Amosando publicacións coa etiqueta Ses. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Ses. Amosar todas as publicacións

domingo, maio 19, 2019

Ses presenta 'Rabia ao Silencio', o seu novo disco, no Teatro Jofre de Ferrol, hoxe domingo 19 de maio, ás 7 da tarde


SÉS "RABIA AO SILENCIO"


Este domingo 19 de maio, ás 7 da tarde, no Teatro Jofre.

A “RABIA AO SILENCIO” que cantaba Yupanki da nome a este traballo composto por unha escolma de cancións populares, folclóricas ou de autor, mais todas elas ligadas a un pobo do que manaron e ao que nutriron.
Maria Xosé Silvar, Sés, proponnos desta volta un traballo acústico, máis íntimo e directo do que nos ten acostumados, para traer á Galiza do século XXI xoias musicais que na pasada centuria chegaron de ultramar (Cuba, Arxentina, Brasil...), mais tamén de diferentes puntos da Península Ibérica, na voz de Carlos Puebla, Víctor Jara, Mercedes SoSa ou Zeca Afonso. Cancións adaptadas á nosa lingua que foron, no seu momento, semente ou crónica dos grandes movementos sociais do século XX, cancións que exemplifican a pluma e a voz profundas, humanas e solidarias.

María Xosé Silvar "SES" - voz, guitarra e percusión.
Sabela Galbán - voz, acordeón e flauta.
Tito Calviño - guitarra.

Localidades disponíbeis. | Accede.

http://cunde.gal/tenda_ses/
____

domingo, novembro 26, 2017

XVIII Festival Treme a Terra de Pontedeume - Música, Palestras, Homenaxes, ... Sábado 9 de decembro coas actuacións de Voodoo, Ses, Nao e Rebeliom do Inframundo - Diversas actividades os días 10, 15, 16, 17 e 31 de decembro


Palestras, homenaxes e música na 18 edición do Festival Treme a Terra, un evento que volveu con forza no 2015 logo de varios anos de silenzamento forzoso.

O Treme a Terra está en marcha! Con esta van xa 18 edicións e o alicerce sobre o que pivote será a loita antifranquista. Un chamado a non esquecer ás que loitaron coas armas na man contra a barbarie fascista. Ás persoas que xa no 1936 tiveron que escapar ao monte logo da sublevación militar e mantiveron unha dura resistencia formando co tempo as primeiras estruturas guerrilleiras do Estado. Porque na Galiza non houbo guerra civil, pero si un exterminio sistemático da poboación fiel á República. En tan so tres anos foron asasinados 4699 persoas galegas. Mortes controladas e instigadas por militares e falanxistas. Namentres no resto do territorio agudizábase unha contenda militar con dous bandos diferenciados, no noso país, aparentemente sometido, prendíase unha larvada guerra sen frontes nin exércitos. Unha heroica resistencia que agardou ata que non puido máis por unha axuda internacional que nunca chegou. Sirva este festival de homenaxe ás que perderon a vida na procura da liberdade.

A programación do festival ven marcada polo prato forte do sábado 9 de decembro coas actuacións de Voodoo, Ses, Nao e Rebeliom do Inframundo. Cada banda con estilo e propostas de seu, diferentes, mais que coinciden en ser exemplo da calidade do panorama musical actual do no noso país. Dende as 21:00h na pista Polideportiva (Fronte a FP). Contaremos con postos con comida para que non tenhas que sair do recinto.

Domingo 10. Minifestival para pequenas e maiores coa actuación de Cé Orquestra Pantasma. Ás 17:00h na Casa da Cultura.

Venres 15. Palestra sobre a Guerrilla Antifranquista co historiador Bernardo Maiz. Ás 20:00h na Casa da Cultura

Sábado 16. Homenaxe ao guerrilleiro Riqueche e ao resto do destacamento Arturo Cortizas, que a día de hoxe seguen soterrados nunha foxa común no Mosteiro de Monfero.  Contaremos co historiador Manuel Domínguez Ferro. Ás 12:00h no Mosteiro de Monfero.

Domingo 17. Minifestival co grupo eumés Trebellos. Música e maxia para toda a familia. Ás 17:00h na Casa da Cultura.

Domingo 31. Ofrenda floral ao guerrilleiro nado en Pontedeume Francisco Martínez Leira "Pancho". Ás 12:00h no cemiterio de Meá, Mugardos.

Como cada ano, todas as actividades son de balde. Un desafío para todas as que formamos parte do Colectivo Terra, asociación sen ánimo de lucro na que todo o recadado destínase financiamento das actividades que promovemos.

"E que importa, meu ben, que morramos, se deixamos semente de vencer”.

Colectivo Terra.

| Twitter |

http://colectivoterra.gal/

venres, maio 12, 2017

A Fundaçom Artábria celebra o Dia das Letras, este sábado 13 de maio, com Os Verdia, Sés, Tito Calvinho e Brincavai de Paco Nogueiras - Umha ruada-normalizadora percorrerá várias ruas de Esteiro e da Madalena - A nossa entidade tem programada umha intensa jornada para este sábado, 13 de maio, com motivo do Dia das Letras


A nossa entidade tem programada umha intensa jornada para este sábado, 13 de maio, com motivo do Dia das Letras.

As atividades comezarám às 12.00hs, quando umha ruada-normalizadora percorrerá várias ruas de Esteiro e da Madalena corregindo o rueiro ferrolano de estes bairros.

Às 13.30hs decorrerá umha sessom vermute que contará com a música tradicional de Os Verdia. Posteriormente haverá jantar popular com umha ementa composta por Jamom Assado e Cachelos e à que nom é precisso apontar-se previamente.

Às 17.00hs chegará o primeiro prato forte do dia com o espetáculo Brincavai! De Paco Nogueiras que ponheram a todas as crianças que vam lotar o nosso Centro Social a dançar e cantar em galego.

Para assistir ao espetáculo era precisso ter recolhido convite, os quais se esgotarom ao segundo dia de estar disponíveis.

Serám às 22.00hs quando a amiga da Fundaçom Artábria, Maria Xosé Silvar, conhecida artisticamente como Ses subirá ao cenário do nosso Centro Social acompanhada por Tito Calvinho à guitarra. A bergantinhana repasará em acústico os seus temas mais conhecidos num concerto para o que já nom há bilhetes.

No dia 17 a Fundaçom Artábria participará dentro do bloco reintegracionista na mobilizaçom nacional convocada pola Plataforma Queremos Galego em Compostela. 

--
Travessa de Batalhons nº7   Esteiro
15403 Ferrol - GALIZA
Telefone:  +34 981 35 29 86
www.artabria.net

Segue-nos em twitter @fartabria e em facebook!

....

A Fundaçom Artábria é um projecto popular em defesa da língua e cultura nacional, os valores solidários e os direitos históricos da Galiza. Entidade de carácter sociocultural sem ánimo de lucro que está declarada de Interesse Galego e classificada de interesse cultural, com o nº 54 no registo de fundaçons da Xunta de Galicia.

Enviado pola:
Fundaçom Artábria
-artabria@artabria.net-
11 de maio de 2017 17:03
_____________

mércores, xaneiro 11, 2017

Ses en Concerto, presentando, en Narón, o seu último e cuarto traballo 'Opoñerse á extinción', no Pazo da Cultura, este sábado 14 de xaneiro


Ses en Concerto, presentando o seu último e cuarto traballo 'Opoñerse á extinción', no Pazo da Cultura de Narón, este sábado 14 de xaneiro, ás 8 da tarde.

Nunca se foi, pero xa volve SES, rebosante de enerxía cun novo disco baixo o brazo. Chámase Opoñerse á extinción e estará na rúa o 2 de decembro con once temas que arrecenden á cantora bergantiñana en cada acorde.

Opoñerse á extinción é o cuarto álbum dunha SES que sigue sendo pura forza, inconformismo e paixón. Nel segue a liña do seu inconfundible estilo que a levou a converterse na artista máis relevante do país nos últimos anos e nun auténtico fenómeno social que non deixa de medrar.

Ela mesma define así este seu cuarto disco:
"O título 'Opoñerse á extinción' é a síntese da actitude que amosa o disco. A honestidade, a lucidez e tamén a rabia de sabernos en vías de desaparición inminente e inxusta, mais coa forza, o orgullo e o vitalismo de quen non asume o autoodio que tentan inculcarlle. Creo que é un traballo humilde, sincero e profundamente namorado da cultura á que pertence. É un disco de amor".
Este novo traballo continúa na liña dos dous discos anteriores, cunha onda ecléctica que vai do rock ao blues pasando pola canción de autor latinoamericana, pero atrevéndose desta volta con novas sonoridades e deixando máis espazo para a cantareira que hai no seu interior.

A SES compositora vai medrando e madurando, aínda que sigue a tratar os temas de sempre: o amor en todas as súas versións (inclúe unha canción dedicada á filla dunha das súas cantoras), sen esquecer un tema clave da súa personalidade como artista, a denuncia social.

http://ses.cunde.gal/
_____________