Amosando publicacións coa etiqueta Loita contra os desafiuzamentos. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Loita contra os desafiuzamentos. Amosar todas as publicacións

martes, xaneiro 10, 2017

Acción de Protesta e Denuncia diante dos Xulgados de Ferrol ante un novo Xuízo de Desafiuzamento e para demandar alternativa residencial e denunciar o desemprego, a pobreza e a exclusión social - Mércores 11 de xaneiro, ás 10 da mañá, diante do edificio dos xulgados de Ferrol


Concentración diante dos Xulgados de Ferrol ante un novo Xuízo der Desafiuzamento e para demandar alternativa residencial e denunciar o desemprego, a pobreza e a exclusión social.


As plataformas Stop Desafiuzamentos da Rede de Apoio Mutuo de Ferrrolterra e a PAH de Ferrol e Comarca, teñen convocado mañá mércores 11 de xaneiro, ás 10 da mañá, unha acción de proptesta e denuncia, diante do edificio dos xulgados de Ferrol.

Mañá vai ser desafiuzada unha nai e o seu fillo menor, de 16 anos de idade, o motivo é a falta de traballo e o empobrecemento. Desde as plataformas antidesafiuzamentos e polo dereito a unha vivenda digna e adecuada, mobilízamo-nos unha vez máis en demanda de xustiza social. J.T.Z. vai ser xulgada por falta de recursos económicos para facer fronte aos gastos correntes e de residencia, non pode pagar un alugueiro que lle garanta o dereito a unha vivenda digna e adecuada. Un caso máis en Ferrol que se ven somar ás múltiples situacións de inxustiza que se producen a diario. Nos últimos días mantemos xuntanzas coa concelleira de benestar social, para trasladar-lle problemas de exclusión social que se van somando aos que desde hai tempo persisten na cidade. Depende de nós da solidariedade, organización e mobilización, atopar solucións que non se transformen só en paliativas ou dependentes de por vida dos servizos sociais. Toda persoa ten dereito ao traballo ao benestar social e saúde tanto física como psíquica, a un nivel de vida adecuado, até alimentación, vestido e vivenda, e á mellora continua das condicións de existencia... os dereitos dos menores e adolescentes á protección efectiva... o dereito a unha vivenda digna e adecuada...  pactos, convenios internacionais, ... continuamente chaman ás administracións a lexislar para garantir-los, mais os gobernos miran para outro lado e tiran medidas para a galería sen importa a súa efectividade e cumprimento, mais estamos faltas de medidas estruturais de reparto efectivo da riqueza, rematar co malgasto e a corrupción e que sexa real a máximas política que agora todo o mundo asume, de primeiro as persoas... a non ser que non nos consideren persoas.

_______________

mércores, xuño 22, 2016

Esquerda Unida Narón presenta unha Moción para o Pleno deste mes coa intención de declarar "Narón cidade libre de desafiuzamentos" e polo dereito a unha vivenda digna e adecuada


EU Narón presenta esta Moción para o Pleno deste mes.

Esquerda Unida presenta unha moción para declarar a

"NARÓN CIDADE LIBRE DE DESAFIUZAMENTOS"
e POLO DEREITO A UNHA VIVENDA DIGNA E ADECUADA
.

EU Narón solicitará a aprobación dos seguintes acordos no pleno deste mes:

PRIMEIRO.- O pleno do concello declara Narón como “Cidade Libre de Desafiuzamentos”.

SEGUNDO.- Creación dun servizo municipal de vivenda coas seguintes funcións:

  1. Estudo de elaboración dun Plan Municipal de Vivenda que recolla dun xeito real e efectivo a demanda de vivenda que hai no termo municipal e as características e tipo de demanda.
  2. Orientación xurídica e práctica en materia hipotecaria e de alugueres.
  3. Seguimento e avaliación dos casos de afectados por procedementos de execucións hipotecarias ou  de desafiuzamentos por aluguer, en colaboración cos Servizos Sociais.
  4. Rexistro de demandantes de vivenda.
  5. Elaboración dun censo de vivendas baleiras (propiedade, estado, localización, características, dispoñibilidade, …).
TERCEIRO.- Que o Concello se comprometa a que ningún corpo de seguridade e emerxencias municipal colabore na execución de desafiuzamentos (nomeadamente Policía Local e Bombeiros).

CUARTO.-  O Concello garantirá a aplicación dos protocolos e normativas derivadas do  Convenio de colaboración entre o Consello Xeral do Poder Xudicial, a Xunta de Galicia e a Federación Galega de Municipios e Provincias (fegamp) sobre a detección de supostos de vulnerabilidade con ocasión do lanzamento de vivenda familiar e medidas de carácter social, asinado o do 8 de Abril de 2013.

QUINTO.- Instar o Goberno de España á modificación do ordenamento xurídico estatal que garanta a paralización dos desafiuzamentos, a dación en pago e o efectivo dereito a vivenda.

SEXTO.- Trasladar o presente acordo á Xunta de Galicia.

SÉTIMO.- Trasladar o presente acordo ao Goberno de España.

"Dende EU Narón entendemos que hai que garantir o dereito a unha vida digna, e a vivenda debe ser un dereito e non un privilexio, ningunha familia debe quedar na rúa por non poder pagar as súas facturas, as traballadoras e traballadores en paro son vítimas e non culpables dunha crise provocada polos que mais teñen e que pagamos os de sempre".

"Moitos traballadores con salarios de miseria non son capaces de chegar a fin de mes, ocorre que ter traballo xa non garantiza saír da pobreza, unha traballadora ou traballador con 600 euros de salario ou menos, e con cargas familiares, non pode pagar un alugueiro de 300 ou 400 euros e vivir dignamente, vense obrigados simplemente a sobrevivir".



Grupo Municipal de Esquerda Unida de Narón
Contas de Esquerda Unida Narón no facebook e no twitter.
Portavoz: André Abeledo Fernández.
Achégate xunta Nós, fagamos un novo Concello mais social, mais democrático, participativo e de Tod@s.
http://esquerdaunida.org/



Enviado por:
Naron Esquerda Unida
-eu-naron@esquerdaunida.org-
21 de junho de 2016 23:45

_______________

venres, decembro 19, 2014

Mobilizacións contra a criminalización dos movimentos sociais e a represión








Mobilizacións diante das Subdelegacións do Goberno (A Coruña, Lugo e Ourense) e en Vigo diante da sede do PP, contra a criminalización e a represión dos movimentos sociais, organizadas polas plataformas anti-desafiuzamentos e polo dereito a unha vivenda digna, que conflúen na coordinadora galega de STOP's e PAH's.

Ante as continuas actuacións represivas do Goberno contra o movimento solidario na Galiza, convocaron-se mobilizacións, para denunciar a criminalización da protesta e a lexitimidade do pobo a defender o dereito humano a unha vivenda digna e adecuada. Nas mobilizacións estiveron presente as reivindicacións das persoas inmigrantes, por ser hoxe o Día Internacional d@ Migrante. Tampouco faltaron referencias á Lei Mordaza, mal denominada de Seguridade Cidadá, que nos quere impoñer o Partido Popular, para criminalizar a protesta, para legalizar aínda máis a represión sobre o movimento social, para intentar meter medo.

Stop-Desafiuzamentos da Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra, como integrante da coordinadora galega, participou na concentración diante da sede da Subdelagación do Goberno e posterior manifestacións, na Coruña que rematou diante da Delegación do Goberno, onde un compañeiro leu un comunicado en reperesentación dos colectivos de inmigrantes e reperesentantes das plataformas antidesafiuzamentos o manifesto unitario "Non Temos Medo".

-

Stop-Desafiuzamentos da Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra
Está Adherida ás PAHs e forma parte da Coordinación Galega de STOPs e PAHs
Dereito a unha Vivenda Digna e Adecuada

Correo-e:
forosocialdeferrolterra@gmail.com

Blogue:
http://stop-desafiuzamentos-ferrolterra.blogspot.com.es/

Páxina no facebook:
Stop-Desafiuzamentos da Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra
https://www.facebook.com/StopDesafiuzamentosDeFerrolTerra

Local:
Avda. Castelao S/N.
Local de Arméria Soc. coop. Galega
Traseira do Mercado Municipal de Caranza
1406-Ferrol
__________


___________________________

venres, marzo 21, 2014

A ILP contra os desafiuzamentos chega ao Parlamento - Celso Posada e Inácio Martínez foron os dous compañeiros de Stop-Desafiuzamentos da Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra que asinaron como promotores da ILP-Galega presentada


O pasado 18 de Marzo, xuntábamo-nos en Compostela compañeiros e compañeiras dos STOPs e PAHs da Galiza, diferentes plataformas de loita e solidariedade polo dereito a unha vivenda digna e adecuada, un dereito humano fundamental. O motivo da convocatoria era o de facer entrega no rexistro do Parlamento Galego, dunha Iniciativa Lexislativa Popular Galega -ILP, para a paralización de todos os desafiuzamentos e a aplicación efectiva da dación en pago, así como o impulso dunha Lei Galega da Vivenda. Celso Posada e Inácio Martínez foron os dous compañeiros de Stop-Desafiuzamentos da Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra que asinaron como promotores da ILP-Galega presentada. A continuación transcribimos o artigo de Miguel Pardo en 'Praza Pública' que reflicte o sentir maioritario dos STOPs e PAHs integrantes da coordinación galega e dos dos obxectivos que se perseguen coa presentación desta iniciativa.

ILP galega contra os desafiuzamentos


As diferentes plataformas antidesafiuzamentos e de afectados pola hipoteca de Galicia presentarán este martes a Iniciativa Lexislativa Popular (ILP) contra os desaloxos. Logo de meses de contactos e xuntanzas, as organizacións levan á Cámara unha protesta que chega tras o éxito -e posterior rexeitamento por parte do PP- da ILP que aterrou no Congreso dos Deputados co apoio do millón e medio de sinaturas presentadas pola PAH.
    A ILP pide modificar a lei de Vivenda e Solo e crear unha nova que paralice os desaloxos, instaure o aluguer social e permita expropiar as vivendas baleiras aos bancos
O propósito dos diferentes colectivos contra os desaloxos é proxectar a nivel autonómico o problema da vivenda e "sobre todo e especialmente da vivenda desocupada e do aluguer social", explican. O obxectivo: a modificación da actual lei de Vivenda e Solo de Galicia e a creación dunha nova norma que "vaia na liña das actuais leis de Navarra e, sobre todo, de Andalucía", ademais da "paralización inmediata dos desafiuzamentos",  a instauración do "aluguer social na vivenda habitual" e a opción de embargar as vivendas que os bancos manteñen baleiras e pechadas.

As plataformas lembran que, "malia o silencio administrativo", os desafiuzamentos seguen a ser unha realidade en Galicia e recordan que o Consello Xeral do Poder Xudicial alertou dun incremento dos desaloxos, un "grave problema habitacional" que no país mínguase un chisco "polo colchón familiar e a especial configuración da vivenda".
    As plataformas lembran que "a Xunta ten plenas competencias para modificar o marco lexislativo na problemática xeral da vivenda"
A presentación desta ILP aposta por reabrir o debate en Galicia logo de que o Goberno do PP rexeitase no Congreso a proposta apoiada por máis de medio millón de sinaturas e a maioría da oposición e que solicitaba a "dación en pagamento retroactiva e a fin dos desafiuzamentos". Os impulsores traen agora a iniciativa ao Hórreo "porque a Xunta ten plenas competencias para modificar o marco lexislativo na problemática xeral da vivenda" e tamén porque os últimos datos indican que case o 20% das vivendas do país están baleiras e porque a vivenda é un dereito recoñecido na Constitución que na práctica só é considerada "un simple ben de consumo suxeito ás leis do mercado".

Así, na ILP as plataformas antidesafiuzamentos e de afectados pola  hipoteca reclaman que se modifique actual Lei do Vivenda e Solo de Galicia do 2012 en tres puntos. Solicitan modificacións lexislativas que permitan embargar ás entidades bancarias as vivendas das persoas que están sendo desafiuzadas e que estas se oferten en réxime de aluguer social. Ao tempo, piden á Xunta "a inmediata paralización dos desafiuzamentos en Galicia e o aluguer social na vivenda habitual". Tamén reclaman a expropiación das vivendas baleiras en mans da entidades financeiras e da Sareb. "Aínda que o artigo 33 da Constitución consagra o dereito á propiedade privada, establecendo que se trata dun dereito cuxo contido vén delimitado pola súa función social, a Constitución non tutela, xa que logo, usos antisociais do dereito de propiedade".
    As PAHs e os grupos de Stop Desafiuzamentos piden o apoio da sociedade civil á ILP e convocan a unha concentración ante o Parlamento
As PAHs e os grupos Stop Desafiuzamentos de Galicia fan un chamamento á sociedade civil, aos partidos de esquerda e nacionalistas, aos sindicatos e ás organizacións sociais para que apoien esta proposta de cambios lexislativos. Ademais, tamén chaman aos movementos sociais galegos e á cidadanía compostelá para que acuda mañá martes 18 ás 11.30 á entrada do Parlamento "en apoio da ILP".

As diferentes plataformas son conscientes de que a maioría absoluta do PP en Galicia fai "case imposible" que a ILP sexa aceptada, pero a iniciativa vai moito máis aló dese resultado final. "Queremos lanzar unha mensaxe, a de que non pode haber casas baleiras mentres se está a desafiuzar a xente e hai unha clara emerxencia social e habitacional", explicaba a Praza Adolfo Telmo, voceiro da PAH de Vigo-Tui, que aclara que é "unha carreira de fondo e de concienciación". "Queremos que o programa sexa asumido polos partidos da oposición, porque pensamos tamén no futuro e en promover un cambio e ofrecer, a partir da lei, unha saída a todas as familias en dificultades", engade.

Miguel Pardo | @depunteirolo

Praza   Pública precisa de Ti:
A forza de Praza Pública son os seus lectores e lectoras. Praza é un medio da súa comunidade de lectores. A existencia do xornal depende das achegas realizadas por todos nós [+info].
---
Stop-Desafiuzamentos da Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra | Está Adherida ás PAHs e forma parte da Coordinación Galega de STOPs e PAHs.
Comisión Dereito a unha Vivenda Digna

Correo-e:
forosocialdeferrolterra@gmail.com

Blogue:
http://stop-desafiuzamentos-ferrolterra.blogspot.com.es/

Páxina no facebook:
Stop-Desafiuzamentos da Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra
https://www.facebook.com/StopDesafiuzamentosDeFerrolTerra

Enviado por:
forosocialdeferrolterra
-forosocialdeferrolterra@gmail.com-
21 de março de 2014 00:35
____________

luns, marzo 17, 2014

Presentación o Martes 18 de Marzo, no Parlamento de Galicia, da ILP-Galega para a paralización de todos os desafiuzamentos e a aplicación efectiva da dazón en pago, así como o impulso dunha lei galega da vivenda


Presentación o Martes 18 de Marzo, no Parlamento de Galicia, da ILP-Galega para a paralización de todos os desafiuzamentos e a aplicación efectiva da dazón en pago, así como o impulso dunha lei galega da vivenda


Presentación o Martes 18 da ILP-Galega non Parlamento de Galicia

Nós non causamos a burbulla inmobiliaria, nin esta crise que nos deixa sen traballo e sen poder pagar a hipoteca, polo que non temos por que pagar as súas consecuencias mentres vemos como os bancos se quedan coas vivendas para mantelas pechadas, cando hai familias enteiras vivindo nas rúas.

Por iso, presentamos esta Iniciativa na que propoñemos a paralización inmediata de todos os desafiuzamentos, o aluguer social como alternativa habitacional e a expropiación daquelas vivendas que os bancos manteñan pechadas.

¡Contra os abusos da banca, organicémonos! ¡Enchamos a porta do Parlamento contra os desafiuzamentos!

Convocamos á cidadanía a concentrar-se diante do Parlamento para acompañar-nos acto de presentación da nosa Iniciativa Lexislativa Popular, que terá lugar o vindeiro martes 18 de marzo ás 11 da mañá diante do Parlamento de Galicia. Mentres, compañeiros e compañeiras das PAHs e STOPs entrarán xunto cos promotores da ILP a rexistrala. Tras rexistrala, convocaremos unha rolda de prensa, coa que finalizará o acto de presentación.


Este martes 18 de Marzo de 2014, ás 11:30hs á entrada do Parlamento de Galicia as PAH/STOPs de Galiza presentaremos a nosa Iniciativa Lexislativa Popular ILP.

Estes son os nosos motivos :

Os desafiuzamentos a día de hoxe malia do silencio administrativo, seguen sendo unha realidade no noso PAIS. O consello do Poder Xudicial recoñece que aumentaron en Galiza no primeiro trimestre deste ano un 11% Existe un grave problema habitacional en Galiza amortiguado sen dúbida polo colchón familiar e a especial configuración da vivenda no noso país .

A parte mais cruel deste problema, os suicidios, por causa dun desafiuzamento ou das presións dos bancos a día de hoxe seguen sendo unha triste realidade como soubemos recentemente. O Goberno do PP fixo caso omiso do millón e medio de firmas que as PAHs presentaron no Congreso pedindo a "dacion en Pago retroactiva e o fin dos desafiuzamentos". A pesar do enorme apoio cidadán que estas peticións tiveron, o Goberno de Rajoy empeñouse en desoír estas peticións e sacar unha lei á medida e ditado da BANCA.

Hoxe queremos suscitar unha ILP autonómica que leve o grave problema dos desafiuzamentos e da vivenda á Xunta de Galicia, a cal dito sexa de paso fixo como "si os desafiuzamentos non fosen con ela e só fose un problema do Goberno central "

Queremos suscitar a nivel Autonómico o problema da Vivenda e sobre todo e especialmente da Vivenda desocupada e do Aluguer social

Primeiro Porque a Xunta ten plenas competencias para modificar o marco lexislativo en na problemática xeral da vivenda.

Segundo Porque o 18,6% dás vivendas de Galiza estaban baleiras en 2011

É especialmente condenable o considerable número de vivendas baleiras pertencentes entidades financeiras e as súas filiais inmobiliarias, entidades de xestión de activos, incluídos os procedentes da reestruturación bancaria a SAREB. E que hai que dicir que foron entidades bancaria rescatadas con enormes e inxentes cantidades de diñeiro publico. Rescate que xerou un gravísimo endebedamento, que hoxe está empobrecendo á maioría da nosa sociedade, por causa da política do Partido Popular baseada en recortes e nunha política austericida.

Terceiro Porque malia a importancia que a Constitución outorga ao dereito á vivenda, o certo é que na práctica é considerada un simple ben de consumo suxeito ás leis do mercado. Neste contexto, é urxente e necesario que desde os poderes públicos se adopten as medidas necesarias para asegurar a función social da vivenda e desta forma se faga efectivo o cumprimento do artigo 47 da Constitución, garantindo desde as administracións públicas a realización deste.

Por todo isto as PAHs e STOPS de Galiza formulan unha ILP que

... modifique actual Lei do Vivenda e Chan de Galicia do 2012 en tres puntos :
- Suscitamos unhas modificacións lexislativas que embarguen ás entidades Bancarias as Vivendas das persoas que están sendo desafiuzadas e que estas, se oferten en réxime de Aluguer Social.

- Esiximos á Xunta a inmediata paralización dos desafiuzamentos en Galiza e o Aluguer Social na vivenda habitual

- Suscitamos a expropiación da Vivendas baleiras en mans da Entidades Financeiras e da SAREB, porque pensamos que aínda que o artigo 33 da Constitución consagra o dereito á propiedade privada, establecendo que se trata dun dereito cuxo contido vén delimitado pola súa "función social", que é básica para a xeneralización dos dereitos sociais. A Constitución non tutela, xa que logo, usos antisociais do dereito de propiedade ...
¡E hai poucos usos mais antisociais e antieconómicos que manter vivendas baleiras¡

Ademais moitas delas produto de embargos e desafiuzamentos que se realizaron ao amparo dunha lexislación abusiva e ilegal como recordaron múltiples sentenzas xudiciais e o TXdaEU.

A ILP Autonómica das PAHs e Stops da Galiza suscitan modificacións legais que pretenden mellorar a definición da función social da propiedade da vivenda e das consecuencias do incumprimento de dita función, nuns momentos que poden ser cualificados como de urxencia social e económica

A ILP sinala e pon en punto de mira dun lado, a existencia dun desorbitado parque de vivendas sen uso ou infrautilizado e, doutro, unha demanda insatisfeita cunha oferta insuficiente e a prezos non adecuados, e numerosos procesos de privación da súa vivenda. Á vez que denunciamos, que por culpa da crise económica e dunha estafa perfectamente planificada os prezos da vivenda e das hipotecas están inflados como o propio Banco de España advertía no seu informe de 2004 o sinalar que o prezo da vivenda estaba sobrevalorado entre un 24% e un 35%. Para o 40% das familias pagar unha hipoteca supoñen o 60% dos ingresos familiares, converténdose deste xeito nunha forma moderna de exclavitude.

Facemos un chamamento á sociedade civil, aos partidos de esquerda e nacionalistas, a sindicatos, orgs sociais que apoien unha vez mais ás PAHs Galegas e aos Grupos STOPs de Galiza e a súa proposta de cambios lexislativos, ademais queremos facer un chamamento aos diversos movementos sociais de Galiza e así como a toda a cidadanía compostelá, para que acudan este martes 18 de Marzo, ás 11:30hs á entrada do Parlamento de Galicia para apoiar a nosa Iniciativa Lexislativa Popular.

O acto consistirá nunha concentración diante do Parlamento. Mentres, varios compañeir@s das PAHs e Stops entrarán xunto cos promotores dá ILP a rexistrala. Tras rexistrala, convocaremos unha rolda de prensa, coa que finalizará o acto de presentación.

@PAHs/STOP de Galiza

PROPOSICIÓN DE LEI A TRAVÉS DE INICIATIVA LEXISLATIVA POPULAR PARA A PARALIZACIÓN DE TODOS OS DESAFIUZAMENTOS EN GALICIA, A APLICACIÓN EFECTIVA DA DACIÓN EN PAGAMENTO E O IMPULSO DUNHA LEI GALEGA DE VIVENDA [Acceder ou Baixar o Texto] - en formato pdf.

||||||||||||||||||||||||||


Saúde e Vivenda Digna !

Plataforma Stop-Desafiuzamentos da Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra | Está Adherida ás PAHs e forma parte da Coordinación Galega de STOPs e PAHs.
Comisión Dereito a unha Vivenda Digna

Inácio (Comunicación)
645 158 113

Correo-e:
forosocialdeferrolterra@gmail.com

Blogue:
http://stop-desafiuzamentos-ferrolterra.blogspot.com.es/

Páxina no facebook:
Stop-Desafiuzamentos da Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra
https://www.facebook.com/StopDesafiuzamentosDeFerrolTerra

||||||||||||||||||

Enviado por:
Foro Social de Ferrol Terra FSdeFerrolTerra
-forosocialdeferrolterra@gmail.com-
17 de março de 2014 02:26

____________

luns, outubro 21, 2013

Loita pola Dignidade, ... Por José Manuel Pena, portavoz de Stop Desafiuzamentos de Barbanza

A LOITA POLA DIGNIDADE

Por José Manuel Pena [*]
21.10.2013


A soidade, a angustia e a indefensión coa que se atopaba unha muller da Comarca, do Barbanza que a punto estaba de quedarse na rúa, por culpa dun procedemento de execución hipotecaria iniciado a instancias dunha coñecida entidade financeira, moveunos a tomar as rendas e constituír unha Plataforma para protexer ás familias humildes do poder "omnipotente" das entidades financeiras e presionar á clase política sobre a necesidade de garantir, de xeito efectivo, o dereito de todo cidadán a unha vivenda digna.

Eramos conscientes da cruzada que iniciabamos contra o poder político e financeiro pero nunca cremos atoparnos con tal cantidade de familias afectadas, en máis de ano e medio de vida, case un centenar coa total imposibilidade de facer fronte ás súas obrigacións hipotecarias, e moitas delas con graves dificultades para chegar a fin de mes, até sen nada que levarse á boca.

Comezamos con entrevistas cos máximos responsables municipais e os departamentos de servizos sociais acompañadas de campañas, nos diferentes medios de comunicación, ao obxecto de que a propia sociedade civil fose consciente da necesidade de loitar e opoñerse aos abusos bancarios, obrigando ás entidades financeiras a negociar antes de que ningunha familia humilde, por causas económicas, tivese que perder a súa vivenda habitual.

Refinanciamento dos préstamos, moratorias, dacións en pago, alugueres sociais e cantidade de fórmulas existentes, todas elas para chegar a acordos puntuales coas entidades antes de que unha soa familia quedásese na rúa. Un ano e medio despois leste, sen ningunha dúbida, foi un obxectivo sobradamente cumprido.

Tamén nos centramos en recoller firmas, para presentar a Iniciativa Lexislativa Popular no Congreso dos Deputados, na Comarca co apoio de máis dun milleiro de persoas. Ao final a "chantaxe" do poder financeiro puido máis que a "sensatez" da clase política. Boas palabras e intencións pero os desafiuzamentos séguense producindo, nun país con máis de seis millóns de persoas sen emprego; con máis de tres millóns de familias que viven na pobreza extrema e, nos últimos catro anos, con máis de medio millón de desafiuzamentos de familias humildes.

Non tardaron en implicarse co noso labor, de carácter permanentemente altruísta, o Valedor do Pobo e varios profesionais liberais de prestixio (avogados e analista financeiros) e coa suficiente experiencia para opoñerse aos procedementos xudiciais e a presionar ás entidades financeiras para obter o compromiso firme de non desaloxar a ninguén da súa única vivenda.

Tamén comezaron a saír as primeiras sentenzas xudiciais, dalgúns tribunais superiores, que protexían os Dereitos Humanos das familias contra a usura e o abuso da maioría das entidades: cláusulas e intereses abusivos, concesión de hipotecas lixo, tasaciones irregulares e concesión de préstamos hipotecarios coas garantías de avalistas, a propósito da clara imposibilidade de que a familia, en poucos anos, puidese seguir cumprindo coas súas obrigacións crediticias e o banco se incautaría de varias vivendas para logo especular e vendelas ao mellor postor, malia presumir, na maioría dos casos, de que cumprían co código das boas prácticas bancarias.

Moi pronto nos demos conta de que Bruxelas legislaba para protexer aos consumidores, mentres Madrid continuaba amparando o saqueo do patrimonio dos bancos por parte dalgúns membros dos consellos de administración con indemnizacións multimillonarias e suculentos plans de pensións. Mentres milleiros de familias xa apenas poden pensar en pagar a hipoteca cando nin son capaces de alimentar, vestir e costear os estudos dos seus fillos. Moitos dos seus membros, con graves secuelas psicolóxicas, polo acoso constante dos responsables das entidades financeiras e con numerosos intentos de suicido ás súas costas. Seguiremos loitando pola dignidade de todas estas familias porque cada vez somos máis e os verdugos xa están contra as cordas.

[*] José Manuel Pena, é portavoz de Stop Desafiuzamentos de Barbanza. j.mpena@hotmail.com

Enviado por:
Foro Social de Ferrol Terra FSdeFerrolTerra
-forosocialdeferrolterra@gmail.com-
20 de outubro de 2013 21:46
http://stop-desafiuzamentos-ferrolterra.blogspot.com.es/
_________________

xoves, outubro 10, 2013

Un día máis as compañeiras e compañeiros de Stop Desafiuzamentos da Coruña, continuan a pé de portal para evitar o desafiuzamento de Elisabeth


SEGUIMOS EN LOITA. SEGUIMOS CONVIDANDO A TODA Á CIDADANÍA A QUE NOS ACOMPAÑE EN ANTONIO NOCHE 30. GRACIAS POLO VOSO APOIO. NESTA CIDADE NON SE DESAFIUZA¡¡¡

Boas tardes,

Dende STOP Desafiuzamentos A Coruña queremos informar de que a ameaza de desafiuzamento de Elisabeth Sanles segue en pé ó non recibir ela ningún tipo de notificación que lle garanta o contrario. No día de hoxe se lle otorgou o cambio de avogado e se están comezando a abrir novas vías xudiciais, que atinxirán ó Tribunal Europeo de Dereitos Humáns e das que informaremos ó longo destes días. Agardamos que este traballo poda servir de precedente para outros casos similares nos que o dereito á vivenda se vexa vulnerado.

Polo outro lado, queremos agradecer á veciñanza todo o apoio, a empatía e a solidariedade que están a amosar durante estes días. É a forza da xente a que permite frear as agresións contra os mesmos dereitos básicos que as institucións non defenden.

Grazas pola vosa atención,
STOP Desafiuzamentos A Coruña

Correo-e:
desahucios.coruna@gmail.com

Blogue:
http://stopdesahuciosacoruna.blogspot.com.es/

Facebook:
https://www.facebook.com/pages/STOP-DESAHUCIOS-A-CORU%C3%91A/216065495111451

Twiter:
https://twitter.com/Desahuciocoruna

Grupo de stopdesahucios d'A Coruña
@desahuciocoruna
https://n-1.cc/pg/groups/372403/desahucios-corua/

___________________