Amosando publicacións coa etiqueta Foro Social Galego. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Foro Social Galego. Amosar todas as publicacións

martes, novembro 18, 2008

Ampliado o prazo de adhesión para movementos no Foro Social Gal

De: Foro Social galego
-forosocialgalego@forosocialgalego.org-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 18 de novembro de 2008 12:50
Asunto: Ampliado o prazo de adhesión para o FSGal


FORO SOCIAL GALEGO


Ampliado prazo de adhesión de colectivos con dereito a espazo na Carpa de movementos até fin de mes (30 de novembro). O resto de adhesións, xa sexan de movementos ou persoas a titulo individual, poderanse facer até os mesmos días de celebración do FSGal, tamén na carpa da organización.

O Foro Social Galego amplia o prazo de adhesión de colectivos até fin de mes (30 de novembro). Esas adhesións, amais de dar dereito a dúas acreditacións por colectivo, dan tamén dereito a gozar dun espazo na CARPA DE MOVEMENTOS SOCIAIS, que se vai instalar no Burgo das Nacións os días 6 e 7 de decembro.

O resto de adhesións –de colectivos sen dereito a espazo na carpa e de persoas a titulo individual– poderanse facer até os propios días do FSGal e tamén na carpa da organización. As adhesións por colectivo, que amais de dar dereito ás acreditacións e espazos na carpa sirven sobre todo para apoiar o proceso autofinanciado do FSGal, son de 100 euros. As de persoas a titulo individual de 10.

Para facer a adhesión antes dos días do FSGal, o que facilita enormemente o traballo da organización, cómpre cubrir o formulario na web do FSGal: http://forosocialgalego.org/index.php?option=com_facileforms&Itemid=33 e facer o correspondente ingreso a nome do Foro Social Galego na Caixa Galicia; Nº de conta: 2091 - 0319 - 22 – 3040016156

MÁIS INFORMACIÓN


No FSGal desenvolveranse 12 actividades autoorganizadas polos movementos sociais adherentes, así como dous debates plenarios (sobre a lusofonía e sobre perspectivas do altermundialismo), máis de 12 horas de proxección continua de documentais de carácter social e a presentación de 14 iniciativas, campañas, etc. promovidas por movementos sociais. Do mesmo xeito, o FSGal contará cunha programación cultural, enchida de concertos, teatro, circo, obradoiros, etc.
O Foro ocupará durante tres días o Campus Norte da Universidade de Santiago, incluíndo o Auditorio de Galiza, o Burgo das Nacións e maila Facultade de Filoloxía. No Burgo instalarase a CARPA DOS MOVEMENTOS SOCIAIS, así como espazos comúns de xantar e troula. Ver mapa de espazos do FSGal: http://forosocialgalego.org/images/materiais/planofsgal.jpg

––––––––––
Comisión de Comunicación
Consello do Foro Social Galego
http://www.forosocialgalego.org
__________________

mércores, setembro 17, 2008

De: Foro Social galego
-forosocialgalego@forosocialgalego.org-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 16 de setembro de 2008 07:48
Asunto: Cinco cuestións sobre o Foro Social Galego



Cinco cuestións sobre o Foro Social Galego

PARTICIPA NO PRIMEIRO FORO SOCIAL GALEGO
Santiago de Compostela, 5 a 7 de decembro de 2008
http://www.forosocialgalego.org

Cinco cuestións sobre o Foro Social Galego
Fai a túa adhesión, propón as túas actividades.
O 30 de setembro remata o prazo para propor actividades!!!

1-. Por primeira vez en Galiza terá lugar un Foro Social Galego (FSGal), enmarcado no proceso do Foro Social Mundial e cumprindo a súa Carta de Principios. O FSGal non é unha organización, nin un colectivo, nin unha rede, nin pretende representar á sociedade civil... É un espazo de converxencia entre movementos sociais, de intercambio de ideas e de artellamento de accións, de procura de alternativas á orde neoliberal imperante no planeta.
---------
CONVOCATORIA DO FSGAL: http://forosocialgalego.org/index.php?option=com_content&task=view&id=12&Itemid=40
CARTA DE PRINCIPIOS: http://forosocialgalego.org/index.php?option=com_content&task=view&id=14&Itemid=31
QUE É O FSGAL: http://forosocialgalego.org/index.php?option=com_content&task=view&id=1&Itemid=32

2-. O FSGal desenvolverase de xeito horizontal, coa adhesión e compromiso dos diferentes movementos sociais galegos e con actividades propostas e autoxestionadas por estes. Non ten, xa que logo, unha dirección, tan só un Consello dinamizador encargado de coordinar todas as propostas para elaborar un programa e de procurar e facilitar os espazos necesarios para o desenvolvemento do Foro. O dito Consello, formouse por mandato dunha Asemblea de Movementos Sociais celebrada o pasado 26 de xaneiro en Compostela.
--------
MÁIS SOBRE COMO PARTICIPAR: http://forosocialgalego.org/index.php?option=com_content&task=view&id=16&Itemid=35

3-. Para participar no FSGal cada colectivo ou persoa individual debe primeiro facer a súa adhesión. Os cartos destas adhesión certifican o compromiso co proceso do FSGal e sobre todo garanten a independencia do mesmo, que non solicitará subvencións nin acepta patrocinio de empresas. As adhesións poden facerse até o 15 de novembro (a non ser que se queiran propor actividades, ver seguinte punto) e será de 100 euros por colectivo ou de 10 euros por persoa a titulo individual.
---------
PARA FACER AS ADHESIÓNS: http://forosocialgalego.org/index.php?option=com_facileforms&Itemid=33

4-. Para propor actividades e metelas no programa do FSGal existe un mecanismo na páxina web do foro. Antes de propor unha actividade os colectivos deben facer a adhesión ao FSGal. Para garantir o desenvolvemento e publicidade da actividade (locais, programa, etc.) existe unha cota de 100 por cada actividade que se comparte entre varios colectivos, pois priorizaranse actividades conxuntas entre colectivos ou organizacións para evitar a repetición de temas. O PRAZO DE PRESENTACIÓN DE ACTIVIDADES REMATA O 30 DE SETEMBRO!!!
---------
PARA INSCRIBIR ACTIVIDADES: http://forosocialgalego.org/index.php?option=com_facileforms&Itemid=34

5-. Persoas ou colectivos dipsot@s a colaborar na organización do FSGal poden presentarse como voluntarias.
---------
PARA FACERSE VOLUNTARI@: http://forosocialgalego.org/index.php?option=com_facileforms&Itemid=45

Apertas,
Comisión de Comunicación
Consello do Foro Social Galego


____________

mércores, xullo 09, 2008

Como participar no Foro Social Galego que vai ter lugar entre os días 5 e 7 de Outubro deste ano 2008 en Santiago de Compostela

De: Foro Social Galego
-forosocialgalego@forosocialgalego.org-

Para: artabra21@gmail.com

Data: 9 de julho de 2008 07:54

Asunto: Foro Social Galego: como participar



Foro Social Galego: como participar


DECÁLOGO: QUE É E COMO PARTICIPAR NO PROCESO DO FSGAL
[Documento explicativo]

1-. O FSGal non é unha nova entidade nin representa a sociedade civil ningunha. É un proceso, un espazo de intercambio, busca de propostas e artellamento de loitas dos movementos sociais galegos en oposición ao mundo gobernado polo capital financeiro, ao neoliberalismo. Ninguén ten dereito nin representatividade para falar en nome do FSGal, pois este non representa a ninguén nin podería respostar unitariamente a toda a diversidade de movementos galegos. O proceso do FSGal baséase na horizontalidade, na transparencia e na diversidade.

2-. Por mandato da Asemblea de Movementos Sociais do Día de Mobilización e Acción Global do 26 de xaneiro formouse un Consello do FSGal. As organizacións e persoas a título individual que participan voluntariamente nel tampouco representan a ninguén. O Consello só se encarga de facilitar os espazos para o FSGal e de xestionar o programa de actividades que propoñan os movementos sociais. Calquera organización disposta a traballar polo desenvolvemento do FSGal e asistir ás xuntanzas organizativas do mesmo pode solitar a súa entrada no Consello. Contacto: comunicacion@forosocialgalego.org

3-. No FSGal preténdense facer un conxunto de actividades, dende debates, conferencias, mesas redondas ou calquera proposta dos movementos participantes a actividades lúdicas e reivindicativas que, amais de servir de intercambio entre movementos sociais sirvan tamén para axudar á visibilización das loitas sociais no conxunto da sociedade galega. O FSGal é pois un espazo aberto.

4-. O FSGal precisa, loxicamente, dun orzamento para se desenvolver. As contas da organización serán transparentes e en todo intre de libre acceso para os movementos sociais integrantes do foro. Para asegurar a independencia con respecto a institucións e empresas o FSGal pretende autofinanciarse por medio dos movementos que nel participan. Deste xeito, estableceuse unha cota de apoio ao proceso que permite tamén a acreditación para participar nel. A dita cota é de 100 euros por organización e de 10 euros por persoa a título individual. As cotas son incluíntes e manifestan a decisión das organizacións de axudar ao desenvolvemento deste espazo de intercambio; non son excluíntes, de xeito que as organizacións ou persoas que non poidan axudar económicamente poden facelo tamén con traballo, achega de ideas, etc. Ninguén debería sentirse excluído por non poder achegar as cotas e depende da propia responsabilidade e independencia de cada entidade ou movemento saber até onde pode chegar.

As adhesións ao FSGal poden facerse en:
http://forosocialgalego.org/adhesions

5-. No FSGal tamén poderán participar voluntarias e voluntarios da organización e a sociedade civil en xeral, que poderá acceder de balde aos espazos libres.

6-. Como proceso horizontal serán os movementos sociais adheridos ao FSGal os que propoñan as actividades do mesmo. O Consello encargarase só de elaborar despois o programa, que para meirande facilidade decidiuse enmarcar en catro eixes temáticos:

1. Modelo económico e límites do crecemento
2. Soberanía e diversidade fronte a uniformización e imperialismo
3. Vida e Traballo
4. Defensa das Liberdades e dos Dereitos Sociais


Para desenvolver estas actividades precisarase asímesmo un orzamento para satisfacer as necesidades técnicas, locais, etc. que precisen quen os organice. Deste xeito existe unha cota de inscrición de actividades de 100 euros que achegarán os movementos organizadores. Esta cota pagarase entre as organizacións que propoñan a actividade, pois para impulsar o artellamento de alianzas e a non dispersión de actividades cada proposta deberá facerse en asociación con outras tres organizacións, salvo no caso de plataformas, redes, coordinadoras, etc. xa formadas por varios colectivos. A proposta e inscrición de actividades pode facerse en: http://forosocialgalego.org/até o 31 de outubro de 2008.

7-. O Consello do FSGal irá fornecendo de información sobre os mecanismos organizativos do FSGal en todo momento na web:
http://forosocialgalego.org


Dentro do consello definíronse tres comisións de traballo que en todo intre renden contas ao Consello:

1. Comisión de Finanzas
2. Comisión de Contidos e Programa
3. Comisión de difusión e Comunicación


Para comunicarse coa organización, resolver dúbidas, etc. existen unha serie de contactos electrónicos:

Comisión de finanzas (adhesións):
finanzas@forosocialgalego.org
Comisión de contidos e programa (proposta de actividades):
programacion@forosocialgalego.org
Comisión de Difusión e Comunicación:
comunicacion@forosocialgalego.org
Voluntariado:
voluntariado@forosocialgalego.org
Cuestións xerais (xestión web):
forosocialgalego@forosocialgalego.org

8-. Material de difusión. Para difundir o proceso creáronse unha serie de primeiros materiais de difusión (cartaces, trípticos, autocolantes), así como banners para difusión electrónica, etc.

Para recoller material poden dirixirse aos enderezos anunciados na web http://forosocialgalego.org ou preguntar en comunicacion@forosocialgalego.org

Os materiais dixitais poden obterse en:
http://forosocialgalego.org/materiais

9-. Na web do FSGal abreuse un espazo participativo, O FORO DO FORO http://www.forosocialgalego.org/foro para a libre opinión sobre o proceso, busca de alianzas, propostas, etc.consello

10-. A participación no FSGal tamén poderá ser como voluntaria ou voluntario. Na web do FSGal irá aparecendo información ao respecto. Poder ir apuntándote en: http://forosocialgalego.org/apuntarse

Apertas e moitas grazas
__________________________
Comisión de Difusión e Comunicación
Consello do Foro Social Galego

PRIMEIRO FORO SOCIAL GALEGO (FSGal)
Pensar e construír alternativas desde Galiza Do 5 ao 7 de Decembro de 2008
Santiago de Compostela
________________



Forum Social Mundial

FSM 2009

Carta de Principios



_________________

venres, maio 09, 2008

Convocatoria do Plenario do Consello Dinamizador do Foro Social Galego - FSG

De: Educación e Paz -paz@sgep.org-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 9 de maio de 2008 09:45
Asunto: [FSGal] Convocatoria Pleno Consello día 10 de maio


Benqueridas amigas e amigos:

Reenvío esta convocatoria do Plenario do Consello Dinamizador do FSG de mañán en Vite (a continuación) porque parece que algunha entidade non o recibíu.

Atentamente,

Manolo Dios

----- Original Message -----
From:
Fundación Galiza Sempre
To:
Consello do Foro Social Galego
Sent: Wednesday, April 30, 2008 11:28 AM
Subject: [FSGal] Convocatoria Pleno Consello día 10 de maio


Amigos e amigas :

De acordo ao compromiso adquirido na xuntanza constituinte, enviamos a convocatoria do pleno do Consello do Foro Social Galego e o lugar de reunión para o día 10 de maio:

Celebración da xuntanza
Día: 10 de maio, sábado.
Hora: 10:30h
Lugar: Centro Cultural de Vite, Rúa Pintor Carlos, 4 (tamén Carlos Maside). Vite - Santiago (achégase plano de situación do centro).

Trasladaranse os temas debatidos o 26 de abril en cada comisión para a súa posterior discusión e aprobación en pleno.

Unha aperta,
Manoel Santos
Manuel Dios
Xabier Macías
_______________________________________________
Forosocialgalego mailing list
Forosocialgalego@listas.nodo50.org
http://listas.nodo50.org/cgi-bin/mailman/listinfo/forosocialgalego
____________________

venres, decembro 21, 2007

26 de xaneiro de 2008: día da Mobilización e Acción Global


26 DE XANEIRO DE 2008
Día da Mobilización e Acción Global


CARA UN FORO SOCIAL GALEGO

Organizacións cívicas e sociais galegas participantes no proceso de Foro Social Mundial dende xaneiro de 2001 convocamos a un acto cívico de mobilización para expresar dende o noso país a solidariedade coas principais reinvindicacións do movemento antiglobalización.


ASAMBLEA DE MOVEMENTOS SOCIAIS GALEGOS E FEIRA DE ASOCIACIÓNS

Sábado 26 de xaneiro 11.30h

Facultade de Xeografía Historia Santiago

CHAMAMOS A TODOS OS MOVEMENTOS SOCIAIS GALEGOS A PARTICIPAR NUNHA ASEMBLEA HORIZONTAL, SEN XERARQUÍAS E REXIDA POLA CARTA DE PRINCIPIOS DO FSM, CO OBXECTIVO DE CREAR UN ESPAZO DE REFLEXIÓN PARA CAMIÑARMOS CARA UN FORO SOCIAL GALEGO.


ENVÍA A TÚA ADHESIÓN

(nome da organización ou da persoa e contacto) A: info@altermundo.org paz@sgep.org fsg@galizasempre.org


FEIRA DE ASOCIACIÓNS E ALTERNATIVAS:

No claustro da Facultade de Xeografía e Historia da USC.

Espazo de balde pero limitado.

As organizacións interesadas en dispoñer dun espazo para amosar materiais, ideas ou o que consideren deben contactar antes do 15 de xaneiro con: info@altermundo.org

Toda a información en: http://altermundo.org/


MÁIS INFORMACIÓN:

Cara un Foro Social Galego
http://altermundo.org/portal/content/blogsection/43/358/lang,gl_ES/

Materiais promocionais
http://altermundo.org/portal/content/view/1112/358/lang,gl_ES/

O chamamento internacional
http://altermundo.org/portal/content/view/699/364/lang,gl_ES/

Sitio do FSM 2008
http://www.wsf2008.net/pt-br

Sitio do Fórum Social Mundial
http://www.forumsocialmundial.org.br/
_________________


DIVERSAS ORGANIZACIÓNS SOCIAIS GALEGAS IMPULSAN A CREACIÓN DUN FORO SOCIAL GALEGO

O 26 de xaneiro celebrarase unha Asemblea de movementos sociais en Santiago

Santiago, venres 21 decembro 07

Os abaixo asinantes, organizacións cívicas e sociais galegas e participantes no proceso do Foro Social Mundial dende Xaneiro de 2001, convocamos a un acto cívico de movilización para expresar dende o noso país, a solidariedade coas principais reivindicacións do movemento antiglobalización.

Por esta razón, convocamos a unha Asemblea de Movementos Sociais Galegos, así como a unha Feira de Asociacións (organizacións interesadas, contactar antes do 15 de xaneiro con info@altermundo.org), para o día de mobilización e acción global que este ano sustitúe ó Foro Social Mundial centralizado.

A Asemblea e a Feira realizaranse na Facultade de Xeografía e Historia de Santiago de Compostela, o día 26 de xaneiro do 2008 ás 11:30 da mañá. O obxectivo desta Asemblea, escollida para manter o confronto co Foro Económico Mundial de Davos, encontro da elite neoliberal que acontece sempre no mes de xaneiro desa vila alpina, será o de iniciar a andaina necesaria cara un Foro Social Galego (FSG).

O noso compromiso coa realidade local é o noso compromiso coa transformación global:
  • Contra a globalización neoliberal

  • Para erradicar a pobreza

  • Pola paz e contra o armamentismo

  • Pola profunda reforma do sistema de institucións internacionais

  • Abolición da débeda externa

  • Igualdade real das mulleres

  • Sustentabilidade ecolóxica

  • Defensa dos recursos naturais

  • Sobreranía dos pobos

  • Agricultura e alimentación fóra da OMC

  • Recoñecemento do dereito dos pobos á Soberanía Alimentaria
___________

De: club.inter.prensa@xunta.es
Para: artabra21@gmail.com
Fecha: 21 de dezembro de 2007 15:13
Asunto: DIVERSAS ORGANIZACIÓNS SOCIAIS IMPULSAN A CREACIÓN DO FORO SOCIALGALEGO

ROLDA DE PRENSA HOXE NO CIPNA


NA FOTOGRAFÍA:

SENTAD@S:-

CARME FREIRE, do Sindicato Labrego Galego-

MANOEL SANTOS, de Altermundo.org-

XOSÉ MANUEL BEIRAS, presidente da Fundación Galiza Sempre-

MANUEL DIOS, Seminario Galego de Educación para a Paz

DE PÉ:-

XAN DURO, Verdegaia-

ALFREDO IGLESIAS, do STEG-

PILAR ESTÉVEZ, da Marcha Mundial de Mulleres en Compostela-

CONSUELO MARTÍNEZ, da CIG-

FRANCISCO JAVIER MONTERO DONGIL, de CCOO-

JUAN RAMÓN PAIS ANDRADE, de UXT
______________