Amosando publicacións coa etiqueta Loita contra os desafiuzamentos. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Loita contra os desafiuzamentos. Amosar todas as publicacións

domingo, outubro 06, 2013

Concentración en Cabanas ante a emerxencia dun inminente lanzamento de vivenda, como consecuencia dunha situación sostida de violencia machista - Este Luns 7 de Outubro de 2013, ás 10 da mañá, en Cabanas, na Urbanización 'Los Llanos' nº3


EMERXENCIA: LANZAMENTO DUNHA VIVENDA EN CABANAS


Concentración e apoio a Sandra, o Luns, 7 de Outubro, ás 10 da mañá fronte ao Areal da Praia de Cabanas, urbanización Los Llanos, nº3.

LEE E DIFUNDE A CONVOCATORIA

Onte pasaron-nos unha notificación de que se ía producir un lanzamento de vivenda en Cabanas, Urbanización Los Llanos nº3 (Na zona fronte ao piñeiral da Praia da Madalena, á beira do Hotel Iberia).

Nós xa coñeciamos algo sobre este asunto, no que tivera que intervir o Valedor do Pobo, para que a esta muller a quixeran empadroar no Concello de Cabanas, pois o Secretario negaba-se. Mais o asunto non volveu saltar á luz até onte, onde a exposición da situación durou sobre seis horas, coa presencia da nosa avogada, un concelleiro de Cabanas e nós.

O asunto non é só o lanzamento da vivenda. Este desafiuzamento é consecuencia dunha situación de VIOLENCIA MACHISTA, a cal confirmamos a través da Asociación Ve-la Luz.

Sandra, que é así como se chama a persoa que van desafiuzar da súa casa, ten unha sentenza de divorcio logo de máis dun ano de espera, onde ten a custodia do seu fillo de tres anos de idade. Ten interposto unha demanda por venda fraudulenta da vivenda familiar, contra o seu ex-marido (o arquitecto Jorge Salgado Cortizas) que vendeu a vivenda familiar a un amigo, o farmacéutico ferrolán Antonio Torres Fernández que é a persoa que demandou a Sandra e solicita o desafiuzamento da vivenda.

O ex-marido, esta procesado por violencia de xénero, a espera de xuízo.

Sandra vive co seu fillo na casa, mais tamén coa súa nai e a súa irmá que son as que a protexen dun contorno de acoso constante.

Sandra necesita a axuda, a protección e o apoio que a maquinaria xudicial non lle facilita, frente ao seu agresor, e para parar un lanzamento inxusto.

Convocan: Stop-Desafiuzamentos (Adherida ás PAHs) - Comisión Dereito a unha Vivenda Digna, da Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra e a Asociación Ve-la Luz
(Asociación Galega para a defensa de mulleres e neñ@s vítimas da Violencia de Xénero e/ou abusos). E as compañeiras e compañeiros de Stop-Desafiuzamentos de Compostela.

Inácio (Comunicación)
645 158 113

Correo-e:
forosocialdeferrolterra@gmail.com

Blogue:
http://stop-desafiuzamentos-ferrolterra.blogspot.com.es/

Redes Sociais:
facebook Stop Desafiuzamentos Ferrol Terra

Evento no facebook:
https://www.facebook.com/events/613904661993569/

Enviado por:
Foro Social de Ferrol Terra FSdeFerrolTerra
-forosocialdeferrolterra@gmail.com-
4 de outubro de 2013 22:08
http://redesocialdeferrolterra.blogspot.com.es/

______________________

mércores, agosto 28, 2013

O goberno municipal de Ferrol libera unha partida de máis de 451 mil euros para poder rehabilitar, adxudicar e entregar 28 vivendas en Recimil - Asemblea de Stop-Desafiuzamentos en Caranza


A nosa loita comeza a dar os seus froitos. Mais temos que ter claro que vivenda que quede baleira en Recimil, ten que ser rehabilitada, adxudicada e entregada, como así consta no Regulamento e é de xustiza.

O pasado Luns 26 de Agosto, membros da Xunta de Goberno Local, coa presencia do Alcalde, realizaron unha rolda de prensa no Pazo Municipal, onde deron conta dunha serie de asuntos relacionados coa súa xestión, sendo o tema principal o relacionado coas vivendas protexidas de Recimil. O goberno municipal accedeu ao cambio nos orzamentos municipais e decideu liberar 451.818,94 euros, para acometer as reformas necesarias nas vivendas baleiras de Recimil, para poder entregar 28 delas antes de rematar Setembro. Polo seu interese reproducimos a nova que publica o propio Concello de Ferrol na súa web oficial. Non todos os obxectivos que nos marcamos están cumpridos, mais este é un paso moi importante.

O Concello de Ferrol aproba o proxecto de adecuación de 28 vivendas do barrio de Recimil

O goberno de Rey Varela da así un paso máis no compromiso para adxudicar 30 inmobles entre as familias incluídas no listado antes de que remate o mes de setembro.

O alcalde de Ferrol, José Manuel Rey Varela, anunciou o luns día 26 a aprobación por parte da Xunta de Goberno Local, en sesión ordinaria, de tres importantes proxectos urbanísticos. O primeiro edil da cidade estivo acompañado polo concelleiro de Urbanismo, Guillermo Evia Pérez; a portavoz do Goberno Municipal, Martina Aneiros Barros; e a concelleira de Benestar Social, Rosa Martínez Beceiro.

Así as cousas, o Executivo local deu luz verde o luns 26 ao proxecto para a “Adecuación de vivendas de Recimil para disposición da Concellería de Benestar Social”. As actuacións comprenden traballos de acondicionamento en 28 vivendas e conta cun orzamento estimado de execución de 451.818,94 euros (co 21% de IVE incluído). “Unha cantidade superior á prevista inicialmente que garantirá cumprir co compromiso asumido polo Goberno de adxudicar 30 vivendas antes do mes de setembro” engadiu o rexedor municipal.

Máis polo miúdo, o primeiro edil da cidade explicaba que as intervencións que se acometerán nas vivendas de Recimil consisten na renovación ou reparación dos acabados de solado, paredes e teitos co mantemento da tabiquería existente; reparación ou substitución das carpinterías interiores de madeira; substitución das carpinterías exteriores deterioradas; e a renovación das instalacións de electricidade, fontanería, ACS e saneamento que se atopen en mal estado. Segundo informou o alcalde ferrolán, as obras de adecuación das vivendas de Recimil iniciaranse nos próximos días e as adxudicacións serán realizadas antes da finalización dos traballos.

 Martes, 27 de agosto de 2013
Enlaces relacionados na prensa local:

O Concello de Ferrol empezará «en días» o arranxo de trinta pisos de Recimil | O goberno local aprobou onte un investimento duns 451.000 euros | Antía Urgorri
27.08.2013  [Acceder á Nova]

O Concello investirá 450.000 euros en reparar 28 vivendas do barrio de Recimil
Redacción Ferrol | 27.08. 2013 [Acceder á Nova]

O Concello arranxará de forma simultánea 28 pisos en Recimil | Pretende garantir o seu adjudicación en setembro e evitar aos okupas | Por Rocío Pita Parada |Ferrol
25.08.2013 [Acceder á Nova]

O Valedor investigou demóraa na entrega dos pisos de Recimil | Decidiu concluír os seus pesquisas ao argumentar o Concello que están en obras | Rocío Pita Parada
10.08. 2013 [Acceder á Nova]

NOTA.-
ESTE XOVES 29 DE AGOSTO DE 2013
, ÁS 5 DA TARDE ESTÁ CONVOCADA NOVA ASEMBLEA  DE STOP-DESAFIUZAMENTOS EN CARANZA [+INFO]



Stop-Desafiuzamentos (Adherida ás PAHs) - Comisión Dereito a unha Vivenda Digna,
da Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra

Correo-e:
forosocialdeferrolterra@gmail.com

Blogue:
http://stop-desafiuzamentos-ferrolterra.blogspot.com.es/

||||||||||||||||

Enviado por:
Foro Social de Ferrol Terra
-forosocialdeferrolterra@gmail.com-
28 de agosto de 2013 11:24

______________________

domingo, agosto 11, 2013

Recurso de inconstitucionalidade da PAH contra a lei 1/2013: un paso máis na loita contra a violación de dereitos humanos - Documentos -Vídeo


As PAHs presentaron publicamente un recurso de inconstitucionalidade contra a "Lei 1/2013, de 14 de maio, de medidas para reforzar a protección aos deudores hipotecarios, reestructuración de débeda e aluguer social", por vulnerar, esta, dereitos humanos e fundamentais. Lei aprobada recentemente pola dereita española do PP, partido que detenta o controlo político da maioría das institucións do, polo de agora, Reino de España, e que ven lexislando desaforadamente contra os intereses da maioría social, a favor da grande banca e as grandes corporacións transnacionais. A presentación pública foi en Rolda de prensa, o pasado mércores día 7 de Agosto de 2013, en Madrid, ás 11 da mañá, no nº 6 da Rúa Domenico Scarlatti,  diante do Tribunal Constitucional.

As PAHs elaboraron un recurso de inconstitucionalidade ante o Tribunal Constitucional, contra a lei do PP, por vulnerar dereitos humanos, pois a comisión xurídica da Plataforma de Afectad@s pola Hipoteca PAH detectou polo menos seis causas de Inconstitucionalidade na Lei 1/ 2013. Esta Lei, non só non soluciona o problema que está causando un sufrimento intolerable a centenares de miles de familias, e perpetuando a violación sistemática de dereitos humanos, senón que ademais incumpre principios constitucionais.

De novo é a xente, a sociedade civil, son as PAHs, as que se organizan para defender os dereitos fundamentais.

As PAHs están solicitando os apoios necesarios para a presentación dun recurso de inconstitucionalidade en tempo e forma ante o Tribunal Constitucional. Igual que fixeron na tramitación da ILP, interpelaron non só aos grupos parlamentarios senón que apelaron tamén á conciencia individual de cada un dos deputados e deputadas. Os partidos e deputad@s que votaron a favor da tramitación da ILP e contra a lei finalmente aprobada polo Goberno (todos menos o PP), teñen a oportunidade de demostrar a súa coherencia e a veracidade do seu compromiso apoiando e asinando o recurso elaborado polo equipo xurídico das PAHs.

Na rolda de prensa do pasado mércores, procedeu-se á presentación oficial do recurso de inconstitucionalidade elaborado polas PAHs, dos seus contidos, e a interpelación ás Institucións con capacidade legal para interpoñelo. Aínda que a Plataforma de Afectad@s pola Hipoteca elaborou un recurso de inconstitucionalidade contra a lei 1/2013. O recurso necesita de polo menos 50 deputad@s para poder ser presentado ante o Tribunal Constitucional, por iso, as PAHs puxeron-se en contacto con todos os partidos políticos con representación parlamentaria co fin de solicitar-lles que se adhiran ao recurso. Ningunha das formacións políticas tiña previsto presentar recurso algún. O recurso de inconstitucionalidade elaborouse desde a sociedade civil fronte á vulneración sistemática de dereitos humanos que supón a actual lexislación en materia hipotecaria. De novo é a xente, son as PAHs, as que se organizan para defender os dereitos fundamentais.

A continuación transcribimos un resumo do recurso inconstitucionalidade e a carta enviada, polas PAHs, ás diputadas e os diputados do Congreso.

Resumo do recurso de inconstitucionalidade.

Resumimos a continuación os seis puntos polos cales as Plataformas de Afectados polas Hipotecas consideramos que a chamada "Lei Antidesahucios" vulnera os dereitos contemplados pola Constitución Española e a lexislación internacional.

Motivo 1: Inviolabilidade do domicilio e tutela xudicial efectiva.

A Lei en cuestión establece unhas condicións fixas para o mantemento da vivenda, sen deixar marxe á interpretación e ao contexto de cada caso, co que directamente deixa en suspenso o dereito á vivenda establecido pola Constitución e sen marxe para que os xuíces tomen decisións baseadas na situación das familias afectadas cando non se dan as condicións establecidas pola lei.

A vivenda máis aló dunha propiedade é o ámbito íntimo, persoal e privado das familias e polo tanto debe ser protexido polos dereitos implícitos que leva. Así o recoñece a Constitución Española no seu artigo 18 no que explica que as circunstancias para a entrada no domicilio privado só pode ser autorizado por un xuíz que as valore, xustifique e motive. A Lei ao non dar marxe de establecer esta valoración máis aló de criterios arbitrarios establecidos polo Goberno atenta contra contra a inviolabilidade do fogar.

Ademais neste sentido o Tribunal Europeo de Dereitos Humanos establece en diferentes sentenzas que o desaloxo forzoso só se debe dar si non se coloca ás persoas en situacións degradantes como a exclusión social e sempre que se adopten as medidas adecuadas para non agredir os dereitos das persoas.

O Estado Español subscribe varios tratados internacionais en materia de dereitos humanos nas que se establecen garantías que se deben dar antes, durante e despois do despexo. Ditas garantías tampouco se establecen na Lei.

Motivo 2. Vulnera os dereitos das crianzas e as discrimina pola idade.

A lei establece como unha das condicións que na morada haxa menores de 3 anos de idade, tanto na moratoria de lanzamentos como nas medidas de reestruturación de débeda.

Non existen criterios obxectivos para establecer ese límite de idade nin nada que xustifique nos casos de execución hipotecaria e posterior desafiuzamento.

O despexo das familias expoñen aos menores independentemente da súa idade a situacións de rúa ou desamparo e en consecuencia a situacións de violencia, temor, incerteza e dor. Á súa vez provoca o risco de afectación do seu integridade física, psíquica e moral e libre desenvolvemento da personalidade.

A situación actual no Estado en que miles de familias viven baixo o limiar da pobreza que se acentúa por unha moi alta taxa de paro, denunciada por organismos gobernamentais estatais e internacionais agravan esta situación e son vítimas das citadas consecuencias todos os nenos independentemente da súa idade.

Non existen motivos para a distinción realizada pola Lei e por iso vulnera tanto os dereitos recolleitos na Constitución Española como nos Dereitos do Neno.

Motivo 3. Vaguidade e indeterminación na constitución do fondo social de vivendas.

A Lei en cuestión "Encomenda" ao Goberno que "promova" co sector financeiro un fondo social de vivendas destinadas a persoas que sexan desaloxadas da súa vivenda habitual por impago de préstamo hipotecario.

Non se establece un prazo, as condicións de arrendamento nin instrumentaliza en forma algunha a forma en que este mandato debe levarse a cabo.

A vaguidade nas condicións e medidas para levar a cabo este mandato non ofrecen unha resposta adecuada ao contexto de urxencia social e non garanten o fin do mesmo: a protección das persoas e a garantía do acceso a unha vivenda digna.

Este feito agrávase máis no contexto de crise onde esta medida debería ser potenciada e non suxerida, e en especial cando vai dirixida especialmente a colectivos en situacións de vulnerabilidade en xeral e máis concretamente ás crianzas en particular. E con iso a vulneración dos dereitos á intimidade, vivenda, protección da vida que se establecen tanto na Constitución Española como nos tratados internacionais.

Motivo 4. Vulneración de tutélaa xudicial efectiva e defensa en relación ás garantías procesuales ofrecidas aos consumidores fronte aos profesionais.

Basicamente o tema é que a Lei dá a opción e non o deber aos xuíces a que poidan apreciar cláusulas abusivas de oficio, pero non obriga a iso. Non obstante o Tribunal Europeo recoñece que as familias están nunha situación de inferioridade ante as entidades financeiras e que dita desigualdade debe ser compensada pola figura de xuíz quen debe apreciar de oficio as cláusulas abusivas.

Por outra banda a Lei 1/2013 establece un prazo máximo de 1 mes para denunciar a cláusulas abusivas das do momento da publicación da Lei no BOE e dándose así por informada a todas as posibles persoas afectadas. Mais tanto a administración como os xulgados deben esgotar todas as vías de notificación antes de recorrer aos editos e diarios oficiais. Esta forma de notificación non foi aplicada á Lei 1/2013 limitándoa á mera publicación no BOE polo que na súa forma vulnera a tutela efectiva que o Estado debía procurar ás persoas que se atopan nun proceso de execución hipotecaria e polo tanto non pode ser admitida dita limitación de tempo nos procesos hipotecarios en curso.

Motivo 5. Violación do principio de igualdade de armas procesuales e acceso aos recursos establecidos pola lei.

A Lei 1/2013 abre a posibilidade de oposición por cláusulas abusivas tanto de oficio polo xuíz ou a instancia da parte executada. No entanto non modifica a lei de enxuizamento civil na parte en que di que a apelación só é posible pola parte acredora. Desta forma está creando unha situación de desigualdade, dando á parte máis forte ferramentas que nega á parte máis vulnerable, en lugar de compensar a parte máis débil como explicitamente ordena a lexislación europea.

Motivo 6. Referencias na Lei á execución ou venda extraxudicial.

A Lei 1/2013 fai referencia á execución ou venda extraxudicial, un sistema de execución que quita de mans dos xuíces a función xurisdicional e a deixa en mans dos notarios.

Un procedemento máis rápido que provoca unha maior indefensión das persoas e familias afectadas, dificultando a súa defensa no mesmo e que ademais establece-se unilateralmente pola entidade financeira no contrato hipotecario.

Este procedemento quita das mans dos xuíces a administración da xustiza e a tutela xudicial efectiva das persoas que establece a Constitución e á súa vez provoca unha discriminación das persoas sometidas a este procedemento respecto das que son executadas no procedemento xudicial ordinario.

Por todos estes motivos consideramos que a lei aprobada polo Goberno vulnera os dereitos das persoas e familias, contravén a Constitución, a lexislación europea e os tratados internacionais de dereitos humanos, mantendo as desigualdades entre as entidades financeiras ás que protexe fronte ás familias ás que perpetua na súa situación de indefensión.

O Recurso completo pode-se descargar aquí:
http://afectadosporlahipoteca.com/wp-content/uploads/2013/08/RI-L-1-13-complemento-695.4-lec.pdf


Carta aos deputad@s


Á atención do sr/a. deputado/a.

Dirixímonos a Ud. desde a Plataforma de Afectados pola Hipoteca (PAH) co fin de solicitarlle a súa adhesión ao recurso de Inconstitucionalidade elaborado polo noso equipo xurídico para ser presentado ante o Tribunal Constitucional contra a lei 1/2013.

Desde a PAH detectamos polo menos seis motivos de inconstitucionalidade na citada lei que incurren nunha vulneración de dereitos fundamentais inadmisibles en toda democracia que se considere como tal.

Como saben, a ILP pola moratoria dos desafiuzamentos, a dación en pago retroactiva e o aluguer social contou co aval de máis de 1.400.000 firmas e o apoio maioritario da sociedade civil; con todo, as demandas cidadás foron menosprezadas e desoídas e o proceso de modificación da lei hipotecaria deu como resultado a Lei 1/2013 de 14 de Maio. Esta lei non recolle as demandas de mínimos expostas na ILP e perpetuan a condena de miles de familias a un sufrimento inadmisible e a exclusión social. A lei 1/2013 non é solución algunha á vulneración sistemática de dereitos humanos que se dá no noso país, unha situación flagrante ante a cal únicamente a sociedade civil está dando unha resposta. Así o indican todas as enquisas realizadas sobre o tema.

Poden consultar e descargar o recurso de inconstitucionalidade neste enlace.

Consideramos que brindar o seu apoio ao recurso de inconsitucionalidade responde a principios básicos de democracia e de protección e defensa dos dereitos humanos, dos dereitos fundamentais das maiorías sociais deste país, ás cales non se lles pode continuar dando as costas.

Por iso e detectando por parte do servizo xurídico da PAH polo menos seis causas de Inconstitucionalidade, solicitamos teñan a ben adherirse a este recurso e prestar o seu apoio á cidadanía que así o solicita e reclama.

A continuación expoñémoslle os detalles técnicos que ten que seguir para poder formalizar a súa adhesión ao recurso:
  • Cumprimentación do documento de adhesión achegado.
  • Envío á seguinte dirección postal: rúa SAN COSME Y SAN DAMIAN nº 24 1º Izda Madrid 28012. Horario de 9,30 a 14,00 e 16,00 a 20,00
  • É necesario un poder xeral para pleitos con facultades especiais para allanarse e absolver posicións a nome da procuradora de tribunais Dña. Virginia Aragón Segura.
  • Certificado do secretario do congreso onde acredite a súa condición de parlamentario.
Para calquera dúbida ou comentario pode responder a esta mesma dirección de correo. O prazo máximo de presentación do recurso, en base ás datas de aprobación da Lei 1/2013, é o 15 de agosto, polo que a adhesión necesariamente ten que formalizarse con anterioridad á data sinalada.

Un saúdo cordial,

Plataforma de Afectad@s por la Hipoteca (PAH)
http://afectadosporlahipoteca.com/
afectadosporlahipoteca@gmail.com

Vídeo da roda de prensa do día 7 de Agosto de 2013.


http://bambuser.com/v/3794075



Difunde:

Stop-Desafiuzamentos (Adherida ás PAHs) - Comisión Dereito a unha Vivenda Digna, da Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra

Correo-e:
forosocialdeferrolterra@gmail.com

Blogue:
http://stop-desafiuzamentos-ferrolterra.blogspot.com.es/

Enviado por:
Foro Social de Ferrol Terra FSdeFerrolTerra
-forosocialdeferrolterra@gmail.com-
11 de agosto de 2013 11:08
__________________

xoves, xullo 18, 2013

Un veciño de Arteixo intenta suicidar-se cando ía ser desafiuzado da súa casa en Arteixo

Todas e todos temos dereito a unha vivenda digna e adecuada, non pode ser que por falta de recursos económicos, as persoas podamos quedar sen un teito onde poder vivir. En Arteixo hai mais de 2000 vivendas baleiras. Os poderes públicos teñen que artellar solucións. Non pode ser que haxa persoas sen poder acceder a unha vivenda, e pola contra haxa miles de vivendas baleiras. No manifesto das PAHs esixe-se a reconversión do parque hipotecario nun parque público de aluguer social. O dereito á vivenda é un dereito humano fundamental. Pola importancia da noticia transcribimos-la a continuación.

Un home intenta suicidarse cando ía ser desafiuzado do seu piso en Arteixo
.
Disparouse na cabeza cando a comisión xudicial e a procuradora ían efectuar o desaloxo da vivenda de aluguer - Foi denunciado por deber oito meses de renda.
O veciño, de 62 anos, permanece ingresado no hospital da Coruña en estado moi grave


Un veciño de Arteixo disparouse onte un tiro na cabeza cando ía ser desafiuzado do piso no que residía en réxime de aluguer. O home, Xullo M.E., de 62 anos, permanece ingresado no Centro Hospitalario Universitario da Coruña en estado "moi grave", segundo informaron desde o centro médico.

Os feitos sucederon pasadas as 11.30 horas de onte no número tres da Rúa Ángel López del Castillo, onde acudira a comitiva xudicial, un procurador e un cerralleiro para proceder ao desafiuzamento da vivenda polo non pago, segundo puido saber este xornal, de oito meses de aluguer. Xullo M.E. solicitou-lles máis tempo para poder levarse os mobles do piso e, tras ser-lle denegado este adiamento, desculpou-se un momento, meteuse nunha habitación e disparou-se na cabeza cun "arma curta", segundo informa a Garda Civil, que iniciou unha investigación sobre o suceso.

Até o lugar desprazaron-se dúas patrullas da Policía Local de Arteixo, a Garda Civil, unha ambulancia asistencial e outra medicalizada, na que o home foi traslado ao hospital da Coruña, onde, ao peche desta edición, permanecía ingresado na Unidade de Coidados Intensivos debido á ferida de bala que presenta na cabeza.

Non era a primeira vez que a comitiva xudicial acudía ao dúplex que habitaba Julio M.E. para desafiúza-lo. O pasado 8 de xullo, a comitiva, formada por un xestor e un funcionario do corpo de auxilio, tamén acudiu á vivenda acompañada do procurador que representa aos propietarios do inmóbel. Pero nesa ocasión suspendeu-se o desaloxo a petición do inquilino, que solicitou uns días para baleirar a vivenda. Os propietarios accederon a esta petición e concederon-lle tres días máis, aínda que non foi até onte pola mañá cando a comitiva xudicial regresou ao terceiro piso do número 3 Rúa Ángel López del Castillo. Julio M.E. recibiu-lles en pixama. Minutos despois, tras comunicar-lle que esta vez non habería o adiamento que el reclamaba, pegou-se un tiro na cabeza.

O suceso provocou unha grande conmoción na zona. O home non era unha persoa coñecida no municipio onde, segundo fontes consultadas, reside desde o ano 2011. "Ninguén se dá conta de quen é, non debe de facer moita vida en Arteixo", comentaba un grupo de veciños tras coñecer o tráxico suceso. Outro dos veciños, que reside no edificio contiguo, viu desde a súa fiestra como a ambulancia se levaba a un home "intubado e controlando os seus constantes vitais". "Non teño nin idea de quen é", asegura. Ningún dos inquilinos do número 3 Rúa Ángel López del Castillo quixo realizar declaracións sobre o acontecido minutos antes no terceiro esquerda. Segundo algunhas fontes, Julio M.E. vive só neste inmóbel, situado nunha céntrica rúa do municipio.

Segundo sosteñen desde o Concello de Arteixo, o home non se puxo en contacto con Servizos Sociais para pedir axuda e acceder ás prestacións dispoñíbeis.

O home foi denunciado polo non pago do aluguer polos propietarios do piso. Presentou alegacións e celebrou-se o xuízo, no que o xuíz decretou o desafiuzamento e se fixou o pasado 8 de xullo como a data para proceder ao despexo. O BNG de Arteixo lamenta este "tráxico suceso" e reclama "unha vez máis" ao Goberno local maior implicación para que este tipo de situacións "non se repitan".

Noticia publicada en "La Opinión de A Coruña", por Viviana Burón / Tania Suárez | Arteixo | 18.07.2013

Fonte: Stop-Desafiuzamentos (Adherida ás PAHs) - Comisión Dereito a unha Vivenda Digna, da Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra.

Correo-e:
forosocialdeferrolterra@gmail.com

Blogue:
http://stop-desafiuzamentos-ferrolterra.blogspot.com.es/
____________

venres, xullo 12, 2013

Contra a criminalizacións dos movimentos sociais - Manifestación na Coruña - Fotos - Vídeo


Umha representación de STOP-Desafiuzamentos da Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra, participou hoxe na manifestación contra a criminalización do movimento social d'A Coruña.

O movimento social d'A Coruña ven denunciando acoso continuado por parte das autoridades. Un acoso que tivo nas multas recibidas por 17 persoas, pola súa participación na loita contra o desafiuzamento da veciña d'A Coruña, Aurelia Rey.

Para denunciar ese acoso e castigo aos movimentos, varios colectivos sociais manifestaron-se polas rúas da cidade baixo o lema "Multan-nos a nós, para asustar-te a ti". Ao remate da manifestación os colectivos participantes realizaron a micrófono aberto intervencións moi aplaudidas. O representante dos "Sen Teito", reivindicou unha cidade que os acolla, e pola que transitar con liberdade. O representante do colectivo "Sen Papeis" reivindicou unha cidade máis humana: "Ningunha persoa é ilegal". A representante da loita de Afectad@s polas Preferentes explicou, nunha emocionada intervención, en que punto se encontra a súa loita, que máis de 15.000 euros, soman as multas recibidas da Delegación do Goberno, dixo que lle propuxeron ao Delegado o troque das multas por un paquete de preferentes, 'din que o Delegado do Goberno non aceptou' sic... A concentración recibiu tamén as saúdas doutros colectivos, e tamén da delegación de STOP-Desafiuzamentos de Ferrolterra. Para rematar o poeta Luix, da Timba Poética d'A Coruña, verbalizou en dous poemas a indignación e as esperanzas que afloran destas loitas, remataban estes versos cun "a rebelión está en marcha".


http://youtu.be/AIipswwxH-g

Publicado por Galiza Contrainfo, espazo de comunicación alternativa
Canle:
galizacontrainfo.

Web:
http://galizacontrainfo.org/

Os movementos sociais da cidade sairon á rúa para denunciar a represión a que están sendo sometidos e esixir a dimisión do delegado do goberno Samuel Juárez.
Baixo a Licenza  Creative Commons (reutilización permitida).


Conta no facebook de Stop-Desafiuzamentos A Coruña:
https://www.facebook.com/pages/STOP-DESAHUCIOS-A-CORU%C3%91A/216065495111451
_____

Enlace relacionado:
Ártabra 21: Contra a criminalización da solidariedade, concentración n'A Coruña, hoxe xoves, 11 de xullo, no Obelisco ás 8 da tarde
_______________

xoves, xullo 11, 2013

Contra a criminalización da solidariedade, concentración n'A Coruña, hoxe xoves, 11 de xullo, no Obelisco ás 8 da tarde

MULTANNOS A NOS PARA ASUSTARTE A TI.

20:00 HORAS OBELISCO. QUE A REVOLTA NON PARE¡¡¡

Catro persoas máis propostas para sanción.

Múltannos a nós para asustarte a ti

A Coruña, 10 de xullo 2013. Ao abeiro da crise social creada polas entidades bancarias en connivencia ca corrupción política, o goberno municipal do Concello da Coruña e a Subdelegación do Goberno están a amosar como, dende unhas institucións que se supoñen de todas e todos, perséguense as protestas e criminalízanse as demandas da cidadanía ao tempo que non se dubida en seguir apoiando aos bancos i élites políticofinancieiras que se están a beneficiar do actual drama social.

Ás 13 persoas que a día de onte estaban baixo ameaza de sancións por teren participado en mobilizacións a favor do dereito á vivenda e contra os recortes sociais, temos que engadir hoxe 4 persoas máis.

Este total de 17 persoas -polo de agora- están acusadas de feitos supostamente ocorridos tanto durante a tentativa de desafiuzamento de Aurelia Rey (18 de febreiro) como durante unha concentración diante da sede do Partido Popular (9 de abril).

A estas persoas acúsaselles de diferentes faltas, pero fundamentalmente podemos resumilas en 3: dificultar a súa identificación –cuestión totalmente falsa, as persoas indentificáronse, e foi en varios dos casos o feito de pedir tamén identificación a algún dos axentes o que conlevou estas propostas de sanción como represalia-, instigar ás masas a defender o dereito á vivenda –interpretación subrealista que insinúa que as aproximadamente 200 persoas que acudiron a parar o desafiuzamento de Aurelia, ou quenes participan en mobilizacións sociais, carecen de reflexións e posicionamentos propios sobre a actual crise de dereitos humanos e sociais no Estado español- e, en terceiro termo, unha perversa interpretación do que supón a “seguridade” cidadá, xa que, segundo as propostas de sanción, pronunciarse a favor do dereito á vivenda i en contra dos recortes que poñen en risco cuestións esenciais como a vivenda, a saúde ou a educación da cidadanía crea un clima de inseguridade.

É dicir, que o que realmente preocupa aos nosos gobernantes non é que esteamos a vivir un retroceso en dereitos humanos e sociais sen precedentes dende o inicio da democracia, senón que o que verdadeiramente considera como “problema” o goberno do Partido Popular no Concello e na Subdelegación é o feito de que fagamos uso do noso dereito á manifestación e libre expresión para denuncialo e pronunciarnos en contra.

Os colectivos sociais e persoas que loitamos polo benestar da cidadanía estamos a ver con fonda preocupación esta perversa interpretación da realidade que están a impoñer os representantes políticos. Éstes, facendo uso do seu poder, non dubidan en tentar silenciarnos a través da actuación de forzas que deixan de ser “de seguridade” para converterse en “represivas” xa que, en lugar de defendernos de bancos estafadores e políticos ladróns, cargan contra a cidadanía con toda a forza do aparato de Estado. Diante desta manipulación da realidade perfectamente imbricada no que a investigadora social Naomi Klein chama “a Doctrina do Shock” 1, resulta cada vez máis acaído ter presente as palabras do financieiro estadounidense WarrenBuffet -o cuarto home máis rico do mundo e un dos quince máis poderosos segundo Forbes2-: “There’s classwarfare, all right, but it’s my class, the rich class, that’s making war, and we’re winning.3” Os poderosos protéxense entre eles. É por iso que o Goberno, as persoas elexidas na Coruña ou no Estado para atender as demandas da poboación, estanse centrando abertamente en silenciarnos, reprimirnos e disuadirnos da nosa capacidade crítica, sancionando economicamente a quenes protestamos.

Que cabe agardar dun Concello e unha Subdelegación do Goberno que pertencen a un partido político especialista en estafar diñeiro público? Á vista do ambiente dos xulgados de Madrid, poucas organizacións activas na actualidade teñen tantos delincuentes entre as súas filas como ten o Partido Popular….

Nós non lles temos medo, estamos seguras e seguros dos nosos coñecementos e confiamos nos nosos sentimentos, estamos fortes para dar unha resposta. Mañán, xoves 11, ás 20.00hrs., na praza do Obelisco, concentración conxunta en denuncia da criminalización da solidariedade: Múltannos a nós para asustarte a ti.

No facebook:
https://www.facebook.com/pages/STOP-DESAHUCIOS-A-CORU%C3%91A/216065495111451

__________________

martes, xuño 25, 2013

Nova Asemblea de persoas afectadas pola desidia do goberno municipal, á hora da entrega das vivendas de Recimil - Este Mércores 26 de Xuño ás 6 da tarde no Centro Cultural Carvalho Calero do Inferniño

Stop-Desafiuzamentos da Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra, convoca unha Asemblea de Persoas Afectadas pola desidia do goberno municipal á hora de entrega das vivendas protexidas de titularidade municipal.

O obxectivo desta asemblea é abordar o estado actual da reivindicación de adxudicación e entrega das vivendas de Recimil ás persoas da lista que están agardando por elas.

Neste momento sabemos, sen confirmación oficial, que xa contrataron a unha empresa para a reforma e reparación das vivendas baleiras. Tamén nos consta que o Concello segue chamando, por orde, ás persoas da lista de espera, para confirmar a súa demanda de vivenda. Podemos informar tamén de que se está a elaborar o demandado censo de vivendas baleiras.

Queremos informar tamén de que trinta persoas afectadas pola desidia do Goberno Municipal, teñen interposta unha reclamación ante o Concello e ante o Valedor do Pobo. Continuamos á espera de que o Sr. Alcalde, José Manuel Rey Varela, conceda a segunda xuntanza coa Comisión constituída por persoas afectadas e de Stop-Desafiuzamentos para buscar unha solución a esta situación criada no noso concello en relación ao dereito a unha vivenda digna.

A citada Asemblea terá lugar o vindeiro Mércores, 26 de Xuño, ás 6 da tarde, no Centro Cultural Carvalho Calero do Inferniño. Esta asemblea estará aberta tamén a todas aquelas persoas que queiran solidarizarse con este colectivo e incorporarse á loita por unha vivenda digna.

Ferrol, a 25 de Xuño de 2013

Stop-Desafiuzamentos (Adherida ás PAHs) - Comisión Dereito a unha Vivenda Digna,
da Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra

Correo-e:
forosocialdeferrolterra@gmail.com

Blogue:
http://stop-desafiuzamentos-ferrolterra.blogspot.com.es/

Enviado por:
Foro Social de Ferrol Terra FSdeFerrolTerra
-forosocialdeferrolterra@gmail.com-
25 de junho de 2013 11:24

__________