Xurdimos a favor dunha política xusta, democrática, participativa e sustentábel, responsábel cara o futuro da humanidade e do resto das especies, respectuosa e defensora do medio natural, na convicción de que un outro mundo non só é posíbel senón que é necesario.
Este domingo 19 de maio, ás 7 da tarde, no Teatro Jofre.
A “RABIA AO SILENCIO” que cantaba Yupanki da nome a este traballo composto por unha escolma de cancións populares, folclóricas ou de autor, mais todas elas ligadas a un pobo do que manaron e ao que nutriron. Maria Xosé Silvar, Sés, proponnos desta volta un traballo acústico, máis íntimo e directo do que nos ten acostumados, para traer á Galiza do século XXI xoias musicais que na pasada centuria chegaron de ultramar (Cuba, Arxentina, Brasil...), mais tamén de diferentes puntos da Península Ibérica, na voz de Carlos Puebla, Víctor Jara, Mercedes SoSa ou Zeca Afonso. Cancións adaptadas á nosa lingua que foron, no seu momento, semente ou crónica dos grandes movementos sociais do século XX, cancións que exemplifican a pluma e a voz profundas, humanas e solidarias.
María Xosé Silvar "SES" - voz, guitarra e percusión. Sabela Galbán - voz, acordeón e flauta. Tito Calviño - guitarra.