Amosando publicacións coa etiqueta Manuel Pérez Lorenzo. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Manuel Pérez Lorenzo. Amosar todas as publicacións

mércores, outubro 17, 2018

Presentación no Ateneo Ferrolán do libro 'Meiras, un pazo, un caudillo, un espolio...' este mércores, 17 de outubro ás 19:30hs. - Haberá coloquio e estarán presentes os seus autores: Carlos Babío Urkidi e Manuel Pérez Lorenzo - É un acto encadarado no Ciclo Democracia e Compromiso organizado pola asociación Fuco Buxán


Presentación no Ateneo Ferrolán do libro "Meiras, un pazo, un caudillo, un espolio..." este mércores, 17 de outubro ás 19:30hs. Haberá coloquio e estarán presentes os seus autores: Carlos Babío Urkidi e Manuel Pérez Lorenzo - É un acto encadrado no Ciclo Democracia e Compromiso organizado pola asociación Fuco Buxán.


MEIRÁS. UN PAZO, UN CAUDILLO, UN ESPOLIO.
De Carlos Babío Urkidi e Manuel Pérez Lorenzo.
Unha produción da Fundación Galiza Sempre

Unha das imaxes que máis asociamos á ditadura de Franco é a da silueta do Pazo de Meirás. Residencia de verán do Xefe do Estado durante case catro décadas, o edificio, construído pola escritora Emilia Pardo Bazán, chegaría ás mans do ditador nun proceso marcado polas coaccións e os abusos sobre unha poboación sometida ao aparello represivo do réxime.

O presente volume estuda e documenta eses procedementos e analiza a actuación das administracións en Meirás, co investimento continuado de fondos públicos nunha propiedade que, á morte de Franco, ficaría nas mans da súa familia. Un relato que vén botar luz sobre unha historia que o franquismo nos transmitira en termos ben diferentes. O relato dun tempo que axuda a explicar, en boa medida, o noso presente.

É a terceira vez que este libro se presenta en ferrol, a primeira pola asociación cultural Medulio, a segunda pola Fundaçom Artábria e esta terceira pola A.C. Fuco Buxán. O libro é unha peza fundamenta para a recuperación da memoria Histórica, mais tamén para a reivindicación da devolución do espolio cometido polo Ditador e o seu réxime. Dentro desta parte reivindicativa hai un proceso xudicial aberto contra 19 persoas que participaron nun acto reivindicativo contra este espolio, son os 19 de Meirás.

Pode-se entrar na súa web e apoiar o Manifesto:

https://19demeiras.wordpress.com/

Fundación Galiza Sempre.

http://www.galizasempre.org/

---

Fuco Buxán A. C.
Rúa Armada Española, nº32 Baixo
15406 - Ferrol

fucobuxan@gmail.com

http://www.fucobuxan.net/

No facebook:

https://www.facebook.com/fucobuxan/


No twitter:

https://twitter.com/fucobuxan

_______________