Amosando publicacións coa etiqueta Iván Rivas Rico. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Iván Rivas Rico. Amosar todas as publicacións

xoves, febreiro 13, 2020

Dando contas do que se fai no Parlamento: O diputado galego Nestor Rego en Ferrol: Acto Público do BNG sobre o acordo de investidura - O que o BNG conseguiu para Galiza - O vindeiro venres 14 de febreiro, ás 8 da tarde no salón de actos do antigo Hospicio de Ferrol


Acto Público do BNG sobre o acordo de investidura. O que o BNG conseguiu para Galiza

➤ Acto público informativo sobre o o acordo de investidura en Ferrol. O que o BNG - Bloque Nacionalista Galego conseguiu para Galiza.

O vindeiro venres 14 de febreiro ás 20 horas no salón de actos do antigo Hospicio de Ferrol (r/ Méndez Núñez 11) nun acto público explicaremos os acordos aos que o BNG chegou en Madrid e a súa repercusión na nosa cidade e na nosa comarca. Contará coa presencia do deputado galego no Parlamento Español, Nestor Rego e o o voceiro do grupo municipal do BNG de Ferrol, Iván Rivas.

Baseado no enviado polo:
BNG
-bng@ferrol.es-
12 de fevereiro de 2020 13:07

______________

xoves, maio 23, 2019

Foi o acto público do BNG cun Teatro Jofre ateigado de xente, participaron o cantante de Nao Jasper, a candidata Maria do Mar López, a eurodeputada e de novo candidata á eurocamara Ana Miranda, a portavoz nacional Ana Pontón e o candidato á alcaldía de Ferrol Iván Rivas - Axenda para a xornada do xoves 23 de maio: Acto público no local da asociación veciñal de Mandía, reparto electoral por barrios e participación nos debates da Cadena Ser e na TV de Ferrol


Axenda do BNG - Ferrol, para a xornada do xoves 23 de maio: Acto público no local da asociación veciñal de Mandiá, reparto electoral por barrios e participación nos debates, na primeira hora da tarde na Cadena Ser e pola noite na TV de Ferrol

Ás 11:30 hs. Reparto de material electoral polos barrios.

Ás 13:05 hs. Debate Cadena Ser (93.0 FM) coa participación de Iván Rivas.

Ás 17:00 ha. Reparto de material electoral polos barrios.

Ás 19:00 hs. Acto público na A.V.V. de Mandiá. Intervirán: Tania Rei e Iván Rivas.

Ás 22:00 hs. Debate TV Ferrol, coa participación de Iván Rivas..


Foi o acto público do BNG cun Teatro Jofre ateigado de xente, participaron o cantante de Nao Jasper, a candidata Maria do Mar López, a eurodeputada  e de novo candidata á eurocamara Ana Miranda, a portavoz nacional Ana póntón e o candidato á alcaldía Iván Rivas.

➤ María do Mar López destacou o traballo conxunto coa veciñanza de parroquias e barrios e sinalando "os soños que queremos acadar nestes catro anos".

➤ O avance do Bloque este 26M será a antesala da derrota de Feixóo e abriría un temo novo “que estamos en posición de liderar”, destaca Ana Miranda: “Só un BNG forte en Bruxelas garante a presenza de Galiza na axenda europea”.

➤ Ana Pontón pide concentrar todo o voto de país e inconformista no BNG “...única garantía do cambio real que precisa Ferrol”.

➤ Iván Rivas dixo: "Se o que queren para o futuro de Ferrol é unha alternativa totalmente diferente, o BNG é a súa opción".

O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol organizou hoxe o seu acto público central da campaña, que tivo lugar ás 20:15 horas no Teatro Jofre. No acto interviron a candidata nº2, María do Mar López, a eurodeputada galega e de novo candidata ao Parlameto Europeo, Ana Miranda, a voceira nacional do BNG e do grupo parlamentario Ana Pontón e o concelleiro e voceiro do grupo municipal, candidato á alcaldía, Iván Rivas.

O acto comezou coa actuación Jasper (Cantante de Nao) que interpretou dúas cancións acompañado á guitarra.

Maria do Mar López, interveu en primeiro lugar enumerando os logros do @bngferrol na oposición, o traballo conxunto coa veciñanza de parroquias e barrios e sinalando "os soños que queremos acadar nestes catro anos".

O voceiro do BNG de Ferrol dirixiuse na súa intervención aos veciños e veciñas de Ferrol apelando a que reflexionasen sobre as posibilidades que se abren na cidade tras os comicios do vindeiro domingo. “O que lles quixera propoñer aos que me escoitan é que reflexionen sobre que é o que lles poden ofrecer os diferentes candidatos e candidatas que se presentan a estas eleccións municipais; que lles poden ofrecer que non tivesen experimentado xa”, apuntou Rivas.

O voceiro incidiu en que o BNG representa a única alternativa que supón un cambio real para a cidade. “Eu propóñovos un camiño diferente, no que rematemos cos abusos e os privilexios”, sostivo Rivas. “Nunca dixen que fose fácil. Este 26 M, Ferrol, tedes dúas opcións: un goberno continuador das experiencias do pasado (...) ou novos camiños que está a abrir o BNG xunto á veciñanza, que implicarán unha ruptura con todo anterior encarando o futuro con determinación”, engadiu.

E o certo é que Ferrol é unha cidade que leva tanto tempo sobrevivindo rodeada por muros que moitas veces somos incapaces de velos a pesar de telos diante dos ollos e que nos están a impedir ver o futuro. Muros físicos e muros mentais”, explicou o candidato á alcaldía. “Muros físicos como a muralla do Arsenal que divide a cidade en dous. Pero tamén muros mentais, porque en Ferrol non somos todos iguais, administracións públicas como o Mº de Defensa, a Autoridade Portuaria ou Navantia non pagan os tributos que pagamos os demais. As transnacionais enchen o seu bandullo cos nosos cartos xestionando os servizos básicos privatizados como o auga ou o lixo e o resto do noso aforro vai directo aos bancos mentres a cidade se cae”, remarcou o voceiro do BNG de Ferrol.

O candidato á alcaldía rematou a súa intervención apelando á veciñanza a confiar no BNG. “Se o que queren para o futuro desta cidade é unha alternativa totalmente diferente que enfronte os problemas con determinación, o BNG é a súa opción. A súa única opción”, sentenciou.

Pola súa banda, portavoz nacional, Ana Pontón, apelou a concentrar todo o voto de país e inconformista na candidatura de Rivas, a única que garante un cambio real na cidade cun proxecto de ideas claras para mellorar a vida da veciñanza e poñer o concello ao servizo da maioría social. “É a opción de cambio real porque temos un equipo e candidato preparado, un proxecto serio, solvente, unido e coa man tendida para transformar esta cidade a favor das persoas. Por iso, pido concentrar todo o voto de país e todo o voto inconformista no BNG,  para abrir un novo rumbo nesta cidade e mirar cara o futuro con ilusión, porque sabemos que outro Ferrol é posible e queremos empezar a construílo a partir do 26M”, destacou.

Pontón declarouse convencida de que a veciñanza non vai optar por un PP que só ofrece “receitas fracasadas”, por un PSOE que só mira cara Madrid, -“o vello bipartidismo que se alterna na discriminación a Ferrol”, alegou-, nin tampouco se vai resignar á repetir a decepción dos que prometeron cambialo todo e nin foron capaces de xestionar con eficacia o día a día.

Por contra, o Bloque representa unha alternativa de transformación real. “Rivas ten a decisión para facer o que outros non souberon ou nin se atreveron: para que o Ministerio de Defensa deixe de actuar como un señor feudal e pague os impostos que lle corresponden ao concello, para sacar adiante a peatonalización integral do Barrio da Magdalena, para defender a veciñanza dos abusos na prestación de servizos básicos para beneficio de multinacionais”, argumentou.

Tras o 26M, concluíu Pontón, o Bloque “vai ser determinante e terá a forza necesaria para abrir un cambio real na cidade, para que Ferrol recupere a ilusión e a esperanza no futuro da man do BNG con proxecto, con equipo e con liderado”.

Pola súa parte, a candidata nas eleccións europeas, Ana Miranda, destacou a importancia de ter en Bruxelas “unha voz nacionalista” que dea a cara por Ferrolterra e evitar que quede no ostracismo o que a condenan as forzas estatais tamén na Eurocámara.

En defensa da construción naval, do saneamento integral das rías, pero tamén para facilitar a interlocución directa dos concellos da comarca nas institucións comunitarias, e para condicionar en positivo a repercusión da PAC nos municipios con territorio rural. A loita contra os efectos do cambio climático, contra os incendios e as súas consecuencias serán tamén obxecto do traballo político na UE.

Miranda fixo especial fincapé en que a recuperación integral das rías en Ferrol, Ares, Cabanas volverán ser un cabalo de batalla para o Bloque no Parlamento europeo da man dun BNG “que demostrou todos estes anos que é unha forza fiable e eficaz na defensa de Galiza fronte ao desleixo das forzas estatais”. “Sen o BNG na Eurocámara, Galiza desaparece, Ferrolterra desaparece da axenda política de Bruxelas, alí onde se toman decisións que nos afectan directamente. Por iso pido o voto para o Bloque para este país volva ter un escano do pobo galego aínda con máis forza tras o 26M”, concluíu.

Ferrol, 22 de maio de 2019.

#AgoraEuropa #AgoraRepublicas #AgoraBNG

Coas Ideas Claras
http://ideasclaras.bng.gal/

Ferrol | Web | Facebook | Twitter.
#AgoraGaliza
#AgoraBNG
#Agora Ferrol
Local Electoral BNG Ferrol
Rúa Galiano, 66 Baixo.
BNG



Enviado por:
BNG Ferrol
-bngferrol@gmail.com-
22 de maio de 2019 17:21
22 de maio de 2019 17:28

______________________

martes, maio 21, 2019

Ana Pontón coloca o BNG como a opción de cambio real en Ferrol fronte o vello bipartidismo e os que só trouxeron decepción - Iván Rivas: 'Somos a única alternativa para que Ferrol teña un futuro diferente fronte aos que só poden ofrecer máis do mesmo' - Aposta do Bloque para impulsar políticas feministas desde o concello - Vídeo


Ana Pontón coloca o BNG como a opción de cambio real en Ferrol fronte o vello bipartidismo e os que só trouxeron decepción. | Iván Rivas: “Somos a única alternativa para que Ferrol teña un futuro diferente fronte aos que só poden ofrecer máis do mesmo”. Aposta do Bloque para impulsar políticas feministas desde o concello.


A portavoz nacional, Ana Pontón, reclamou desde Ferrol unha gran mobilización o 26M e colocou ao BNG como a opción para un cambio real neste concello da man da candidatura que lidera Iván Rivas, e por iso apelou a non resignarse nin coas fórmulas fracasadas do bipartidismo de sempre, nin cos que só trouxeron decepción estes catro anos.

Fago un chamamento á mobilización,a que haxa unha participación masiva para que a cidadanía se deixe sentir nas urnas”, salientou Pontón, “a aposta para todas as persoas que queren cambios transformadores é a papeleta do BNG, porque temos un proxecto sólido de futuro, pensado desde Galiza, demostramos que facemos as cousas ben, que temos capacidade para sacar o mellor dos concellos”.

Por iso, e de cara á cita electoral, Pontón pediu en Ferrol apostar polo modelo municipal do Bloque, capaz de converter en referentes os concellos nos que goberna.

Non hai que conformarse, dixo, “nin co vello bipartidismo nin con esas fórmulas que nos dixeron que viñan cambialo todo e non foron capaces nin de facer xestión. O BNG é una alternativa segura para todas as persoas inconformistas que queren concellos dinámicos e comprometidos co galego, co comercio local, co feminismo e con mellorar a vida das persoas”, recalcou.

Ferrol, onde participou nun acto de campaña xunto co candidato Iván Rivas, é un exemplo de que o Bloque é a mellor aposta para mudar o rumbo desta cidade a partir do domingo: “Ten un enorme potencial e se está como está é pola ineficacia dos últimos gobernos municipais que non foron capaces de poñer en marcha un proxecto transformador que mudase o pesimismo en ilusión e en futuro”, indicou.

A alternativa en Ferrol é a candidatura do Bloque que encabeza Iván Rivas, cun proxecto claro, cun equipo sólido, a aposta segura para todas as persoas decepcionadas co que pasou. Non teñen que conformarse co vello bipartidismo que xa sabemos que da de si, nin resignarse a esa desilusión que xeraron aqueles que viñan cambialo todo e non foron nin capaces de xestionar o día a dia. Teñen no BNG a alternativa de cambio real que pode darlle un futuro a Ferrol”, subliñou.

 Un argumento no que tamén afondou Iván Rivas: “A única alternativa para que a cidade de Ferrol poda encarar o futuro dunha maneira totalmente diferente é o BNG, o señor Rey Varela foi alcalde catro anos e a cidade está como está, Jorge Suárez tamén, e o mesmo candidato socialista estivo no goberno. É obvio que o que lles poden ofrecer é máis do mesmo”.

En relación ao candidato popular, Rivas pediulle explicacións pola súa xestión como conselleiro de asuntos sociais. Así, fixo referencia as denuncias pola mala calidade dos menús nun centro de menores na cidade, o atraso na xestión da RISGA, demoras no recoñecemento da discapacidade e de que non se cumpre os prazos de atención á dependencia. “Ten que dar explicacións da súa xestión como conselleiro porque supón unha vulneración de dereitos básicos das persoas”.

No acto de campaña abordaron as propostas do Bloque para conformar concellos feministas que traballen a favor da igualdade e dos dereitos das mulleres.

Independencia económica das mulleres

Neste sentido, a número dous da candidatura, María do Mar López, explicou o compromiso do BNG “por impulsar as axudas que dependan do concello e reclamar doutras administracións que cumpran os obxectivos de xénero, promover alternativas para que as mulleres se auto empreguen e poidan ter independencia económica”.

Igualmente, dixo, “traballaremos para dotar e mellorar os servizos que presta a Casa da Muller, poñer o foco en solucionar a problemática dos coidados e da discriminación, e para que Ferrol sexa unha cidade libre de desigualdades e de agresións contra as mulleres. Queremos transformar a cidade desde unha perspectiva de xénero feminista”.

Concellos feministas

Pontón destacou que o BNG promove concellos comprometidos coa igualdade, cunha aposta para acabar coa discriminación das mulleres no acceso ao emprego, para loitar por unha sociedade máis igualitaria e facer dos concellos un axente máis contra a violencia machista, “porque no actual contexto de involución, non podemos dar nin un paso atrás”.

Cláusulas de igualdade no acceso á emprego público, penalizar ás empresas que discriminan ás mulleres, apostar por facilitar a conciliación familiar e laboral, son algunhas das medidas. “Non se poden usar recursos públicos para financiar ningunha actuación que vaia contra os dereitos e as liberdades das mulleres ou que perpetúe discriminacións laborais”, concluíu.


https://youtu.be/YcpGMV5YLAE

Coas Ideas Claras
http://ideasclaras.bng.gal/

Ferrol | Web | Facebook | Twitter.
#AgoraGaliza
#AgoraBNG
#Agora Ferrol
Local Electoral BNG Ferrol
Rúa Galiano, 66 Baixo.

Enviado por:
BNG Ferrol
-bngferrol@gmail.com-
21 de maio de 2019 00:18

________________

xoves, maio 16, 2019

Acto da iniciativa veciñal de apoio á candidatura do BNG encabezada por Iván Rivas Rico ao Concello de Ferrol, celebrado na Praza de Rosalía de Castro, no barrio ferrolán de San Xoán - Vídeo

Foto: Algunhas das persoas promotoras da iniciativa e Iván Rivas - 15.05.2019

Acto da iniciativa veciñal de apoio á candidatura do BNG encabezada por Iván Rivas Rico ao Concello de Ferrol, celebrado o 15 de maio de 2019.

Música (Manolo Bacalhao e Sermos), poesía (Pim Patinho, Loreto de Castro e André Cerdido) e intervencións por parte de persoas que sen afiliación ao BNG entenden que neste momento é a alternativa necesaria (Anxo Fernández-Armesto e Pepe Cunha), contou-se coa intervención de Iván Rivas, ofrenda floral a Rosalía e presentou Lupe Ces.


https://youtu.be/GMMFH5fd4-c

Iniciativa veciñal de apoio à candidatura do BNG encabezada por Iván Rivas ao Concello de Ferrol

Aínda pode-se asinar o manifesto de apoio.

Contacto:
apoiocandidaturaivan@gmail.com

Enviado por:
Apoio a candidatura encabezada por Iván Rivas
-apoiocandidaturaivan@gmail.com-
16 de maio de 2019 14:59

________

xoves, maio 09, 2019

Iván Rivas: 'O concello debe liderar as demandas educativas da cidade en defensa do ensino público' - A Federación de ANPAS salientou a necesidade de crear unha nova zonificación, co obxectivo da adscribir ao alumnado a un centro de ensino público preto do seu domicilio


Iván Rivas: “O concello debe liderar as demandas educativas da cidade en defensa do ensino público”

O BNG de Ferrol mantivo un encontro coa Federación de ANPAS de centros públicos de Ferrolterra co obxectivo de abordar e coñecer de primeira man a situación na que se atopa o ensino público na cidade e da que os nacionalistas sacan varias conclusións de cara ao vindeiro mandato.

En Ferrol estase a producir un detrimento constante do ensino público en favor dos centros concertados. Os dados de matriculación en Ferrol dos últimos catro anos amosan que mentres a privada-concertada segue a manter o mesmo número de unidades (pese ao descenso de alumnado), centros públicos coma os de Pazos (-1), Recimil (-2) e A Laxe (-1) perderon catro unidades. No último curso escolar 2018/2019  a oferta de prazas nos colexios públicos de Ferrol foron 291, fronte as 400 da privada-concertada. O Concello, como administración pública que é, debe adoptar medidas urxentes para poñer en valor o ensino público na cidade, medidas que pasan, por exemplo, por bonificar aos centros públicos con axudas tanto á escolarización como aos comedores escolares.

A Administración local debe servir ademais de intermediaria e interlocutora entre os centros o resto de organismos coma o CIS ou a Universidade, co obxectivo de converterse nun elemento dinamizador dos centros públicos, poñéndoos en valor a través de convenios e converténdoos en atractivos para incrementar as súas matrículas. Isto conséguese a través da alianza entre los colexios públicos e os centros de investigación potentes ou centros culturais de referencia, o que favorecerá e aumentará o prestixio nestas escolas.

En dito encontro, os nacionalistas e a Federación de ANPAS de centros públicos de Ferrolterra abordaron tamén a situación actual dos comedores escolares, tristemente protagonizada pola precarización non só do servizo, senón da situación laboral dos seus traballadores e traballadoras. Cómpre esixirlle á Xunta de Galiza que cumpra coas súas obrigas para rematar dunha vez por todas coa pasividade dos últimos oito anos e o deterioro constante do servizo.

Outro dos aspectos a tratar foi o transporte escolar. Para o BNG é aberrante a mestura do transporte regular e escolar posta en marcha pola administración autonómica. Os nenos e nenas desta cidade deben contar cun transporte exclusivo, polo que o obxectivo do BNG é un servizo para todos os centros públicos, sen que estes se vexan condicionados polo horario de dito transporte (tal e como acontece na actualidade en algúns centros da cidade). Os nacionalistas denunciarán a nova concesión que FeC e Xunta teñen acordado, e que vai en contra dos intereses das familias ferrolás.

Dende a Federación de ANPAS de centros públicos de Ferrolterra salientouse ademais durante o encontro a necesidade de crear unha nova zonificación na cidade, co obxectivo da adscribir aos nenos e nenas a un centro de ensino público preto do seu domicilio. Cómpre evitar, tamén, os colexios “refuxio” para determinadas problemáticas.

Doutra banda, o BNG considera imprescindible que o Concello manteña un liderado das demandas educativas da cidade con respecto ás infraestruturas, establecendo unha orde de prioridades, para que o desenvolvemento desas infraestruturas por parte da administración competente non se faga con carácter discrecional. Exemplos claros disto atopámolos nos vestiarios do Masdías ou no ascensor do Sofía Casanova. O Concello debe loitar para frear o deterioro do ensino publico, deixando de lado a actitude neutra e pasiva que se leva mantendo nos últimos anos, co obxectivo de que os nenos e nenas conten coa posibilidade de acceder a un ensino público de calidade que non responda a ningunha doutrina.

Ferrol, 7 de maio de 2019.

Coas Ideas Claras
http://ideasclaras.bng.gal/

Ferrol | Web | Facebook | Twitter.
#AgoraGaliza
#AgoraBNG
#Agora Ferrol


Enviado por:
BNG Ferrol
-bngferrol@gmail.com-
7 de maio de 2019 11:44
___________

mércores, maio 08, 2019

A mantenta da tala de árbores na Praza de Armas e Axenda do BNG para o xoves 9 de maio, inicio da campaña electoral, coa actuación musical de Xoán Padín e a intervención de Iván Rivas - O venres 10 de maio, presentación da candidatura para o Concello de Ferrol, n'A Fundación


Sobre a tala de árbores na praza de armas


O criterio do BNG de Ferrol pasa pola conservación da persistencia de especies, polo que para tomar a decisión que adoutou o goberno de FeC é preciso que exista un informe que xustifique a dirección de obra non ten máis alternativa que a tala.

Mentres, a denuncia do PP non é outra cousa que poñer ao raposo a coidar das galiñas. O proxecto dos populares baséase en facer un furado no corazón da Praza de Armas, que implica a supresión desas mesas especies. O seu obxectivo final non é outro que privatizar o espazo público coa creación dun aparcadoiro, para entregarllo posteriormente a unha empresa concesionaria.

Axenda do BNG para o xoves 9 de maio, inicio da campaña electoral e o venres 10, presentación da Candidatura

22:30 horas: Actuación musical de Xoán Padín na rúa Galiano 66.

➤➤ 23:30 horas: Acto de apertura da campaña e pegada de carteis. Intervén o noso candidato, Iván Rivas.

➤➤➤O venres 10 de maio: Presentación da candidatura no auditorio de Afundación (Cantón), ás 20:00 horas.

Ferrol, 8 de maio de 2019.

Coas Ideas Claras
http://ideasclaras.bng.gal/

Ferrol | Web | Facebook | Twitter.
#AgoraGaliza
#AgoraBNG
#Agora Ferrol


Enviado por:
BNG Ferrol
-bngferrol@gmail.com-
8 de maio de 2019 15:32

____________

martes, abril 30, 2019

26M: a revolución dos caraveis,... Por Iván Rivas Rico


Por Iván Rivas Rico [*]
17.04.2019

26M: a revolución dos caraveis

o resultado das eleccións xerais podemos extraer dúas conclusións respecto do que acontecerá en menos dun mes na cidade. A primeira é que o PP non ten ningunha posibilidade de recuperar a Alcaldía. Respecto de 2016 perdeu un 14% do seu voto e por tanto o seu resultado nas eleccións locais será peor que en 2015 aínda que en maio incremente o porcentaxe de voto respecto a onte. Ademais C´s e Vox disputaranse unicamente un concelleiro ou concelleira de 25, vistas as porcentaxes de voto do domingo. Tanto C´s como Vox teñen o seu teito electoral nas eleccións xerais moi por riba do das locais, como xa aconteceu nas anteriores eleccións municipais. É dicir, a posibilidade de que poidan formar un goberno xunto ao PP esvaeceuse e a maioría absoluta é imposible para ninguén.
A segunda conclusión é que inevitablemente Ferrol contará cun goberno de coalición e tendo en conta que o BNG duplicou o resultado das anteriores eleccións e que o seu comportamento nas locais de 2015 superou con moito o das xerais, existen dúas opcións de goberno: A revolucionaria alternativa de caraveis ferroláns dirixida ou cunha determinante presenza do BNG e a opción continuísta dirixida por FeC ou o PSOE. Así que entre o caravel e a rosa, que Ferrol escolla.

[*] Iván Rivas Rico, -A Pontenova 1976, é arquitecto de profesión, concelleiro e portavoz do grupo municipal do BNG en Ferrol desde xaneiro de 2012, na anterior etapa e na actualidade. Vai ser cabeza de lista polo BNG, para as eleccións locais de maio deste 2019.| No buscador libre: DuckDuckGo. BNG - Ferrol: Web | Facebook | Twitter.

Artigos de Ivan Rivas no Diario de Ferrol.

Enviado por:
Inácio GZ
-inaciogz@gmail.com-
30 de abril de 2019 14:20
__________