Amosando publicacións coa etiqueta Monte Galego. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Monte Galego. Amosar todas as publicacións

sábado, marzo 10, 2012

Arde A Veiga - Impresionante Vídeo - Censura na TVG - Mobilizacións e Denuncia


O persoal de Seaga alerta dun lume de grandes dimensións nos montes do Concello da Veiga
Denuncian que a Xunta non está informando da súa existencia nin hai efectivos abondo para controlalo

Os traballadores e traballadoras de Seagan queren pór en coñecemento da cidadanía galega a existencia dun lume incontrolado na zona da Veiga (Ourense), do que a Xunta non está a informar. As gravacións realizadas dende un helicóptero no día de onte, xoves 8 de marzo, deixan constancia das grandes dimensións da catástrofe.

Iniciativa responsábel

O persoal de Seaga critica que, como non se produciron as contratacións entre campañas a pesar de que o inverno está a ser especialmente seco, non hai medios humanos suficientes para atallar este lume. Ante a falta de efectivos, os traballadores e traballadoras de Seaga barallan trasladarse pola súa conta até zona para tentar controlar o incendio, dentro das súas posibilidades.

Censura

Así mesmo, queren denunciar a censura deste lume por parte da TVG, que hoxe abriu o telexornal do mediodía facendo referencia á un incendio en Cataluña, mentres obvia a dramática situación dos montes galegos.

Mobilizacións e Denuncia

Ao longo destas semanas, os traballadores e traballadoras en paro de Seaga e a CIG-Servizos realizaron mobilizacións para denunciar que a Xunta aínda non contratou a persoal para a precampaña e que “a estas alturas, o máis grave é que nin sequera se sabe como se vai organizar a campaña de verán, nin con cantos traballadores/as se vai contar”.

As consecuencias máis directas e evidentes destas actuacións estanse vendo nos nosos montes - 8 de Marzo de 2012.

http://youtu.be/iEv6OSmb-Lg


Fonte: Avantar
_______________

mércores, outubro 19, 2011

Incendios Forestais - Galiza 2011 - Google Maps, ... por Domaio

Incendios Forestais - Galiza 2011 - Google Maps

Localización dos incendios forestais máis importantes dos que teña noticia que acontezan en Galicia durante o 2011. A fonte de datos tentará ser sempre pública e contrastada, sendo fundamentalmente medios de comunicación, información oficial e datos do FIRMS Web Fire Mapper.

Ver Mapa e relación de lugares con data e observacións -tipo de monte e hectáreas.

Enviado por:
Damch GZ
-damchgz@gmail.com-
19 de outubro de 2011 10:26
________________

venres, marzo 23, 2007

Alegacións a ordenanza reguladora de montes e espazos forestais

De: eu-ferrolterra@esquerdaunida.org
Para: artabra21@gmail.com
Data: 23 de marzo de 2007 13:44
Asunto: alegacións a ordenanza reguladora de montes e espazos forestais


AO CONCELLEIRO DELEGADO DE MEDIO AMBIENTE


Dona YOLANDA DÍAZ PÉREZ, con D.N.I nº 32.662.769, con domicilio a efectos de notificación no Grupo municipal de EU-IU no Concello de Ferrol, na súa calidade de voceira do grupo municipal de EU-IU, presenta as seguintes alegacións ao borrador da Ordenanza reguladora de actividades nos montes e espazos forestais.

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

Todas as nosas alegacións están estruturadas polo eixo da protección do medio e o propiciar a participación das asociacións do rural neste ámbito tan seu e, xa que logo, as nosas achegas queren incidir na regulación das plantacións, extremar o control sobre as actuacións dos maderistas, coidar as distancias a predios e viais e preservar o monte trala actividade productiva feita sobre él.

Dacordo cos eixos das nosas alegacións entendemos que a redacción proposta no borrador reduce as garantías de control público e precaución ambiental, favorecendo unha práctica económica que tende a desrregularse e a deixar facer aos maderistas, en prexuízo da preservación da riqueza material e natural do s espazos forestais.

ALEGACIÓNS

PRIMEIRA. ESQUERDA UNIDA-IU defende que se manteñan os puntos 2 e 3 do artigo 1 ( ámbito e delimitación ) da ordenanza vixente, suprimidos no presente borrador. A delimitación nos planos de ordenación e a elaboración do catálogo de masas e/ou especies forestais permite unha maior garantía de control e protección dos espazos obxecto da presente regulación.

SEGUNDO. ESQUERDA UNIDA-IU defende que se manteña o redactado do artigo 3 da vixente ordenanza ( especies estranas ), cando prohíbe taxativamente o emprego das devanditas especies, rexeitando o que nos propón o borrador , onde todo queda suxeito a arbitrariedade da autorización municipal. Este artigo realza a necesidade – alegada por nós - de elaborar o catálogo consignado no artigo 1.

TERCEIRA. ESQUERDA UNIDA-IU defende que se manteña o punto 3 do artigo 9 ( planos especiais ) da ordenanza vixente, que o borrador propón eliminar. Tratamos con elo de extremar as cautelas para que non se produzan agresións no medio, como serían edificacións permanentes.

CUARTA. ESQUERDA UNIDA-IU defende que no artigo 10 do borrador ( novas plantacións ), se rebaixe de cinco hectáreas a unha a superficie que requira permiso de plantación., pois 5 ha. resultan un extensión grande dabondo e cómpre reducila para mellorar a protección dos espazos. No noso concello non abundan espazos de tales dimensións, e entendemos que a nosa proposta permitiría incluir moitos espazos dentro das cautelas e proteccións que recolle esta ordenanza.

QUINTA. Tamén no mesmo artigo 10 do borrador, ESQUERDA UNIDA-IU demanda que se manteña a esixencia de realizar un estudo de impacto ambiental – que neste borrador deixa de ser obrigatorio -, pois estas cautelas redundan na protección dos espazos contemplados na ordenanza.

SEXTA. ESQUERDA UNIDA-IU defende que no artigo 11 do borrador( distancias mínimas ), se manteñan os puntos 3 e 4 da ordenanza vixente , que desaparecen neste borrador , que marcan unhas distancias mínimas que no caso dos camiños acadan os 3 metros e no das estradas chegan a 6 metros; por canto para nós é moi importante evitar que os viais públicos sexan invadidos e non se poña en perigo a seguridade no tráfico.

SÉPTIMA. Neste mesmo artigo 11, ESQUERDA UNIDA-IU sostén que se manteñan zonas libres para calquer estrutura de sinalización terrestre ou marítima como xa recolle a ordenanza en vigor, e que non consigna o borrador. A razón desta alegación é a de extremar a seguridade do tránsito.

OCTAVA. ESQUERDA UNIDA-IU propón que se manteñan os puntos 6 e 7 do artigo 11da ordenanza en vigor, que desaparecen no mesmo artigo 11 do borrador; nós estimamos que cómpre extremar as precaucións en zonas de difícil visibilidade e para que as plantacións non invadan o espazo das vías, para mellor garantir a seguridade.

NOVENA. ESQUERDA UNIDA-IU defende que no artigo 11 do borrador se recolla a necesidade de que a faixa de 50 metros de ancho ao redor das urbanizacións teña que ser contemplada nos proxectos previos de reforma como de necesaria titularidade dos promotores da devandita urbanización; cómpre evitar casos como Menáncaro.

DÉCIMA. ESQUERDA UNIDA-IU propón que se manteña no artigo 12 do borrador ( realización de tarefas extractivas ), o texto que está en vigor na presente ordenanza, no que atinxe a regular aos vehículos con peso máximo autorizado superior ás 5tn.

DÉCIMO PRIMEIRA. ESQUERDA UNIDA-IU defende que se manteña no artigo 13 do borrador ( solicitude autorización de extracción ) a redacción dos puntos 2 e 3 da actual ordenanza en vigor no artigo 17. Deste xeito a solicitude de autorización describira as condicións de entresaca e non permitirá a cota matarrasa; e o madereiro terá que facer constar a especie que vai cortar, a cantidade, a localización do predio e os datos do propietario do mesmo, e a copia do recibo da compra da madeira, os camiños e vías e vehículos que se van empregar. Todos estos requisitos sirven para garantir que nos atopamos ante unha actividade económica legal e respectuosa do medio forestal.

DÉCIMO SEGUNDA. Para ESQUERDA UNIDA-IU cómpre manter - e así o defendemos - , a vixencia dos artigos 13 ( licencia de actividade ) e 14 ( taxas de licencia e rexistro de vehículos ) da ordenanza en vigor, que desaparecen na proposta de borrador. A explicación é que queremos que esta sexa unha actividade económica legal que, como outras, achegue recursos ao concello e que en caso de producise algunha incidencia teñamos toda a información do autor. A redacción que nos propón o borrador suprime requisitos indispensables para este fin.

DÉCIMO TERCEIRA. No artigo 14 do borrador ( artigo 16 na ordenanza en vigor ), ESQUERDA UNIDA-IU propón que se suba a contía das fianzas, que son moi baixas respeito do volumen de madeira a que se refiren.

DÉCIMO CUARTA. ESQUERDA UNIDA-IU defende o mantemento do punto 3 do artigo 18 da vixente ordenanza ( reparación de deterioracións... ), o artigo 15 do borrador, no que esixe que o titular da actividade recolla e retire ás zonas de deposito establecidas os restos derivados da súa actividade. A seguridade en xeral e en particular o que ten que ver coa prevención de lumes demanda que se manteña esta precaución.

DÉCIMO QUINTA. ESQUERDA UNIDA-IU defende que se lle engada ao artigo 16 do borrador ( sobre carga e depósito de madeira ) o texto do punto primeiro do artigo 19 da ordenanza vixente, esto é, nós demandamos rixa a prohibición terminante de realizar tarefas de carga e almacenamento sobre vías e estruturas anexas de titularidade pública local, provincial ou da administración pública que sexa. As razóns da demanda son de seguridade e se están a incumplir , valga o exemplo, nestes días atrás alomenos no vial de Balón a Vilasanchez. Que non quede ao socaire da deixación ou arbitrariedade municipal.

DÉCIMO SEXTA. No mesmo artigo 16 do borrador, ESQUERDA UNIDA-IU sostén que se engadan os puntos 6 e 7 do artigo 19 da ordenanza aprobada, os cales resultan moi importantes para previr os lumes. Que as moreas de madeira cortada e os restos de rams, cortizizas e follaxes garden distancias entre sí de seguridade de 10 e 25 metros respectivamente.

DÉCIMO SE´PTIMA. ESQUERDA UNIDA-IU defende que o artigo 17 do borrador ( execución subsidiaria ) sexa substituido polo artigo 20 da actual ordenanza, pois a súa redacción resulta máis clara..

DÉCIMO OCTAVA. No artigo 19 do borrador ( responsables ) ESQUERDA UNIDA-IU propón que os servizos técnicos municipais teñan a obriga de denunciar as infraccións que se produzan non só a esta ordenanza, senón a calquer outra, caso do tráfico; que non se limiten ao ámbito específico da ordenanza se son coñecedores de que se imcumpren outras.

DÉCIMO NOVENA. ESQUERDA UNIDA-IU considera necesario que o artigo 20 do borrador ( clasificación das infraccións ) incorpore a creación dun rexistro de infraccións e que se recolla que a suma de dúas ou máis infraccións leves suporá unha infracción grave.

VIXÉSIMA . ESQUERDA UNIDA-IU propón que no artigo 22 do borrador ( sobre sancións ), que segundo o permita a lei 7/1985 Reguladora das Bases do Réximen Local, o importe das sancións sexa incrementado para que teñan un mínimo efecto disuasorio

VIXÉSIMA PRIMEIRA. No mesmo artigo, ESQUERDA UNIDA-IU demanda que se reduza o prazo que contempla o borrador para facer a retirada do arborado até cumprir as distancia mínimas cando sexa cometida unha falta leve; a retirada terá que efectuarse nun prazo máximo dunha semana, prazo que privilexia a nosa óptica de primacía dunha norma que busque a seguridade.

VIXÉSIMA SEGUNDA. ESQUERDA UNIDA –IU defende que se engadan, ao artigo 22 do borrador ( sancións ), os puntos do 4 ao 8 do artigo 23 da ordenanza en vigor, por canto tipifican o réximen sancionador desta ordenanza ao servizo da protección dos espazos forestais e montes contemplados nela.

VIXÉSIMA TERCEIRA. ESQUERDA UNIDA-IU sostén a necesidade de manter o artigo 24 da actual ordenanza ( anulación de licencias ). As administracións públicas teñen que ter medios para impedir, nos casos tasados pola lei de reiterados imcumprimentos da legalidade, unha actividade lesiva para o interese xeral.

VIXÉSIMA CUARTA. ESQUERDA UNIDA-IU considera irrenunciable engadir na disposición adicional segunda - consonte a nosa defensa da democracia participativa – que calquer modificación que se practique na ordenanza terá que se facer co trámite previo de escoitar as aa.vv., tal e como se fixo co actual texto aínda en vigor. Non está de máis lembrar que o actual texto contou co acordo de tódolos grupos políticos e das asociacións do rural.

VIXÉSIMA QUINTA. No glosario, ESQUERDA UNIDA-IU demanda que se manteña no concepto de monte, que os prados e praderías – como no texto en vigor - non teñan a consideración de montes, otrosí dos terreos que nun predio esencialmente agrícola sexan axeitados para atender ao sostemento do gando.

VIXÉSIMA SEXTA. Tamén nese concepto de monte do glosario, ESQUERDA UNIDA-IU entende que hai que rebaixar a dimensión da superficie mínima, hoxe en 5000 metros cadrados, excesiva dende a nosa consideración, e que fai que haxa non poucos espazos que queden fóra da aplicación desta ordenanza, desprotexidos.

VIXÉSIMA SÉPTIMA. ESQUERDA UNIDA-IU demanda que se recolla neste glosario tanto o que fai referencia a usos primarios como a bosque atlántico, carballeira atlántica ou bosque misto caducifolio, segundo xa está recollido na actual ordenanza. Na precisión para caracterizalos vai unha parte da capacidade de protexer estes espazos.

VIXÉSIMA OCTAVA. No concepto de explotación forestal, ESQUERDA UNIDA-IU propón que non se cinga a aquelas que obteñan un rendemento económico, que sexa máis integral e abranga a todas.

VIXÉSIMA NOVENA. ESQUERDA UNIDA-IU demanda que se incorpore un mecanismo de protección de restos arqueolóxicos na proposta de nova ordenanza.

TRIXÉSIMA. ESQUERDA UNIDA-IU defende que se inorpore, por último, unha indicación para regulamentar os espazos de montes en mancomún, o cooperativismo forestal, consonte a necesidade de impulsar o espazo da economía social.


Asdo. YOLANDA DÍAZ PÉREZ

venres, marzo 16, 2007

Instan ao goberno municipal a preparar a campaña antilumes

De: eu-ferrolterra@esquerdaunida.org
Para: artabra21@gmail.com
Data: 16 de marzo de 2007 13:08
Asunto: Instan ao goberno municipal a preparar a campaña antilumes


ESQUERDA UNIDA-IU insta a equipa de goberno a comenzar a preparación da campaña antilumes do verá, e denuncia as practicas das madereiras en Balón-Vilasánchez

Aínda que competencia autonómica, o papel colaborador a desenvolver polo concello nas tarefas de prevención en primavera resulta moi importante , e dende a nosa formación política queremos coñecer qué iniaciativas estánse a tomar neste eido polo goberno municipal.

Temos coñecemento de que non se está aprestar a debida atención as condicións nas que se atopa ao terreo rural. Como onte xa denunciabamos hai prácticas das madereiras que - sen control – non contribúen precisamente a previr os lumes.

Mais o concello ten que desenvolver unha política de limpeza que pasa en parte non menor por velar polo cumprimento da ordenanza municipal reguladora de actividades nos montes e espazos forestais, en especial o que se recolle en depósito, carga e transporte.

ESQUERDA UNIDA quere denunciar a situación que se está a producir no vial que vai de Balón a Vilasánchez, onde as madereiras están a cortar incumprindo varias normas e producindo danos no propio vial e un trastorno e problemas na circulación, nunha práctica reiterada que levou a varios veciñ@s a quiexarse no propio concello e chamar á polícía municipal xa o día 13; cando de novo, hoxe, 15 de marzo vólvese a reproducir a situación denunciada.

Dende ESQUERDA UNIDA-IU queremos que a equipa de goberno tome medidas e garanta que non se repitan estes feitos. En primeiro lugar, nós albergamos dúbidas acerca de se teñen ou non permiso para efectuar os cortes. Dúbidas a despexar polo concello.

En segundo lugar nós demandamos unha acción decidida para evitar que camións de arredor dunhas corenta toneladas estean a facer a carga nun vial onde hai unha sinal que limita a tonelaxe a un máximo de 10. Sinal que non é arbitraria e que de non ser respectada está a producir danos no firme dun vial de aglomerado, noviño, ao ponto de aínda non ser recibido polo concello.

Terceiro: a normativa aínda en vigor prohíbe facer as cargas na propia estrada, hai que facelas fóra. Sinalar que o estado no que quedan as cunetas é lamentable, suxas e descoidadas polas empresas que fan a carga.

E cuarto, hai que evitar os atrancos na circulación que producen estas cargas feitas na ilegalidade.

E para rematar no catálogo dos feitos, sinalar que a reiteración desta práctica ten que ser cortada de raíz polo concello. Nós entendemos que hai que sancionar, proporcionadamente ao dano producido, ás madereiras que non cesen nestas prácticas. O concello está obrigado a velar pola legalidade, polo cumprimento da súa normativa, de non ser así teríamos dereito a afirmar a despreocupación da equipa de goberno cos propios bens públicos, caso do vial, da seguridade da circulación na zona ou da limpeza do lugar. En definitiva teríamos dereito acensurar a deixación deliberada do concello coas súas propias obrigas.

xoves, marzo 15, 2007

Denuncian as infraccións que se están a cometer no vial Balón-Vilasánchez polas madereiras

De: eu-ferrolterra@esquerdaunida.org
Para: artabra21@gmail.com
Data: 15 de marzo de 2007 14:49
Asunto: Denuncian as infraccións que se están a cometer no vial Balón-Vilasánchez polas madereiras


ESQUERDA UNIDA.IU quere denunciar as infraccións que se están a cometer no vial Balón-Vilasánchez polas madereiras.

ESQUERDA UNIDA quere denunciar a situación que se está a producir no vial que vai de Balón a Vilasánchez, onde as madereiras están a cortar incumprindo varias normas e producindo danos no propio vial e un trastorno e problemas na circulación, nunha práctica reiterada que levou a varios veciñ@s a quiexarse no propio concello e chamar á polícía municipal xa o día 13; cando de novo, hoxe, 15 de marzo vólvese a reproducir a situación denunciada.

Dende ESQUERDA UNIDA-IU queremos que a equipa de goberno tome medidas e garanta que non se repitan estes feitos. En primeiro lugar, nós albergamos dúbidas acerca de se teñen ou non permiso para efectuar os cortes. Dúbidas a despexar polo concello.

En segundo lugar nós demandamos unha acción decidida para evitar que camións de arredor dunhas corenta toneladas estean a facer a carga nun vial onde hai unha sinal que limita a tonelaxe a un máximo de 10. Sinal que non é arbitraria e que de non ser respectada está a producir danos no firme dun vial de aglomerado, noviño, ao ponto de aínda non ser recibido polo concello.

Terceiro: a normativa aínda en vigor prohíbe facer as cargas na propia estrada, hai que facelas fóra. Sinalar que o estado no que quedan as cunetas é lamentable, suxas e descoidadas polas empresas que fan a carga.

E cuarto, hai que evitar os atrancos na circulación que producen estas cargas feitas na ilegalidade.

E para rematar no catálogo dos feitos, sinalar que a reiteración desta práctica ten que ser cortada de raíz polo concello. Nós entendemos que hai que sancionar, proporcionadamente ao dano producido, ás madereiras que non cesen nestas prácticas. O concello está obrigado a velar pola legalidade, polo cumprimento da súa normativa, de non ser así teríamos dereito a afirmar a despreocupación da equipa de goberno cos propios bens públicos, caso do vial, da seguridade da circulación na zona ou da limpeza do lugar. En definitiva teríamos dereito acensurar a deixación deliberada do concello coas súas propias obrigas.

mércores, marzo 14, 2007

Medio Rural inicia a reforestación do Monte Lume, na Capelada

Polo seu interese medioambiental, transcribimos esta nova publicada no xornalcomarcal Diario de Ferrol

Diario de Ferrol
Ferrol | Mércores, 14 de Marzo de 2007

Medio Rural inicia a reforestación do Monte Lume, na Capelada
A Consellería de Medio Rural iniciou a reforestación do Monte Lume, unha extensión de 1.611 hectáreas de terreo en plena sierra da Capelada e de titularidad municipal consorciado coa Xunta de Galicia. As tarefas de repoblación levaranse a cabo ao longo deste ano e o próximo e o investimento previsto nas mesmas ascende a 250.000 euros.

REDACCIÓN > FERROL

Os traballos iniciais afectan a unha superficie de 80 hectáreas, nas que se están plantando castaños, carballos, fresnos ou abedules, entre outras especies autóctonas. Nesta intervención en concreto, a administración autonómica gastará 25.000 euros, e a maiores realizarase un semillero de dez hectáreas no Monte dá Braxe, no que se criarán especies de alto valor xenético para utilizalas no resto do terreo.

Desde a Consellería infórmase de que tamén se están terminando as actuacións de acondicionamiento e repoblación na zona iniciadas no ano 2005 e valoradas en 232.000 euros. En total, todas estas intervencións afectarán a máis de 220 hectáreas.

Medio Rural traballa na elaboración dun plan que afectará ás máis de 1.600 hectáreas que ten o monte. A previsión do Executivo galego é que o custo desta iniciativa, cun prazo de ejecución ata o ano 2008, supere o medio millón de euros.

Para rematar, desde a área de Medio Rural que preside o nacionalista Alfredo Suárez Canle indícase que, xunto coa realización destas intervencións, procédese nestes momentos á revisión do plan de ordenación de Monte Lume, posto que o actual ten unha antigüidade de dez anos. A idea é planificar tállalas e plantaciones a realizar no mesmo.

Noticia orixinal no Diario de Ferrol