O Goberno Central e, máis concretamente, o Ministro de Xustiza Alberto Ruiz Gallardón, anunciou un cambio lexislativo en materia de Interrupcións Voluntarias do Embarazo que previsiblemente nos devolverá máis atrás de 1985, expondo a volta a un sistema de supostos.
Xoves día 26 de Setembro ás 18,30h., a Plataforma pola Lei do Aborto convoca a toda a cidadanía a un acto na Praza do Concello de Ferrol.
POLO DEREITO DAS MULLERES A DECIDIRMOS SOBRE OS NOSOS CORPOS!!!
Outras convocatorias
O vindeiro Sábado, 28 de setembro 17:30h desde a Estación de tren Compostela, Manifestación Nacional.
Manifesto 28 de Setembro
Por unha vida digna, libre e desexada. Non á contrareforma da lei de aborto!
[Ler máis].
Para a semana que entra, terán lugar, en Ferrol Terra, unha xornada feminista que baixo o título "FEMINISMO EN OBRAS", organiza a Marcha Mundial das Mulleres. Está interesante xornada está prevista para o Sábado día 5 de Outubro no Centro de Día Municipal 'Manuela Pérez Sequeiros' de Narón (Inscrición e Programa aquí).
Para máis info, sobre esta proposta de Lei e a Loita contra a mesma na:
Web oficial da Plataforma:
http://feminismo.eu/PlataformaAborto/
Enviado por:
Foro Social de Ferrol Terra
-forosocialdeferrolterra@gmail.com-
26 de setembro de 2013 09:14
______________________
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon