persoas autónomas, responsables, libres e iguais e, como tales, exiximos o dereito a decidir sobre os nosos corpos e vidas.

Exiximos que todos os actores sociais e o Estado respecten a nosa autonomía sexual e reprodutiva, e que se nos achegue a información e os medios para exercela sen riscos. Isto debe abarcar: acceso universal a métodos anticonceptivos modernos e seguros, incluíndo anticoncepción de emerxencia; educación sexual laica; acceso a abortos seguros, legais e na sanidade pública; condicións sociais e estruturais adecuadas para vivir unha maternidade voluntaria, protexida e gozosa, se optarmos por ela. Só desta forma serán respectados os dereitos consagrados no sistema internacional de dereitos humanos.

Denunciamos que o contexto de crise está a ser aproveitado por ideoloxías conservadoras e ultracatólicas, co PP e o Ministro de Xustiza Gallardón á cabeza, para impornos un programa ideológigo moi claro. A restrición do dereito ao aborto é unha medida máis de ataque aos nosos dereitos sexuais e reprodutivos. Por unha banda pretenden prohibir abortar a aquelas mulleres que non queren ser nais e, doutra, Ana Mato, ministra de Sanidade, exclúe a mulleres sen parella e a parellas de lésbicas do acceso á reprodución asistida no sistema público sanitario. Isto súmase á inaceptable exclusión ao acceso ao sistema público sanitario de migrantes en situación irregular, paradas de longa duración e outras mulleres precarizadas, o que lles impide ser atendidas nos servizos de xinecoloxía.

A contrarreforma prevista deixará ao Reino de España á marxe das recomendacións da Organización Mundial da Saúde, que advirte que a restrición do aborto só produce máis mortalidade materna no mundo. Os abortos clandestinos matan a máis de 70.000 mulleres ao ano, segundo a OMS. Isto implica un grave dano á saúde física e mental das mulleres e constitúe unha violación aos seus dereitos humanos fundamentais, en especial o dereito á vida, á saúde, á autodeterminación das mulleres, á igualdade e á non discriminación, a estar libres de torturas e danos, á liberdade de pensamento e relixión, e ao control da súa propia fecundidade.
As leis restritivas inflúen pouco ou nada no número de abortos que se realizan, pero si determinan se estes se fan en condicións de risco ou non. Coa aprobación da contrareforma sumariamos á lista de países onde o aborto está restrinxido ou penalizado pola lexislación, e onde se producen a gran maioría dos abortos clandestinos, obrigando especialmente a mulleres con poucos recursos e/ou mozas a interromper o embarazo de forma pouco segura.

A contrarreforma prevista polo Partido Popular deixaríanos, ademais, lonxe da lexislación vixente na maioría dos países de Europa Occidental, á que, polo visto, debemos pertencer en todo salvo no referido aos nosos dereitos.

Novamente, a práctica do aborto será fonte de inseguridade xurídica para as mulleres e para o persoal sanitario e de inequidade territorial e social. A nova lexislación suporá unha titorización intolerable sobre a decisión das mulleres e unha forma de criminalización do dereito que nos asiste a todas nós a decidir sobre a nosa maternidade, é dicir, sobre os nosos corpos e as nosas vidas.

Denunciamos as poucas garantías dadas ás mulleres na súa decisión de abortar e tamén na de ser nais, con recortes en axudas á maternidade, en educación, en bolsas para comedores escolares, co aumento da malnutrición infantil. Sumados aos recortes en dependencia, sanidade e un longo etc. que nos fai preguntarnos de que vida falan cando falan da vida.

Exiximos sanidade pública e de calidade. Porque se o aborto é unha intervención de carácter sanitaria, ten que se realizar nas mesmas condicións que o resto de prestacións sanitarias: en centros públicos e garantindo a accesibilidade, calidade e confidencialidade, con todas as garantías sanitarias.

O Goberno actual é ANTI-VIDA. Porque o Goberno que di protexer a vida, ao mesmo tempo elimina prazas en escolas infantís públicas, quere privatizar os servizos públicos, sométenos a cortes atroces en axudas á dependencia, sanidade, educación e comedores escolares, o que fai imposible a conciliación da vida persoal e laboral.
A lei eliminará o suposto de malformación grave fetal ao mesmo tempo que os gobernos do Partido Popular arrasan co investimento en políticas relacionadas coa dependencia. O Goberno do PP fala de protexer a vida durante as semanas de xestación, pero abandona á súa sorte ás persoas unha vez que chegaron ao mundo.
O Partido Papular, ese que dí defender a vida, deixa as agresións e os asasinatos machistas fora da visibilización política ao anunciar a nova política de estatísticas sobre violencia de xénero. Xa non van ser contabilizadas as mulleres que pasen menos de 24 horas no hospital.

Os feminismos somos PROVIDA. Porque ser Pro-vida é loitar por ter unha boa vida e non condenar ás persoas a situacións que fagan que esta non mereza a pena ser vivida.

Estamos aquí para dicirlle ben alto ao PP e ás ideoloxías ultracatólicas e fascistas que estamos unidas e en pé. Que non nos van calar nin con multas nin con reformas de códigos penais que pretenden restrinxir o noso dereito a nos manifestarmos na rúa.
Estamos aquí para berrar ben forte que non imos permitir que recorten os nosos dereitos e que xuntas neste 28 de setembro damos comezo a un novo curso de rebeldía feminista.

SÁBADO 5 DE OUTUBRO: XORNADA FEMINISTA EN FERROL TERRA

Para a semana que entra, terán lugar,  en Ferrol Terra, unha xornada feminista que baixo o título "FEMINISMO EN OBRAS", organiza a Marcha Mundial das Mulleres. Está interesante xornada está prevista para o Sábado día 5 de Outubro no Centro de Día Municipal 'Manuela Pérez Sequeiros' de Narón (Inscrición e Programa aquí).

Para máis info, sobre esta proposta de Lei e a Loita contra a mesma na:

Web oficial da Plataforma:
http://feminismo.eu/PlataformaAborto/

xoves, setembro 26, 2013

Hoxe, 26 de Setembro, ás 18:30hs, a Plataforma Galega pola Lei do Aborto convoca a toda a cidadanía a un acto na Praza do Concello de Ferrol


O Goberno Central e, máis concretamente, o Ministro de Xustiza Alberto Ruiz Gallardón, anunciou un cambio lexislativo en materia de Interrupcións Voluntarias do Embarazo que previsiblemente nos devolverá máis atrás de 1985, expondo a volta a un sistema de supostos.

Xoves día 26 de Setembro ás 18,30h., a Plataforma pola Lei do Aborto convoca a toda a cidadanía a un acto na Praza do Concello de Ferrol.
 
POLO DEREITO DAS MULLERES A DECIDIRMOS SOBRE OS NOSOS CORPOS!!!

Outras convocatorias

O vindeiro Sábado, 28 de setembro 17:30h desde a Estación de tren Compostela, Manifestación Nacional.

Manifesto 28 de Setembro
Por unha vida digna, libre e desexada. Non á contrareforma da lei de aborto!
[Ler máis].

Para a semana que entra, terán lugar,  en Ferrol Terra, unha xornada feminista que baixo o título "FEMINISMO EN OBRAS", organiza a Marcha Mundial das Mulleres. Está interesante xornada está prevista para o Sábado día 5 de Outubro no Centro de Día Municipal 'Manuela Pérez Sequeiros' de Narón (Inscrición e Programa aquí).

Para máis info, sobre esta proposta de Lei e a Loita contra a mesma na:

Web oficial da Plataforma:
http://feminismo.eu/PlataformaAborto/

Enviado por:
Foro Social de Ferrol Terra
-forosocialdeferrolterra@gmail.com-
26 de setembro de 2013 09:14

______________________

xoves, xuño 13, 2013

Manifestación Nacional polo Dereito ao Aborto - Domingo 16 de Xuño - Autobus desde Ferrol


ABORTO LIBRE E GRATUÍTO: As mulleres decidimos!

Manifestación Nacional:
16 de xuño 17h Estación de tren Compostela

Visibiliza o teu apoio á mobilización polo dereito a decidir sobre os nossos corpos. Descarga e coloca como imaxen de capa nas túas redes sociais.
Xa podes descargar o texto que elaboramos. Imprime e espalla!!

Integran a Plataforma: Adiante, AGIR, Andaina, ANOVA, Asemblea de Mulleres de Galiza Nova, Assembleia de Mulheres do Condado, Asociación CDR Virxe do Carme de Camariñas, Asociación Cultural Fuco Buxán, Asociación de Mulleres Dorna, Asociación Enriqueta Otero, Asociación feminista Buserana, Asociación “Finisterrae” de profesionais de desenvolvemento local (AFIPRODEL), Asociación Galega de Saúde Sexual (AGASEX), Asociación Líder, AMI, Asociación Nós Mesmas, Asociación Profesional de Axentes de Igualdade de Oportunidades Galega (APAIOGA), Asociación Púrpura, Asociación Teenses pola Igualdade, Asociación Ve-la luz, BNG, Briga, CCOO de Galicia, Comités, Compromiso por Galicia, Conas Ceives, Consello Municipal da Muller de Vigo, COSAL Costa da Morte, CIG, CUT, Espazo Ecosocialista, Esquerda Unida, STEG, Federación de Asociacións de Mulleres Rurais de Galicia (FADEMUR), Feministas Independentes Galegas (FIGA), Foro Feminista Falando Nós, FPG, Grupo GTB 7 cores, ISCA!, Liga Estudantil Galega, Marcha Mundial das Mulleres, Médicas do mundo, Mocidade Nacionalista Galega, Mulleres en Acción do Barbanza, Mulleres Luguesas contra a violencia de xénero, Mulheres Nacionalistas Galegas (MNG), Mulleres progresistas Alba, Mulleres progresistas de Poio, NÓS-UP, Observatorio Feminista de Saúde da Coruña, Observatorio Feminista de Saúde da Coruña, Observatorio da Mariña pola Igualdade, Partido Comunista de Galicia (PCG), Plataforma Galega para a Defensa da Sanidade Pública, Plataforma SOS Sanidade Pública, PSdeG-PSOE, Rede de Mulleres contra os malos tratos de Vigo, Rede Feminista Galega, Rede provincial Pontevedra pola Igualdade, Sindicato Labrego Galego, Sociedade Galega de Sexoloxía, UGT Galicia, Unións Agrarias-UPA Galicia, USTG, Viudas Demócratas de Vigo, Xuventude Comunista de Galiza, Xuventudes Socialistas de Galicia.

Web da Plataforma Galega polo Dereito ao Aborto:
http://feminismo.eu/PlataformaAborto/

BUSES MANIFESTACIÓN DIA 16 DE XUÑO POLO DEREITO AO ABORTO
LEMBRADE RESERVAR A VOSA PLAZA NO AUTOBÚS ANTES DAS 14H. DO XOVES DÍA 13 DE XUÑO
.

A Plataforma polo dereito ao aborto de Ferrolterra, ofertamos buses con saída dende Correos, con paradas en Caranza e en Fene, para o domingo 16 ás 15:00 horas.

O prezo será de 5€.

Quenes estead@ interesad@, e para toda a información que precisedes,  podedes apuntarvos chamando aos seguintes números de teléfono:

659352044
981352817

Acude e difunde a convocatoria.
--
Coordenadora Local da Marcha Mundial das Mulleres
www.feminismo.info
nacional@feminismo.info
https://www.facebook.com/marchamundialmulleres.galiza
twitter.com/MMMGaliza
--

Información baseada na enviada por:
Marcha Mundial Ferrolterra
-mmmferrolterra@gmail.com-
11 de junho de 2013 16:40

_______________

xoves, agosto 02, 2012

Constituci​ón Plataforma Galega "DECIDIR FAINOS LIBRES" - Manifesto da Plataforma



Información sobre a constitución da Plataforma "Decidir fainos libres"


Diante da intención manifesta do actual Goberno de España de realizar unha reforma da Lei 2/2010 de Saúde Sexual e Reprodutiva e Interrupción Voluntaria do Embarazo, en termos claramente restritivos e de eliminación de dereitos, un grupo de persoas e entidades galegas estamos intentando poñer en marcha a Plataforma Galega en Defensa dos Dereitos Sexuais e Reprodutivos. Unha vez constituída esta Plataforma, pasará a formar parte da Plataforma Estatal que agrupa a máis de 140 organizacións.

Xa que logo, solicitamos a vosa inclusión na devandita plataforma e o apoio a unha  unha campaña activa en defensa dos dereitos das mulleres, na que sen prexuízo doutras accións que se planificarán conxuntamente, unha vez constituída a Plataforma, propoñemos as seguintes:
  • Tomar  acordo de adhesión, asinar a ficha que se achega e enviala ao correo da Plataforma: galicia@nosotrasdecidimos.org
  • Participar no acto de constitución da Plataforma Galega o día 4 de agosto ás 12 horas, na Facultade de Ciencias da Comunicación, Campus Norte, Santiago de Compostela. Intervención de tres minutos dunha persoa para transmitir o sentimento xeral da organización. Máxima mobilización para asistencia ao acto.
  • Difusión do manifesto e da páxina web: http://nosotrasdecidimos.org. Unha vez constituída a Plataforma Galega terá un espazo propio nesta web.
  • Participar nos actos públicos (un por provincia, como mínimo) en defensa da Lei 2/2010 e da libre decisión das mulleres de interromper o seu embarazo de acordo con ela. Estes actos terán lugar no mes de setembro.

Agradecendo de antemán a participación, implicación e traballo, quedamos á vosa disposición para calquera dúbida a través do correo electrónico: galicia@nosotrasdecidimos.org

Galicia, 28 de xullo de 2012

Descargar ficha de adhesión


Manifesto da Plataforma "DECIDIR FAINOS LIBRES"


Ante o anuncio por parte do Goberno do Partido Popular de reformar da actual Lei orgánica 2/2010 de Saúde sexual e reprodutiva e da interrupción voluntaria do embarazo, as organizacións de mulleres abaixo asinantes MANIFESTAMOS:

• A nosa total indignación ante o retroceso no recoñecemento dos dereitos sexuais e reprodutivos das mulleres que suporía a posible reforma da lei.
• A nosa absoluta negativa a aceptar un recorte na liberdade e autonomía das mulleres en relación á súa sexualidade e a decidir sobre a súa maternidade. Se non podemos decidir non somos libres.
• O noso desacordo co fondo argumental -retrógrado, manipulador e ideolóxico- polo que se quere levar a termo a reforma.
• A nosa repulsa porque a vulneración dos dereitos das mulleres se converta no selo ideolóxico do PP.

Por todo isto

DENUNCIAMOS que a perda de dereitos en saúde sexual e reprodutiva exporán a un maior risco a saúde e a propia vida das mulleres. AFIRMAMOS, pola contra, que o goberno ten a obriga, de acordo a normativa europea e internacional, de defender a protección e seguridade xurídica en materia de dereitos sexuais e reprodutivos.
DENUNCIAMOS que “violencia de xénero estrutural” é a coacción e a limitación no uso das liberdades individuais. AFIRMAMOS, pola contra, a inquebrantable vontade das mulleres a vivir unha vida libre de Violencia e de coaccións.
DENUNCIAMOS que o recorte nas liberdades das mulleres sexa debido a presión da xerarquía eclesiástica e grupos ultraconservadores. AFIRMAMOS, pola contra, a necesidade dunha sociedade laica e democrática libre de imposicións relixiosas.
DENUNCIAMOS a lamentable argumentación decimonónica que enfática como único dereito da muller o da maternidade sen libre elección. AFIRMAMOS, pola contra, o noso dereito a decidir sobre os nosos corpos e as nosas vidas e non de acordo a un prototipo de feminidade que discrimina ás mulleres.
DENUNCIAMOS a arbitrariedade no manexo e uso do concepto “dereitos” e que a aceptación dos dereitos humanos das mulleres é incompatible coa súa regulación no código penal. AFIRMAMOS, pola contra, que donde hai “dereitos” non hai “supostos” e que o exercicio de un dereito no é punible.
DENUNCIAMOS que a negación dos dereitos sexuais e reprodutivos das mulleres leva ao retroceso en cuestións tan básicas como a educación sexual ou a mellora no acceso á anticoncepción, incluída a de urxencia. AFIRMAMOS, pola contra, que si hai dereitos específicos das mulleres en saúde sexual e reprodutiva e debe haber, xa que logo, dereito a prestacións específicas na carteira nacional básica de servizos sanitarios.

 


Fonte: galicia@nosotrasdecidimos.org 
Web: http://nosotrasdecidimos.org

||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||