Amosando publicacións coa etiqueta Mercadiño de Troco. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Mercadiño de Troco. Amosar todas as publicacións

luns, decembro 12, 2011

Coincidindo coa Feira Mensal de Ferrol do Terceiro Domingo de Mes, celebra-se nos meses pares o Mercadiño de Troco: Este Domingo 18 de Decembro, na Praza Vella


 FEIRA DE TROCO
Coincidindo coa Feira Mensal de Ferrol do Terceiro Domingo de Mes, celebra-se nos meses pares o Mercadiño do Troco de Ferrol.
Domingo, 18 de Decembro desde 11:00 horas.
Na Praza Vella de Ferrol.

Contra o consumismo, troca e reutiliza!!!

O Mercadiño de Troco pretende ser unha alternativa ao consumismo actual e sobre todo nestas datas de consumismo desbocado convidan a todas as persoas que desexen trocar algo a que acudan á Praza Vella.

O valor das cousas é o que interesa, non o seu prezo. Algún obxecto que xa non necesitamos pode que alguén si o preci-se. Trocar significa menos residuos, menos contaminación, menos capitalismo.

Trocar debería ser unha práctica habitual de tod@s nós, máis nunha sociedade onde o consumismo é un valor espallado amplamente, incrustado na mente das persoas, pola intensa publicidade e incitación a devorar, non a consumir.

A nova relixión é o Consumo e os templos modernos son os Centros Comerciais, cheos de produtos que na súa maioría non tardaran en formar parte do combustíbel que utiliza Sogama no seu proceso de incineración. Consumir responsabelmente é unha boa práctica social, promover o consumo responsábel é necesario.


Pensa no que precisas e que podes ofrecer a cambio
cólleo
tráeno
trócao

O valor real de calquera cousa é somentes o da súa utilidade:
algo moi custoso que non se usa, non vale nada
algo recuperado ou un préstamo temporal poden valer moitísimo

Web do Mercadiño de Troco Permanente de Ferrol Terra:
http://www.trocaferrol.org/

No facebook:
http://www.facebook.com/profile.php?id=100000679656839
____________________

xoves, novembro 17, 2011

Sábado 19 e Domingo 20 de Novembro - Limpeza fondos mariños no peirao de Ferrol e Mercadiño do Troco na Feira

Este fin de semana propoñen-nos unhas actividades moi interesante: Limpeza de fondos mariños no peirao chatarreiro de Ferrol e Mercadiño do Troco na Praza Vella de Ferrol, no transcurso da Feira.


Limpeza fondos mariños

Periodicamente varias asociacións dedican-se á limpeza de fondos mariños, na nosa Ría @s companeir@s do Clube do Mar e da SGHN -Sociedade Galega de Historia Natural, estarán dedicados a esta actividade desde as 10 da mañá do Sábado 19 de Novembro, na parte exterior do porto onde se descarga chatarra.

Para máis información:
Sociedade Galega de Historia Natural
Dende 1973 estudiando, divulgando e defendendo o medio natural galego
Delegación de Ferrol
"Casa do Coronel"  Praza de Canido, s/n 15402 - Ferrol
Apartado de Correos n1 356 ; 15480 FERROL
Tfno. (24 horas) e fax 981 35 28 20
mobil 616 388 935
web: http://www.sghn.org
correo-e: ferrol@sghn.org
Blog da Delegación de Ferrol:
http://sghnferrol.blogspot.com





Mercadiño do Troco

Mais o 20N, ademais de ser o día fatídico das Eleccións ás Cortes Xerais -Parlamento e Senado españois, ... hai nova edición do Mercadiño do Troco na praza Vella de Ferrol, de 11 a 14 hs, coincidindo coa Feira de Ferrol que se celebra cada terceiro domingo de mes.

O Mercadiño é un espazo de encontro de exposición de diferentes obxectos para o seu troco ou cesión.

O Mercadiño Dixital en:
trocaferrol.org

Nas redes sociais:
facebook.com

Información baseada na enviada por:
Antonio Gª
-angaji@yahoo.com-
ADEGA-TRASANCOS
-adegatrasancos@adega.info-
16 de novembro de 2011 19:21
_____________

sábado, decembro 18, 2010

Se a ti non te vale a min pode que si: Domingo 19 de Decembro, Mercadiño de Troco en Ferrol

Troca e reutiliza, "Se a ti non te vale a min pode que si", baixo este e outros lemas contra o consumismo, celebra-se en Ferrol e noutra cidades da Galiza, do estado, de Europa e do resto do Mundo, "Mercadiños do Troco", como unha alternativa de consumo ecolóxica e saudábel.

En Ferrol celebra-se os terceiros domingo, coincidindo coa feira mensal de Ferrol, mais só dos meses pares, troca-se desde as 11 da Mañá até as 2 da Tarde na Praza Vella de Ferrol. Polo que o mercadiño será este Domingo 19 de Decembro.

O Mercadiño é un espazo de encontro de exposición de diferentes obxectos para o seu troco ou cesión.

O Mercadiño Dixital en:
trocaferrol.org

Nas redes sociais:
facebook.com


__________________

venres, outubro 15, 2010

Mercadiño de Troco en Ferrol na Praza Vella, este Domingo 17 de Outubro pola mañá, mentres transcurre a Feira do Terceiro Domingo do Mes

[Mercadiño de Troco en Ferrol - Foto Kiko Delgado]

Este domingo día 17 de Outubro de 2010 hai Mercadiño de Troco en Ferrol, tal e como se vén celebrando cada dous Domingos, na Praza Vella no barrio de Ferrol Vello, desde as 11 da mañá.

O Mercadiño de Troco pretende ser unha alternativa ao consumismo polo que convidamos a todas as persoas que desexen trocar algo a que acudan á Praza Vella.

O valor das cousas é o que interesa, non o seu prezo. Algún obxecto que xa non necesitamos pode que alguén si o preci-se. Trocar significa menos residuos, menos contaminación, menos capitalismo.

Web do Mercadiño de Troco Permanente de Ferrol Terra:
http://www.trocaferrol.org/
_________________________

venres, agosto 13, 2010

Este Domingo, 15 de Agosto de 2010, Feira de Troco en Ferrol


Este domingo Feira de Troco

Opa! Este domingo celebraremos unha nova feira de troco en Ferrol, coma cada tercer domingo de cada dous meses será na praza Vella a partires das 11:00 da mañá.

Trae algo que xa non uses e trócao por algo que precises, así evitamos un consumismo innecesario e todo queda a nivel local, fomentamos as relacións sociais, evitamos os transportes e pasamos unha bonita mañá ollando artiluxios e cousas interesantes.

Libros, menaxe, xoguetes, roupa, calzado... discos, potas, impresoras, froita, magdalenas!! ;)

graciñas!

pásao!! www.trocaferrol.org e no Facebook: Troco Ferrol



Enviado por:
Elena Ärtäbrä
-elenuli@hotmail.com-
12 de agosto de 2010 16:21
___________________

venres, xuño 18, 2010

"Se a ti non te vale, a min pode que si", e viceversa: Este Domingo 20 de Xuño de 2010, Mercadiño de Troco en Ferrol -Video-

Coincidindo coa Feira de Ferrol, do terceiro domingo de mes, este Domigo 20 de Xuño de 2010, vai-se celebrar tamén o "Mercadiño de Troco", na Praza Vella de Ferrol. Este ten carácter bimensual, cada dous meses vemo-nos na Praza Vella.

Contra o consumismo: troca e reutiliza

Desde as 10 da Mañá até as 2 da Tarde, na Praza Vella en Ferrol Vello.

"Se a ti non te vale, a min pode que si", e viceversa !!

Mercadiño do Troco en Ferrol



Web de Troca Ferrol [Mercadiño Permanente]:
http://trocaferrol.org/
____________

venres, febreiro 19, 2010

Domingo 21 de Febreiro, Mercadiño de Troco en Ferrol

Contra o consumismo: troca e reutiliza

Domingo 21 de Febreiro, Mercadiño de Troco en Ferrol

O vindeiro domingo 21 de Febreiro (a periodicidade é bimensual) celébrase na Praza Vella de Ferrol un novo mercadiño de troco entre as 10:30 h-13:30 h. Esta actividade é un espazo de encontro no que as persoas participantes poderán expoñer os seus obxectos naqueles soportes traidos polas propias persoas que se acheguen. Para evitar os intermediarios (ben sexan outras persoas ou moedas) cada participante negociará coas persoas interesadas o troco de obxectos, a cesión ou aquelo que considere máis axeitado. Durante o transcurso e tamén ao remate do mercadiño cada participante deberá responsabilizarse e recoller os obxectos que non fosen trocados ou cedidos.


Trocaránse: -Libros -Menaxe de cociña -Artesanía -Audiovisuais - Xogos e xoguetes -Roupa -Aquelas cousas que podan ser de interese para outras persoas. Tamén podes acceder ao mercadiño permante en www.trocaferrol.org

Enviado por:
ferrol@verdegaia.org
-ferrol@verdegaia.org-
17 de fevereiro de 2010 20:21
___________________