Amosando publicacións coa etiqueta Lazos Anti-SIDA. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Lazos Anti-SIDA. Amosar todas as publicacións

sábado, agosto 20, 2011

Lazos pro Solidariedade convoca unha concentración de apoio a súa causa este Luns, 22 de Agosto na Praza do Concello de Ferrol

Este Luns, 22 de Agosto de 2011, ás 12:30 horas, está convocada unha Concentración na Praza do Concello de Ferrol, pola Asociación Lazos Pro Solidariedade.

A Asociación LAZOS Pro Solidariedade, tras máis de 15 anos de traballo, está en perigo de desaparición, por falla de apoio das Administracións Públicas, é por este motivo que está convocada a mobilización social de denuncia,  concienciación e solidariedade coa causa da entidade ferrolá, para demandar un compromiso, por parte das Administracións Públicas, que evite o peche da entidade solidaria.

Difunde, apoia e participa na convocatoria.

LAZOS é unha Asociación de afectad@s polo VIH-sida e/ou drogas e técnicxs. Constituída en 1995 en Ferrol.

A túa axuda e achega é imprescindíbel para continuar cos proxectos, programas e actividades de LAZOS Pro Solidariedade. COLABORA!

PARA COLABORAR:
Podes facer as túas doazóns ou facer-che soci@ na seguinte conta bancaria: 2080 0214 17 0040006963 de NOVACAIXAGALICIA

Enderezo:
R/ Dr Fleming 8-10 Baixo - 15401 Ferrol - Galiza

Telefonos de contacto:
981350777698147975

Blogue:
http://comitelazos.blogspot.com/

Correo-e:
comiteantisidaferrol@gmail.com

LAZO Pro Solidariedade no facebook:
http://www.facebook.com/event.php?eid=154420157973316#!/profile.php?id=1494525003
__________________

sábado, xullo 10, 2010

Mentiras mediáticas da Consellaría de Sanidade, que se adxudica un programa de probas rápidas de detección do VIH, no que non aporta nen un euro e que van desenvolver e financiar as entidadaes sociais que no país atenden esta doenza


O GRUPO MUNICIPAL DE ESQUERDA UNIDA DENUNCIA A FALSEDADE DAS MEDIDAS ANUNCIADAS POR SANIDADE NO QUE ATINXE AS PROBAS RÁPIDAS DO VIH

EN FERROL, SERÁ A ASOCIACIÓN LAZOS A QUE COSTEARÁ INTEGRAMENTE AS PROBAS, ÁS QUE A CONSELLARÍA DE SANIDADE NON ADICA UN PESO

ROBERTO ARTABE DENUNCIA O DESINTERESE E A HIPOCRISÍA DA CONSELLEIRA FARJAS

O Grupo Municipal de Esquerda Unida denuncia o desinterese e maila hipocrisía da Consellaría de Sanidade da Xunta de Galicia diante do anuncio feita pola mesma conselleira acerca da realización das probas rápidas do VIH, un test que permite obter un primeiro resultado nuns poucos minutos.

Roberto Artabe denuncia a realidade moi outra que acontece na nosa cidade. En Ferrol, as asociacións que a realicen terán que custear de maneira íntegra o custo do reactivo para a realización da devandita proba sobre o virus de inmunodeficiencia adquirida. Hai que salientar que os custos da proba rápida non se cinguen só o feito físico da realización da proba, porque o proceso esixe contar cunha persoa que dea a información e o asesoramento no proceso (counselling VIH, ou o soporte psicosocial ás persoas que realizan a devandita proba rápida ). Para nada disto contempla a Consellaría dotar económicamente o programa

Non semella moi ético presumir diante dunha medida na que a Consellaría de Sanidade non fai nada, e que recae de maneira integra nas entidades que están a desenvolver, cunha crónica precariedade de medios materiais e de plantilla, unha loita sanitaria e social de primeira magnitude.

A Xunta do PP volve a retratarse ao atribuírse unha medida da que non ten mérito algún e para a que non dispón un só euro. A Xunta do PP expresa pola vía dos feitos, non no fume mediático, o seu verdadeiro desinterese polo afortalamento do sistema público de saúde galego e a súa aposta pola concepción da saúde pública como unha oportunidade de negocio privado.

Pilar Farjas tenta reducir un dereito fundamental recollido na Constitución e no Estatuto nunha mercaduría. O noso Grupo quere denunciar esta situación.

Ferrol, venres 9 de xullo de 2010

Grupo Municipal de Esquerda Unida

Web de Esquerda Unida:
http://www.esquerdaunida.org/


Enviado por:
eu-ferrolterra@esquerdaunida.org
9 de julho de 2010 14:16


Prezad@s amig@s: achegamos un Informacións do Grupo Municipal denunciando as mentiras mediáticas da Consellaría de Sanidade, que se adxudica un programa de probas rápidas de detección do VIH, no que non aporta nen un euro e que van desenvolver e financiar as entidadaes sociais que no país atenden esta doenza. Grazas pola vosa atención. Saúdos, Ramiro Marier
___________________

domingo, marzo 08, 2009

Coidar a saúde, Protexer a vida

O Grupo de autoapoio "O Imán" da Unidade Asistencial de Drogodependencias do Concello de Vigo, hoxe, xoves, día 5 de marzo, ás 11.30h da mañá, reunímonos na Praza da Independencia ao redor de 100 persoas, xunto ao banco situado fronte á tenda de deportes Jalda, para recordar con afecto e respecto á nova muller enferma, transeúnte na nosa cidade, que o pasado día 24, pola tarde, morría prematuramente.

En devandito encontro lemos unha reflexión sobre "Coidar a saúde, Protexer a vida"; acompañounos a música de Mª Xosé López que interpretou acompañada da zanfoña a canción "Cantarei" (letra e música de Tino Baz), depositamos flores e acendemos unha velas.

Intentamos sinalar pedagóxicamente a importancia da morte na soidade da rúa e que se debería crear un espazo de respecto, pudor, reflexión ... para que nenos, novos e maiores non actúen coma se nese espazo non pasase nada.

Achegamos documento reflexivo lido.

Atentamente.

Coordinador Grupo Imán
Antón Bouzas Alvarez
Praza da Independencia.
5 de marzo de 2009.
11.30h.

Benqueridas amigas e amigos:

Xuntámonos hoxe aquí, diante deste banco de madeira, onde o pasado día 24, nosa compañeira sentábase a eso das catro da tarde, con evidentes síntomas de atoparse mal, deitándose no banco do que mais tarde caería. Cando se achegou unha ambulancia non puideron facer nada para salvar a súa vida.

Na túa honra debemos dicir que toda persoa é única e irrepetible e, como tal, ti eras valiosa para a sociedade e agora es valiosa no noso recordo.

Apénanos non ter tido a sorte de pasar ese día onde agonizabas porque nos achegaríamos a ti, falariámoste, tocariámoste, chamariamos a unha ambulancia mentres tratariamos de achegarte os primeiros auxilios.

Salvar a túa vida, se fora posible, houbera sido moi valioso, por eso, este é un acto cidadá e político, é un acto de duelo que en grupo é mais fácil de asumir. A sociedade, no seu conxunto, debemos recuperar a intervención inmediata, urxente e solidaria cara calquera ser humano que podamos intuír que necesita da nosa intervención.

Se hai un cadáver no chan, nenos, mozos e adultos, debemos crear no seu contorno un espazo de pudor e respecto.

Benquerida compañeira, ti es un eslavón nesta cadea de evidencias que nos ten que dar folgos na construcción dunha sociedade mais humana e mais xusta, onde vaian atenuándose as conductas aporofóbicas e a exclusión social.

Hoxe temos necesidade de acollernos ás habilidades da resiliencia, que son as capacidades que temos as persoas ou grupos para seguir proxectándonos no futuro, a pesar de acontecementos desestabilizadores, de condicións de vida difíciles e de traumas, a veces, graves.

Lembramos a importancia de que o Centro de Emerxencia Social, xa en obras no edificio Hogar San Pelayo, se axilicen con suficientes orzamentos para que no menor tempo posible de respostas ás persoas mais enfermas e pobres da nosa cidade.

Collámonos das mans e gardemos un minuto de silencio por esta valiosa vida que se nos foi.

_________________

O grupo de autoapoio "O Imán" é un programa do U.A.D. do Concello de Vigo, que reúne persoas afectadas polo VIH/Sida e adiccións, e persoas solidarias con esta causa.

GRUPO O IMÁN
R/ Pintor Colmeiro, 9 baixo. 36211 Vigo
Tel. 986 482 247 - Fax. 986 483 019
http://www.imansida.org/
info@imansida.org
_____________________
"Cantarei" [letra e música de Tino Baz]

luns, decembro 01, 2008

O día 2 de Decembro, martes, proxeción dun interesante documentario na TV2: "Tapologo, Mulleres en loita contra a SIDA"

De: Purificación Mayobre - Universidade de Vigo
-pmayobre@uvigo.ées-
Para:
artabra21@gmail.com
Data: 30 de novembro de 2008 13:07
Asunto: DOCUMENTOS TV: TAPOLOGO. MULLERES EN LOITA CONTRA A SIDA. (Sobre o documental das irmás Gabriela e Sally Gutierrez Dewar).


DOCUMENTOS TV: TAPOLOGO. MULLERES EN LOITA CONTRA A SIDA.
(Sobre o documental das irmás Gabriela e Sally Gutierrez Dewar).

Estimad@s amig@s, remítoimos a seguinte información por se fóra do voso interese:
"TAPOLOGO" 2 de Decembro Día Internacional da loita contra a Sida - VIH

"TAPOLOGO" emítese en DOCUMENTOS TV o martes, 2 de decembro de 2008 ás 22:45 na 2 de TVE.

Unha versión para televisión, do documental TAPOLOGO das irmás Gabriela e Sally Gutierrez Dewar.

O documental obtivo o premio do Público no Tri-Continental Festival, á mellor película de Sudáfrica e o galardón ao mellor Documental Nacional no Festival Miradasdoc, de Guía de Isora (Tenerife).

"Tapologo": No poboado de Freedom Park, en Sudáfrica, máis do 50% das mulleres están infectadas de SIDA. En TAPOLOGO a superación da pandemia do SIDA aparece como un proxecto comunitario, que mobiliza a unha rede colectiva onde participan enfermeiras xubiladas, asistentes sociais, médicos, lideres relixiosos marxinados pola igrexa oficial, xunto con ex -traballadoras sexuais e algunhas dos propias enfermas. No África sub-sahariana, a doutrina da Igrexa católica sobre o uso de condóns produciu efectos mortíferos e devastadores. Consciente do problema, o bispo Kevin Dowling cuestiona a postura oficial da Igrexa católica e apoia á rede Tapologo.

DOCUMENTOS TV:
http://www.rtve.es/FRONT_PROGRAMAS?go=111b735a516af85ccdc4135d9df82c2e123009d61eb00f778b60af793b191c31b01d775c169a04bd94ad77d45d33b935a790fd1629d17981be5faa42bc3395c60e6d70bec0be79ea18875e2999e27af085f657e8609ef438
TAPOLOGO (o documental orixinal): http://www.tapologofilm.com/

Entrevista con Sally Gutiérrez (unha das directoras): http://www.tapologofilm.com/tapologo_entrevista_sally.htm

As irmás Gabriela e Sally Gutierrez Dewar: http://www.fcat.es/wiki/index.php/Sally_&_Gabriela_Guti%C3%A9rrez_Dewar

Saúdos cordiais. Purificación Mayobre - Universidade de Vigo Feminismos, Xéneros e Identidades:
http://webs.uvigo.é/pmayobre/index.html

Web Profesional: FEMINISMOS, XÉNEROS E IDENTIDADES:
http://webs.uvigo.es/pmayobre

Correo Electrónico: pmayobre@uvigo.es

Teléfono: 988 38 71 20 (Escritorio-Ourense)

Fax: 988 38 71 59 (Ourense) (Enviar Fax a nome de Purificación Mayobre Rodríguez)

Postgrado Oficial Público (POP) de Estudos de Xénero (2006 - 2008): http://webs.uvigo.es/pmayobre/pop/01.htm

2º Máster en Xénero, Educación, Políticas de Igualdade e Liderazgo (2006 - 2007): http://webs.uvigo.es/pmayobre/06/mas06.htm

1º Máster en Educación en Igualdad de Xénero e Políticas de Igualdade (2004 - 2005): http://webs.uvigo.es/pmayobre/pc/master.htm

Purificación Mayobre Rodríguez Departamento de Socioloxía, Ciencia Política e da Administración e Filosofía Facultade de Ciencias da Educación Universidade de Vigo (Campus de Ourense) Campus Universitario As Lagoas. Av. Castelao s/n. 32004 Ourense
___________

martes, novembro 18, 2008

O 27, 28 e 29 de Novembro e 1 de Decembro: II Xornadas de Sensibilización VIH-SIDA en Ferrol

De:lazos Pro Solidariedade -comiteantisidaferrol@gmail.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 17 de novembro de 2008 19:39
Asunto: II XORNADAS DE SENSIBILIZACIÓN SOBRE VIH/SIDA EN FERROL 27,28 E 29 DE NOVEMBRO DE 2008


II XORNADAS DE SENSIBILIZACIÓN SOBRE VIH/SIDA EN FERROL 27,28 E 29 DE NOVEMBRO E 1 DE DECEMBRO DE 2008

Estimados/as amigos/as:

A Asociación LAZOS-Comité antisida de Ferrol celebra este ano as segundas xornadas de sensibilización sobre VIH/SIDA en Ferrol os próximos días 27, 28 e 29 de Novembro e 1 de Decembro de 2008. O lugar de celebración será, do mesmo xeito que o ano anterior, na Escola Universitaria de Enfermería e Podoloxía da Coruña-Campus Ferrol.

Por este motivo invitámosvos a participar nas xornadas, sendo conveniente inscribirse para iso.

Achégase programa preliminar.

Persoa de contacto para as xornadas: Carlos Varela Tfno:667968807

O comité organizador

Ficheiros anexos en formato -pdf-:
--
Comité antisida LAZOS, de Ferrol.
C/Fernando VIN, 18 Baixo. C.P. 15403 Ferrol.
Tlfno.981 350 777
Horario de atención ó público
de 10:30 hrs a 13:30 hrs.
Só luns tarde: 17:00 a 19:30 horas.

___________

mércores, decembro 19, 2007

A Asociación comité antiSIDA LAZOS de Ferrolterra lles desexa que pasen unhas felices festas e próspèro aninovo 2008

De: Comité cidadán antiSIDA de Ferrolterra
-comite.antisida.lazos@hotmail.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 19 de dezembro de 2007 11:17
Asunto: A Asociación comité antiSIDA LAZOS de Ferrolterra lles desexa que pasen unhas felices festas e próspèro aninovo 2008




Queridos amigos/as:

A Asociación comité antiSIDA LAZOS de Ferrolterra lles desexa que pasen unhas felices festas e próspèro aninovo 2008.

Esta noite acoerdareime de moitas cousdas, de moistas persoas, porque todas, de unha ou outra maneira, están. E me acordarei de todos os que estades ahí, lexos, pero sempre cerca. E me acordarei especialmente de ti, para que teñas constancia de que que NON ESTÁS SÓ/SÓA en este camiño tan complicado que é a vida.

FELICES FESTAS. CONSUME SÓ O NECESARIO.

____________

venres, novembro 09, 2007

Primeiras Xornadas de sensibilización sobre VIH/SIDA en Ferrol: 28, 29, 30 de Novembro e 1 de Decembro 2007

De: Comité cidadán antiSIDA de Ferrolterra
-comite.antisida.lazos@hotmail.com-

Para: artabra21@gmail.com
Data: 9 de novembro de 2007 00:44
Asunto: Primeiras Xornadas de sensibilización sobre VIH/SIDA en Ferrol. 28, 29, 30 de Novembro e 1 de Decembro 2007



Primeiras Xornadas de sensibilización sobre VIH/SIDA en Ferrol.
28, 29, 30 de Novembro e 1 de Decembro 2007

Estimados/as compañeiros/as:

Adxunto invitación e programa definitivo das primeiras xornadas de sensibilización sobre VIH/SIDA que se celebrarán en Ferrol os próximos 28, 29, 30 de Novembro e 1 de Decembro de 2007. Devanditas xornadas celebraranse entre a escola universitaria de enfermería (28 e 29 de Novembro), o Ateneo Ferrolán (30 de novembro) e nas rúas de ferrol (1 de Decembro de 2007).

Para inscribirse nas xornadas farase por correo electrónico, ou ben no local da Asociación, no horario abaixo indicado.

Esperamos a vosa asistencia e rogamos difundades a programación entre amigos e outras entidades.

Atentamente, recibide un saúdo moi cordial

9 de novembro de 2007

Carlos Varela Fdez.
Secretario/Educador

LAZOS

Comité Cidadán Antisida LAZOS, de Ferrolterra.
C/Fernando VIN, 18 Baixo. C.P. 15403 Ferrol.
Tlfno.981 350 777
Horario de atención ó público
de 10:30 hrs a 13:30 hrs.
Só luns tarde: 17:00 a 19:30 horas.

comite.antisida.lazos@hotmail.com
_________________

Convite para as Xornadas de sensibilización Anti-Sida 2007 quese van realizar en Ferrol os días 28, 29, 30 de Novembro e 1 de Decembro 2007

Estimados/as compañeiros/as:

A Asociación LAZOS-Comité cidadán antisida de Ferrolterra en coordinación coa Escola Universitaria de Enfermería e podoloxía de Ferrol e o Ateneo Ferrolán teñen o pracer de invitarlles ás primeiras xornadas de sensibilización sobre VIH/SIDA "NON CHE QUEDES NAS NUBES" que se celebrarán os próximos 28, 29, 30 de Novembro e 1 de Decembro de 2007 en Ferrol.

Con esta actividade preténdese lanzar unha chamada de atención á poboación xeral, sobre a problemática do VIH, tanto no ámbito local, como autonómico.

O proxecto Non Che Quedes nas nubes (NTQN), é unha acción de sensibilización dirixida á poboación en xeral, onde se pretende dar información relativa á situación epidemiolóxica do VIH e a súa problemática específica.

Diferentes estudos sinalaron que existe unha "baixada de garda" ante a problemática do VIH, sendo un factor de causa esta actitude percibida, a mellora substancial experimentada polas persoas afectadas.

O alto índice de supervivencia que se veu experimentando nos últimos 10 anos, tamén é considerado unha razón máis para confirmar a teoría sobre o descoido na toma de medidas preventivas á hora de manter relacións sexuais, principal vía de transmisión e novos casos, no noso país.

Ás razóns expostas podemos engadir a situación de marxinación, discriminación e rexeitamento que aínda vén as persoas, o cal demanda unha mobilización da sociedade en prol de manifestar a igualdade no trato das persoas con VIH.

Doutra banda involucrouse aos mozos e mozas da cidade, convocando un concurso de relatos curtos sobre VIH/SIDA, cuxo premio outorgar no Ateneo Ferrolán o Venres día 30 de Novembro ás 12:00 da mañá.

O programa de actividades das xornadas "NON CHE QUEDES NAS NUBES" pódeno consultar no local da Asociación, sito na rúa Fernando VIN, 18-Baixo, de Ferrol e no cronograma adxunto.

Para máis información, chamar ao 981 350777 ( local da Asociación ), ó ao 667968807 ( Carlos Varela-Secretario de LAZOS-Comité antisida de Ferrolterra).
__________________

Díptico da xornadas de sensibilización Anti_Sida:

[Clicar acima das imaxesns para ampliar]


_______________